Déixovos como guía para a lectura desta obra o seguinte
CUESTIONARIO
- Caracterización xeral da obra.
- Relaciona e comenta brevemente as épocas nas que están ambientados os relatos.
- Os espazos dos relatos.
- Describe a técnica que o autor adopta para a construción dos relatos [cfr. p. 33].
- Segundo o autor, ¿cal é a relación entre arte e enfermidade?
- ¿Como casa o autor aspectos contrarios como o real e o fantástico?
- Sinala a crítica que estes relatos de Murado son de resultado desigual. ¿Compartes esta opinión? (Xustifica a resposta.)
- O onirismo na obra.
- ¿Existe como un "marco" xeral no que se engloban todos os relatos?
- Analiza a presenza dos animais esparexidos pola obra. ¿Engádenlle algún valor ós relatos?
- Nesta obra, ¿pódese identificar autor e narrador? (Xustifica a resposta.)
- Hai relatos que tratan aspectos coma o da convivencia de culturas. Comenta este tema.
- Outros relatos tratan o tema do colonialismo. ¿Como se enfoca?
- Comenta e xustifica, se é posible, a expresión "a febre é un lugar" (p. 10).
- Nalgúns relatos os obxectos son tratados coma se tivesen vida. Analiza este aspecto. [Podes empezar por "Jan van Riis, xoieiro", "O remorso", "A moeda de prata"...]
- ¿Que escritor do país aparece citado nesta obra? ¿Cales poden ser as razóns? [Pistas nas pp. 33 e 63]
- Varios relatos teñen nenos como protagonistas. Analiza este aspecto.
- "O remorso" é o título dun relato. Mais este sentimento está presente e actúa noutros relatos. Comenta este aspecto. [Se non sabes por empezar, bota unha ollada a "Jan van Riis, xoeiro", "A moeda de prata" e "O remorso", por suposto.]
Como traballo voluntario proporemos, dentro duns días, unha miniquest sobre "Os outros".
Imaxe da páxina do Dr. Jorge Cárdenas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario