Na actividade Unha verdade amarga. Léxico-3 proponse adiviñar a palabra que figuraba no oco sinalado con [...]. As frases están todas tiradas desta novela de Celia Díaz Núñez. O exercicio rouba pouco tempo e aínda require menos esforzo.
Amosando publicacións coa etiqueta Actividades lingua/literatura b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actividades lingua/literatura b>. Amosar todas as publicacións
28.5.18
5.4.15
Verbos galegos-11
Verbos galegos-11. Exercicio para o repaso de verbos regulares en galego sen marear moito a cabeciña.
Prégase a comunicación de posibles erros ao cibercorreo da cabeceira. Beizón.
Prégase a comunicación de posibles erros ao cibercorreo da cabeceira. Beizón.
25.3.15
Verbos galegos-10
Exercicio para practicar a conxugación verbal. Consiste en sinalar a forma verbal que estea no modo e tempo que se pide no enunciado da pregunta.
23.3.15
'Morte no Nilo', de Rivière / Polidor. Actividades (2)
Morte no Nilo. Exercicio de comprensión lectora.
A actividade, baseada nesta novela gráfica, consiste en recolocar os diálogos nos globos correspondentes seguindo as escenas.
Sobre a obra:
A actividade, baseada nesta novela gráfica, consiste en recolocar os diálogos nos globos correspondentes seguindo as escenas.
Sobre a obra:
19.3.15
Lingua esgallada-55
![]() |
Exercicio para pór a lingua a punto. A actividade consiste en ir sinalando se se consideran correctas ou incorrectas as expresións que se propoñen.
8.3.15
'Reo' (de Xesús Fraga). Test de lectura
![]() |
Exercicio para o club de lectura desta novela.
Sobre esta mesma obra:
15.2.15
Lingua esgallada-54
Lingua esgallada-54
Este exercicio feito de esgazaduras lingüísticas e as súas posibles variantes, incluída a estándar, persegue servir de adestramento para pór a lingua a punto.
Bo divertimento.
8.2.15
'Reo' (de Xesús Fraga). Léxico-2
Reo (de Xesús Fraga). Lexico-2
Este exercicio consiste en substituír a definición que vai entre corchetes pola palabra que se corresponda con ela. A palabra e a expresión na que vai inserida aparecen na novela citada.
Este exercicio consiste en substituír a definición que vai entre corchetes pola palabra que se corresponda con ela. A palabra e a expresión na que vai inserida aparecen na novela citada.
6.2.15
'Reo' (de Xesús Fraga). Léxico-1

Velaquí un test feito dunha escolla do léxico que se pode atopar en Reo, novela de Xesús Fraga. O divertimento ocupa pouco tempo, como vén sendo habitual neste tipo de actividade.
Saúde.
3.2.15
Xesús Fraga, 'Reo'. Cuestionario
![]() |
Imaxe: Reo, o blog. |
CUESTIONARIO
- A primeira cuestión que se debate na novela é a do grafiti: arte ou vandalismo?
- ¿Como se reflicten na novela os efectos da crise económica?
- O protagonista está pasando a crise da adolescencia. ¿En que se apoia para superala?
- O grafiteiro ou “escritor” guíase por unhas normas de conduta non escritas. Poñédeas por escrito seguindo a lectura da novela.
- ¿Como se reflicte na novela a loita xeracional?
- ¿Como se trata na novela o mundo da emigración?
- Comentade o final do relato: ¿aberto?, ¿pechado?
- Cando o protagonista se atopa con traballos de seu pai mozo, ¿podería dicirse que se está atopando a si mesmo? (Véxanse pp. 100-103; 140-1).
- Na nosa literatura é doado atoparse coa figura da vella ou vello sabios. ¿Quen desempeña na novela este papel e por que?
- Se tivermos que etiquetar ideoloxicamente a Reo, ¿en que parte do abano ideolóxico o poderiamos situar?
- Se reparamos nos membros da familia do protagonista, ¿botamos algún en falta? ¿De que modelo de familia estamos a falar?
- Reo móvese ás veces guiado polo espírito da competitividade. Debátase este aspecto.
- Cando o protagonista pensa no futuro, ¿por onde encarreira o seu pensamento?
- Os rapeiros considéranse cronistas da sociedade. Debátase esta afirmación e coméntese se se pode aplicar a outras manifestacións artísticas destes tempos ou doutros máis recuados.
- Ao longo da vida relacionámonos con xente sobre a que cambiamos de opinión. ¿Acontece isto na novela? (Véxase, p. ex., p. 49).
- ¿Cal será a razón pola que o narrador non nos di o seu nome verdadeiro?
- ¿Os pais de Reo forman un matrimonio onde se reparten, implicitamente, os papeis?
- Comentade a imaxe da policía que se tira da lectura da novela.
- ¿Cales son os trazos característicos da postura rebelde de Reo?
- ¿Que idea se pode tirar da aquitectura urbana ao lermos esta novela?
Xesús Fraga, Reo. Vigo, Galaxia, 2014.
23.1.15
Lingua esgallada-53
Lingua esgallada-53.
Velaquí algunhas expresións recollidas de probas escritas que tropezaron co estándar lingüístico. O exercicio consiste en sinalar a expresión que non se mate coa norma.

7.1.15
Destrucción (de Xavier López Rodríguez). Léxico-2

Bo divertimento.
23.12.14
Lingua esgallada-52
Lingua esgallada-52. Nesta actividade recóllense algunhas expresións que coxean un pouco. Pídese arranxalas seguindo as recomendacións da lingua estándar. Hai solucións mellores ca as que se propoñen, pero no exercicio 'corrector' seguiuse a expresión orixinal. Para outras solucións, consúltese a un experto.
Bo divertimento.
8.12.14
Paravea no inferno. Léxico
Paravea no inferno (de Plácido Betanzos). Test de léxico para divertimento de lectores desta novela.
Sobre a obra:
Sobre a obra:
8.11.14
A Mennulara (de Simonetta Agnello). Léxico
A Mennulara, test de léxico para coñecedores da novela de Simonetta Agnello Hornby. A actividade consiste en marcar o significado máis axeitado para as palabras que se propoñen na entrada.
- Sobre A Mennulara.
7.10.14
Vredaman (de Unai Elorriaga). Léxico
Exercicio de léxico para coñecedores da novela Vredaman (de Unai Elorriaga).
A actividade consiste en atinar co significado das palabras propostas, todas elas empregadas na novela que se cita.
Bo divertimento.
A actividade consiste en atinar co significado das palabras propostas, todas elas empregadas na novela que se cita.
Bo divertimento.
17.9.14
Durmido sobre os espellos. Léxico
Brincadeira léxica para lectores de Durmido sobre os espellos, de Jordi Sierra i Fabra.
As palabras e expresións están tiradas desta obra. O exercicio -que non rouba moito tempo- consiste en elixir o significado máis axeitado de entre os tres que se propoñen.
As palabras e expresións están tiradas desta obra. O exercicio -que non rouba moito tempo- consiste en elixir o significado máis axeitado de entre os tres que se propoñen.
- Outras referencias a Durmido sobre os espellos e mais ao autor.
18.6.14
Verbos-09
Deixo este test (Verbos-09) sobre modelos regulares coa idea de que sirva para dar un repasiño (ou algo peor: unha proba, por exemplo). Leva pouco tempo facelo. No cadro da resposta, escríbase con minúsculas e sen engadir espazo ao final. Cómpre non esquecer os acentiños, se foren precisos.
Abur.
Abur.
20.5.14
Penélope (de Díaz Castro, "Nimbos")
Xa sei que levamos feito unhas cantas actividades sobre o poeta homenaxeado no Día das Letras deste ano 2014, por iso unha máis nin se vai notar. Velaquí deixo esta proposta de
ACTIVIDADE
1. Escoitamos esta versión musicada de "Penélope" (Díaz Castro, Nimbos).
Ou, se o preferimos, escoitamos
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol como unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
¡Un paso adiante outro atrás, Galiza!
3. Comentamos, se é preciso con axuda profesoral, a lingua do poema. Reparemos especialmente en expresións como: Galiza, espranza, lonxanos, pro, tí, chuva, traguerán, desmo, outono...
4. ¿Quen vén sendo a Penélope que dá título ao poema? ¿Como xoga o poeta coa identificación Galiza=Penélope?
5. O mito de Penélope dá título ao poema. ¿A quen lle corresponde aquí o papel de Ulises?
6. Comentamos a temática xeral do poema.
7. Sinalamos aqueles versos que apunten á inmobilidade do país.
8.Os versos "Un bruar de navíos moi lonxanos" e "Traguerán os camiños algún día / a xente que levaron" fannos pensar na emigración. ¿Poderían suxerir tamén os barcos e os camiños do exilio? Debatamos este aspecto.
9. Outro tema para o debate: a actualidade do poema á luz da realidade que estamos a vivir.
ACTIVIDADE
1. Escoitamos esta versión musicada de "Penélope" (Díaz Castro, Nimbos).
Ou, se o preferimos, escoitamos
- A versión de Penélope que nos ofrece Fuxan os ventos
- "Penélope" segundo 2naFronteira
- Penélope cantada por Teresa Luján, en Son de poetas.
- Penélope en versión do IES Poeta Díaz Castro
PENÉLOPE
Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.
Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol como unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
¡Un paso adiante outro atrás, Galiza!
3. Comentamos, se é preciso con axuda profesoral, a lingua do poema. Reparemos especialmente en expresións como: Galiza, espranza, lonxanos, pro, tí, chuva, traguerán, desmo, outono...
4. ¿Quen vén sendo a Penélope que dá título ao poema? ¿Como xoga o poeta coa identificación Galiza=Penélope?
5. O mito de Penélope dá título ao poema. ¿A quen lle corresponde aquí o papel de Ulises?
6. Comentamos a temática xeral do poema.
7. Sinalamos aqueles versos que apunten á inmobilidade do país.
8.Os versos "Un bruar de navíos moi lonxanos" e "Traguerán os camiños algún día / a xente que levaron" fannos pensar na emigración. ¿Poderían suxerir tamén os barcos e os camiños do exilio? Debatamos este aspecto.
9. Outro tema para o debate: a actualidade do poema á luz da realidade que estamos a vivir.
10.5.14
O curioso mundo das persoas normais (de Xosé Monteagudo). Test de lectura

Bo divertimento.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)