Para o club de lectura da novela de Xesús Fraga queda aquí a ligazón de O elefante branco. Test de lectura.
Outras actividades
Amosando publicacións coa etiqueta O elefante branco b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O elefante branco b>. Amosar todas as publicacións
3.11.13
17.10.13
O elefante branco (de Xesús Fraga). Léxico-4
Collemos un anaquiño descritivo da novela O elefante branco, de Xesús Fraga, e xogamos a ordenar as palabras co ánimo de atinar co texto orixinal. Advírtese que se poden chegar a outras solucións que teñan sentido, aínda non sendo a orixinal.
Pode traballarse en equipo. Pasádeo ben.
O elefante branco. Léxico-4
Outras actividades
Pode traballarse en equipo. Pasádeo ben.
O elefante branco. Léxico-4
Outras actividades
- Xesús Fraga, O elefante branco.
- O elefante branco (de Xesús Fraga). Léxico-1.
- O elefante branco (de Xesús Fraga). Léxico-2.
- O elefante branco (de Xesús Fraga). Léxico-3.
- O elefante branco, de Xesús Fraga. Cuestionario.
3.10.13
Xesús Fraga, O elefante branco. Cuestionario
Cuestionario para o club de lectura de O elefante branco (de Xesús Fraga).
- O elefante branco é un título que se explica na propia novela. ¿Cal é esa explicación?
- A novela é unha homenaxe ao escritor Ánxel Fole. Xustificade esta afirmación.
- O mago Waldemar ten “espírito de narrador”. ¿Que sigifica isto?
- Analizade a voz narradora na novela.
- Analizade o tratamento do espazo na novela.
- ¿A muralla da cidade produce algún efecto no protagonista ou noutro personaxe?
- Na novela menciónanse dous personaxes con tendencia a facer torres no aire. ¿Quen son? ¿Que problemas lle causan á familia?
- Na novela hai un personaxe conscientemente caracterizado pola súa fala dialectal. Comentade este aspecto.
- A avoa é un personaxe moi interesante. ¿Que características a fan salientable?
- Debatede, baseándovos na novela, a importancia dos feitos aparentemente humildes.
- ¿Pódese afirmar que O elefante branco é unha novela de formación?
- Na novela aparecen varios modelos de vida en parella. Analizádeos e relacionádeos coa época á que se refiren.
- Comentade os recursos narrativos máis salientables empregados na novela. Por exemplo: narrador en primeira persoa, uso de cartas persoais, diálogo contrapuntístico, espazo que enmarca a historia etc.
- Na novela atopamos polo menos un par de obxectos dotados dun especial simbolismo. ¿Cales son? ¿Que poden significar?
- Atopamos na novela varios personaxes que viviron a emigración. Comentade os casos, épocas e características. Reparade na opinión que os propios personaxes teñen sobre o tema.
- Analizade o tratamento do tema da guerra. Enfocádeo especialmente dende o punto de vista dos personaxes que sufriron esta experiencia.
- Na novela, pais e fillos ocúltanse información. Comentade este aspecto. Podédelo enfocar dende o punto de vista das relacións interxeracionais.
- Na literatura é doado atopar a figura da Vella Sabia. ¿Quen desempeña tal función na novela? ¿Un só personaxe? ¿Varios? ¿En que medida?
- ¿Podería sacarse desta novela un modelo de educación? ¿Cales serían as súas liñas mestras?
- Procurade o anaco do relato titulado “A caixa de habanos” (de Ánxel Fole, Terra brava), lédeo e analizade como se integra n’O elefante branco.Deixo este cuestionario coa malévola intención de sempre: que sirva de guía para o coloquio sobre a novela e, se cadra, como base para unha proba avaliable sobre a lectura.Outras actividades
28.9.13
O elefante branco (de Xesús Fraga). Léxico-3
Velaquí un pequeno encrucillado (O elefante branco. Léxico-3) feito con palabras tiradas da novela citada. Trátase dunha serie de adxectivos referidos ao carácter ou actitudes apreciables na xente.
Outras actividades sobre a novela
Outras actividades sobre a novela
24.8.13
O elefante branco (de Xesús Fraga). Léxico-2
O elefante branco. Léxico-2
Novo test de léxico para lectores desta novela de Xesús Fraga.
O exercicio non pretende máis que divertirse unha miga coa lingua da novela. Non ocupa máis de cinco minutos.
Máis información sobre a novela:
Novo test de léxico para lectores desta novela de Xesús Fraga.
O exercicio non pretende máis que divertirse unha miga coa lingua da novela. Non ocupa máis de cinco minutos.
Máis información sobre a novela:
4.8.13
O elefante branco (de Xesús Fraga). Léxico-1
Test de léxico para lectores de O elefante branco, de Xesús Fraga.
Máis información sobre O elefante branco.
Máis información sobre O elefante branco.
11.7.13
Xesús Fraga. O elefante branco
As historias que se entrelazan nesta novela cóntanolas o protagonista preadolescente que ve alteradas as
vacacións de verán por razóns que non alcanza a comprender. Aínda que sacara boas notas nos estudos, os pais envíano a pasar o verán á casa dos avós, unha fonda na estación do tren de Lugo. O que nese momento considera un castigo, quedará na memoria de adulto como unha das etapas fundamentais da súa vida.
O estado de ánimo vai mellorando grazas ás cartas que recibe da rapaza que lle gusta e da sorpresa que lle causan as novidades da casa dos avós. Neste escenario irá coñecendo mellor a súa familia, tropezará con estraños personaxes que se moven na imprecisa fronteira da ficción e a historia, aprenderá a ver a cara e a cruz da realidade. En fin, aprenderá a coñecerse mellor e a aceptar os seus como son. Madurará, nunha palabra.
Para matar o aburrimento inicial, o avó recoméndalle ao protagonista que procure ler e préstalle un exemplar de Terra brava de Ánxel Fole. A novela convértese nunha deliberada homenaxe ao autor lugués e mais ao doutor Rodríguez Saa (conde de Waldemar). Unha chuvia intensa obrigará o protagonista a permanecer no marco (literario) da pensión. Cando a chuvia cansa, o marco amplíase á cidade murada, que se converte ás veces nunha especie de círculo pechado. De “A caixa dos habanos” van saír personaxes, historias de espionaxe, un medallón co elefante branco... que se mesturarán cos personaxes, historias e obxectos “reais” da novela. Mesmo o espírito narrador do mago Waldemar semella saír da caixa dos habanos. O autor logra captar das figuras homenaxeadas esa capacidade para moverse no terreo neboento da realidade e da ficción e meter nel o lector que non dará distinguido unha da outra.
| Foto: La Voz de Galicia |
Estruturalmente a novela discorre ao longo de 14 capítulos que se poden agrupar en dúas partes. En 13 capítulos conta a historia do verán e no derradeiro, separado por anos dos anteriores, valora a importancia daquela historia na vida do protagonista, agora maduro e asentado.
Sinopse
O protagonista remata o curso con boas notas, pero no canto de ir cos pais ao apartamento da costa, onde tamén veranea a rapaciña que lle gusta, mándano á casa dos avós. O rapaz interprétao como un castigo e encabúxase cos pais.
Na fonda que gobernan os avós atópase co curmán Vítor, un adroleiro compulsivo, soñador de torres no aire, estudante clandestino de inglés; co avó Nicasio, ferroviario vocacional; coa avoa, muller capaz, de forte carácter e gran sentido do pragmatismo; co mago Waldemar, un estraño personaxe que aínda conserva retallos dos tempos de gloria.
O protagonista-narrador bota unha man nos traballos da fonda da estación e vai collendo confianza co avó, que se lle converte nunha sorte de guieiro: logra inocularlle ao neto, futuro reporteiro, o gusto pola lectura. Tamén lle conta a historia de espionaxe na que participara sen querelo e vaille descubrindo aspectos do misterioso Waldemar narrados en contrapunto coa avoa.
A visita dos tíos que traballan en Londres descóbrelle a verdadeira cara da emigración, así como outros aspectos da súa propia familia. Entre eles, o divorcio dos pais, que provoca unha crise no rapaz.
Pasa o tempo. A morte do avó reúne de novo os protagonistas, agora maduros, donos dos seus destinos e cos soños máis ou menos cumpridos. Algúns obxectos recuperados a xeito de herdanza serven para pechar a historia.
Sitiografía
- “Un Lugo de ilusionistas”, La Voz de Galicia, 07-07-2013.
- Salvador Rodríguez, “El mago errante”.
- Víctor L. Villarabid, “El conde de Waldemar el mejor mago del mundo en su época”.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)