30.6.13

Noticias de literatura-138. Xuño 2013

García Bodaño, Voz da Liberdade:
García Bodaño. Foto: La Voz de Galicia
Para o escritor «co silencio mortal non se vai a ningunha parte» argumentando que a liberdade de expresión é a demostración «do espírito do noso tempo» (La Voz de Galicia, 01-06-2013).
Xosé Carlos Caneiro fala d’A máscara de Ulises:
Relatos breves que naceron dispersos forman parte do novo libro do escritor e columnista de La Voz Xosé Carlos Caneiro. A máscara de Ulises (Galaxia) preséntase hoxe (Camilo Franco, La Voz de Galicia, 08-06-2013).
A cociña dos Cunqueiro:
El director de la editorial Galaxia, Víctor Freixanes, presentó ayer el libro A cociña dos Cunqueiro, que nace a raíz de los diez cuadernos de recetas legados por Elvira a su hijo, César Cunqueiro (El Correo Gallego, 08-06-2013).
Xabier López López, premio Xerais 2013:
Foto: Sermos Galiza
Según trascendió, el jurado, compuesto por periodistas y una traductora, definió su novela Cadeas como "una historia de historias, con un modo de narrar contemporáneo. Una novela llena de personajes magníficamente bien construidos, cruzada de referencias culturales y enraizada en la tradición fabuladora de la tierra sobre la que escribe: esta que pisamos". Cadenas en la forma, historias que se conectan unas a otras, y en el contenido, puesto que los argumentos giran en torno a la ideas de sumisión y dominación, en el amor, la sociedad y también en el acto de escribir y la relación que se establece con los lectores (El País, 08-06-2013).
08-05-2013).
Antonio Fraga, gañador do Merlín con O castañeiro en abril:
«A miña preocupación é que o libro non resultase condescendente nin brando para os rapaces» (La Voz de Galicia, 09-06-2013).
Espiral Maior ofrece catro novos títulos de poesía:
Son estes que agora vivimos momentos moi difíciles, máis para a literatura, máis para a poesía, moito máis para as editoriais. E aquí volve, malia todos os obstáculos, Espiral Maior, coa súa perseverancia poética, con catro títulos atractivos, fermosos. 'Teatro', de Roi Vidal; 'Abecedario póstumo', de Cristina Fereiro Real; 'Ata o corazon da mazá', de Marisol Gándara Sánchez, e 'Habitación do asombro', de Miguel Anxo Fernán Vello (Galicia Hoxe, 13-06-2013).
Aid, poesía a ritmo de hip-hop:
Aid. Foto: La Voz de Galicia
es una feliz noticia que una joven rapera viguesa llamada Aid haya tenido el desparpajo de pasar la historia de la poesía gallega (incluida Rosalía) por el filtro urbano del hip-hop. Ya había asombrado con su álbum de debut, Jugando; redobló su apuesta en el libro-disco Rapoemas (Galaxia); y ahora vuelve a agitar conciencias con Hacer lo que quiero, un segundo disco en el que cohabitan sin traumas idiomas y culturas (Luís Pousa, La Voz de Galicia, 07-06-2013).
Manuel Veiga fálanos d’Os xornalistas utópicos:
-É un libro que comeza en 1977 coas primeiras elección democráticas e acaba no 2007-08, a pé da crise. Conta con escenarios diferentes, dende o Madrid da Transición, pasando por Vigo, Monforte, San Francisco e Porto. O libro está escrito nun estilo directo, ás veces chega a ter un ton case de conversa. Aínda que non estaba previsto cando empecei a escribilo, resultou case un balance dos trinta anos de democracia (Jorge Lamas, La Voz de Galicia, 23-06-2013).
Manuel Darriba premio Fernández del Riego::
Manuel Darriba (Sarria, 1973), guionista, escritor y periodista ourensano es el elegido para ser distinguido con el premio Fernández del Riego por el artículo 'Grises' publicado el 4 de septiembre de 2012 en 'De Luns a Venres' (El Correo Gallego,26-06-2013).
Marina Mayoral presenta O anxo de Eva:
"O que me gusta é que sexa o lector o que decida o que quere crer. É a mesma postura que teño na vida. Todo é tan complexo que non se pode impoñer nada". Nese espazo sen dogmas é onde inscribe a escritora Marina Mayoral, a trama da novela O anxo de Eva (El Correo Gallego, 27-06-2013).
Xosé Manuel Pacho Blanco fala de Teatro, ou xeitos de cargar unha arma:
Xosé Manuel Pacho Blanco 
Foto: Miguel Villar/La Voz de Galicia
o xoves dábase a coñecer o fallo do galardón escénico Rafael Dieste, que o xurado lle concedeu á obra Teatro, ou xeitos de cargar unha arma. O texto foi escrito a catro mans, entre Pacho Blanco e Zé Paredes, actor, director e dramaturgo portugués afincado en Compostela (Xosé Manoel Rodríguez, La Voz de Galicia, 29-06-2013).

16.6.13

Dime algo sucio (de Diego Ameixeiras). Test de lectura

Para o club de lectura de Dime algo sucio, de Diego Ameixeiras.
Deixo as ligazóns a este par de test coas retorcidas intencións habituais: que sirvan de entretemento e mais como actividade para a mellora das cualificacións, segundo o establecido na programación de aula. Velaquí quedan.
(Funciona aceptablemente con Explorer.)
Dime algo sucio (de Diego Ameixeiras). Test de lectura-1.




Dime algo sucio (de Diego Ameixeiras). Test de lectura-2.

1.6.13

Noticias de literatura-137. Maio 2013


Henrique Monteagudo resalta que este volume pode ser considerado a partir de agora como o epílogo da lírica medieval galego-portuguesa. Estas composicións non son cantigas, senón dizeres, recitativas e non musicadas, e talvez das máis antigas das producidos no centro-oeste da península, afirmou o profesor e editor (La Voz de Galicia, 01-05-2013).

Alfonso Eiré presenta Infiltrados:
Foto: A. Hernández/El Correo Gallego

La reciente ruptura en el seno del Bloque Nacionalista Galego (BNG) pudo tener su origen en una operación que el Centro Nacional de Inteligencia (CNI) activó a finales de los años setenta para redireccionar la ideología más radical de la Unión do Pobo Galego (UPG), pero que no logró su objetivo (Nicolás Navaza, El Correo Gallego, 08-05-2013).

Marica Campo, homenaxeada pola AELG:

A escritora Marica Campo (O Incio, 1948) será homenaxeada en xuño pola AELG nun acto no Val de Mao, no concello onde naceu (entrevista con Jaureguizar, Galiciaé, 11-05-2013).

Dores Tembrás, Cronoloxía da Urxencia:
Imaxe: Sermos Galiza

Interesábame traballar o concepto do desexo,  non como obxectivo senón determe no propio proceso e dentro del no que entendo como dous tempos, por unha banda a contención e pola outra a inminencia (Sermos Galiza).

Rosalía de Castro, paseo literario polas terras de Cantares:

Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, tamén é o libro fundacional da Literatura Galega Contemporánea. Hoxe, cando se cumpren 150 anos da súa publicación e dende a visión particular de Terras, extrapólanse aqueles paisaxes, costumes e lugares que Rosalía cantou nos seus versos para lembrar, dende o particular "as belezas da nosa terra naquel dialecto soave e mimoso, que queren facer bárbaro os que non saben que avantaxa ás demáis linguas en dosura e armonía" , como ela dixo (El Correo Gallego, 17-05-2013).

Marta Dacosta, premio Johan Carballeira de Poesía:

O xurado destaca do poemario de Dacosta "o elaborado xogo simbólico do poemario, alicerzado nunha aarquitectura esférica onde o lacunar de ameaza escura recolle un discurso fondamente parabólicos" (Sermos Galiza).

Ramiro Torres, Esplendor arcano:

Do ponto de vista do autor, o tema principal do livro é o Amor, não só do ponto de vista erótico e vivencial, mas também entendido como meio de conhecimento e apreensão da realidade inteira, num diálogo interior e exterior com uma luminosidade obscura que permita a ligação com todo o existente (Praza pública).

Pinto & Chinto presentan Nicomedes o pelado:
Imaxe: La Voz de Galicia

Nicomedes é ese personaxe que perde a súa espléndida cabeleira e debe botar man de todo tipo de enxeñosas alternativas á súa prematura calvicie. «Ao estar pensada para primeiros lectores a historia é sinxela e directa, vai ao miolo para achegala aos máis pequenos», explica Carlos López (La Voz de Galicia, 23-05-2013).

Rosalía de Castro, Cantares (edición completa en inglés):

A editorial de Jonathan Dunne saca a primeira obra íntegra en inglés que se publica da poeta galega. O título será Galician songs, con tradución de Eirín Moure (La Voz de Galicia, 28-05-2013).