3.9.08

El Club Financiero de Vigo saca la lengua

A outra vaca no millo da que falaba onte Boedense ten unha boa choca:
Faro de Vigo: "Los empresarios avisan que la política lingüística daña su competitividad".
La Voz de Galicia: "Empresarios vigueses dicen que la imposición del gallego alienta fugas de directivos y compañía".
El País: "
Empresarios de Vigo, contra la "imposición" del gallego".
El Mundo, na edición en papel, permítese o luxo de ir resumindo as ideas básicas do documento del Club Financiero de Vigo en plan catecismo que contén verdades incuestionables. Como non atopo o artigo na edición dixital, lamento non podelo enlazar.
A noticia aparece hoxe nos catro medios citados. Obviamente,
se alguén pensa que estamos en campaña trabúcase de medio a medio.

Leo os artigos enriba sinalados e non dou saído do asombro. ¡Hai que ver o terrible que é a lingua galega! A perniciosidade deste idioma chega a tal punto que é quen de poñer os empresarios en fuga. Agora é cando entendo o da deslocación de empresas.
Tamén me sumo ás ansias de progreso dos directivos competentes de alto copete. En idioma galego nunca chegarían a dirixir unha grande empresa. Como moito, como moito, un chiringuito de praia, unha tasca ou unha tenda de ultramarinos.
¿Onde irán aqueles tempos de bilingüismo harm
ónico e cordial? ¿E onde estarán eses misteriosos sitios onde resulta imposible estudar en castelán?









Imaxe de mafalda.dreamers.com

Ningún comentario: