Amosando publicacións coa etiqueta Test de lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Test de lectura. Amosar todas as publicacións

25.6.18

Unha verdade amarga. Test de lectura

Unha verdade amarga. Test de lectura
Actividade para club de lectura da novela Unha verdade amarga, de Celia Díaz Núñez. 
Recoméndase levala a cabo coa lectura aínda fresca. Pode realizarse por puro divertimento persoal, para competición en grupo, para subir nota... ou deixar pasar a proposta sen pena ningunha.

5.6.15

'O corazón da Branca de Neve', de Francisco Castro. Test de lectura-1

Exercicio para o club de lectura d'O corazón da Branca de Neve, de Francisco Castro.
A actividade rouba uns poucos minutiños e consiste en sinalar se son verdadeiras ou falsas as afirmacións que se fan sobre esta novela.

21.5.15

'A pomba e o degolado'-1. Test de lectura

A pomba e  o degolado-1. Divertimento para o club de lectura desta novela de Fina Casalderrey.
Consiste o exercicio en sinalar se son verdadeiras ou falsas as afirmacións que se fan sobre os personaxes da obra.


22.3.14

Dúas letras (de Fina Casalderrey). Test de lectura

Actividade para entretemento do club de lectura de Dúas letras, de Fina Casalderrey / Eloy Varela.
O exercicio, que ocupa menos de cinco minutiños, consiste en responder se son verdadeiras ou falsas as afirmacións que se fan sobre o relato citado.
Outras actividades sobre Dúas letras:

19.11.13

Todos somos (de Marcos Calveiro). Test de lectura

Test de lectura de Todos somos (de Marcos Calveiro).
O divertimento vai destinado ao club de lectura desta novela e non lles roubará aos participantes máis de tres ou catro minutos.
Aburiño.


Información sobre a novela

16.6.13

Dime algo sucio (de Diego Ameixeiras). Test de lectura

Para o club de lectura de Dime algo sucio, de Diego Ameixeiras.
Deixo as ligazóns a este par de test coas retorcidas intencións habituais: que sirvan de entretemento e mais como actividade para a mellora das cualificacións, segundo o establecido na programación de aula. Velaquí quedan.
(Funciona aceptablemente con Explorer.)
Dime algo sucio (de Diego Ameixeiras). Test de lectura-1.




Dime algo sucio (de Diego Ameixeiras). Test de lectura-2.

14.11.12

Febre (de Héctor Carré). Test de lectura

Para o club de lectura.
O test de lectura de Febre (de Héctor Carré) pode ser un simple divertimento, mais tamén unha actividade para mellorar a nota da avaliación segundo as condicións que figuran na programación de aula.
Tamén se pode ver o test en Educaplay: Febre (de Héctor Carré).

1.11.12

Unha lectora fóra do común. Test de lectura

Para o club de lectura da novela de Alan Bennett Unha lectora fóra do común.
O test é un divertimento, mais tamén o propoño como actividade para quen queira validar o seu carné de lectura e mellorar a nota da avaliación. Neste caso, as condicións son as que figuran na programación de aula. Tamén se pode ver en: Test de lectura Unha lectora fóra do común.
Abur.

8.12.11

O fillo da furia (Manolo López Poy e Miguel Fernández). Test de lectura


Ademais do pequeno post e mais do cuestionario para o debate do club lector de Mamed Casanova. O fillo da furia, de Manolo López Poy e Miguel Fernández, deixo agora este test de lectura para que proben fortuna os grupos de primeiro.