9.12.17

Un escritor insatisfeito e defraudado: W. Fernández Flórez

Imaxe: Fundación Wenceslao Fernández Flórez
"No es sociólogo, es verdad. No es un gobernante, es verdad también. España no puede esperar de él más que la inactividad y el sopor; certísimo. Pero puede dar destinos, y su mano suave tiene una cautela prodigiosa para repartir los fondos de reptiles"
Lido o parágrafo sen ningunha referencia ao que ancoralo enseguida se nos vai a cabeciña a algunha siglapunto (Emepunto, Errepunto, Ipunto...) referida a persoeiros que exercen o poder ou lle andan ao axexo. Semella un anaco tirado dalgún artigo de opinión de hoxe mesmo.

Pero o texto está tirado dun artigo titulado "Panorama político", escrito por Wenceslao Fernández Flórez e publicado o 29 de setembro de 1915. Referíase a Eduardo Dato Iradier e soa coma se non pasasen máis de cen anos por el.

O estudo de José-Carlos Mainer* do que collo a cita de enriba apunta, ademais das políticas, outras causas da insatisfacción do escritor coruñés en lingua castelá. A saber:

“Independientemente de las razones que antes he citado como causa del «señoritismo» del escritor, sería injusto olvidar aspectos más sociológicos que psicológicos: la absoluta precariedad de la clase media gallega, separada del pueblo bajo por el abismo de una diferencia de idioma pero también sometida a una oligarquía muy caracterizada; víctima de un complejo de inferioridad frente a las gentes del resto de la península, pero vivero tradicional de funcionarios y militares, únicos status donde la seguridad del puesto neutralizaba la inestabilidad temperamental de los gallegos (muchas veces resuelta en sumisión aparente, astucia y frialdad). No creo que falten estos rasgos en nuestro escritor, uno de los pocos españoles de su tiempo que supo hacer del periodismo lo más parecido a un negocio saneado y a un empleo fijo”.
Se unha opinión coma a transcrita ao inicio mantén a súa frescura pasado un século, alguén máis que o seu autor se sentirá insatisfeito e defraudado. Semella que estamos vendo a representación da mesma obra no mesmo teatro. Non cambia nin unha coma do libreto nin os elementos da escenografía. Soamente se van renovando os actores e as súas chaquetas, e o único que podemos valorar é se representan mellor ou peor o papel que teñen asignado. Para os espectadores que sofren a representación la vida sigue igual. O no.
No que portén ao abismo lingüístico estamos dando agigantados pasos al frente.

_________________________________________________
*José-Carlos Mainer, Análisis de una insatisfacción: las novelas de W. Fernández Flórez. Madrid, Castalia, 1976. Citas das páxinas 69 e 17-8, respectivamente.

2.12.17

Rolda pola república das letras-191. Novembro de 2017

Esa lista del patrimonio documental vela por la protección de esos fondos y por su accesibilidad (La Voz de Galicia, 01-11-2017).
[...] 94 contos que se suceden en orde minguante: o primeiro, Intruso, ocupa tres páxinas, mentres que o derradeiro, Infarto flamenco, ten nada máis que tres palabras (Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 03-11-2017).
[...] en Elisa e Marcela non só dúas mulleres non renuncian ao seu amor nunha sociedade machista e homófoba, senón que se afonda na revisión da construción social da masculinidade -e da feminidade- (entrevista de Montse Dopico, Praza Pública, 03-11-2017).
[40 anos da publicación]
As convulsións sociopolíticas -a ditadura esboroábase- e a iniciación a unha existencia liberada conforman o pano de fondo de Dos anxos e dos mortos. Obra de protagonismo mozo e colectivo e con vontade de ruptura estética, escrita por un anarquista confeso, era, considera Kukas, "un froito máis naquela festa cultural e ideolóxica". Malia a violencia ambiental da época, as lembranzas reconstrúen un tempo vizoso, intenso, de caos e descubrimentos. Diso trata, tamén, a novela (Daniel Salgado, Sermos Galiza, 03-11-2017).
[...] un libro que rompe os lindes da poesía e que, sen dúbida, se vai converter nunha das lecturas imprescindibles da temporada en Galicia (El Correo Gallego, 04-11-2017).
Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas, a decimosegunda edición [...]. Diáspora de amor balea é un espistolario a dúas voces "nas que a forza do erotismo está na distancia física entre as voces. É un erotismo imaxinado, cálido, tenro, construído desde a memoria dos corpos e, á vez, na fertilidade da imaxinación", sinala o fallo (Sermos Galiza, 04-11-2017).
[...] selección plural confeccionada segundo o criterio destas diferentes persoas que están vinculadas, dunha ou doutra forma, á Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) en galego (Belén Bouzas, Sermos Galiza, 05-11-2017).
[...] analiza o sistema galego de medios de comunicación e o traballo dos xornalistas durante a Transición (Praza Pública, 05-11-2017).
O xurado valorou que a novela de Antonio Piñeiro é un “relato cunha grande habilidade narrativa que arrisca e funciona como mecano en que a persoa lectora ten que implicarse para construír o quebracabezas até a última páxina” (Sermos Galiza, 07-11-2017).
[...] el jurado de la edición número 23 de los Premios San Clemente Rosalía-Abanca ha escogido esta mañana como ganadores a Todo canto fomos, de Xosé Monteagudo, Patria, de Fernando Aramburu, y Morir en primavera, de Ralf Rothmann (Tamara Montero, La Voz de Galicia, 08-11-2017).
Conmemorar unha das grandes figuras da poesía e literatura galega de tódolos tempos. Ese era o fin da homenaxe que se lle brindou onte na libraría Andel de Vigo a Xohana Torres (Mar Mato, Faro de Vigo, 08-11-2017).
O mesmo ano en que os bolxeviques tomaron o Palacio de Inverno en Petrogrado, Ramón Cabanillas publicaba unha das súas obras maiores, Da Terra Asoballada. Libro de poemas chave no ambiente cultural das Irmandades da Fala (Sermos Galiza, 08-11-2017).
[...] devólvenos en Ultramarino o pracer e o misterio deses instantes fuxidíos que, dalgún xeito, marcan as nosas vidas. É un libro que transpira luz e estremecementos táctiles, que asume o risco da aventura poética e o hedonismo do xogo ­introspectivo, a forza e a emoción de saberse dono de plenitude carnal (El Correo Gallego, 09-11-2017).
O tributo -convocado sob a lenda de "Atesourando a palabra"- reuniu unha nutrida representación das artes polas que Paco Souto profesaba un maior cariño: as plásticas, a poesía, a música… (Sermos Galiza, 12-11-2017).
[...] o selo ourensán Eurisaces publica nun só volume -Poesía reunida (1988-2017)- a obra completa de Vázquez Naval, o que engade un libro inédito aos seus tres poemarios coñecidos: As voces da saudade (1988), O rito do regreso (1996) e As luces de noutrora (2010). Temporais pasaxeiros (H. J. P., La Voz de Galicia, 13-11-2017).
Un libro no que un mozo transexual chamado Álex comeza unha viaxe cara si mesmo despois de subir un vídeo á súa canle de YouTube, na que compartirá anacos da súa vida e das súas experiencias (entrevista de Borja Casal / H. J. P., La Voz de Galicia, 13-11-2017).
Pola versión ao galego de de Fosca (1869), de Iginio Ugo Forchetti (entrevista de Daniel Salgado, Sermos Galiza, 13-11-2017).
A activista cultural María Casar guiará ese día ás doce da mañá un roteiro pola cidade natal de Villalta, A Coruña. Titúlase Roteiro sobre o espello do mar e do vento e transitará "polos espazos que poetizou, porque na súa obra a Cidade faise palabara e reconstrúese como lugar mítico" (Sermos Galiza, 16-11-2017).
Anatomía da lingua foi escrito aos poucos, pero am preocupación polo noso idioma sempre estivo aí. É unha dor, unha cousa latente, que hai que intentar curar. A poesía é un analséxico e, á vez, unha denuncia, nun país coma o noso que abandona o seu (entrevista de Daniel Salgado, Sermos Galiza, 17-11-2017).
Unha obra de “corte filosófico” onde concede “un espazo de dignidade aos outros, aos diferentes, aos marxinados” –en palabras do xurado– deulle ao xornalista e escritor Alberto Ramos o XVII Premio Risco de Creación Literaria. Trátase de A simetría das bestas, que verá a luz en 2018 (Sermos Galiza, 18-11-2017).
"Os críticos, quen o coñeceron, ou no libro de conversas [Conversas con Carballo Calero, 1989], afirman que Carvalho Calero nunca falaba da Guerra Civil. Si o fixo nun romance 50 anos despois". O conflito armado entre democracia e fascismo ocupa a segunda parte de Scórpio. Dalgún xeito, anticipa a vaga de literatura da memoria histórica que abundará a narrativa galega no inicio deste século (Daniel Salgado, Sermos Galiza, 19-11-2017).

Para min é un pouco a subversión do discurso dos superheroes, que é un espazo da cultura pop que me interesa bastante e desde sempre. O que fixen foi utilizar esta cuestión como fío condutor da novela, do protagonista que vai intentando comprenderse a si mesmo a través dunha ferramenta como son os cómics. Iso é algo que todas as persoas facemos, pero sobre todo na adolescencia, un momento no que estamos intentando buscar os nosos referentes (entrevista de Belén Bouzas, Sermos Galiza, 20-11-2017).
Estíbaliz Espinosa escribe dende o enfoque «dunha cultura única -como define a propia autora- :a simbiose entre a ciencia e as humanidades, así como o eixe entre muller, tecnoloxía, palabra e ciencia» (Tamara Montero, La Voz de Galicia, 21-11-2017).
[...] relata una historia de aventuras sobre una organización clandestina creada para salvar obras de arte y, según el jurado, sobresale por "la mezcla de tiempos históricos" y una "relectura muy actual de la mitología griega con una gran sensibilidad con el patrimonio cultural" (El Correo Gallego, 22-11-2017).
[...] Arcadio López-Casanova. El foi o encargado de inaugurar o simposio co que a Real Academia Galega (RAG) conclúe na Coruña o seu programa sobre o autor ao que dedicou este ano o Día das Letras Galegas (Brais Capelán, La Voz de Galicia, 22-11-2017).
Desde Sacardebois, Araúxo vai reconstruíndo a memoria da comarca a través das palabras e recordos das súas xentes (El Correo Gallego, 23-11-2017).
Os fillos como ferida. Como fenda que racha a vida. A xuventude. E máis nun contexto de precariedade laboral, social e vital. Desa consciencia nace Lumes (entrevista de Montse Dopico, Praza Pública, 26-11-2017).
Nas súas páxinas, o lector pode descubrir a riqueza literaria de puntos da cidade a través da información referida á vida e á obra do autor de Merlín e familia, así como a outros creadores relacionados con el (El Correo Gallego, 28-11-2017).
Froito dun intenso traballo de anos, os autores achegan no libro documentación que proba o espolio coñecido pero tamén información e datos sobre moitos outros aspectos polémicos -cando non ilegais e claramente inmorais- que rodearon aquel proceso que supuxo un "macroespolio" moito máis aló da antiga residencia de Pardo Bazán e que contou coa colaboración da elite coruñesa conservadora da época (Miguel Pardo, Praza Pública, 28-11-2017).
En Acto de Hixiene, o público asiste ás exequias dunha artista que todo o mundo respectaba, pero ninguén coñecía.
   
        No fondo, a mesma denuncia: a pobreza -real, non romantizada nin metafórica- de moitos artistas
    -”Sabías que cando atoparon o cadáver estaba xa en descomposición? E que só comezaron a investigar porque deixou de pagar o aluguer? E que durante toda a súa vida non tivo un só recoñecemento que fose?” (Montse Dopico, Praza Pública, 29-11-2017).
[...] premio de novela por entregas de La Voz de Galicia na súa última edición (Jorge Lamas, La Voz de Galicia, 30-11-2017).
A historia comeza cando o narrador decide abrir o vello bául do bisavó e atopa unha morea de poemas escritos sobre cortizas de bidueiro (El Correo Gallego, 30-11-2017).