31.10.17

Rolda pola república das letras-190. Outubro de 2017

Ofrécese aquí un modelo feminino de superación de adversidades deportivas e humanas, dentro dun mundo de obstáculos insuperables e riscos acuciantes que a protagonista e a súa nai solventan de xeito áxil, o que provoca, en ocasións, certa febleza na verosimilitude do libro (Berta Dávila, Praza Pública, 02-10-2017).
A obra, organizada en tres partes, alterna poemas estensos con textos breves, "de transición". E ratifica a singular querenza da autora pola poesía de riscos narrativos. "É poesía, claro, aínda que conta unha historia, cun principio e un final", engade (Daniel Salgado, Sermos Galiza, 02-10-2017).
  • Lara Dopazo Ruibal entrevistada en Galiciae.com, 10-10-2017.
  • Lara Dopazo, Claus e o alacrán: “A violencia, a escuridade, tiñan que estar. Xa que a súa obra nace da realidade da creba. Da caída das estruturas que nos sosteñen: redes de amigos rotas porque moitos teñen de emigrar, dereitos e deberes que nos negan, servizos sociais que se desmantelan, precariedade laboral e vital permanentes…” (entrevista de Montse Dopico, Praza Pública, 20-10-2017).
As cidades da nada foi unha estrea na que o poeta se revela cunha voz clara e perfilada, que xa anticipa algúns dos temas e recursos que marcarán os seus libros posteriores (Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 03-10-2017).
[...] Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. [...] Poemar o mar (Xerais), con ilustracións de Xan López Domínguez, pecha unha triloxía na que García Teijeiro tamén coloca aos lectores fronte a auga, como xa fixera nos volumes anteriores, Palabras do mar e En la cuna del mar (Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 04-10-2017).
[...] el jurado de esta edición se decantó por esta obra por el "desarrollo que presentan los personajes, la estructura de la novela, perfilada a partir de tres voces que van encadenando una ficción de intriga y misterio, su lenguaje fluido y la intención de la novela de dirigirse a un público muy abierto" (Joan Estévez, El Correo Gallego, 05-10-2017).
En galego podémoslle ler Non me deixes nunca (novela) e Nocturnos (relatos).
[...] estuda os expedientes de 484 galegos xulgados entre 1964 e 1976 polo TOP. Na obra, analiza o funcionamento do propio tribunal, debullando con detemento a información existente na base de datos TOPDAT, e ofrecendo unha descrición sobre os lugares, profesións, acusacións, sentenzas... (Marcos Pérez Pena, Praza Pública, 08-10-2017).
[...] esta súa nova versión do conto popular árabe de Alí Babá, publicada na colección Costa Oeste de Galaxia, é particularmente interesante non só polo que ten de nova ollada sobre o coñecido senón, sobre todo, polo seu potencial para sinalar a febleza da lectura que fixemos do clásico e a nosa facilidade para borrar da memoria e do primeiro plano as voces que nos aprenderon a silenciar. Así, a ollada feminista e pacifista é necesaria (Berta Dávila, Praza Pública, 09-10-2017).
Unha inventora que vén viaxando dende finais do XIX de Londres e cae nunha vila galega. É unha muller intelixente, tan intelixente como estrafalaria. E aí están as dúas caras dunha moeda, o que atrae dela é esa mesma intelixencia que provoca o rexeitamento dos habitantes da vila (entrevista de Ana Abelenda, La Voz de Galicia, 10-10-2017).
Astérix e Obélix viaxan á Península Itálica, "onde os pobos itálicos tratan de conservar a súa autonomía e ven con malos ollos os intentos de dominación de Xulio César e as súas lexións" (Praza Pública, 10-10-2017).
Con el fin de buscar un equilibrio y de arropar al valioso documento se han incluido en la muestra cincuenta piezas procedentes de iglesias, museos y colecciones privadas de Galicia. Entre este aporte de origen medieval, destacan las reproducciones de Las Siete Partidas de Alfonso X el Sabio, con las que se prueba que el gallego de la época no solo era una lengua dedicada a la literatura, sino que también era utilizada en textos jurídicos, tal como destacó el comisario del proyecto, Francisco Singul (María Jesús Fuente, La Voz de Galicia, 11-10-2017).
[...] a súa obra teatral O proceso a Lucía Fidalgo [...] inspírase na historia dunha muller que foi procesada por bruxería no século XVII (La Voz de Galicia, 12-10-2017).
[...] o congreso Nós tamén navegar. 40 anos de poesía galega, organizado pola AELG e que se desenvolveu hai uns días no Pazo da Cultura de Pontevedra. As dúas xornadas deste encontro serviron para reivindicar, entre outras cuestións, a poesía escrita por mulleres, mais alén dos tópicos porque, tal como remarcaba Yolanda Castaño en alusión aos discursos sobre as “poetas dos 90 (Montse Dopico, Praza Pública, 13-10-2017).
[...] ofrece unha obra de iniciación en que o sistema de clases británico non sae indemne (Daniel Salgado, Sermos Galiza, 26-10-2017).
[...] o tribunal valorou a capacidade da obra gañadora para "tecer unha historia con fortes doses de intriga" e unha "notable economía de recursos, adelgazando a presenza de personaxes e escenarios para lograr unha extraordinaria concentración expresiva na que a linguaxe da súa prosa xoga un papel principal" (Galicia Confidencial, 29-10-2017).
Atopamos aquí unha colección de ensaios breves de diferente procedencia coa temática central ou tanxencialmente literaria como núcleo condutor. Publicados orixinalmente entre 1975 e 2001, reúnense aquí algunhas das prendas de amor da experiencia literaria dun autor ao longo de toda a súa traxectoria (Berta Dávila, Praza Pública, 30-10-2017).
[...] fai un compendio do saber popular, principalmente dos camiños, das pontes e das fontes e lavadoiros. “Non so falo dos eidos, tamén o fago das súas xentes”, puntualiza Ripalda para facer un repaso aos oficios tradicionais (Atlántico, 31-10-2017).

22.10.17

André Kaminski. Os xardíns de Mulai Abdalá

Imaxe: Rinoceronte Editora
Estes relatos de Kaminski conforman unha crónica da África poscolonial. Atopamos neles historias persoais, pero tamén colectivas. O autor recolle o odio ao colonizador e a desconfianza que espertan os cooperantes da mesma raza. Describe a loita por superar a situación de derrubamento que provocou a descolonización, transmite o sentimento de ilusión esperanzadora das xentes que soñan cun país libre e a frustración que os novos mandatarios non tardan en provocar.

Na obra atopamos os seguintes relatos:

  1. “Vitoria sobre a forza da gravidade”. Selección de persoal para volver pór en marcha a cadea de televisión que os franceses abandonaran en Alxeria. Un personaxe peculiar polo que ninguén daría un can acaba brillantemente o proceso. O personaxe conta a historia dun individuo desprezado que decide suicidarse. Esa historia fai que unha fermosa compañeira se namore del. A compañeira tamén resulta ser unha moza desprezada pola súa propia familia que tivo que prostituírse para poder sobrevivir. Ambos os personaxes, xuntos, deciden vivir.
  2. “A señora Zaui”. Respectuosa e cumpridora cos preceptos da súa relixión, viúva dun heroe da revolución, maltratada por un dos seus fillos, traballa de criada na casa dun matrimonio europeo que ten un fillo con problemas de saúde. A señora Zaui, medio meiga, logra sandalo co seu sangue (menstrual). Gaña o aprecio do matrimonio, pero segue a ser incomprendida pola aceptación da súa condición de muller maltratada porque quen a maltrata é carne da súa carne. Hai cousas que nin a fe dá explicado.
  3. Hafid fora un navalleiro fedayin (“vingador”). Dedicárase a castigar, cortándolles unha orella, aos que os seus superiores sinalaban como traidores á causa. Gañou un ascenso a soldado do exército popular combatente pola liberdade. Encomendáronlle a misión de facer estoupar un cine cheo de franceses. Había moitos nenos. Recuperou a bomba e logrou que non estoupase no cine, pero a policía perseguiuno e ferírono. Para os franceses era un terrorista, para os alxerianos un traidor. Perdeu as pernas e a noiva. Inválido, gañaba a vida rexendo un bordel no deserto.
  4. “Eu e os caníbales”. Un xuíz de París, membro do PC, xulga unha muller guineana que recoñece ter devorado un meniño de seis meses. A señora Diogo demostrou perante o tribunal como o fixera baleirando unha cabeza sen lle tocar. A acusación derrubárase. O narrador confesa non entender África. Tentan explicarllo con razóns como: “O voso código penal non serve para comprender a nosa vida. Porque só comprendedes aquilo que podedes ver ou oír”.
  5. “O meu criado”. O fillo dun comunista, que traballa para un país da África colonial acabado de independizar, ten un criado negro. Un luxo que co seu salario non se pode permitir. O criado cumpre satisfactoriamente co seu cometido, pero o patrón nunca o ten visto traballar. Mesmo coa pouca paga que lle pode pasar, o criado logra permitirse certos luxos. O patrón chegou a pensar que o goberno llo metera na casa para espialo. Descubriu que o criado negro subcontrataba o traballo: o salario africano permitíalle facer estas cousas. A relación patrón-criado acaba mal pola falta de confianza. O africano pídelle ao europeo que lisque, porque no seu país poden vivir sen eles.
  6. “Pilz”. Alias Champiñón. Vive perdido nun lugar ao pé do monte Nimba. Logrou facer fortuna como mecánico nun lugar onde malamente se pode sobrevivir. Un dos seus recursos básicos consiste en evitar que lle saian competidores. Pero Pilz é un individuo xa marcado pola súa propia orixe: é alsaciano, e nos momentos complicados da historia todos o consideran do bando contrario. No remate do relato, Pilz, créndose descuberto, desaparece. En realidade, foi sempre un desaparecido.
  7. “Baby Marx”.  Robert-Jean Longuet, alias B. M. por ser neto do pensador, vive protexido en Marrocos pola defensa que fixo dos bérberes marroquís cando o goberno francés os quixo converter pola forza ao cristianismo. O caso da defensa dun xerife deulle sona internacional. A parte penosa da súa historia ten que ver coa aparición dun personaxe ao que o narrador cualifica de réptil. Na procura de si mesmo, este personaxe decide emigrar a Marrocos e facerse comunista. Recibe a orde de esparexer no Marrocos español un panfleto en árabe asinado por Longuet. Non sabía o que dicía o panfleto e por iso buscaba o seu autor, para saber o que puña e para liberarse dos remorsos porque o panfleto supuxera o fusilamento dun home a mans dos rebeldes españois.
  8. “O terremoto de Agadir”. Triste historia que ten o seu lado cómico. Xulgan a un pobre home por agredir a unha enfermeira da Cruz Vermella cando o sacaron de entre o entullo no que o enterrara o terremoto. En realidade, tratábase dun morto de fame que baixara das montañas cando lle morreu a cabra co ánimo de cometer un delito para que o metesen na cadea, onde lle darían de comer gratis. O terremoto enterrouno nun rocho con comida e bebidas alcohólicas. A reacción de baterlle a enfermeira debeuse a que coidaba que o estaban botando fóra do paraíso. Outra historia paralela a esta cóntanos como un mercador asegura os bens que aparentemente non corren perigo, ponlles un valor altísimo coma se quixese levar á ruína ao asegurador. O terremoto dálle o dereito a cobrar unha cuantiosa indemnización, pero non a vai ver porque o asegurador morreu no terremoto.
  9. “Os xardíns de Mulai Abdalá”. O mulai vive nin país acabado de liberar. Así e todo, a situación non é moi diferente á da época colonial. Desexa cambiar a actitude dos seus gobernados, a educación, a economía e ata a paisaxe. Pero a poboación nómade non atende os seus desexos. Decide actuar e promulga leis que non teñen nada que envexar á peor das ditaduras. En moi poucos anos abriron pistas, escavaron minas, alfabetizaron tribos, plantaron xardíns, substituíron camelos por vehículos… Os súbditos entenderon a mensaxe e parece que quedaron contentos.
Dictiografía


André Kamisnski, Os xardíns de Mulai Abdalá. Cangas, Rinoceronte, 2010. Trad. de Ana Abeleira.