25.1.12

Fran Alonso. Ninguén

1. Se comezamos a lectura de Ninguén polo epílogo do autor atopámonos coa intrahistoria da obra e coa intención do escritor nesta nova proposta narrativa: mergullarse “nas entrañas das sociedades urbanas” (p. 198), que presentan como principais trazos distintivos o seren “as únicas posibles no mundo desenvolvido” e estaren formadas por individuos con estilos de vida “planetariamente homologables”.
Ninguén está na liña de Persianas, pedramol e outros nervios, Silencio e Balada solitaria (poesía).
Os relatos de Ninguén son distintos en extensión e factura. Uns nárranse en primeira persoa (“Veciños”, “Ninguén”, “Pola boca morre o peixe”, “Lista de correos”), outros en terceira (“Estilo de vida”, “Comunidade literaria”, “Vacacións”, “O edificio Benestar Social”, “Esperando”); “O misterioso “Home Vello e Muller Vella” estáselle contando a unha segunda persoa.

2. Ademais do epílogo citado, a obra consta de dez relatos entre os que se vai intercalando cadanseu hoax. O derradeiro deles é creado polo narrador de “Lista de correos” e pono en circulación usando un enderezo alternativo. Vén sendo a súa pequena vinganza por téreno eliminado dun foro de debate no que nin el mesmo sabía quen o metera. Este derradeiro hoax reúne todas as características dos correos en cadea, tema no que está interesado o narrador de “Lista de correos”.

3. A comunidade de veciños é o espazo literario no que se desenvolven as historias de Ninguén, porque “unha comunidade de veciños podería ser interpretada como unha boa metáfora da convivencia contemporánea” (p. 197). Nos títulos de varios relatos pode apreciarse xa esta idea.
3.1. En “Veciños” temos un narrador-protagonista que non atura os ruídos da veciñanza; resúltanlle o “sutil bombardeo dunha guerra psicolóxica” (p. 14). Mesmo aprendeu a distinguir de onde procedían e quen os provocaba. E valíanlle para saber das ocupacións dos veciños, para coñecer o seu estado anímico e imaxinar a aparencia física. A fobia ó ruído obrígao a illarse coa axuda de algodóns nos oídos ou auriculares. As chamadas de atención á veciña de arriba que rifa cos fillos acaban por facerlle cambiar de opinión. A historia remata cun final tan romántico coma inesperado. O novo veciño de abaixo ocupa o seu papel.
3.2. O protagonista de “Home Vello e Muller Vella” é o típico habitante dun barrio onde non se oen nenos, no que quedan os que non teñen onde ir. Home Vello é paciente e desmemoriado. Ten sempre prendida a televisión e faise cortes nas mans para saberse vivo. Un día descobre a Muller Vella tecendo no balcón de en fronte. O Home xa non volveu entrar na casa ata que a Vella non desapareceu envolta no pano que tecera. O Home saíu entón da casa para ir á da Vella e ver o que lle pasara. Rachou o envurullo cun coitelo e apareceu unha criatura que vén sendo a quen lle están contando o conto.
3.3. A Sara, protagonista de “Estilo de Vida”, divorciada, bo salario, moléstanlle as reunións da comunidade. Vive nunha permanente fuxida na procura do seu hábitat ideal, comprando e vendendo casa. Cando logra fuxir do ruído, atopa o silencio, que lle produce medo.
3.4. Os tres protagonistas de “Comunidade literaria” presentan diferentes actitudes perante os seus veciños. O escritor acaba de colocar o seu último libro no portal para que o lean e lle fagan comentarios. O crítico séntese decepcionado co escritor e molesto cos reparos que este lle fixera á súa crítica “equilibrada”. En realidade, non lle gusta como persoa. A lectora, porén, séntese feliz por vivir no mesmo edificio con dúas persoas excepcionais coma o escritor e o crítico. Ademais, pásao ben lendo a un e escoitando ó outro.
3.5. O protagonista de “Vacacións”, adicto ós trebellos das novas tecnoloxías, séntese perdido cando lle fallan as conexións co mundo virtual (tarxetas, móbil, radio do coche) e remata por botarse a chorar.
3.6. Ó protagonista de “Ninguén” tamén lle molestan os ruídos. Valora a educación e a cortesía dos veciños. Pero cando precisa falar con algún deles vaise decatando de que o edificio está baleiro. Así e todo, os coches seguen no garaxe. Aquela soidade “sobrepásao”. Recibe un sms: “Ninguén”. Cando non pode abrir a porta do seu propio piso, abandona.
3.7. O escritor que vive en “O edificio Benestar Social“ pensa que tal nome é sarcasticamente paradoxal. No inmoble hai un piso patera, un divorciado de escasos recursos, unha vella arrincada da aldea por non se poder valer soa, unha maltratada que se escondía do ex, un parado en idade crítica, xitanos ruidosos e sen normas de convivencia, unha vella soa, unmatrimonio que se desentende dos fillos... O escritor intenta sobrevivir escibindo sobre temasque nin entende.
3.8. En “Pola boca morre o peixe” fálanos un home sen amigos preocupado pola dietética. Este home “peixívaro” acaba perdidamente obsesionado pola conservación do peixe, que deixa de ser comida para converterse en obxecto decorativo. Cando a científica informadora deixa de lle coller o teléfono, o narrador sómese na desesperación.
3.9. En “Esperando” topamos con Alone (nome de rede social), adicta ó tabaco, café e citas por internet. Leva catro horas esperando, pero el non aparece.
3.10. O escritor de “Lista de correos” investiga sobre os hoax. Tamén escribe por encargo horóscopos para gatos. Acaba demostrando o que sabe dos hoax creando e pondo en circulación un deses correos nun foro de debate non que o incluíran sen el saber.

4. Canda a comunidade de veciños que comparten espazo nun edificio temos as novas comunidades virtuais promovidas polas novas tecnoloxías, sen presenza física de veciños, pero que provocan as mesmas reaccións, actitudes, filias e fobias cás comunidades tradicionais.
Os protagonistas destes relatos procuran vivir en sociedade, pero logo xorde algo que lles provoca alerxia á comunidade e os fai fuxir na procura doutro hábitat. O ruído é unha das principais causas desas fobias (“Veciños”, “Estilo de vida”, “Ninguén”). Noutros casos é a tecnodependencia a que amola a vida (“Vacacións”, “Esperando”). Diríase, en xeral, que os personaxes de Ninguén viven o paradoxo de necesitaren a comunidade aínda que lles resulta as máis das veces insufrible.

5. Na mesma liña do paradoxal está a percepción da soidade. Quizais sexa este un dos trazos característicos da sociedade urbanita: vivir en soidade rodeado de xente. Para este lector, o edificio deshabitado de  “Ninguén” ou a rúa deserta de “Home Vello e Muller Vella”, coa muller envolta no casulo que ela mesma tece, representan literariamente o máis radical illamento.
O memo é outra das vivencias comúns destes personaxes. Cadaquén ten os seus medos, que se van concretando en función da súa cultura. Por exemplo, Sara, a protagonista de “Estilo de vida”, traslada ó campo os seus medos de muller urbana (p. 51), pero recoñece que non son os mesmos medos que sentía súa nai, muller enteiramente rural. Ou os do protagonista de “Vacacións”, que remata vencido polo pánico ó fallárenlle as conexións co seu mundo virtual.
A insatisfacción vén sendo outra das doenzas da sociedade moderna. Salvo erro, só damos cun personaxe satisfeito: a lectora de “Comunidade literaria”, que se sente “afortunada” (p. 68). E se cadra, cómpre engadir o narrador de “Veciños” que remata o seu relato cun romántico final.
6. Sitiografía



Fran Alonso, Ninguén. Vigo, Xerais, 2011.

19.1.12

François Rivière / Solidor. Morte no Nilo

Imaxe: El Patito Editorial
O detective Hércules Poirot investiga o asasinato de Linnet Ridgeway, moza fermosa e rica, que aparece morta no seu camarote cando estaba de lúa de mel nun cruceiro polo río Nilo. A Poirot chóvenlle os sospeitosos, comezando por Jacqueline de Bellefort, que seguía os pasos da parella porque a súa antiga amiga Linnet lle roubara o noivo cando estaba a piques de casar. Como resulta habitual nas novelas da “raíña do crime”, a situación complícase a medida que avanzan as pescudas, a investigación torna sempre ó punto de partida e os datos cos que se contan non sinalan a ningún culpable concreto. Como nos sinala Naomi no blog A Casa Torta
“Jacqueline de Bellefort não se conforma por perder Simon Doyle para Linnet e passa a seguir o casal pelo mundo, mas não é a única a bordo do vapor S. S. Karnak com motivos para matá-la. A Poirot e Race [coronel británico que colabora con Poirot nesta ocasión]  cabe descobrir quem são, quais os motivos e as oportunidades dos demais passageiros: um arqueólogo italiano; uma dama arruinada e o filho dândi; uma aristocrata esnobe, sua enfermeira e uma prima empobrecida, um psiquiatra austríaco; o curador norte-americano da falecida; um jovem advogado inglês; a criada francesa da vítima; um jovem comunista que desdenha a burguesia ociosa a viajar num cruzeiro pelo Nilo no mesmo navio que ele”.
Pero as pequenas células grises de Poirot -que nunca están de vacacións- acaban por atopar o fío que desenlea a meada. O desenlace, aínda máis tráxico do esperable, sorprende a todos menos ó detective, que ten a virtude de se atopar sempre no lugar e momento axeitados: “Humm... Paréceme que lin o seu destino a primeira vez que a vin naquel restaurante do West End” (p. 50). Refírese a Jacqueline quen, malia a súa perda progresiva da estabilidade emocional, remata por se converter en administradora de xustiza e derradeira vítima desta historia.
Viñeta: Morte no Nilo.
O lector da versión de Rivière e Solidor gozará do esencial da novela de Agatha Christie e permitirase, ademais, o luxo dunha interesante viaxe polo antigo Exipto.
É de interese a recensión crítica de  M. Galea (ubcfumetti.com). Coméntase nela a adaptación italiana da novela de Agatha Christie, e nunha exposición moi razoada expóñense as dificultades que a novelista inglesa presenta para este tipo de cometido, chegando á conclusión de que a banda deseñada non é un medio axeitado para o desenvolvemento das novelas desta autora. Fundaméntase esta afirmación nas seguintes características:

  • Agatha Christie faille “trampa” ó lector, ó non gozar este do mesmo nivel de información cós personaxes das súas historias;
  • as novelas desta autora son moi prolixas e estáticas; os personaxes falan sempre, con uns e con outros;
  • e no remate do balume de informacións, o detective ordena o caos e atopa o culpable.

Viñeta: Morte no Nilo.

Por estas razóns, a M. Galea parécelle un desafío case que imposible levar a novela á banda deseñada; polo excesivo peso da palabra na obra de A. Christie.

Sitiografía





François Rivière / Solidor, Morte no Nilo. Santiago de Compostela, El Patito Editorial, 2011.


ACTIVIDADES 
1. Globos furados.

Etiquetas: , , , ,

15.1.12

Noticias de literatura-117. Xaneiro 2012

Imaxe: laopiniocoruña.es
Dos de los escritores gallegos más exitosos, Domingo Villar y Manuel Rivas, deleitarán a los lectores con nuevas obras. (...) Este 2012, el Día das Letras Galegas está dedicado al jurista, político galleguista, empresario y también ensayista y poeta Valentín Paz Andrade (Pontevedra, 1898-Vigo, 1987). Su obra será reeditada por varias instituciones y editoriales, entre las que destacan la Poesía galega completa, que editará Xerais en su colección de Clásicos, y la primera biografía para niños, escrita por Charo Portela, Valentín Paz Andrade. Biografía e antoloxía, también de Xerais. Por su parte, Xan Carballa prepara una biografía del autor que editará Galaxia y una antología de su obra (laopinioncoruña.es, 02-01-2012).
Federico Mayor Zaragoza, Delito de silencio (Trifolium):
Mediante esta publicación coas súas reflexións recentes, Federico Mayor Zaragoza (Director Xeral da UNESCO entre 1987 e 1999) exhórtanos a implicarnos, reconstituírnos democraticamente e converternos de súbditos a cidadáns plenos; de silenciosos a participativos; de espectadores a actores. O que hoxe acontence nos países árabes demóstranos que o futuro non está escrito e que a libre circulación de información xogará un papel determinante (blog da editorial).
Imaxe: blog Editorial Trifolium
Robert L. Stevenson, Apoloxía dos ociosos:
Lembremos, con Pavese, que a cultura occidental no tempo de Stevenson (fins do século XIX e principios do XX) atravesou unha crise de desgusto polo ambiente imperante, o que provocou a busca dun paraíso e dunha xustificación. Unha maneira tan boa coma calquera outra de polemizar —de vivir— coa propia sociedade (blog da editorial Trifolium).
Pepe Carballude e Andrés García Vilariño, reedición de Un deus desaparecido:
A presentación do volume (e o tipo de ilustracións con trazos rectos, angulosos, xaponizantes) tende a elevar a franxa de idade á que este vai dirixido. Semella orientarse preferentemente a un público máis próximo da mocidade que da infancia. Pérdese en parte a comicidade e a tenrura da primeira edición, potenciándose o carácter policial da historia. Os debuxos de Beatriz García Trillo están a medio camiño entre o realismo e a caricatura abstracta (El Correo Gallego, 03-01-2012).
Foto: Mosteiro /La Voz de Galicia
Celso Emilio Ferreiro, centenario:


Fanco Grande.
Foto: M. Moralejo/La Voz de Galicia.
Xosé Luís Franco Grande, homenaxeado na súa vila.
Artigo de Fermín Bouza en El País (04-01-2012): “Un liberal en el mejor sentido”.
Artigo sobre Franco Grande no Galicia Hoxe (14-01-2012):
Sempre directo nas súas opinións, sen casar con ninguén, Franco Grande non ve por ningures que as cousas vaian a mellor no territorio da creación literaria e tampouco se mostra optimista sobre o futuro do galeguismo e mesmo do peso de Galicia, moi por detrás de Cataluña e de Euskadi: "Creo que van por camiños distintos as reivindicacións intelectuais e a política, enormemente atrasada en Galicia. Mentres non cambiemos os políticos do país, o país non vai cambiar moito. Estamos en mans de xente totalmente inútil".
Entrevista de B. R. Sotelino con Franco Grande: “Alégrame ter sido un elemento de concordia” (La Voz de Galicia, 14-01-2012).
Sara Alonso, “Mar de palabras para Franco Grande”, El País, 15-01-2012.
Franco Grande, “Sen palabra, non hai mundo”; artigo de Eva González no Faro de Vigo, 15-01-2012.
Mónica Torres, “Tomiño rende homenaxe a Franco Grande”, La Voz de Galicia, 15-01-2012.
Isaac Díaz Pardo.
Foto: Iria Martínez/Galicia Hoxe.
Isaac Díaz Pardo, descanse en paz:
Xavier Alcalá publica a versión castelá de Fábula. Entrevista con Xesús Fraga en La Voz de Galicia (09-01-2012):
Fábula foi editada en galego seis veces, antes de aparecer en castelán. Eu sempre releo e retoco as miñas vaidades. Por tanto, nun caso de long-seller coma o desta novela, non dou esquecido o texto. Está claro que hai unha evolución nas miñas teimas: pasei da «collage» que se nota en Fábula, Nos pagos de Huinca Loo e Tertúlia (nesta, moitísimo) á linealidade da triloxía Evanxélica memoria, ou na da miña próxima novela, Verde oliva. Antes confiaba na «intelixencia do lector». Agora teimo con ser lineal e explícito: deben ser os anos de docencia na universidade...
Fernández Paz, incorporado á Biblioteca Virtual Cervantes:
Dirixido por Branca-Ana Roig Rechou e María Isabel Soto López --da Universidade de Santiago de Compostela--, o portal que a Biblioteca Virtual dedica a Fernández Paz recolle fragmentos das súas obras máis importantes, algúns estudos sobre a súa obra e un completo álbum gráfico (Galicia Hoxe, 11-02-2012).
Estevo Creus.
Imaxe: Xoanxo Cespón/El País.
Estevo Creus presenta balea2 (Positivas):
Los poemas, breves e "ideológicamente irónicos", son juegos lingüísticos para adultos -a veces una critica de la ciencia o de cualquier disciplina que aspire a fijar la realidad-, pero entre lo que se nombra también hay vacas, gallinas, excrementos o plastilina, entre otras voces todavía fáciles de encarnar para los niños dezanos: 15 de los poemas se construyeron a partir de los dibujos de ballenas que hicieron los críos (El País, 14-01-2012).