31.10.13

Noticias de literatura-142. Outubro 2013

Cinco títulos de catro autores galegos xa están ao dispor dos lectores búlgaros na súa propia lingua. A Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, e O lapis do carpinteiro -edición xa esgotada- de Manuel Rivas, veñen de sumarse Que me queres, amor?, do mesmo autor, a poesía completa de Lois Pereiro e Aire negro, de Agustín Fernández Paz (Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 02-10-2013).
Manuel Álvarez Torneiro, Premio Nacional de Poesía
Manuel Álvarez Torneiro 
Foto: Gustavo Rivas/La Voz de Galicia
Os ángulos da brasa xa recibira o Premio da Crítica e fora elixido o mellor poemario do 2012. Dende hoxe tamén suma para o seu autor, Manuel Álvarez Torneiro, o Premio Nacional de Poesía (Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 08-10-2013).
Anxo Rei Ballesteros, Presenza dunha Ausencia. Sobre Maurice Blanchot
Axóuxere Editora publica Presenza dunha Ausencia (Sobre Maurice Blanchot), un ensaio inédito do lembrado autor, falecido hai cinco anos. Na obra retoma a liña filosófica que desde a Modernidade interroga o ser humano polo feito imaxinario da súa elaboración como persoa: a literatura como expresión do ser (Anxo Pérez Pena, Praza pública).
Fran Bueno gaña o Castelao de Cómic
Catálogo oneroso de beleza gratuíta, del autor compostelano Fran Bueno, se ha convertido hoy en el octavo trabajo ganador del Premio de Cómic Castelao que convoca la Diputación de A Coruña (El Correo Gallego, 12-10-2013).
James Joyce: versión galega do Ulises publicada por Galaxia
Para a editorial, esta publicación constitúe "un acontecemento" para a literatura galega, que "implica poñer ao alcance dos lectores un libro referencial que xa foi soñado no seu día en galego polos membros da Xeración Nós" (Galicia hoxe, 16-10-2013).
Francisco Castro, O corazón de Branca de Neve
Francisco Castro 
Foto: A. Ballesteros /La Voz de Galicia
O sórdido mundo das mafias, a corrupción policial, a trata de humanos, o roubo de nenos... Un sinuoso e escuro camiño polo que transita o inspector Hermida (Galicia hoxe, 17-10-2013).
Riveiro Coello, Acordes náufragos
Libro de relatos, fantásticos os máis deles, enfiados pola traxedia do naufraxio e tocados case sempre pola vea amorosa e sentimental dos seus protagonistas (Galicia hoxe, 17-10-2013).
Afonso Eiré, Belesar
Nunha entrevista concedida a Europa Press, Eiré recordou que o encoro de Belesar foi "singular" tanto en Galicia coma en España no seu momento polo seu tamaño e dificultade técnica, e pronto se converteu en "símbolo do franquismo". "Era máis visitado que a Catedral de Santiago", sinalou o autor (Galicia hoxe, 17-10-2013)..
Isabel Minhós/Bernardo Carvalho, Grazas
No álbum pártese da visión infantil do mundo para recrear a realidade desde o punto de vista inxenuo e inocente dun neno que aprende coa observación e cos consellos das persoas máis influintes na súa vida (Ana Margarida Ramos, El Correo Gallego, 19-10-2013).
Xabier Cordal, Transmuta
[...] o xurado da modalidade de Creación Literaria acordou outorgar por maioría o premio ao poemario social Transmuta, do autor coruñés Xabier Cordal (La Voz de Galicia, 20-10-2013).


Manuel Gago/Manel Cráneo, Vento e chuvia
Imaxe: El País
A partir de la ingente información académica acumulada en las últimas décadas sobre los dioses de la Edad del Hierro, el periodista y divulgador cultural llena “los huecos” construyendo una recreación literaria, a través de diez relatos protagonizados por otras tantas deidades del panteón prerromano (El País, 21-10-2013).
Ramón López Vázquez presenta Domingo García-Sabell e a fenomenoloxía
“Aparte de su labor como médico, García-Sabell fue el embajador de la fenomenología en Galicia y de sus autores de referencia, Heidegger y Joyce", ha subrayado López Vázquez (Xabaier Sanmartín, El Correo Gallego, 30-10-2013).

24.10.13

A tixola polo mango

Foto: Teatro do Noroeste
Unha sinxela cociña montada no escenario, música dun tempo “feliz” e uns poucos xogos de luz é todo canto precisa a actriz Luma Gómez para darlle un repaso á situación vivida pola muller nunha época en que tiña como destino ser “reina del hogar y esclava de su marido”.
Ataviada co uniforme de “maruja” (bata de casa, pelo recollido cun diadema rematado nunha esaxerada flor vermella), a protagonista zanfonea polos seus dominios entre tixolas, coitelos e verduras e mentres prepara o estufado do carne de porco vai debullando a situación da muller dunha época xa pasada, pero aínda non superada de todo.
Comeza por deixar sentado que no seu tempo atopar un marido era a condición básica para que unha muller dese a talla. O que viñese despois habería que ilo capeando coas ensinanzas da “escola da santa paciencia”. A experiencia da protagonista revela que, independentemente da súa ideoloxía, o rei da casa practica o mesmo tipo de pedagoxía: “pasa para a casa diante miña”.
Mais a santa paciencia vaise esgotando e o que remata con ela de vez é a consabida historia de cornos. A protagonista pensa friamente a decisión que vai tomar mentres espera a volta do marido, que lle pide que lle poña algo de comer. O resultado é o estufado de “porco” que foron probando os espectadores. No forno da cociña aínda se está a facer a cacheira. A do marido, claro.

3.10.13

Xesús Fraga, O elefante branco. Cuestionario

Cuestionario para o club de lectura de O elefante branco (de Xesús Fraga).


  1. O elefante branco é un título que se explica na propia novela. ¿Cal é esa explicación?
  2. A novela é unha homenaxe ao escritor Ánxel Fole. Xustificade esta afirmación.
  3. O mago Waldemar ten “espírito de narrador”. ¿Que sigifica isto?
  4. Analizade a voz narradora na novela.
  5. Analizade o tratamento do espazo na novela.
  6. ¿A muralla da cidade produce algún efecto no protagonista ou noutro personaxe?
  7. Na novela menciónanse dous personaxes con tendencia a facer torres no aire. ¿Quen son? ¿Que problemas lle causan á familia?
  8. Na novela hai un personaxe conscientemente caracterizado pola súa fala dialectal. Comentade este aspecto.
  9. A avoa é un personaxe moi interesante. ¿Que características a fan salientable?
  10. Debatede, baseándovos na novela, a importancia dos feitos aparentemente humildes.
  11. ¿Pódese afirmar que O elefante branco é unha novela de formación?
  12. Na novela aparecen varios modelos de vida en parella. Analizádeos e relacionádeos coa época á que se refiren.
  13. Comentade os recursos narrativos máis salientables empregados na novela. Por exemplo: narrador en primeira persoa, uso de cartas persoais, diálogo contrapuntístico, espazo que enmarca a historia etc.
  14. Na novela atopamos polo menos un par de obxectos dotados dun especial simbolismo. ¿Cales son? ¿Que poden significar?
  15. Atopamos na novela varios personaxes que viviron a emigración. Comentade os casos, épocas e características. Reparade na opinión que os propios personaxes teñen sobre o tema.
  16. Analizade o tratamento do tema da guerra. Enfocádeo especialmente dende o punto de vista dos personaxes que sufriron esta experiencia.
  17. Na novela, pais e fillos ocúltanse información. Comentade este aspecto. Podédelo enfocar dende o punto de vista das relacións interxeracionais.
  18. Na literatura é doado atopar a figura da Vella Sabia. ¿Quen desempeña tal función na novela? ¿Un só personaxe? ¿Varios? ¿En que medida?
  19. ¿Podería sacarse desta novela un modelo de educación? ¿Cales serían as súas liñas mestras?
  20. Procurade o anaco do relato titulado “A caixa de habanos” (de Ánxel Fole, Terra brava), lédeo e analizade como se integra n’O elefante branco.

     Deixo este cuestionario coa malévola intención de sempre: que sirva de guía para o coloquio sobre a novela e, se cadra, como base para unha proba avaliable sobre a lectura.

    Outras actividades


1.10.13

Noticias de literatura-141. Setembro 2013

Raúl Dans estrea dobre publicación. Dunha parte Un mosquito de nome Henri, (Baía Edicións, con ilustracións de Jacobo Serrano), gañador do premio Barriga Verde de teatro infantil, e Unha corrente salvaxe, texto co que gañou o Premi Born e que publica no seu número de verán a Revista Galega de Teatro (Camilo Franco, La Voz de Galicia, 02-09-2013).
Manuel María, abre a casa do poeta en Outeiro de Rei
Foto: Álvaro Ballesteros / La Voz de Galicia
estarán reunidos os tres legados de Manuel María: a súa biblioteca, que estaba na Universidade da Coruña, o legado artístico que permanecía no Museo de Lugo e o literario que estaba a disposición da Real Academia Galega. Xunto a este material, a casa tamén conserva obxectos persoais e mobiliario utilizado polo poeta na casa na que naceu e que utilizou ao longo da súa vida, e na que escribiu unha parte da súa obra (La Voz de Galicia, 03-09-2013).
Gaivotas subterráneas premiada no Fetega
Gaivotas subterráneas competiu no festival con Románticos de Mofa e Befa, e co Método Gronholm de Talía Teatro (La Voz de Galicia, 07-09-2013).
Berta Dávila, VII Premio Repsol de Narrativa Breve con O derradeiro libro de Emma Olsen
Na presentación do fallo, o voceiro do xurado destacou a "madureza literaria" da autoria e definiu a obra gañadora como "un exemplar moi interesante dun subxénero literario típico da literatura inglesa". Ademais, subliñou que a narración está "moi ben adaptada ao número de páxinas", tal e como se pide no premio (Galicia hoxe, 17-09-2013).
Rosalía de Castro: edición de Cantares gallegos en ruso
A edición forma parte do Tomo XVIII da Antoloxía da literatura galega, publicada polo Centro de Estudos Galegos da Universidade de San Petersburgo, que dirixe Elena Zernova (La Voz de Galicia, 27-09-2013).
Encontro poético internacional na illa de San Simón
Yolanda Castaño (...) presentou en Pontevedra o libro resultante do primeiro encontro 'Con barqueira e remador'. Na edición deste ano, explicou, está previsto que participen os escritores Gökçenur, Kätlin Kaldmaa, Anna T. Szabó, Samira Negrouche, Lawrence Schimel, Xan Bello, e o galego Isaac Xubín (Galicia hoxe, 30-09-2013).