Domingo Villar fala de Leo Caldas na taberna de Eligio:
A afección por contar historias chegoulle ao escritor vigués da man do seu pai, un adegueiro que gustaba de reunir aos seus fillos ao redor da mesa, coma se tratásese dunha cheminea, para narrar todo tipo de peripecias. «Creo que para escribir non é tan importante ter a boca aberta, senón os ollos e os oídos para impregnarse do que hai ao redor» (La Voz de Galicia, 17-1-2011).
Farruco Sesto Novás, Obra poética reunida (1967-1995):
Aos primeiros libros de Farruco Sesto, tirados do prelo autoxestionado na emigración e distribuídos clandestinamente na Galicia do franquismo, sumouse o único título que obtivera nos anos 80 (Leiliadoura) unha difusión normalizada, e ao que se engaden outros dous inéditos asinados nos 90, poemas dispersos e cancións popularizadas por Pilocha ou Luar na Lubre (Xornal de Galicia, 18-1-2011).
Artigo de Fernán Vello sobre a obra e a figura de Sesto Novás (Galicia Hoxe, 24-1-2011).
Entrevista con Farruco Sesto Novás en La Voz de Galicia (21-1-2011).
Artigo de Daniel Salgado en El País (21-1-2010) que sitúa a Sesto Novás no panorama literario galego.
Xoán Manuel Pintos: celebración do bicentenario do poeta pontevedrés.
Mariña Pérez Rei fala de lingua e literatura para Galicia Hoxe (24-1-2011):
Entrevista con Farruco Sesto Novás en La Voz de Galicia (21-1-2011).
Artigo de Daniel Salgado en El País (21-1-2010) que sitúa a Sesto Novás no panorama literario galego.
Xoán Manuel Pintos: celebración do bicentenario do poeta pontevedrés.
Mariña Pérez Rei fala de lingua e literatura para Galicia Hoxe (24-1-2011):
A estas alturas da película teño claro que non hai vontade de restitución dos dereitos usurpados á lingua. Persoalmente o que máis me doe é a manipulación da linguaxe que se está a dar nos medios e as estratexias partidistas con respecto a este tema. Se houbese verdadeiro interese sociolingüístico en investigar o bilingüismo e as inmersións na lingua dun territorio, analizando as súas repercusións a medio e longo prazo, creo que hai suficientes exemplos prácticos noutros lugares do mundo que amosan os beneficios a escala social. Se houbese ese interese real na nosa política lingüística actual, que está claro que non, tamén teriamos xente ben preparada e formada neste país que podería asesorar tecnicamente nese senso. O director da Real Academia Española, Blecua, é un filólogo español que defende a inmersión en catalán, galego ou éuscaro con profesionalidade e sen necesidade de manipular a linguaxe dicindo que o castelán corre perigo. El di que o castelán é unha lingua fortísima, que quen precisa apoios agora son as linguas periféricas da península. Pero aquí non estamos traballando nesa dirección, uns colleron atallos raros e outros andan enredando polos camiños prendidos en non se sabe que silveiras. Aí non vexo un proxecto de futuro sólido porque era preciso que os partidos tivesen un acordo nese eido e non se ve por ningures.
Claudio Sánchez Albornoz: en galego Ante a Historia Compostelá (Trifolium).
Manuel Lourenzo publica Tres versións (Laiovento):
Manuel Lourenzo publica Tres versións (Laiovento):
“Trátase de tres obras con temas moi concretos. No caso d’As troianas atopámonos coa guerra, en Drácula falamos de vampirismo e n’A illa do doutor Moreau temos a animalización do ser humano e a humanización dos animais” (Xornal de Galicia, 24-1-2011).
Jack Mircala, O baúl das sombras (El Patito Editorial):
O lector descubrirá a relación que o narrador establece co turbador espectro que reside dentro dun sinistro baúl situado no soto do castelo, tamén quen é o propietario dese baúl e o tesouro que nel se gardaba; as razóns polas que a desafortunada Castizia foi emparedada en vida e aqueloutras polas que a súa alma en pena non volveu saír do seu agocho; tamén como o protagonista e a súa amada Mencia abandonaron o tétrico castelo despois dun hóspede ocupar o lugar desta dama no cadro do que formaba parte (Galicia Hoxe, 25-1-2011).
Euloxio Ruibal reedita Azos de esguello (Toxosoutos):
Azos de esguello (1989) viña relanzar a carreira de Euloxio R. Ruibal, logo de varios anos afastado de dramaturxia. A peza gañou o Premio Cunqueiro dese ano pero non coñeceu a súa representación no Centro Dramático Galego porque o responsable do ente non consideraba que respondía á súa "estética persoal". Detrás desa decisión estaba "a censura sen paliativos á sátira máis virulenta que até o momento fora escrita contra a novísima democracia galega e, máis en concreto, contra a súa clase política". Así o indica a profesora da Universidade da Coruña, Laura Tato (Galicia Hoxe, 27-1-2011).
Darío Xohán Cabana fai falar en galego Os trobadores de Occitania:
«Esta escolma -sinala o escritor e académico- comprende máis de 180 poemas pertencentes a uns oitenta trobadores, entre os que se atopan desde o duque Guillerme IX de Aquitania, na miña opinión o auténtico fundador da poesía moderna europea, ata o crepuscular Guiraut Riquiér, ademais de creadores como Uc de Sant Circ, Sordèl, Cerverí de Girona, Pèire Vidal, Raimbaut de Vaqueiràs, Arnaut Danièl, Marcabrú, Bernart de Ventadorn ou Raimbaut d?Aurenga». Autores, todos eles, dos séculos XII e XIII” (La Voz de Galicia, 27-1-2011)
Manuel Pereira Valcárcel publica Malas cartas (Biblos), unha historia vivida nos anos 50::
Fixen un seguimento da época a través dos xornais daquel tempo, de documentais e de libros, no que me fun fixando tanto nas noticias como na publicidade, no vestiario e no que marcaba os costumes da época (La Voz de Galicia, 28-1-2011).
Francisco Castro fala de literatura e lingüicidios para Galicia Hoxe (31-1-2011):
Francisco Castro (Vigo, 1966) é escritor, editor, xestor cultural e coordinador de Novos Proxectos da Editorial Galaxia. Desde o ano 2003 imparte Obradoiros Literarios para todos os chanzos de idade. Dentro da súa produción literaria podemos destacar, entre outros Play-Back (Premio Lueiro Rey de Novela Curta, 1997), os libros de relatos A canción do náufrago (2001), Xeografías (finalista do Premio de Narrativa Erótica Positivas, 2001) e a novela histórica Memorial do infortunio (2003), traducida no 2004 ao castelán, Xeración perdida (2004), premio Cartafol de Vieiros ao mellor libro do ano e os libros para mozos Un bosque cheo de faias (2004) e O ceo dos afogados ( 2007 ), distinguidos ambos os dous co premio Frei Martín Sarmiento que conceden escolares de toda Galicia. No ano 1999 foi Premio de Xornalismo Manuel Reimóndez Portela, no 2002 obtivo O Facho de poesía pola obra Matar a Walt Whitman moitas veces e en 2005 o Premio Rosa Reboredo de Narrativa da Asociación Cultural Galega de Cornellá, polo relato Venres Desesperado (look casual friday) e o Premio Modesto R. Figueiredo de narracións breves polo traballo Ningún fascista morreu inxustamente. Premio Blanco Amor de Novela (2006) pola novela Spam, coordenador dos Diálogos Literarios de Mariñán no 2006 e Premio de Novela Manuel García Barros 2007 pola obra As palabras da néboa.Etiquetas: literatura_galega, Domingo_Villar, Farruco_Sesto, Mariña_Pérez, Jack_Mircala, Manuel_Lourenzo, Euloxio_Ruibal, Francisco_Castro, Darío_Xohán_Cabana, Manuel_Pereira