Cuestionario para o club de lectura d’ O Principiño (de Antoine de Saint-Exupéry)
Imaxe: Editorial Galaxia |
- No relato distínguese entre as persoas maiores e os rapaces. Semellanzas e diferenzas.
- O narrador nota sinais de avellentamento. ¿En que as nota?
- Hai quen ten establecido un decálogo das ensinanzas deste libro. Redactade o voso decálogo ou, polo menos, algo que se lle achegue.
- ¿Terá algún significado que cada planeta visitado polo Principiño teña só un habitante?
- ¿Cales son os motivos da viaxe do Principiño?
- ¿Que relación ten o Principiño coa súa flor? ¿Que flor é? ¿Que pode significar?
- ¿Que razóns lle dá o raposo ao Principiño para que o domestique?
- Comentade este consello do Principiño: “Non se ve ben se non é co corazón”.
- Comentade o desenlace da obra. ¿Que significa para vós?
- ¿Podería dicirse que neste relato o autor defende o infantilismo?
- Indicade se da lectura desta obra pode tirarse algunha lección para a vida.
- ¿Como é o Principiño?
- ¿Que personaxes vai atopando o Principiño na súa viaxe polo universo?¿Que fan eses personaxes? ¿Que sentido ten o que fan?
- ¿Algúns personaxes do relato poden ser comparados con personaxes reais da actualidade?
- ¿Atopades no relato algo que poida facer pensar que o Principiño ten saudade?
- Segundo a lectura do relato, ¿que valor ten o ser especial para alguén? Poñede exemplos.