Amosando publicacións coa etiqueta Domingo Villar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Domingo Villar. Amosar todas as publicacións

25.4.15

Domingo Villar, 'A praia dos afogados'. Cuestionario

Imaxe: Editorial Galaxia
Para o club de lectura d'A praia dos afogados, de Domingo Villar.
Como vén sendo habitual, o presente cuestionario ten como obxectivo provocar o debate sobre algúns aspectos desta novela. (Tamén pode servir de base para algún tipo de exercicio académico. Hai profesores para todo).

CUESTIONARIO
  1. ¿Que utilidade poden ter os encabezamentos dos capítulos?
  2. Analizade a estrutura desta novela.
  3. Na novela, ademais da principal, aparecen outras historias que cómpre considerar. ¿Cales son? ¿Que función poden ter na construción do relato?
  4. Tanto n’ A praia dos afogados como na anterior novela Ollos de auga, o inspector Leo Caldas presenta características estrañas neste tipo de personaxe. Enumerádeas e comentádeas.
  5. Da lectura d’A praia dos afogados pode tirarse todo un manual sobre a manifestacións dos sentimentos. Para comezar, limitádevos a facer un esquema sobre este aspecto.
  6. Analizade as descricións na novela.
  7. Á parte da investigación dun asasinato, ¿que outras historias se desenvolven na novela?
  8. O tratamento do tema da morte n’A praia dos afogados.
  9. ¿Que tipo de programa de radio é o de Leo Caldas? ¿Que utilidade lle atopa?
  10. Debatede sobre o tipo e uso do humor que se fai na novela.
  11. Comentade os aspectos culinarios que se nos ofrecen na novela.
  12. Analizade os recursos que emprega o autor para crear a intriga.
  13. ¿Que se pode dicir da caracterización lingüística dos personaxes?
  14. ¿Que características presenta o método de investigación de Leo Caldas?
  15. Hai personaxes que teñen unha forma especial de ver a vida. Citade e comentade algún caso.
  16. Tamén hai personaxes que teñen predisposición a amargar a vida propia ou allea. Comentade algún caso.
  17. Nas reflexións e diálogos dos personaxes afloran problemas da sociedade e do mundo. Citade os principais e comentade o enfoque que se lles dá.
  18. Despois da lectura d’A praia, ¿poderiades dicir algo sobre a pervivencia das supersticións?
  19. Analizade como nace e medra a historia misteriosa do capitán Sousa.
  20. As referencias á musica que se atopan na novela, ¿teñen algunha función?
  21. O pai de Leo Caldas é un vello que sentencioso que se expresa de forma profunda e concisa. Comentade o sentido de “Non se madura, Leo. Só se envellece” (cap. Cambiar).
  22. Leo Caldas e Estévez son personaxes contrapostos. Este vía a franqueza extrema como virtude; aquel, como unha máscara para ocultar a crueldade (cap. “Cabo”). Debatede este aspecto.

28.12.08

Domingo Villar. Ollos de auga. Cuestionario.

Para o club de LECTURA: Domingo Villar, Ollos de auga.

CUESTIONARIO

  1. ¿Cal é o papel da música na novela? (Cfr. pp. 9, 11, 43, 104, 106, 111, 241.)
  2. O personaxe Leo Caldas compaxina actividades. ¿Cales son? ¿É o típico neste tipo de personaxe de novela policial?
  3. O tópico e o orixinal no personaxe do axudante Estévez.
  4. A novela (policial) e o percorrido turístico.
  5. Actitudes ante a presenza da morte. (Cfr. especialmente pp. 31-2.)
  6. Comenta no contexto (p. 35) esta referencia a Albert Camus: "O ser humano nace, morre e non é feliz".
  7. O carácter dos galegos segundo o axente Estévez.
  8. As viúvas brancas (p. 96).
  9. O pai de Leo Caldas reflexiona sobre o vello tópico da vida no campo / cidade. ¿Cales son as súas conclusións? ¿Hai na novela outros personaxes que pensen parecido? (Cfr. pp. 155-162.)
  10. Comenta as caractrerísticas da novela policial presentes nesta obra. A saber: a) O heroe; b) A intriga principal. ¿Atopas intrigas secundarias?; c) Os cadáveres; d) O asasino; e) As pistas; f) A solución do misterio.
  11. Seguramente coñeces personaxes de novela policial de sona universal. ¿A quen se che parece Leo Caldas?
  12. ¿Cualificarías esta novela como literatura de masas?
  13. Carraxe e vinganza son trazos da literatura policial. ¿Atópanse nesta novela? (Cfr. p. 203; contrástese coa resolución do caso.)
  14. Comenta a actitude do protagonista co seu traballo.
  15. Analiza o papel das mulleres en Ollos de auga.
  16. Comenta o xogo transgresión /respecto das regras que se observa nesta novela. (Podes comparalo con outras obras que coñezas.)
  17. No cuarto de Reigosa colgaba unha lámina de Edward Hopper (p. 35), pintor americano centrado no tema da soidade. ¿Podes ver este aspecto na novela?
Imaxes: Editorial Galaxia (capa da novela) e AllPosters.es ("Cuarto de hotel", Edward Hopper).