Amosando publicacións coa etiqueta Manuel María. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Manuel María. Amosar todas as publicacións

12.4.16

Manuel López Foxo. Sobre a poesía última de Manuel María (1976-1995)

Imaxe: Edicións Laiovento
Escritos dende a amizade e a admiración, Manuel López Foxo recolle neste libro un feixe de traballos sobre a obra poética que Manuel María escribiu entre 1976 e 1995. Estudan a etapa máis frutífera do poeta chairego. Son traballos diversos que cobren dúas décadas de labor, cohesionados por unha idea central: o desexo de convidar á lectura e ao estudo desprexuizados da poesía de Manuel María. Desexo non totalmente cumprido, aínda que as achegas á obra e á figura do poeta sexan hoxe abondosas e fondas. “É o meu desexo tamén convidar desde estas páxinas os lectores e as lectoras a redescubrir a palabra poética de Manuel María na súa expresión máis íntima e humanista” (p. 10). Este libro de López Foxo vai máis alá do marco cronolóxico do título e ofrece un seguimento do labor poético dun sempre activo Manuel María e referencia ese labor co doutros creadores do noso ámbito cultural: sempre que se produciu un cambio de rumbo na literatura do País, nomeadamente na poesía, a figura de Manuel María, independentemente da larga ou escasa recepción crítica da obra, estaba no grupo dos iniciadores do novo rumbo.

No perfil biográfico do poeta chairego, López Foxo destaca especialmente o carácter de figura ponte exercido por Manuel María:
Esta é a primeira reivindicación que quero facer da personalidade de Manuel María: salientar o seu perfil de patriarca, o seu papel de ponte histórica entre o nacionalismo da República e o nacionalismo da posguerra e o seu exemplo de intelectual sempre fiel ao país.
Manuel María pertence [...] a unha xeración fundamental na historia da nosa cultura contemporánea, a un grupo que asumiu un triplo compromiso: o compromiso coa lingua galega cando era case un delito escribir en galego, o compromiso cunha literatura que cumpría restaurar e enriquecer e, finalmente, o compromiso co proceso político do país, coa reorganización do nacionalismo galego” (p. 22).
Advirte Manuel López Foxo que para unha mellor comprensión da obra do chairego cómpre ter en conta as datas de redacción, mellor ca as de publicación: entre unhas e outras puideron ter pasado anos ou non ter correlación a publicación de obras coa súa redacción. Tocoulle vivir en tempos difíciles para a publicación en galego e as obras tiveron que durmir un longo sono nas gabetas.
Tendo en conta o anterior, López Foxo distingue catro épocas na poesía de Manuel María:
  1. Desasosego, que nos sitúa o poeta na Escola da Tebra: Muiñeiro de brétemas.
  2. Apertura á paisaxe: Terra Chá.
  3. Poesía de denuncia: Documentos persoaes, Mar Maior, Odes para un tempo de paz e de alegría.
  4. Retorno á poesía amorosa: Poemas ao Outono, Poemas da labarada estremecida.

Entre as características xerais da poesía de Manuel María salienta:
  • O compromiso e combate que manifesta, para empezar, na escolla lingüística.
  • O sentimento da terra e a fidelidade ás raíces.
  • A expresión do sentimento amoroso.
  • A visión panteísta da natureza.

Imaxe: Sobre a poesía última de Manuel María
O silencio que caeu sobre a poesía social, e sobre a de Manuel María en particular, atribúeo López Foxo a tres causas principais: o atraso na publicación dalgunhas obras significativas, a publicación en edicións humildes (ou nin sequera editadas) e a reacción da crítica contra todo o socialrealismo que, no caso do noso poeta, apunta no seu compromiso social e na súa militancia política. De aí a  chamada a redescubrir a Manuel María sen o prexuízo provocado pola poesía social que non sempre merece a cualificación de panfletaria. Manuel María, sen esquecer o compromiso, procurou a expresión estética dun xeito moi evidente.

Dictiografía

Manuel López Foxo, Sobre a poesía última de Manuel María (1976-1995). A Coruña, Laiovento, 2010.

10.4.16

Manuel María. Barriga Verde

A obra edítaa Castrelos, na célebre colección O Moucho, en 1968 e pona en escena a compañía
Abrente o ano seguinte na Mostra de Ribadavia. Foi a primeira que viu sobre as táboas e figura entre as máis representadas do autor.

A peza estruturase nun prólogo e tres tempos de cinco escenas cada un.
Barriga Verde aparece no prólogo como personaxe popular e atemporal (para iso escacha o reloxo) e, a medida que avanza a obra, vai gañando cometidos: padriño dos noivos, árbitro na disputa amorosa, xuíz e parte no desenlace. Este amo de barraca de feira descríbese como bohemio e perdedor (tempo 3, escena 1); considérase un “vagamundo” que percorre o país de festa en festa na compaña dos seus amigos. Na obra, Barriga Verde é un monicreque máis, que actúa como alma mater do espectáculo.
A obra é unha homenaxe a Silvent:
Xosé Silvent Martínez, máis coñecido como Barriga Verde, e alcumado Traga Estopa[1] en Lugo e Xosé o dos Monecos[2] en Pontevedra, nado en Santa Marta del Campo (provincia de Badaxoz) o 29 de xullo de 1890 e finado en 1970, foi un pioneiro do espectáculo de monicreques na Galiza de mediados do século XX (ficha da Galipedia).
Manuel María converte a persoa en personaxe da súa propia barraca, pero segue a manter o controlde todo canto se mova no teatriño. E aínda que o Demo lle bote en cara que sexa “un poeta tolo” quen lle escriba a obra, Barriga Verde retrúcalle que el é o dono e fala o que lle dá a gana.
Imaxe: Biblioteca Marioneta
Manuel María fai de Barriga Verde un personaxe para a Literatura liberándoo da tiranía do paso do tempo: “Ese reloxo marcaba o meu tempo. Entón decateime de que o reloxo era o meu inimigo. Fun e… ¡plum!, cun martelo desfixen o reloxo. [...] Agora o tempo xa non corre para min”. Barriga Verde convértese, en calquera tempo e lugar, nun galego máis da tribo. O resto dos personaxes tamén os recolle o autor da tradición da barraca de feira e failles gardar respecto a Barriga Verde unha relación de pertenza: “Eu son o Serrador de Barriga Verde”, recoñece este boneco.
Na farsa desenvólvese o tema tradicional do matrimonio da moza casadeira. A Moza é pretendida polo Galego e mais polo Serrador. Cada un deles tenta convencela de que é o mellor partido. A Moza decántase polo Galego, mais o Serrador non se rende. Ambos os contendentes buscan aliados e levan a cabo unha guerra sen cuartel. Barriga Verde toma partido pola parella de namorados. O Galego derrota o Serrador e aliados (o Demo e o Touro), pero a Moza non logra o seu desexo porque o cura que os ía casar morre accidentalmente por trancazo amigo.
Foto: Praza Pública
O personaxe do Crego vaise construíndo seguindo as pautas da tradición. Na época, a sotana e o uniforme eran saídas cobizadas polos desertores do arado. Por iso non era estraño atopar relixiosos sen vocación, máis amantes do diñeiro ca de Deus. É o caso do noso bonifrate, que só exerce o seu oficio cos cartos por diante: “Eu quero cartos por vos casar”; “Eu quero diñeiro / que é bo cabaleiro”; tamén pide cen pesos para el e propina para o sancristán…, entre outros exemplos. Entre os seus cometidos está o de esixir o coñecemento da doutrina aos fregueses; así o fai coa Moza, á que considera un bo partido porque ten prata (“da que fai a gata”) e ouro (“do que fai o mouro”).
A Moza non é tan inocente como se vende. Ten présa por casar: “Eu si que teño présa / pois xa lavei a camisa”. Tamén se considera aldraxada cando o Crego lle insinúa os cornos ao Galego: “¡Vou limpa coma un luceiro / e brillante como a lúa!”. Pero no remate da peza descóbreselle o seu dobre xogo. Dobre xogo que non é enganoso, senón que obedece a unha estratexia de autodefensa. Ben avisado o tiña co de lavar camisas (que nos lembra a cantiga dionisiana), confirmado polo Galego, que recoñece ter “a camisa lavada / pranchada e almidoada”. Na época en que se escribe a paza a situación das mulleres pode verse plasmada na máxima que a converte en “reina del hogar y esclava de su marido”. Á hora de escoller parella recomendábaselle seguir a regra dos tres ces (cabeza, corazón, carteira). O matrimonio tiña máis de contrato económico ca de relación afectiva. A Moza só ten o capital do seu amor, que lle ofrecerá ao mellor partido: “¡Eu quero a lúa!”. Así e todo, é o Galego e non a Moza quen sostén que “o ter é o que máis importa”. O difícil equilibrio entre vivir a vida e manterse na ortodoxia social sofre un trastallazo coa morte do Crego, personaxe con poder para oficializar a decencia. (Lembremos que non hai tantos anos, unha nai solteira era unha apestada social).
O personaxe do Galego está construído como un arquetipo. Usa o xentilicio como nome propio. Barriga Verde felicita a Moza pola escolla: “¡En toda a terra non hai mozo máis galán!” (tempo 1, escena V). “Garimoso e bo mozo”, pola parte que lle toca dicir á Moza que, malia as circunstancias adversas, amosa amor real e ilusión pola vida.
Canda estas inmellorables prensas físicas e morais, o Galego presenta outras aínda hoxe obxecto de acre debate social que asoman na parola coa futura muller:
-¿Quen manda eiquí? ¿Quen é eiquí o home?
-Eu sempre teño razón
O Galego, coa axuda de Barriga Verde, enfróntase con afouteza ao Serrador antagonista e aos seus axudantes a cachaporrazo limpo. No espectáculo de Silvent cando morre o demo acaba a peseta, isto é, remata a función. Na peza de Manuel María, canda o remate clásico do espectáculo, queda no aire unha cuestión máis dramática. Os seus monicreques latexan coma seres humanos.

ACTIVIDADES
Imaxe: HLG AS-PG
Na edición de Barriga Verde de 1996, Santiago Esteban Radío propón unha batería de actividades para a práctica de teatro na aula.

BIBLIOGRAFÍA
  • Esteban Radío, Santiago, “O teatro de Manuel María”, en Manuel María, Barriga Verde, Ourense, Galiza Editora, 1996, pp. 3-33.

DICTIOGRAFÍA
Sobre a obra

Sobre Barriga Verde (hoxe e noutrora):

Manuel María, Barriga Verde. Farsa pra bonecos. Vigo, Edicións Castrelos, 1968.
Personaxes (7): Barriga Verde, O Galego, A Moza, O Serrador, Crego, O Demo, Touro.

3.4.16

Sonetos á Casa de Hortas (de Manuel María). Miniquest

http://stellae.usc.es/phpwebquest/miniquest/soporte_tablon_m.php?id_actividad=808&id_pagina=1
Propomos esta actividade -Sonetos á Casa de Hortas (de Manuel María). Miniquest- como exercicio para achegármonos á Galicia de cultura rural e, en concreto, á casa chairega. En realidade son dúas propostas as que estamos a facer. Por un lado, a lectura dun poemario. Por outra, usar esa lectura para botar unha ollada a outras cuestións de carácter etnolóxico.
No “Aviso cecais innecesario ou cecais non” que abre Sonetos á Casa de Hortas, Manuel María dános as claves principais da intrahistoria deste poemario. A maior parte dos sonetos (40) son de 1991 e a primeira edición da obra, que conta con 50, data de 1997. Tamén nos conta as circunstancias persoais que provocaron a enxurrada poética, así como a consciencia de estar facendo a memoria literaria dun “xeito de vida que desapareceu -e con ela toda unha cultura ancestral- xa antes de morrer o século XX e de estrear novo milenio”.
Este poemario inscríbese no grupo de obras de Manuel María que seguen unha liña paisaxista (como Terra Chá, por exemplo). Isto non significa ausencia de compromiso coa xente ou coa terra. Tamén neste caso, “o poeta expresa o seu canto a unhas terras e a unhas xentes que pesan moito na súa vida e no seu corazón” [López Foxo, 2010: 18]. A diferenza con outras obras é o motivo que fai abrollar a expresión poética, moi persoal nestes sonetos. Pero iso non lle impide manifestar o mesmo sentimento de enraizamento na terra sempre presente na obra de Manuel María.
A lectura dos sonetos vainos ofrecendo unha lección de etnografía sobre a importancia da casa no rural galego: situación, construción, estética, distribución, terreos lindantes e construcións auxiliares, recursos económicos, habitantes… En síntese, unha descrición dese mundo completo e complexo que representa a casa na cultura rural.
Etnólogos e antropólogos deixaron escrito que a casa é máis importante que a familia que a habita, e o desexo dos que se van indo é que medre e perdure. Manuel María deixouno escrito en verso.

Sobre a obra
Bibliografía
  • López Foxo, M. (2010): Sobre a poesía última de Manuel María (1976-1995). A Coruña, Laiovento.
Dictiografía

Manuel María, Sonetos á Casa de Hortas. A Coruña, Espiral Maior, 1997. Hai edición recente (2014) feita pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos.

25.2.16

Manuel María. Sonetos á Casa de Hortas


O lector repara neste soneto porque nel están trazadas as paredes mestras do tema desenvolvido por Manuel María ao longo do poemario. Neste soneto está condensada unha lección de antropoloxía sobre o valor que o galego dá á casa co seu eido.
"A casa e o seu contorno ben cercado" non reflicte un mundo pechado, senón un universo completo, acabado, perfecto. Para o poeta vén sendo a representación máis cabal da idea do paraíso.
Casa e familia son no poemario conceptos indisociables. A casa é refuxio ou punto de encontro do clan (os Hortas). Ese clan fórmano a familia (vivos e defuntos), os serventes, as partes da casa, o eido e as árbores, os animais domésticos...
A casa, construída polos devanceiros con "sentidiño" na escolla do material, na distribución e na estética, é un ser vivo con memoria. Cando os moradores se van indo, a casa herda a súa memoria. As xentes morren, "a casa permanece".

Sobre a obra

Manuel María, Sonetos á Casa de Hortas. A Coruña, Espiral Maior, 1997. Hai edición recente (2014) feita pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos.


10.2.16

Manuel María. Algunhas achegas na rede

Designación da RAG para as Letras 2016



  1. Manuel María es una figura aceptada plenamente”, El Progreso, 04-07-2015.
  2. A RAG escolle a Manuel María para festexar as Letras Galegas de 2016 (El Correo Gallego, 05-07-2015).
  3. “La Xunta aplaude la decisión de la RAG de dedicar a Manuel María el Día das Letras (E. P., El Correo Gallego, 05-07-2015).
  4. Manuel María será o homenaxeado das Letras Galegas de 2016” (El Correo Gallego, 05-07-2015).
  5. Xesús Fraga, “Manuel María, un poeta excelso e popular para o Día das Letras do 2016”, La Voz de Galicia, 05-07-2015.
  6. David Lombao, “Manuel María, un Día das Letras da xente e mais da fala”, Praza Pública, 04-07-2015.
  7. M. O., “A Academia refírese á elección de Manuel María, homenaxeado do Días das Letras de 2016, como ‘gloriosa’ e ‘eficaz’”, Sermos Galiza, 04-07-2015.
  8. Manuel María: unha vida de compromiso”, Faro de Vigo, 05-07-2015.
  9. Nuria G. Guillín, “Manuel María, la poesía de la Terra Chá”, ABC, 05-07-2015.


Sobre o autor
  1. Miguel Álvarez, “Manuel María, un poeta brillante envorcado coa normalización lingüística”, El Correo Gallego, 04-07-2015.
  2. Militante da lingua e da literatura”, La Voz de Galicia, 05-07-2015.
  3. C. V., “Manuel María, un Poeta Nacional para as Letras Galegas”, Sermos Galiza, 04-07-2015.
  4. Abel Veiga, “Muiñeiro de brétemas”, El Correo Gallego, 08-07-2015.
  5. Xoán Xosé Fernández Abella, “Manuel María: Día das Letras Galegas”, El Correo Gallego, 10-07-2015.
  6. Marica Campo, “Un canto común”, El Progreso, 10-07-2015.
  7. Un ano para lembrar a Manuel María e as Irmandades”, Praza Pública, 31-12-2015.
  8. Marta Dacosta Alonso, “O ano das letras para o poeta do pobo”, Terra e Tempo, 24-01-2016.
  9. Manuel María, Letras Galegas 2016, no programa "Desde Galicia para el Mundo".
  10. Carlos Quiroga, “Manuel Maria em Portugal. Lusofonia e tomada de consciência identitária na Galiza”, en Novas achegas ao estudo da cultura galega: enfoques literarios e socio-históricos. Universidade da Coruña
  11. Montse Dopico, "Manuel María: o dereito á dignidade e á enteireza", Praza Pública, 28-02-2016.
  12. Mercedes Queixas, "Manuel María é todo un océano",  La Voz de Galicia, 04-03-2016. Entrevista de Patricia Blanco.
  13. "O Instituto de Estudos Chairegos pide que a Casa da Cultura de Vilalba leve o nome de Manuel María",  La Voz de Galicia, 14-07-2015.
  14. Bautista Álvarez, "Lembranza de Manuel María", Terra e Tempo, 25-08-2015. 
  15. "Muere el poeta gallego Manuel María, el molinero de la niebla", El Mundo, 21-09-2004.
  16. Manuel María Fernández Teixeiro. Ficha do autor en galiciadigital.com.
  17. "Manuel María é o grande persoeiro da nación galega da segunda metade do século XX",  R. Castro entrevista ao historiador Xosé Estévez, Sermos Galiza, 25-03-2016.
  18. M. Obelleiro, "XXV Xornadas de Lingua e Literatura: un punto e seguido arredor de Manuel María", Sermos Galiza, 09-04-2016. 
  19. Primavera das Letras. Páxina da Real Academia Galega.
  20. Xosé Lois García, "A inercia literaria ao redor de Manuel María", Sermos Galiza, 14-04-2016). 
  21. Manuel María: textos e documentos, en a nación que sohamos, blog de Manuel López Foxo. 
  22. "Manuel María: unha cronobiobibliografía", A Ínsua do Ínsua, 22-04-2016. 
  23. Carlos Callón, "Manuel María e a tribo incomprensíbel", Sermos Galiza, 25-04-2016.
  24. "Carlos Callón recomenda ler Manuel María, buscando un país", de Manuel Veiga", Sermos Galiza, 09-05-2016.
  25. Manuel Maria,  un escritor tan prolífico como diverso, La Voz de Galicia, 15-05-2016.
  26. O periplo vital de Manuel María, La Voz de Galicia, 16-05-2016.
  27. Manuel Veiga Taboada, "Manuel María, un chairego incómodo no Val de Lemos",  Sermos Galiza, 17-05-2016.
  28. Manuel María: cecais hai unha luz. MemorabiliaVolume XXXV dos Cadernos do Centro Ramón Piñeiro.

Achegas xerais á súa obra
  1. Pilar García Negro / Diego Pardo Amado (ed.). Actas do congreso “Manuel María: literatura e nación”, UDC, A Coruña, 2005.
  2. Xesús Fraga, “A emoción poética de Manuel María”, La Voz de Galicia, 05-02-2016. Noticia dunha antoloxía poética. 
  3. Manuel María no Centro de documentación da AELG. Biografía, imaxes, videos, unidades didácticas.
  4. Manuel María: recursos. Na páxina da Casa-museo Manuel María.
  5. Manuel Veiga, "Manuel María e o Deus das pequenas cousas", Biosbardia, 14-02-2014.
  6. Manuel Veiga Taboada, "Manuel María: 'Os poetas novos falan menos de literatura'", Biosbardia, 07-07-2015.
  7. Xosé Ramón Freixeiro Mato, "Enunciación e estilo na obra de Manuel María",  Madrygal, vol. 10, 2007.
  8. "Fernández Teixeiro, Manuel María" , Historia da Literatura Galega, AS-PG.
  9. Manuel María, "Autopoética",  poesiagalega.org
  10. Carlos Ocampo, "Manuel María, o poeta da paisaxe chairega", La Voz de Galicia, 11-05-2016.
  11. Inéditos e reedicións na rede para afondar en Manuel María, Praza Pública, 16-05-2016.
  12. Xoán Carlos Domínguez Alberte, "Lingua para vencer. Versos para convencer",  Sermos Galiza, 24-09-2016.
  13. Armando Requeixo, "A escrita múltiple de Manuel María", no blog Criticalia.

Sobre a obra teatral
  1. Sobre a obra Abril de lume e ferro (1989), en terra chá,xa, 05-08-2014.

Manuel María musicado
    1. Libro-CD Canta o cuco. Romina Bal, Praza Pública, 24-11-2015.
    2.  A mesa homenaxea a Manuel María co libro-disco A voz do vento, Sermos Galiza, 12-03-2016.
    3. "Pirilampo e Fran Amil poñen música á poesía de Manuel María", Xesús Fraga, La Voz de Galicia,  23-03-2016.
    4. "A Mesa celebra 30 anos cun concerto arredor de Manuel María", Sermos Galiza, 28-03-2016. 
    5. X. F., "Nani García publica a súa opereta sobre A Berenguela de Manuel María", La Voz de Galicia, 11-05-2016.

Noticias institucionais/Actividades conmemorativas
  1.  E. P. "El conselleiro de Cultura elogia la figura de Manuel María por "su compromiso absoluto" con la cultura y el idioma", El Correo Gallego, 17-04-2016.
  2. Xosé María Palacios, "Galicia vai estar falando moito tempo de Manuel María", La Voz de Galicia, 17-04-2016
  3. Alba Lago, "O CCG publica nunha edición facsimile o poemario Advento de Manuel María", El Correo Gallego, 19-04-2016. 
  4. Marga Mosteiro, "O Consello da Cultura reedita Advento, de Manuel María", La Voz de Galicia, 19-04-2016.
  5. María Obelleiro, "A obra de Manuel María escóitase en todo o país", Sermos Galiza, 23-04-2016. 
  6. Día das Letras Galegas. Sugerencias de actividades. La Voz de Galicia, 11-05-2016. 
  7. Xosé Lois García, "Homenaxe nacional a Manuel María",  Sermos Galiza, 12-05-2016.
  8. Homenaxe a Manuel María en Outeiro de Rei, La Voz de Galicia, 15-05-2016.
  9. Galicia celebra o Día das Letras, La Voz de Galicia, 17-05-2016.
  10. A Real Academia Galega loa a Manuel María como "activista da verdade",  La Voz de Galicia, 17-05-2016.
  11. Manuel María: "O don da palabra", El Correo Gallego, 17-05-2016).
  12. Manuel María converte Outeiro de Rei na "capital literaria do mundo", El Correo Gallego, 17-05-2016.
  13. Alonso Montero: "Sempre admirei o compromiso con Galicia de Manuel María", El Correo Gallego, 17-05-2016.
  14. Miguel Álvarez, "Manuel María, un home clave para entender Galicia", El Correo Gallego, 17-05-2016.
  15. Sandra Sánchez, "Saleta Goi destaca o papel de Manuel María como divulgador da lingua galega", El Correo Gallego, 17-05-2016.
  16. A Galicia máis viva marcha en defensa do galego, El Correo Gallego, 18-05-2016.
  17. Tres notas de Carlos Callón para o Día das Letras 2016, Sermos Galiza, 17-05-2016.
  18. Máis de 20.000 persoas defenden en Compostela na voz de Manuel María "un idioma que é a vida", Sermos Galiza, 17-05-2016.
  19. "Homenaxe colectiva e en vídeo para Manuel María", Praza Pública, 25-05-2016. 
  20. "Manuel María, agochado en Vilalba en 28 códigos QR", Praza Pública, 14-06-2016.