Amosando publicacións coa etiqueta Libro de horas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Libro de horas. Amosar todas as publicacións

21.9.16

Miguel Anxo Murado. Libro de horas

Imaxe:
 Libro de horas. Editorial Galaxia
Comecemos polo remate. A “Nota do autor” sintetízanos as características da obra que acabamos gratamente de ler. De tales características salientamos:
  1. O marco cronolóxico. O libro escolma textos publicados en La Voz de Galicia entre 2014 e 2015. O título do libro pon en relevo a importancia da cronoloxía nesta colectánea de pezas literarias.
  2. A evidente intención estética dos textos: estamos ante exemplos de columna literaria.
  3. A intención de ir máis alá dos límites do artigo de opinión.
  4. O desexo --logrado-- de dar unha visión máis complexa de noticias constatables.
A cronoloxía manda, pero a reflexión sobre os feitos narrados, próximos ou recuados, tórnaos intemporais e amortécelles a fría obxectividade da noticia allea ao lector para convertelos en feitos que nos afectaron ou van afectar en canto seres sociais. Asuntos como as guerras, frías ou quentes, a represión dos estados sobres os cidadáns, os dereitos humanos, a carreira de armamentos… enfócanse dende outra perspectiva ao seren relacionados con outros acontecementos similares.
A reflexión sobre a noticia convértea tamén en universal. O feito obxecto de reflexión pode ser novo e ter data concreta, pero as ideas ou actitudes que o provocaron vense repetidas ao longo da historia da humanidade, como o demostra a relación con feitos semellantes acontecidos noutras épocas. As reflexións sobre as noticias escolleitas por Miguel Anxo Murado fanlle sentir ao lector un mundo máis achegado e familiar.
Cómpre salientar a homenaxe que nestas crónicas se fai a un amplo elenco de obras --literarias ou non-- que se converteron en fitos da bibliografía da humanidade: Cervantes, Rosalía, Rulfo, Lowry, Bellamy…, sen esquecer as populares novelas de vaqueiros que serviron de lecer especialmente nunha triste etapa da nosa historia.

Falan da obra

Miguel Anxo Murado, Libro de horas. Vigo, Galaxia, 2016.