Despois da lectura de Dime algo sucio, de Diego Ameixeiras, podemos empregar uns minutos en facer este test de léxico.
Atópase en Daypo: Dime algo sucio. Léxico-1 e mais en Educaplay: Dime algo sucio. Léxico-1.
26.12.12
23.12.12
Diego Ameixeiras. Dime algo sucio. Cuestionario
Imaxe de Edicións Xerais |
- Comentade os efectos que pode ter sobre o lector o coñecemento de feitos aínda non descubertos pola policía.
- Valorade como lectores o feito de que un crime vaia quedar sen castigo.
- Analizade a estrutura da novela. Establecede a súa relación coas técnicas empregadas no cine.
- Comentade o uso que se fai na novela das redes sociais.
- Hai personaxes con nome e outros sen el. Ata hai algún con nome e apelido. Comentade este aspecto.
- Pode afirmarse que os personaxes da novela están en crise. Analizade as causas, as consecuencias e o método co que se enfrontan a ela.
- Comentade como, a medida que avanza a novela, as historias particulares van tecendo unha trama aos ollos do lector.
- En distinta medida, algúns personaxes amosan sentimentos relixiosos. Explicade os casos. [Véxanse especialmente os capítulos 52, 62, 74, 78 e 85].
- Na novela atopamos dúas voces narradoras (P1 e P3). Analizade o papel de cada unha desas voces.
- Ameixeiras relátanos unha historia movida, mais semella que o tempo estivese detido para o lector. Analizade este aspecto.
- A historia particular de cada personaxe vaise desenvolvendo en orde cronolóxica. Pero hai unha excepción. Identificádea e analizádea.
- Explicade o título da novela.
- Os personaxes móvense por toda a cidade. Aínda así, o lector ten a sensación de que o espazo literario está moi delimitado. Comentade este aspecto.
- Dísenos na novela: “ En contra da nosa vontade inicial, a todos nos convenceron algunha vez de que o destino ao que pretendiamos dirixirnos non era o máis emocionante. Alguén provocou que modificásemos a nosa folla de ruta e acabamos por agradecerllo ata a fin dos nosos días” (p. 189). Á luz da lectura, ¿pode sosterse tal afirmación?
- O consumismo e a tiranía das marcas na novela.
- O tema da vellez na novela. Enfoque e tratamento.
- ¿Preséntasenos na novela unha sociedade gobernada pola amoralidade?
- Comentade a novela como inventario de tipos humanos.
22.12.12
Xavier López Rodríguez. Destrucción. Cuestionario
Imaxe: culturagalega.org |
- Estrutura (interna e externa) da novela. Posible simbolismo da mesma.
- O punto de vista adoptado na novela. A voz narradora.
- A idea da xustiza na novela.
- a) O proceso de construción/destrución dos personaxes. b) O proceso de destrución da muller.
- Os modelos de muller suxeridos na novela. Repárese nas referencias históricas.
- As tácticas do autor para facernos ver os cambios sociais.
- A importancia da economía no desenvolvemento do relato.
- O marco cronolóxico no que se desenvolve a novela.
- Temática da novela (ademais do tema central).
- O espazo e o seu tratamento no relato.
- Analizade os indicios de racismo que se atopan no monólogo de Felisa.
- Os animais na novela.
Achegas na rede
- Ana Salgado, “Entre antropoloxía e actualidade”, culturagalega.org.
- “Xavier López relata con crudeza o problema dos malos tratos...”, La Voz de Galicia, 22-01-2004.
- Brumoso, blog de Xavier López Rodríguez.
- Xavier López Rodríguez, ficha na BVG.
Xavier López Rodríguez, Destrucción.
1.12.12
Noticias de literatura-131. Novembro 2012
Xosé Daniel Costas Currás, premio de poesía Novacaixagalicia:
Noticia do premio e traxectoria do autor.
Novacaixagalicia fará entrega a Xosé Daniel Costas Currás do seu premio de poesía pola súa obra monicreques (Galicia Hoxe, 04-11-2012).Noticia relacionada.
Noticia do premio e traxectoria do autor.
Imaxe: Praza pública |
Manuel Cráneo fálanos de Cousas de mortos (Demo Editorial):
O libro reúne un feixe de historias -escritas ao longo dos últimos anos- nas que os defuntos, ancorados no tempo e na vida, reproducen o comportamento duns vivos que, se cadra, xa teñen bastante de mortos (Praza pública).
Elena Gallego Abad publica Dragal III. A fraternidade do dragón:
inscríbese nunha corrente formal e temática de gran rendemento na literatura xuvenil galega da primeira década do século XXI, como é a recreación de mundos mitolóxicos e lendarios, nos que asenta unha concepción identitaria (El Correo Gallego, 06-11-2012).
Estrea de Todo é silencio, película baseada na novela do mesmo título de Manuel Rivas:
Cuerda rodou Todo es silencio en Galicia e na súa undécima longametraxe repite colaboración con Rivas, autor do guión, para dar vida a un pobo rendido ao narcotráfico pero pondo por encima deste problema a uns personaxes que aínda "cren nos seus semellantes" (Galiciaé, 08-11-2012).“Silencios que falan” (Galicia Hoxe, 09-11-2012).
Imaxe: Galicia Hoxe |
Xosé Manuel Pereiro presenta Prestige, tal como foi, tal como fomos:
'Prestige, tal como foi, tal como fomos', segundo título da colección xornalistas, narra a crónica dese desastre, do que aconteceu desde a traxicomedia da xestión do desastre, ata os delirios de grandeza das solucións políticas ante a inminente catástrofe (Galicia Hoxe, 13-11-2012).
Agustín Fernández Paz entrevistado por Xesús Fraga:
Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) vén de gañar o Premio da Crítica Galicia 2012, na categoría de Creación literaria, coa súa novela Fantasmas de luz (La Voz de Galicia, 19-11-2012).Miguelanxo Prado publica Ardalén:
Imaxe: Galicia Hoxe |
Somos o que recordamos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable, porque tamén somos o que os demais recordan de nós. Sabela intenta reconstruír unha historia, unha parte da súa historia a través dos recordos de Fidel. Pero hai máis fíos que se van enguedellando nese proceso de recuperación (Galicia Hoxe, 19-11-2012).
30.11.12
Gal-Ego (de P. Coke)
Escoitade este canción e botádelle unha ollada ás actividades propostas máis abaixo.
Tarefas
1. Mentres escoitades a canción, completade os furos que se fixeron no texto. Podedes facelo nesta ligazón.
2. Organizádevos en pequenos grupos e falade sobre a canción. Reparade, especialmente, nos aspectos temáticos, no título e no "complexo". Nomeade un voceiro por grupo e realizade unha posta en común.
3. Volvede á distribución por grupos e respondede, seguindo a melodía da orixinal, con outra canción de produción propia ao chamamento de P. Coke.
Tarefas
1. Mentres escoitades a canción, completade os furos que se fixeron no texto. Podedes facelo nesta ligazón.
2. Organizádevos en pequenos grupos e falade sobre a canción. Reparade, especialmente, nos aspectos temáticos, no título e no "complexo". Nomeade un voceiro por grupo e realizade unha posta en común.
3. Volvede á distribución por grupos e respondede, seguindo a melodía da orixinal, con outra canción de produción propia ao chamamento de P. Coke.
17.11.12
Lingua esgallada-49
Imaxe: Lingalog |
Daypo: Test lingua esgallada-49.
Educaplay: Lingua esgallada-49.
14.11.12
Febre (de Héctor Carré). Test de lectura
Para o club de lectura.
O test de lectura de Febre (de Héctor Carré) pode ser un simple divertimento, mais tamén unha actividade para mellorar a nota da avaliación segundo as condicións que figuran na programación de aula.
Tamén se pode ver o test en Educaplay: Febre (de Héctor Carré).
O test de lectura de Febre (de Héctor Carré) pode ser un simple divertimento, mais tamén unha actividade para mellorar a nota da avaliación segundo as condicións que figuran na programación de aula.
Tamén se pode ver o test en Educaplay: Febre (de Héctor Carré).
3.11.12
Noticias de literatura-130. Outubro 2012
Imaxe: Pontevedra Viva |
Unha sociedade gobernada por un grupo elitista é o punto de partida de 15.724, unha nova novela do ferrolán Xesús Constela. O autor de Shakespeare destilado emprega neste novo traballo un conxunto de voces narradoras que dan corpo a un traballo crítico e profundo (Pontevedra Viva).
Francisco Añón: congreso do bicentenario do seu nacemento (La Voz de Galicia, 05-10-2012).
Luis García Soto gaña o Carvalho Calero con O labirinto da saudade:
La obra O Labirinto da saudade, de Luis García Soto (A Coruña. 1956) ha sido el trabajo ganador del XIX Premio Ricardo Carvalho Calero de investigación lingüística y creación literaria (El Correo Gallego, 06-10-2012).
Imaxe: El Correo Gallego |
Carmen Franco recoméndanos Engurras (Paco Roca):
Da cabeza dun deles escápanse e voan unhas fotografías antigas de cor sepia que simbolizan as lembranzas que se esvaécense da memoria de Emilio. Desta maneira visual, abórdase, desde a primeira ollada, unha das consecuencias da enfermidade do Alzhéimer que padece o protagonista (El Correo Gallego, 09-10-2012).
Ángela Fernández premio Pura e Dora Vázquez de literatura xuvenil pola obra Por que está triste o Miañas?:
«é unha obra que foi pensada para nenos de curta idade, non para mozos, ou para primeiros lectores e incide no valor da amizade cos animais como protagonistas (La Voz de Galicia, 11-10-2012).
Antonio Seijas fala con Cristina Chapela sobre a adaptación de Cartas de inverno:
Antonio Seijas é un debuxante de banda deseñada que vén de levar ao cómic a novela Cartas de Inverno, de Agustín Fernández Paz. Unha obra gráfica que, prologada polo escritor, verá a luz este outono (Galiciaé, 13-10-2012).
Manuel Rivas fala d’As voces baixas:
Son «as voces que poden contar a historia a rentes do chan». Un libro que «é unha mestura de humor e de dor, de ironía e ao mesmo tempo de mágoa» (La Voz de Galicia, 18-10-2012).Véxase tamén Galiciaé (17-10-2012): “As voces baixas, a nova novela de Manuel Rivas, é unha viaxe pola construción da vida, polo "humor e a dor", a través do espello dos demais”.
Presentación de Todo é silencio, película baseada na novela homónima de Manuel Rivas (El Correo Gallego, 21-20-2012). Noticia da apertura da Seminci en La Voz de Galicia.
Marcos Calveiro Foto: Atlántico diario |
Marcos Calveiro fálanos de Palabras de auga:
A inspiración da súa historia foi precisamente unha nova aparecida nun xornal: No Arxel as mulleres procuraban nos formigueiros os grans que recollen as formigas co que facer pan para os fillos: “Pareceume unha imaxe brutal da condición humana e pensei que esa realidade ben merecía unha novela” (Atlántico diario, 27-10-2012).
1.11.12
Unha lectora fóra do común. Test de lectura
Para o club de lectura da novela de Alan Bennett Unha lectora fóra do común.
O test é un divertimento, mais tamén o propoño como actividade para quen queira validar o seu carné de lectura e mellorar a nota da avaliación. Neste caso, as condicións son as que figuran na programación de aula. Tamén se pode ver en: Test de lectura Unha lectora fóra do común.
Abur.
O test é un divertimento, mais tamén o propoño como actividade para quen queira validar o seu carné de lectura e mellorar a nota da avaliación. Neste caso, as condicións son as que figuran na programación de aula. Tamén se pode ver en: Test de lectura Unha lectora fóra do común.
Abur.
30.10.12
Arturo Abad/Gabriel Pacheco. Taller de corazóns
Imaxe: OQO editora |
Matías, o protagonista, é un habilidoso artesán capaz de ir reparando aqueles corazóns cachifallos que lle caen nas mans, e vaino facendo con pezas que son pedazos do seu propio corazón.
Achegáronse ó taller
- Desordenadas Lecturas, que ve en Taller de corazóns “un libro sobre o amor, a indiferenza e a perseverancia”.
- O cantil das palabras agasállanos con esta emotiva colectura.
- Rede Lectura preséntanos o Taller como un obradoiro de afectos.
- N’A quinta dos libros decidiron poñer en práctica as ensinanzas do relato.
- Trafegando ronseis salienta e beleza total da obra e convértese nun animado club de lectura.
Arturo Abad/Gabriel Pacheco, Taller de corazóns. Pontevedra, OQO editora, 2010.
28.10.12
Unha lectora fóra do común (de Alan Bennett). Cuestionario
Imaxe de Rinoceronte Editora |
- ¿Que razóns dá a raíña para xustificar a necesidade de ler?
- ¿Que descobre a raíña na literatura?
- A raíña define o libro de forma simpática e plástica. ¿Cal é esa definición? Comentádea. [P. 29]
- ¿Que actitude amosan en palacio pola lectura?
- Con respecto á lectura, ¿como se define a raíña? [Pp. 39, 75...]
- Comentade as relacións que a raíña vai establecendo cos autores das súas lecturas. [Cfr. p. 57]
- ¿Que cambios opera a lectura na protagonista?
- Analizade brevemente o personaxe de Norman.
- Cando a raíña comunica ós ministros que ten pensado escribir, ¿sobre que aspectos fai as primeiras reflexións? [87-9]
- Valorade o final sorpresivo do relato.
- Agora que rematastes a novela, analizade os aspectos positivos e negativos que comporta a actividade lectora.
- ¿Como se describe na novela o contorno político da raíña?
- Na novela fálase do sentido do deber. ¿Como se relacionan na obra a actividade lectora e o sentido do deber?
- A raíña é lonxeva. ¿Seriades quen de acoputar nun marco cronolóxico a vida que nos conta e sinalar, de paso, uns cantos feitos históricos salientables?
- Segundo a lectura, ¿cales son as funcións da realeza no país no que se ambienta a novela?
Alan Bennett, Unha lectora fóra do común. Cangas do Morrazo, Rinoceronte Editora, 2010. Tradución de Moisés Barcia.
21.10.12
Poemas de África lonxe (de Jorge Arrimar e Eduardo Bettencourt)
Jorge Arrimar Imaxe de Póvoa de Varzim |
EU SON SOSPEITOSO (fragmento)
Eu son sospeitoso...
A miña cor traizóame.
É clara como as velas
que un día atravesaron
os océanos sen fin
para escravizar...
...a pel escura
feita noite de temporal...
Os músculos desfacéndose
no líquido azucrado
da cobiza
ao rodar dos enxeños.
A liberdade esmagada
ao prezo do algodón...
As mañás de lucro
no peito dos poderosos
tinguindo o ocaso de dor...
Si! Eu son sospeitoso...
O instrumento
escorrendo dos planos arquitectados
na penumbra...
A miña pel é da cor
das velas dos negreiros...
Sobre ela pesa a culpa
de séculos da escravitude...
Mais... a historia condéname
polo que non fixen.
Jorge Arrimar / Eduardo Bettencourt, Poemas de África lonxe. Cangas do Morrazo, Barbantesa, 2010. Tradución de Penélope Pedreira.
O poeta habita unha pel incómoda.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)