Despois da lectura de Dime algo sucio, de Diego Ameixeiras, podemos empregar uns minutos en facer este test de léxico.
Atópase en Daypo: Dime algo sucio. Léxico-1 e mais en Educaplay: Dime algo sucio. Léxico-1.
26.12.12
23.12.12
Diego Ameixeiras. Dime algo sucio. Cuestionario
Imaxe de Edicións Xerais |
- Comentade os efectos que pode ter sobre o lector o coñecemento de feitos aínda non descubertos pola policía.
- Valorade como lectores o feito de que un crime vaia quedar sen castigo.
- Analizade a estrutura da novela. Establecede a súa relación coas técnicas empregadas no cine.
- Comentade o uso que se fai na novela das redes sociais.
- Hai personaxes con nome e outros sen el. Ata hai algún con nome e apelido. Comentade este aspecto.
- Pode afirmarse que os personaxes da novela están en crise. Analizade as causas, as consecuencias e o método co que se enfrontan a ela.
- Comentade como, a medida que avanza a novela, as historias particulares van tecendo unha trama aos ollos do lector.
- En distinta medida, algúns personaxes amosan sentimentos relixiosos. Explicade os casos. [Véxanse especialmente os capítulos 52, 62, 74, 78 e 85].
- Na novela atopamos dúas voces narradoras (P1 e P3). Analizade o papel de cada unha desas voces.
- Ameixeiras relátanos unha historia movida, mais semella que o tempo estivese detido para o lector. Analizade este aspecto.
- A historia particular de cada personaxe vaise desenvolvendo en orde cronolóxica. Pero hai unha excepción. Identificádea e analizádea.
- Explicade o título da novela.
- Os personaxes móvense por toda a cidade. Aínda así, o lector ten a sensación de que o espazo literario está moi delimitado. Comentade este aspecto.
- Dísenos na novela: “ En contra da nosa vontade inicial, a todos nos convenceron algunha vez de que o destino ao que pretendiamos dirixirnos non era o máis emocionante. Alguén provocou que modificásemos a nosa folla de ruta e acabamos por agradecerllo ata a fin dos nosos días” (p. 189). Á luz da lectura, ¿pode sosterse tal afirmación?
- O consumismo e a tiranía das marcas na novela.
- O tema da vellez na novela. Enfoque e tratamento.
- ¿Preséntasenos na novela unha sociedade gobernada pola amoralidade?
- Comentade a novela como inventario de tipos humanos.
22.12.12
Xavier López Rodríguez. Destrucción. Cuestionario
Imaxe: culturagalega.org |
- Estrutura (interna e externa) da novela. Posible simbolismo da mesma.
- O punto de vista adoptado na novela. A voz narradora.
- A idea da xustiza na novela.
- a) O proceso de construción/destrución dos personaxes. b) O proceso de destrución da muller.
- Os modelos de muller suxeridos na novela. Repárese nas referencias históricas.
- As tácticas do autor para facernos ver os cambios sociais.
- A importancia da economía no desenvolvemento do relato.
- O marco cronolóxico no que se desenvolve a novela.
- Temática da novela (ademais do tema central).
- O espazo e o seu tratamento no relato.
- Analizade os indicios de racismo que se atopan no monólogo de Felisa.
- Os animais na novela.
Achegas na rede
- Ana Salgado, “Entre antropoloxía e actualidade”, culturagalega.org.
- “Xavier López relata con crudeza o problema dos malos tratos...”, La Voz de Galicia, 22-01-2004.
- Brumoso, blog de Xavier López Rodríguez.
- Xavier López Rodríguez, ficha na BVG.
Xavier López Rodríguez, Destrucción.
1.12.12
Noticias de literatura-131. Novembro 2012
Xosé Daniel Costas Currás, premio de poesía Novacaixagalicia:
Noticia do premio e traxectoria do autor.
Novacaixagalicia fará entrega a Xosé Daniel Costas Currás do seu premio de poesía pola súa obra monicreques (Galicia Hoxe, 04-11-2012).Noticia relacionada.
Noticia do premio e traxectoria do autor.
Imaxe: Praza pública |
Manuel Cráneo fálanos de Cousas de mortos (Demo Editorial):
O libro reúne un feixe de historias -escritas ao longo dos últimos anos- nas que os defuntos, ancorados no tempo e na vida, reproducen o comportamento duns vivos que, se cadra, xa teñen bastante de mortos (Praza pública).
Elena Gallego Abad publica Dragal III. A fraternidade do dragón:
inscríbese nunha corrente formal e temática de gran rendemento na literatura xuvenil galega da primeira década do século XXI, como é a recreación de mundos mitolóxicos e lendarios, nos que asenta unha concepción identitaria (El Correo Gallego, 06-11-2012).
Estrea de Todo é silencio, película baseada na novela do mesmo título de Manuel Rivas:
Cuerda rodou Todo es silencio en Galicia e na súa undécima longametraxe repite colaboración con Rivas, autor do guión, para dar vida a un pobo rendido ao narcotráfico pero pondo por encima deste problema a uns personaxes que aínda "cren nos seus semellantes" (Galiciaé, 08-11-2012).“Silencios que falan” (Galicia Hoxe, 09-11-2012).
Imaxe: Galicia Hoxe |
Xosé Manuel Pereiro presenta Prestige, tal como foi, tal como fomos:
'Prestige, tal como foi, tal como fomos', segundo título da colección xornalistas, narra a crónica dese desastre, do que aconteceu desde a traxicomedia da xestión do desastre, ata os delirios de grandeza das solucións políticas ante a inminente catástrofe (Galicia Hoxe, 13-11-2012).
Agustín Fernández Paz entrevistado por Xesús Fraga:
Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) vén de gañar o Premio da Crítica Galicia 2012, na categoría de Creación literaria, coa súa novela Fantasmas de luz (La Voz de Galicia, 19-11-2012).Miguelanxo Prado publica Ardalén:
Imaxe: Galicia Hoxe |
Somos o que recordamos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable, porque tamén somos o que os demais recordan de nós. Sabela intenta reconstruír unha historia, unha parte da súa historia a través dos recordos de Fidel. Pero hai máis fíos que se van enguedellando nese proceso de recuperación (Galicia Hoxe, 19-11-2012).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)