30.4.14

Noticias de literatura-148. Abril de 2014

Sus libros y artículos, según ha destacado el Govern, "desarrollan una visión positiva de la identidad catalana y exploran vías de diálogo sobre la realidad política española" (El País, 02-04-2014).
unha historia de casualidades, encontros e esperanza protagonizada por un triángulo moi especial: Amanda, Uxío e Luís. Todos narradores das súas respectivas historias que se cruzan nunha fría estación de autobuses para non separarse xamais. Todos marcados por dous elementos comúns: a soidade e o fracaso (Laura Blanco, El Correo Gallego, 02-04-2014).
O xurado considerou a súa impecable traxectoria literaria, a singularidade e calidade da súa obra poética, a súa proxección universal, as colaboracións en revistas especializadas, ademais do seu traballo en publicacións colectivas, charlas e conferencias (Galicia Hoxe, 03-04-2014).
En Camarada: eu só quería facer algo bonito, atopamos varias voces poéticas coa orixe na mesma autora, desde a sensual ata a máis reivindicativa, pasando pola íntima e persoal. Falamos con Begoña dos puntos que distinguen o seu poemario e das súas visións a respecto da muller, da lingua e da poesía por suposto (Ramón Mariño, Praza Pública).
El Museo do Pobo Galego acoge desde hoy la exposición Manuel Rodríguez López, emigrante gallego, poeta obrero, dedicada al intelectual lucense (La Voz de Galicia, 10-04-2014).
Do poemario A Segunda Lingua, todos eles destacaron o seu «afán innovador que ofrece perspectivas e enriquecen o territorio poético actual en lingua galega» (Galicia Hoxe, 09-04-2014).
  • Yolanda Castaño presenta A segunda lingua (C. A., Sermos Galiza): “A obra galardoada significa un retorno á liña do erotismo de Yolanda Castaño, aínda que agora a súa expresión se faga máis dura e desencantada, quizabes nun tránsito de soidade que esixe un mínimo de presenza humana”.
“O nome do premio é tamén unha homenaxe ao propio grupo. Pareceunos moi acaído porque era un colectivo que mesmo traballando desde fóra foron quen de facer un traballo cultural e político de grande relevancia”, explica Rubén Requeixo (Sermos Galiza).
[...] a idea de remontar o propio río do tempo, volver deste o seu outono á ­primavera onde a estarán agardando o vals e a rosa. Nos poemas veranse reflectidos ­elementos da ­paisaxe evocada: os soutos, os ­prados, a chuvia, a area das ribeiras… (Amelia Ballester, El Correo Gallego, 21-04-2014).
O recurso ao paródico serve para articular un discurso que denuncia a representación da adolescente como consumidora baleira de identidade, e resulta literariamente hábil e eficaz para reverter, desde dentro, o clixé e a preconfiguración da imaxe da muller (Berta Dávila, El Correo Gallego, 26-04-2014).
Son dúas das autoras máis premiadas nos últimos meses. A lúa da colleita (Galaxia) de Anxos Sumai fixérase co García Barros. Raíz de fenda (Xerais) valeulle a Berta Dávila o Johán Carballeira e foi parte do recoñecemento que recibiu como mellor autora nos Anxel Casal da AGE. As dúas escritoras son agora galardoadas cos Premios da Crítica, Sumai en narrativa e Dávila en poesía (C. V., Sermos Galiza).
Los promotores del premio han valorado la dedicación del escritor al ámbito de la literatura dirigida a los más jóvenes, "donde ha conseguido una reconocida fama dentro y fuera de nuestras fronteras" (El Correo Gallego, 29-04-2014).
Caderno do Nilo (Xerais) de Cesáreo Sánchez Iglesias resultou gañador da XXIX edición do premio Antón Losada Diéguez na categoría de Creación Literaria [...] Na modalidade de Investigación e Ensaio, a obra gañadora foi Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais, un catálogo explicativo dos xoguetes que constitúen un patrimonio único herdado de xeración en xeracións que elaborou o escritor Antón Cortizas despois de anos de traballo e estudo (C. V., Sermos Galiza).

25.4.14

John Steinbeck. A perla. Cuestionario

Cuestionario para o club de lectura d'A perla, de John Steinbeck.
  1. A obra está inzada de manifestacións de racismo. Comentade polo miúdo este aspecto.
  2. ¿Que representa Juana na sociedade descrita na obra? Analizade, de paso, a evolución do personaxe ao longo da historia.
  3. Debatede sobre o significado da sorte para os desfavorecidos.
  4. O escorpión que picou o neno é un becho real, pero na obra colle tamén outros significados. Comentade este aspecto.
  5. Analizade a idea da vila como corpo social.
  6. ¿Por que se converte Kino en inimigo de todos?
  7. Segundo a novela, ¿que fai diferente o home dos animais?
  8. ¿Que ve Kino na Perla do Mundo?
  9. A perla, o escorpión, a man esfolada de Kino... teñen unha lectura simbólica. Explicádea. ¿Atopades outros símbolos na novela?
  10. Comentade os medos de Kino. ¿A que ten medo e por que?
  11. Contrastade as diferentes actitudes que sobre a perla teñen Juana e Kino.
  12. Comentade o significado que ten para Juana que Kino lle tivese dito: "Eu son un home" (cap. 5).
  13. O achado da perla supón para os protagonistas unha fronteira entre o seu mundo antigo e o mundo futuro. Analizade as características de cada un deses mundos.
  14. Comentade a solución final.
  15. Da lectura d'A perla, ¿tiramos algunha lección?

2.4.14

Xosé María Díaz Castro. Letras Galegas 2014. Achegas na rede (3)

Referencias anteriores:


a) Páxinas dedicadas ao autor



b) O autor e a obra na rede




c) O espazo literario

1.4.14

Noticias de literatura-147. Marzo 2014

É de salientar que a primeira posta en escena de O refugallo tivese lugar o 19 de xaneiro do 2013 no Salón Teatro de Santiago, moito antes da súa publicación, e a cargo de Berrobambán (Laura Blanco Casás, El Correo Gallego, 01-03-2014).
Ruína é estafa. Devastación. Abandono. Explotación. Desmemoria. Narcotización
colectiva. Submisión. Pantomima democrática. E contra todas elas érguese Xesús Rábade Paredes no seu último poemario, Sobre ruínas (Alvarellos). Versos atravesados pola protesta, pola denuncia, e tamén pola esperanza (Montse Dopico, Praza Pública).
A primeira edición de do seu libro poético “Raíz de fenda” (Xerais), premio Johán Carballeira, esgotouse en tan só un mes. En dous meses Galaxia mandou ao prelo a segunda edición da novela “O último libro de Emma Olsen”, gañador do premio Repsol e ao tempo sorprendía con “A fuxida” (Biblos), o seu primeiro libro de literatura infantil (Sermos Galiza).
xa está dispoñible nunha edición en dobre deuvedé que recolle máis materiais extra arredor do escritor de Celanova (La Voz de Galicia, 04-03-2014).
[...] a través de Embora, acaba de ver la luz Cos ollos do avó, una obra orientada a niños y niñas a partir de diez años, en la que Concha Blanco adentra al lector en una situación paranormal a través de un abuelo y su nieto cuando visitan una aldea anegada por la construcción de un embalse (El Correo Gallego, 05-03-2014).
O punto de partida deste álbum reside nun feito absolutamente banal: Nicomedes, a pesar de ter unha boa cabeleira, ben visible na cuberta do álbum, así como vai pasando o tempo, perde todo o seu cabelo. Non conforme coa súa nova aparencia calva, procura, ao longo das páxinas, solucións cada vez máis orixinais para o seu problema (El Correo Gallego, 06-03-2014).
Con vinte anos o libreiro Pedro Vindel «aínda non sabía ler», lembraba na noite de onte Xesús Alonso Montero na sé da Real Academia Galega (RAG). Pero este rapaz, que estaba en Madrid pero nacera en Cuenca en 1865, era espilido e sabía preguntar (La Voz de Galicia, 06-03-2014).
La voz del escritor Carlos Casares, fallecido hace 12 años, guiará una ruta literaria por lugares de la ciudad de Ourense y Castro de Beiro relacionados con su vida y obras, gracias a la reproducción de discursos y lecturas que podrán escucharse mediante códigos QR (El Correo Gallego, 08-03-2014).
O Sempre en Galiza publicábase por vez primeira en Bos Aires o 10 de marzo de 1944. Desde o exilio, Castelao achegaba ao pensamento nacionalista o que estaba chamado a ser un libro fundamental (Sermos Galiza, 08-03-2014).
Con Anamnese a poeta Eli Ríos vén de gañar a segunda edición do Premio Lueiro Rey de poesía convocado polo concello de Fornelos de Montes e a Asociación de veciños O Cruceiro da Laxe. Despois de títulos como nós escoitando o badalo de Marienplatz (Espiral Maior, 2010) ou o recente Maria (O Figurante, 2013), Eli Ríos achéganos unha poesía que quere provocar preguntas e facer pensar (Sermos Galiza).
Na presentación de estrea, Manuel Guede cualificou esta peza de "referencial" dentro do teatro norteamericano e sinalou que a calidade da súa montaxe permitirá "dignificar" o teatro galego, que "vai estar á altura" (Galicia Hoxe,18-03-2014).
El libro "Galicia en Cuba. Lingua. Rosalía. Loitas" recupera en un mismo volumen tres obras que hacen referencia a la emigración gallega a Cuba durante más de un cuarto de siglo: "A lingua galega en Cuba", "Rosalía de Castro e Cuba" y "Galegos que loitaron pola independencia de Cuba" (El Correo Gallego, 18-03-2014).
Narra a investigación dunha xornalista sobre varios crimes nos que comparte protagonismo con pequenos bonecos de colección dos anos 80, que aparecen nos lugares onde se cometeron os asasinatos (Galicia Hoxe, 22-03-2014).
Eduardo Maroño, “A BD galega que vén”, Praza Pública. Unha ampla achega ao panorama da banda
deseñada en galego.
Contra a desesperanza que se impón, a escritora defende o activismo para cambiar o mundo.Parte da súa experiencia de vinte anos de traballo en cooperación internacional para apostar pola filosofía que subxace nos Grupos de Axuda Mutua, un “palleiro alternativo” que parte de dúas liñas de actuación que se encontran, o feminismo e a súa condición crítica (Sermos Galiza).