A pomba e o degolado-2. Test de lectura
Velaquí un segundo divertimento para lectores d' A pomba e o degolado, de Fina Casalderrey. A tarefa consiste en ir sinalando se son verdadeiras ou falsas as afirmacións que se fan sobre a novela.
Amosando publicacións coa etiqueta Fina Casalderrey b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fina Casalderrey b>. Amosar todas as publicacións
24.11.15
21.5.15
'A pomba e o degolado'-1. Test de lectura
Consiste o exercicio en sinalar se son verdadeiras ou falsas as afirmacións que se fan sobre os personaxes da obra.
22.3.14
Dúas letras (de Fina Casalderrey). Test de lectura
Actividade para entretemento do club de lectura de Dúas letras, de Fina Casalderrey / Eloy Varela.O exercicio, que ocupa menos de cinco minutiños, consiste en responder se son verdadeiras ou falsas as afirmacións que se fan sobre o relato citado.
Outras actividades sobre Dúas letras:
20.3.14
Dúas letras (de Fina Casalderrey). Léxico-1
Test de léxico para o grupo de lectura de Dúas letras, de Fina Casalderrey.
Outras actividades sobre Dúas letras:
Fina Casalderrey / Eloy Varela, Dúas letras. Cuestionario
Outras actividades sobre Dúas letras:
Fina Casalderrey / Eloy Varela, Dúas letras. Cuestionario
9.3.14
Fina Casalderrey / Eloy Varela. Dúas letras. Cuestionario
| Foto: Editorial Galaxia |
Para o club de lectores e espectadores de Dúas letras.
Velaquí deixo este CUESTIONARIO co ánimo de que poida servir de punto de partida para os debates dos grupos de lectura e visionado desta obra de Fina Casalderrey e Eloy Varela.
- Situade a historia no seu marco cronolóxico e comentade as características da época.
- Comentade o que vos resulte máis chocante na lingua das cartas, así como outros aspectos formais da literatura epistolar.
- Axudándovos do texto e mais da película describide as condicións das casas do rural na época en que se ambienta a historia.
- Facede o mesmo co vestiario dos personaxes.
- A veciña “soldado” dille á protagonista: “Áurea, e non fuches á misión!”. Buscade información sobre o que realmente lle estaba a dicir.
- Describide e comentade o estilo de vida dunha mestra (ou dun mestre) nos arredores de 1951. Podedes empezar preguntando á xente da casa.
- ¿De que guerra se nos fala no relato? ¿Como nos falan dela os personaxes?
- ¿Que papel desempeñan os calendarios no relato e na película?
- Das queixas de siña Áurea podemos sacar unha idea do casorio e do papel da muller nel. Comentade este aspecto.
- Analizade o tópico das viúvas de vivos e de mortos segundo se pode percibir no relato e mais na película.
- Entre o que siña Áurea dita e a mestra escribe hai evidentes diferenzas. ¿En que sentido se producen os cambios?
- No relato fálase do sustento diario. ¿En que consiste? ¿Con que medios se logra?
- Comentade os aspectos máis salientables da relación nai-fillo.
- ¿Podedes situar nun mapa Cedofeita e Casaldourado? ¿Trátase de lugares reais, literarios ou ambos os dous?
- Comentade como se trata no relato e mais na película o despoboamento do rural.
- O peso da historia cae sobre os ombros das mulleres. Aínda así, ¿que se pode dicir dos homes que aparecen no película e mais no relato?
- Coa perspectiva que dan 70 anos de distancia, comentade que permanece e que cambiou no paso da emigración á “movilidad exterior”. [Lembrade que estamos no ano 2014.]
19.3.09
A pomba e o degolado. Léxico-2
![]() |
| Imaxe: Club de lectura ARS LEGENDI. |
O exercicio consiste en relacionar as palabras da columna da esquerda, que aparecen na novela, coas que se propoñen na columna da dereita. Pode haber algunhas palabras sen relación e outras que presenten varias.
Velaí queda
31.1.09
A pomba e o degolado. Léxico-1
20.11.08
A pomba e o degolado, de Fina Casalderrey. CUESTIONARIO (nivel A)
CUESTIONARIO (nivel A)
- O avó do protagonista dá unha definición plástica da nostalxia. ¿Cal é? ¿Como a podes explicar? [p. 20]
- ¿Cal é o marco xeográfico onde se desenvolve a novela? [p. 21]
- Os nomes e os pseudónimos dos protagonistas e a súa explicación.
- As ensinanzas do avó. [20, 22...]
- Os problemas de conduta como recurso de autodefensa.
- Os paxaros na novela: o valor real e o simbólico.
- A importancia das actitudes (p. 68).
- O desengano amoroso (cap. 14): a) os motivos; b) os actores; c) os resultados; d) a túa análise da cuestión.
- Un xeito de narrar chamado flash-back. ¿Como se usa na novela?
- Os pais e o exercicio da responsabilidade: a) a nai; b) o pai.
- A separación matrimonial e os seus efectos nas relacións pais-fillos.
- A enfermidade e a morte. Repara especialmente na figura do avó, na do pai de Curro e na da nai de Halima.
- Comenta o estilo americano do velorio do avó (cap. 19). Contrástao coa práctica habitual entre nós.
- ¿Recórrese na novela á anagnórise?
- ¿De que recurso se vale o protagonista para facer fronte ós matóns? Comenta o sentido e utilidade de tal recurso.
Para máis adiante proporemos un par de actividades baseadas nesta lectura:
a) Miniquest para ir informándose sobre os efectos da cocaína.
b) Audición musical: Ángel González / Pedro Guerra.
Imaxe de Jogos, dinâmicas e brincadeiras.
12.6.08
Fina Casalderrey. A pomba e o degolado
0. A pomba e o degolado é, esencialmente, unha historia de amor entre adolescentes. Ou mellor, unha descuberta do amor que vén ser a descuberta dunha nova forma de ver o mundo e a vida, de estar no mundo, que supón establecer novas relacións cos familiares, cos amigos e cos compañeiros. Atrás, coma un pesadelo, van quedando problemas que se crían insolubles: a morte do avó, a separación dos pais, o acoso escolar, o fracaso nos estudos, o abandono dos amigos... Por diante aínda quedan cabos que atar: unha nova relación co pai e coa nai, unha noiva...
1. A novela recolle uns poucos anos da vida de André; non moitos, pero son anos de cambios profundos. Cando o pai marcha da casa, o neno aínda non é quen de comprender a situación. Interprétao coma unha viaxe do pai e relaciona o seu cambio de aspecto cando vén de visita con algún traballo que estará a facer para os Reis Magos. Tampouco entende o comportamento errático da irmá nin o malhumor permanente da nai.
O rapaz anda á valga pola vida, agarrándose a táboas de salvación como a súa compañeira Halima, o seu amigo Curro, a súa avoa e, sobre todo, o seu avó vivo ou na lembranza. As mágoas vainas superando coa axuda das súas afeccións: o chat e os paxaros.
2. A autora vai engarzando o inicio dun capítulo co remate do anterior. Deste xeito, o lector, levado pola voz do protagonista, enfróntanse ós 22 capítulos da novela coma quen tira do fío da memoria ata rematar as contas.
3. Aqueles lectores máis afoutos que non vos contentedes cunha sinxela e gorentosa lectura ou aqueles que precisedes fontes para algún traballiño académico (sempre hai profesores con instinto de verdugo) podedes consultar estas ligazóns:
Readgalicia.com (a foto está collida desta páxina).
http://www.xerais.es/catalogos/proyecto_lectura/XG00128101_1.pdf (ficha de lectura)
Noticia da fundación Caixagalicia.
Blog O aletófilo do Morrazo.
Suplemento Faro da Cultura, 10-5-07.
Recensión sobre a autora.
Recensión da obra en Vieiros.
Programa TVG Libro aberto, 7 de maio de 2007.
Noticia en Galicia Hoxe.
http://www.xerais.es/catalogos/proyecto_lectura/XG00128101_1.pdf (ficha de lectura)
Noticia da fundación Caixagalicia.
Blog O aletófilo do Morrazo.
Suplemento Faro da Cultura, 10-5-07.
Recensión sobre a autora.
Recensión da obra en Vieiros.
Programa TVG Libro aberto, 7 de maio de 2007.
Noticia en Galicia Hoxe.
Na páxina do Foro contra o acoso escolar atopamos datos alleos á novela, mais que axudan a situala no seu tempo (hoxe mesmo, coma quen di) e a entender mellor un dos seus temas principais.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


