Amosando publicacións coa etiqueta O canteiro e o demo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O canteiro e o demo. Amosar todas as publicacións

11.2.15

Francisco Rozados “Rochi”, 'O canteiro e o demo'

A obra é unha gabanza dos canteiros e unha introdución ao verbo dos arxinas.
Unha parella de canteiros, profesionais competentes, acompañados dun axudante máis novo, constrúen unha ponte por encarga do demo. Como con este personaxe cómpre andar con coidado, argallan a maneira de enganalo.
Axudados polo sabio Arquímedes, aprovéitanse do raposo (outro co que cómpre ter coidado) para enganar o demo e mandalos os dous ao inferno.
Remata a función cos bos consellos en verso do aprendiz Faxurdín.

Dictiografía

Francisco Rozados “Rochi”, O canteiro e o demo. Pontevedra, Edicións Fervenza, 2014.
Títeres.
6 personaxes: 2 canteiros, 1 aprendiz, o demo, o sabio e o raposo