30.11.11

Noticias de literatura-114. Novembro 2011

Vítor Vaqueiro, Mitoloxía de Galiza:
un libro que amplía considerablemente a Guía da Galiza máxica que aparecera en 1998 e que se presenta agora en forma de dicionario (La Voz de Galicia, 2-11-2011).
Miguel Sande ó teatro:
A compañía galega Bengala Produccións, dirixida por Xosé M. Rabón, estreará o vindeiro venres e sábado, días 4 e 5, no Teatro Jofre, de Ferrol, a obra 39 veces chao (se algún día esta muller morta), baseada na novela do escritor e xornalista Miguel Sande e que recolle o testemuño real dunha muller maltratada (La Voz de Galicia, 2-11-2011).
Imaxe: Galicia Hoxe.
Suso de Toro, un cuarto de século de Polaroid:
Foron tamén intrépidas aqueles ensinantes que se atreveron a introducir entón nas aulas un libro así e que lles creou problemas en varias ocasións. Desde aquela ten mudado a cultura social e a través da televisión e da internet os rapaces medran co coñecemento dun nivel de violencia e de brutalidade na linguaxe que daquela era impensábel fóra dun libro adulto e minoritario, naqueles anos aqueles anos un libro así nunha aula era unha brasa nas mans. E, con todo, déronllo a ler aos seus alumnos adolescentes, había ser interesante lembrar os motivos daquela elección literaria. Pode que fose porque achasen nel méritos expresivos e pode que fose tamén porque encontrasen alí cousas que lles resultasen novas e que considerasen útiles para o seu alumnado (Galicia Hoxe, 7-11-2011).
Véxase tamén o artigo de Xesús González Gómez “No tempo da literatura Roger Rabbit”, Luzes, El País, 11-11-2011:
Polaroid goza dunha prosa natural, de sintaxe simple e períodos curtos, cunha gran capacidade de recreación dos tics de comportamentos, de rexistros non estritamente literarios e de actitudes intranscendentes do individuo, que sabe reflectir no papel. Era un texto fundador non só por dar fe de clases sociais que até entón apareceran na narrativa galega de maneira marxinal, senón tamén porque unha serie de narradores novos se basearán nel, citándoo ou non, recoñecendo ou non a súa influencia. Velaquí os maiores logros da novela: a creación dunha linguaxe (que nada ten a ver coa chamada "riqueza lingüística") e, sobre todo, dunha dinámica narrativa.
Ramón Nicolás prepara unha biografía sobre Celso Emilio Ferreiro:
levo case dúas décadas transitando pola obra literaria que Celso Emilio deixou e por algúns capítulos da súa vida ata que se deron unhas circunstancias que propiciaron internarme no seu perfil máis persoal, fundamentalmente porque un dos nosos autores máis relevantes carecía aínda dunha biografía integral que xuntase o periplo vital e a súa proxección literaria e política. As dificultades foron as habituais: recadar información, édita e inédita, interpretar documentos, esculcar nas cartas conservadas ou entrevistar as persoas que tivesen algo substancial que dicir sobre o autor (entrevista con Camilo Franco en La Voz de Galicia, 7-11-2011).
Domingo Villar seleccionado por Ollos de auga para un premio en Suecia:
«Ojos de agua», de la que ya se editaron 16 ediciones, es la primera de las novelas protagonizadas por Leo Caldas, el solitario inspector de policía que compagina su trabajo en la comisaría con un programa radiofónico (La Voz de Galicia, 7-11-2011).
Foto: Ramón Leiro/La Voz de Galicia.
Manuel Lourenzo González gaña o Blanco Amor de novela con ATL:
O xurado destacou «a coherencia do universo literario empregado» polo escritor na novela ATL e subliñou tamén que «ou mundo futuro non que se desenvolve resulta sólido e sen estridencias». «E, ao mesmo tempo ATL ocupar dous problemas de identidade e ou sentido dá vida, que son manexados de maneira eficaz» (La Voz de Galicia, 18-11-2011).
Noticia da concesión do premio a Manuel Lourenzo no Galicia Hoxe, 18-11-2011):
Autor polifacético, cultiva a narrativa de adultos, aínda que el mesmo indica que se sinte especialmente cómodo como creador de literatura xuvenil e de contos para cativos. Tamén ten varios libros de teatro e de ensaio no ámbito da didáctica da lingua, así como libros de texto. Obtivo varios premios coma o Xerais de Novela, Pedrón de Ouro, Carvalho Calero, Café Dublín, García Barros, Narrativas quentes e Merlín en narrativa; O Facho e Estornela en teatro e máis recentemente o Premio de Literatura Infantil Barco de Vapor. Agora, ese listado vén agrandarse cos este Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor.
María Conde entrevista a Manuel Lourenzo (La Voz de Galicia, 24-11-2011).
Xosé Manuel Sánchez Rei publica Lingua galega e variación dialectal (Laiovento):
Todas as linguas varían. Tamén no tempo, segundo o contexto ou como reflexo da estratificación social, da diversidade étnico-cultural ou das diferenzas de xénero ou idade, sinala Sánchez Rei no libro. Non hai dous falantes iguais. Nin a variación se atopa en perigo de extinción (Luzes, El País, 18-11-2011).
María Canosa publica A tartaruga de Martiño:
Canosa apunta que está destinado «a todos os prelectores, desde os cero anos». «É para que se lles lea aos cativos. Ademais ten ou seu sentido didáctico, porque axuda a que os nenos aprendan a durmir sós non seu cuarto». Os protagonistas son Martiño, un pequerrecho que vive non mundo dous seus soños, e unha tartaruga que se chama Helena (La Voz de Galicia, 19-11-2011).
Maite Carranza, premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por Palabras envelenadas:
A obra, que recibiu anteriormente o Premio Edebé de Literatura Xuvenil; o Templo das Mil Portas, outorgado por novas escritores; o Whihe Raven de Bolonia e o da Crítica Serra d'Or de Cataluña, narra en clave de thriller o caso dunha moza desaparecida, Bárbara Molina, secuestrada nun zulo durante catro anos e á que dan por morta. Xunto a Bárbara, que é a única que ten a clave do misterio, polo libro aparecen tres personaxes próximos á protagonista, a súa nai, a súa amiga e un policía, que intentan facer encaixar as pezas do crebacabezas (La Voz de Galicia, 19-11-2011).
A noticia en laopinioncoruna.es.
Foto: Xurxo Lobato. El País.
Manuel Lourenzo nun artigo de Santiago Fernández (“Manuel Lourenzo, el teatro de la vida”:
Actor versátil, dramaturgo espléndido, escenógrafo, traductor, maestro... Su magisterio no es el del que aplica con didáctica eficaz una serie de conocimientos; sus enseñanzas llevan el sello indeleble de los clásicos; dejan huella. Este hombre de Ferreira do Valadouro, cuando dicta sus magisterios, incorpora el sello de lo original con un profundo sentido práctico, rechaza lo superficial, el adorno baladí, que tanto se estila en estos días (El País, 20-11-2011).
Tucho Calvo reedita Valentín Paz-Andrade. A memoria do século XX:
creo que o acerto de dedicarlle o Día das Letras Galegas está en que se homenaxea a un personaxe que é admirable por moitos sectores. Non destacaba só nun determinado ámbito cultural, senón que é o home no que pode verse reflectida a mellor sociedade galega. Desde os avogados, os empresarios máis emprendedores, aqueles que ven Galicia situada no mundo... Tamén é o político que loitou permanentemente polo país (La Voz de Galicia, 26-11-2011).
Francisco Fernández del Riego, primeiro cabodano:
A frutífera vida de Francisco Fernández del Riego apagouse a tarde do venres 26 de novembro do 2010. Hoxe hai un ano que a cultura galega perdeu ao seu patriarca das letras, un home entregado sen fisuras á causa da cultura galega dende ben mozo, ata que as forzas lle fallaron aos 97 anos e a parca o atopou prostrado na súa casa da viguesa praza de Compostela, cidade na que residiu na meirande parte da súa vida (La Voz de Galicia, 26-11-2011).
En Faro de Vigo (26-11-2011,) Javier Mosquera destaca:
Recordar a don Paco del Riego es evocar una vida "que se alimenta de una pasión y una fidelidad inquebrantable a Galicia y a su cultura", como se pone de manifiesto en su segundo y último libro de memorias, "Camiño andado" que publicó rebasada ya la frontera de los noventa años y que venía a completar lo narrado en "O Río do tempo".
En Luces, El País, 26-11-2011, Henrique Monteagudo bota unha ollada á  inmensa figura de don Paco (“Del Riego, rebeldía contra o malfado”):
Co seu exemplo de lealdade temesiña ao ideal dunha cultura galega rica e moderna nunha Galicia autogobernada, de resistencia incoercible nos transos máis difíciles da nosa historia recente, de xenerosidade, bonhomía e amplitude de miras, Del Riego déixanos un legado especialmente valioso para afrontarmos a dura singradura que temos por diante.
Por estas datas cumpren anos:

María Xosé Queizán galardoada polo Centro PEN Galicia:
«Pola súa traxectoria independente e firme, tanto na defensa da liberdade de expresión coma na dos dereitos das mulleres desde a década dos sesenta ata a actualidade» (La Voz de Galicia, 27-11-2011).
Noticia da concesión deste galardón en El Correo Gallego (27-11-2011): “Queizán ou a liberdade como único leitmotiv”.
Foto: La Voz de Galicia.
Adelaida Vidal gaña o Premio Risco de Literatura con Olladas:
Olladas foi cualificada polo xurado como «unha novela na que cómpre salientar un relato minimalista, cheo de realismo e frescura narrativa. Con personaxes moi contemporáneos que apostan polos soños. A trama está sostida por un narrador omnisciente que ¿todo o sabe?, e no entanto non emite xuízos de valor, deixando que os personaxes teñan autonomía e identidade propias» (La Voz de Galicia, 27-11-2011).

23.11.11

Mamed Casanova. O fillo da furia. Cuestionario

Imaxe de Pasando páxinas.
Para o club de lectura de Mamed Casanova. O fillo da furia (Manolo López Poy e Miguel Fernández).

O presente cuestionario ten a intención de servir de guía de lectura e base para coloquio. (Tamén podería servir para un control da lectura, pero isto xa sería ter mala idea.)

Velaí van as cuestións:
  1. Argumento desta novela gráfica.
  2. Marco cronolóxico e feitos históricos que se citan. (Tamén se poden relacionar aqueles movementos sociais aos que o protagonista foi alleo.)
  3. Análise da figura da nai.
  4. Describe a política do casino.
  5. Análise das clases sociais que aparecen nesta novela gráfica e o ámbito en que se moven.
  6. Descrición do bandoleirismo segundo a novela.
  7. Análise do sistema penitenciario do que se "gozaba" na época.
  8. A emigración. Repárese na idea que tiña dela o protagonista.
  9. Breve análise -sempre segundo a obra- do papel da Igrexa no mundo rural.
  10. O punto de vista adoptado  para contarnos a historia.

17.11.11

Valentín Paz Andrade. Epistolario

O epistolario foi preparado coa dobre intención de conmemorar a décimo aniversario do pasamento do autor e como documento que ofreza ós lectores o coñecemento “do que significou e segue sigificando para Galiza Valentin Paz Andrade”. A obra estivo ó coidado de Charo Portela Yáñez e Isaac Díaz Pardo. Conta cunha ampla cronoloxía da vida do galeguista e cunha minuciosa achega á bibliografía de e sobre Valentín Paz Andrade.
As cartas publicadas neste volume abranguen un longo período histórico que vai de febreiro de 1930 a maio de 1985. Isto é, do advenimento da II República ós inicios da democracia. Son poucas as referencias ás experiencias da guerra civil; son máis as que se refiren, de forma velada ou clara, ás consecuencias que tivo para o país. O lector destas epístolas saca en claro que Paz Andrade é un home que sempre quixo mirar cara adiante, que lle preocupaba máis o futuro có pasado, e que este só lle preocupaba se representaba unha pexa para lograr un futuro digno.
Imaxe: Epistolario.

As cartas amosan as ilusións e as frustracións de cada momento histórico que foi vivindo canda o país. Comeza contando os traballos de organización política, falando da necesidade de crear unha forza que lle dese voz e voto a Galicia, un partido de xente varia e limpa que propuxese Galicia como tarefa, isto é, o obxectivo primordial que se fixou Paz Andrade para si mesmo ó longo da súa vida.
Pasado o trebón que segou ilusións, proxectos e vidas as cartas de Paz Andrade seguen comunicando proxectos de futuro como terapia para superar longa noite de pedra e como agasallo para os que morreron por eles ou viven lonxe da terra amada.

Son moitos e significados os persoeiros a quen escribe Valentín Paz Andrade: Castelao, Risco, Otero Pedrayo, Núñez Búa, Portela Valladares, Urbano Lugrís, Laxeiro, Maside, Colmeiro, Seoane, Dieste, Blanco-Amor, Cabanillas, Delgado Gurriarán... Cobren un amplo abano de actividades: literatura, pintura, política, economía, empresa... Os do mundo da literatura, pintura ou actividade editorial son moi coñecidos; outros sono menos na súa faceta pública, pero moi relevantes no aspecto empresarial e económico (FAO, industrias pesqueiras, avogacía...). Coñecidos ou non, todos teñen unha actividade que transcende o privado e todos fan ou poden facer algo que signifique unha achega na tarefa de facer Galicia:
“As esferas oficiaes, das que depende o choio en definitiva, parez que acollen a proposta con franca aprobación, o que significaría para a Terra un avance na “tarea” --palabra que xa vai aclimatando en Galicia como expresión dun facer futuro--( p. 135)”.
Malia non falar mal de ninguén, nas entreliñas das cartas de Paz Andrade poden albiscarse os paus nas rodas cos que foi tropezando no longo percorrido vital, atrancos dos que nada está a salvo: “Aínda non vin Pranto matricial impreso [...]. Xa vexo que na Arxentina hai un telón de aceiro prós libros, pois con Principios de Economía Pesquera ocurre algo semellante. Os exemprares pudriranse na Imprenta López e nin o autor poderá dispoñer duns cantos prós amigos” (p. 114).
Imaxe: Epistolario.

Ademais de non falar mal de ninguén tampouco se para moito nas queixas: “Aínda que algúns veñan teimando en dar unha imaxe falsa dun, pra consolo de parvos, eu ben sei... (p. 137).
Aínda que sacadas á luz pública neste Espistolario, estamos ante cartas privadas escritas para ollos amigos a quen se lle piden ou dan consellos e a quen se lle contan asuntos tamén privados: cousas da familia, enfermidades, accidentes, celebracións, defuncións, visitas... Pero por iso mesmo tamén nos permiten ver ata que punto tiña interiorizada unha idea de país, tarefa de todos, para o que propuña proxectos que o sacasen do atraso e que desen de comer a moitas familias. Algúns deles fixéronse realidade (non se sabe ata que punto segundo a idea do pensador). Outros goráronse: “Estou agora traballando para a fundación en Galicia dunha grande empresa que supón a inversión de nmoitos millóns de dólares de procedencia estranxeira...” (p. 135).
En definitiva, o lector do Epistolario verá a un Valentín Paz Andrade guiado pola idea de facer país en todos aqueles ámbitos nos que un país se necesita facer: política, leis, economía, literatura, pintura... E ningunha desas facetas lle é allea.


Valentín Paz Andrade, Epistolario. Ediciós do Castro, Sada, 1997.

 Etiquetas: , ,