31.8.13

Noticias de literatura-140. Agosto 2013

James Joyce, o Ulises completo en galego
James Joyce
Foto: La Voz de Galicia
Porén a novela nunca fora traducida integramente ao galego, apunta Galaxia nun comunicado, polo que con esta publicación se pretende achegarlles aos lectores de hoxe un texto baseado nas edicións críticas máis recentes da obra de Joyce nun galego "actual e coidado, que axude a coñecer mellor un patrimonio literario que xa os membros da Xeración 'Nós' consideraron indispensable" incorporar á literatura galega (El Correo Gallego, 10-08-2013).
Suso de Toro publica Inmateriais
Su autor lo entiende como un retablo de personajes de la Galicia que pudo haber sido y desapareció por el camino. "Desde el principio lo concebí como un proyecto pedagógico", explica Suso de Toro,"como un intento de hacer ver a los lectores que aquí ha habido grandes figuras que pudieron haberse erigido en los constructores de un país (Xosé Hermida, El País, 09-08-2013).
Xerardo Agrafoxo fálanos de Quen matou o Cantino?
Xerardo Agrafoxo
Foto: El Correo Gallego
Pero se, pola contra, nos atopamos no momento e no lugar equivocados, pode que a nosa sorte cambie para sempre. Que llo digan a Ramón Mayán Ramos. Coñecido como o Cantino, este mozo noiés que foi acusado inxustamente de rebelión militar, foi executado o 10 de outubro de 1936 no cemiterio de Boisaca aos 26 anos. Xerardo Agrafoxo conta, con todo detalle, a dramática historia de quen se atopaba no lugar e no momento equivocados (El Correo Gallego, 11--08-2013).
Rosalía Castro, novas músicas para a súa poesía
Narf e Nijla Shami son dous dos últimos artistas en facer seus os versos rosalianos. Desde as distancias dos estilos dos discos de ambos coinciden nunha circunstancia: comezaron sendo un encargo e acabaron por ser un disco máis das súas carreiras (La Voz de Galicia, 19-08-2013).
Xabier López López fala de 1989
«A historia transcorre ao longo de 15 días de decembro de 1989», describe Xabier López: a caída do muro de Berlín e a de Ceaucescu en Romanía sinalan a desaparición da URSS e a ideoloxía do «socialismo real» (Xesús Fraga, La Voz de Galicia).
Astérix, nova etapa
Imaxe: Praza pública

A aposta de Xerais por Astérix chega nun punto de inflexión na historia da cabeceira, xa que Astérix e os pictos será a primeira aventura dos personaxes na que non participa ningún dos seus creadores (Praza pública).

28.8.13

Xosé Manuel Rodríguez Moxom. O lobo da xente

Moxom presenta esta obra como unha adaptación libre do relato de Vicente Risco. A versión en cómic tamén é moi respectuosa co orixinal e capta perfectamente a intención do etnógrafo. Inventar, recoller e transmitir historias ten múltiples finalidades tales como explicar o noso universo simbólico, entreterse, ligar…
É sabido que O lobo da xente trata o tema da licantropía. Unha moza vira en loba por culpa dunha maldición materna, enche o monte de vítimas das súas gadoupas e sementa o medo no corazón das xentes da bisbarra. No caso que nos ocupa, explícanse as causas da maldición non merecida: unha situación de malos tratos, un padrastro que tenta abusar da filla e unha nai cega ante a situación. Cóntallo a protagonista ao mozo que a liberou da súa pel de loba.


Imaxe e texto fan boa avinza. Un mínimo de palabras pon o lector en situación; o resto cáptao coa contemplación das imaxes. Por citar só un exemplo, a sensación de terror que provoca o lobo no ánimo da xente transmítea o cómic cunha acertada combinación de economía verbal e expresivas imaxes.


Falan da obra




Xosé Manuel Rodríguez Moxom, O lobo da xente. ACX BD Banda/Fundación Vicente Risco, 2009.





24.8.13

O elefante branco (de Xesús Fraga). Léxico-2

O elefante branco. Léxico-2
Novo test de léxico para lectores desta novela de Xesús Fraga.
O exercicio non pretende máis que divertirse unha miga coa lingua da novela. Non ocupa máis de cinco minutos.

Máis información sobre a novela:

21.8.13

Elías Knörr. O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido


Recomendamos comezar a lectura deste libro polo epílogo ou “Longa viaxe para cambiar de vestido” porque nel o autor-tradutor dá as claves para que un lector en galego poida valoralo na súa xénese e intención.
Imaxe: bibliotecavilareal
Avisa o autor que O mariñeiro... pode ser entendido como un “manifesto” porque “foi concibido para ter un impacto no sistema literario islandés”. Esta intención explica as características fundamentais da obra:
a) A creación do pseudónimo que, máis alá do simbolismo, evita a consideración de estranxeiro e demostra, asemade, a posibilidade dunha literatura de inmigrantes.
b) A incardinación no contexto islandés.
c) O achegamento ás vangardas, de escasa penetración na literatura do país.
O autor destaca dúas liñas importantes do libro: o tratamento do mar (semellante ao que se lle deu na literatura galega) e a interpretación socioeconómica (non esperada porque a redacción da obra é anterior á crise, pero que enriqueceu o poemario dándolle forza á mensaxe).
Cómpre salientar tamén a reflexión que o autor fai sobre o feito de traducirse. Aquí concíbese a tradución como recreación, como “diálogo interlingüístico”.


O lector escolle este poema porque considera que representa dun xeito evidente o rol do poeta-mariñeiro, nomeadamente no que portén á transmutación cultural.


Elías Knörr, O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido. Cangas, Barbantesa, 2011.

18.8.13

David DiGilio/Alex Cal, Vento do norte


A historia sitúase na cidade de Lost Angeles. O mundo leva máis de douscentos anos cuberto de neve. A
Imaxe: El Patito Editorial
xente tenta sobrevivir como pode, mais nin sequera nunha situación apocalíptica faltan os conflitos. Como resume un dos personaxes (Mulligan, o científico considerado tolo), “en todo este tempo sobreviviron tres cousas: as cascudas, as putas e os ditadores. Aquí temos das tres... Pero algúns queremos cambiar”. Este desexo de cambio, máis ou menos consciente, é o que move a historia que escribe DiGilio e debuxa Alex Cal.


Nesta situación catastrófica xorden dous mundos antagónicos: o dos que sobreviven solidariamente na superficie (os proscritos) e dos seguidores do líder abusón e ditador que controla os medios de produción de calor (os preeiros, que viven baixo terra). Cae de seu que quen ten o ben máis necesario e prezado en calquera situación ten tendencia a procurar o sometemento do resto da humanidade. A situación non cambia mentres os proscritos non presentan batalla e gañan. A xustiza volve ao seu rego. No camiño quedan moitos caídos, entre eles os líderes. A historia cóntalla a nai ao fillo póstumo daquel proscrito que deu a súa vida en defensa da liberdade e preséntalla como lección para vivir en comuñón coa natureza.



Falan da obra



David DiGilio/Alex Cal, Vento do norte. Santiago de Compostela, El Patito Editorial, 2010.

15.8.13

Xabier Paz. Renacer

Cando morre Pietro Aretino, figura importante do Cinquecento, a súa filla Adria revisa os
documentos que deixara agachados en cartafoles. A rapaza ansía reencontrarse co seu pai, agora finado, e desexa coñecelo en todas as súas facetas: pública e privada, pai e personaxe, a persoa que foi e a que puido ter sido. A disección da figura paterna tamén lle servirá a Adria para explicarse a si mesma, entender as súas propias contradicións.
A noite que Adria pasa entre os papeis de seu pai sérvelle para repasar o que foron as súas vidas, reflexionar sobre o porqué de moitas decisións transcendentes, esculcar nos principios que rexen a sociedade do Cinquecento, criticar a súa hipocrisía, valorar os grandes logros artísticos, dar unha visión humana dos seus artífices.
Xabier Paz recrea en Renacer a sociedade italiana do Rinascimento e expón os seus temas candentes, entre os que destacan o concepto da arte, a polémica da lingua, a actitude ante a morte e a enfermidade, os matrimonios concertados, a liberdade da muller, a sexualidade... Temática que, con enfoques máis ou menos diferentes, non é estraña no mundo de hoxe.
No tempo en que nos deixa Pietro Aretino sopran ventos contrarreformistas e as mans da filla deitan na lareira os documentos máis comprometedores.


Sitiografía

Xabier Paz, Renacer. Vigo, Xerais, 2008.

1.8.13

Noticias de literatura-139. Xullo 2013

Os premios escénicos que ata agora convocaba anualmente a Axencia Galega das Industrias Culturais pasarán a organizarse cada dous anos, de xeito que as próximas edicións do Álvaro Cunqueiro, do Manuel María e mais do Barriga Verde se realizarán a finais deste ano para que sexan resoltas durante o 2014 (La Voz de Galicia, 02-07-2013).
Revista Galega de Teatro e Diario Cultural, premios Abrente 2013
En un comunicado, la organización explica que ambos espacios simbolizan, tanto en las ondas como sobre el papel, "el ideal de compromiso" a la hora de "normalizar el sector escénico desde el ámbito público", en el caso de la Radio Galega, o "desde la voluntad asociativa", en el de la agrupación Cultural Entre Bambalinas (El Correo Gallego, 04-07-2013).
Daniel Salgado gaña o López Abente con Os tempos sombrizos (Diario):
Daniel Salgado
Imaxe: Sermos Galiza
O xurado valorou a “construción do discurso a xeito de diario que amosa o compromisoanticapitalista a través do diálogo cos principais referentes ideolóxicos na loita pola liberdade e a xustiza social”. Destacan tamén a “rica intextualidade” do libro tanto coa poesía como coa música contemporáneas, de maneira especial co jazz (Sermos Galiza).
Manuel Rivas no The Guardian
Aliás, e alén de falar da obra dde O´Rivas, tamén fala do seu país, de Galiza, aínda que para iso caia en estereotipos e mitos. Mais, polo menos, non son os estereotipos e mitos pexorativos ou prexudicais para cos e coas galegas. Todo o contrario (Sermos Galiza).
Rosalía Castro, No principio foi o verso
En ese círculo cabrían una escritora emblemática, un legado con escasa documentación
Foto: Galicia Hoxe
original, una muestra antológica para conmemorar el aniversario de una obra fundacional y la aparición fortuita de valioso material inédito de la figura (Teresa Cuíñas, El País, 13-07-2013).
Francisco Castro, premio Novelas por Entregas
O corazón da Branca de neve é unha historia que manexa perfectamente os recursos máis clásicos do suspense. A novela ábrese cunha enigmática escena, na que un personaxe de nome Alberto vive unha tensa espera nun bar de Vigo. De súpeto recibe unha chamada ao móbil, cominándoo a saír á rúa. Aos poucos minutos aparecerá un coche e un descoñecido entregaralle un bebé (La Voz de Galicia, 12-07-2013).
Xesús Fraga, premio Raíña Lupa con Reo
Xesús Fraga
Foto: César Delgado/La Voz de Galicia
o xurado tamén salientou as reflexións que ofrece a novela sobre a realidade dos mozos dos nosos días (La Voz de Galicia, 29-07-2013).