30.11.12

Gal-Ego (de P. Coke)

Escoitade este canción e botádelle unha ollada ás actividades propostas máis abaixo.



Tarefas
1. Mentres escoitades a canción, completade os furos que se fixeron no texto. Podedes facelo nesta ligazón.

2. Organizádevos en pequenos grupos e falade sobre a canción. Reparade, especialmente, nos aspectos temáticos, no título e no "complexo". Nomeade un voceiro por grupo e realizade unha posta en común.
3. Volvede á distribución por grupos e respondede, seguindo a melodía da orixinal,  con outra canción de produción propia ao chamamento de P. Coke.

17.11.12

Lingua esgallada-49

Imaxe: Lingalog
Recollo algunhas expresións de exercicios escritos e propoño esta actividade por mor do trasacordo. Pódense facer en liña nestas dúas ligazóns:

Daypo:
Test lingua esgallada-49.

Educaplay:
Lingua esgallada-49.

14.11.12

Febre (de Héctor Carré). Test de lectura

Para o club de lectura.
O test de lectura de Febre (de Héctor Carré) pode ser un simple divertimento, mais tamén unha actividade para mellorar a nota da avaliación segundo as condicións que figuran na programación de aula.
Tamén se pode ver o test en Educaplay: Febre (de Héctor Carré).

3.11.12

Noticias de literatura-130. Outubro 2012

Imaxe: Pontevedra Viva
Xesús Constenla presenta 15.724:
Unha sociedade gobernada por un grupo elitista é o punto de partida de 15.724, unha nova novela do ferrolán Xesús Constela. O autor de Shakespeare destilado emprega neste novo traballo un conxunto de voces narradoras que dan corpo a un traballo crítico e profundo (Pontevedra Viva).
Francisco Añón: congreso do bicentenario do seu nacemento (La Voz de Galicia, 05-10-2012).
Luis García Soto gaña o Carvalho Calero con O labirinto da saudade:
La obra O Labirinto da saudade, de Luis García Soto (A Coruña. 1956) ha sido el trabajo ganador del XIX Premio Ricardo Carvalho Calero de investigación lingüística y creación literaria (El Correo Gallego, 06-10-2012).
Imaxe: El Correo Gallego
Carmen Franco recoméndanos Engurras (Paco Roca):
Da cabeza dun deles escápanse e voan unhas fotografías antigas de cor sepia que simbolizan as lembranzas que se esvaécense da memoria de Emilio. Desta maneira visual, abórdase, desde a primeira ollada, unha das consecuencias da enfermidade do Alzhéimer que padece o protagonista (El Correo Gallego, 09-10-2012).
Ángela Fernández premio Pura e Dora Vázquez de literatura  xuvenil pola obra Por que está triste o Miañas?:
«é unha obra que foi pensada para nenos de curta idade, non para mozos, ou para primeiros lectores e incide no valor da amizade cos animais como protagonistas (La Voz de Galicia, 11-10-2012).
Antonio Seijas fala con Cristina Chapela sobre a adaptación de Cartas de inverno:
Antonio Seijas é un debuxante de banda deseñada que vén de levar ao cómic a novela Cartas de Inverno, de Agustín Fernández Paz. Unha obra gráfica que, prologada polo escritor, verá a luz este outono (Galiciaé, 13-10-2012).
Manuel Rivas fala d’As voces baixas:
Son «as voces que poden contar a historia a rentes do chan». Un libro que «é unha mestura de humor e de dor, de ironía e ao mesmo tempo de mágoa» (La Voz de Galicia, 18-10-2012).
Véxase tamén Galiciaé (17-10-2012): “As voces baixas, a nova novela de Manuel Rivas, é unha viaxe pola construción da vida, polo "humor e a dor", a través do espello dos demais”.
Presentación de Todo é silencio, película baseada na novela homónima de Manuel Rivas (El Correo Gallego, 21-20-2012). Noticia da apertura da Seminci en La Voz de Galicia.

Marcos Calveiro 
Foto: Atlántico diario
Marcos Calveiro fálanos de Palabras de auga:
A inspiración da súa historia foi precisamente unha nova aparecida nun xornal: No Arxel as mulleres procuraban nos formigueiros os grans que recollen as formigas co que facer pan para os fillos: “Pareceume unha imaxe brutal da condición humana e pensei que esa realidade ben merecía unha novela” (Atlántico diario, 27-10-2012).


1.11.12

Unha lectora fóra do común. Test de lectura

Para o club de lectura da novela de Alan Bennett Unha lectora fóra do común.
O test é un divertimento, mais tamén o propoño como actividade para quen queira validar o seu carné de lectura e mellorar a nota da avaliación. Neste caso, as condicións son as que figuran na programación de aula. Tamén se pode ver en: Test de lectura Unha lectora fóra do común.
Abur.