31.12.13

Noticias de literatura-144. Decembro 2013

Foto: delunsavenres
A Real Academia Galega (RAG) prepara para 2014, con motivo do 35 aniversario do seu falecemento, diversas actividades ao redor da figura do escritor galego Eduardo Blanco Amor, autor dunha das obras máis seguidas da literatura galega, A Esmorga (De luns a venres, 02-12-2013).
Neira Vilas ha reconocido en una conferencia de prensa celebrada en Santiago la originalidad de un libro que a él nunca se le hubiese ocurrido hacer y ha valorado también la rapidez con la que se realizó (El Correo Gallego, 13-12-2013).
Foto: Puri Sangiao/El Correo Gallego
pola obra Cantigas para aprender a soñar. O certame literario convócao, con periodicidade bianual desde 2001, a Fundación Xosé Neira Vilas (El Correo Gallego, 16-12-2013).

Xavier Queipo fala con Xesús Fraga sobre a versión galega do Ulises
-O traballo de Otero, esporeado sen dúbida por Risco, foi detonante e alicerce para nós aceptar este proxecto. Un traballo reconstructor dun elo que nos une cos antepasados, os que fixeron posíbel a continuidade da chama literaria. É pois homenaxe e recoñecemento dunha débeda. Ao tempo, proxéctase no futuro como unha dádiva para xeracións vindeiras (La Voz de Galicia, 18-12-2013).
Roberto Vidal Bolaño: balance das Letras 2013 feito por Marcos Pérez Pena
Como conclusión, Ruibal afirma que despois deste ano "coñecémolo máis, claro, pero sospeito que nos queda unha figura cun naris de pallaso asociada cunha idea que non é a que Roberto tiña dese puntiño vermello (Praza pública).
Imaxe: Praza pública
O seu autor insiste que non pretende dar “respostas” á cuestión, senón abrir debates e propoñer reflexións ao respecto dunha serie de cuestións que teñen que ver coa nación, a identidade, a convivencia, as formas de goberno, o nacionalismo ou o galeguismo (Praza pública).

28.12.13

Manuel Lourenzo González. Flor de area

Imaxe: Edicións Xerais
Flor de area é unha “obra que continúa o relato comezado en Irmán do vento” (2003), segundo se nos di na presentación editorial. Desta volta a narración vénnos da man da protagonista, que acouta as súas memorias entre os 14 e os 17 anos (marco cronolóxico 2003-2006).
No comezo da escrita, a rapaza atópase nun campamento militar onde se adestra para misións suicidas. Necesita escribir “para restaurar a fe e querer seguir vivindo” (p. 13).
Ao longo de 25 capítulos a moza Amrah vai debullando a súa curta pero intensa vida nun país oprimido por forzas estranxeiras e opresor para a súa propia xente, especialmente para as mulleres. No medio do seu relato aparecen poemas e textos do caderno do seu namorado Khaled.
Deste xeito, os lectores imos sabendo:
1. Da situación familiar: os conflitos, o divorcio dos pais, o reencontro co amor da infancia, que agora vive como granxeiro.
2. Da morte de Khaled e da recuperación do caderno “A miña casa no deserto”.
3. Do reingreso da protagonista nun grupo político.
4. Da espionaxe para o grupo clandestino.
5. Da visita secreta da nai e do vello (xuíz poderoso e socio do pai) coa que a prometeran en matrimonio.
6. Do contencioso con Israel. Da revisión do divorcio dos pais.
7. Do embarazo da protagonista.
8. Das dificultades para manter en segredo o embarazo e das complicacións que lle pode carrexar.
9. Da decisión de ter o fillo. Da fuxida para Kerbala, tapada coma se fose un secuestro.
10. Do encontro coa nai e do acubillo nun bonito apartamento.
11. Do nacemento do fillo, para o que dá o seu nome verdadeiro.
12. Do descubrimento do engano por parte do seu noivo xuíz. Da liquidación da compañía co pai, das hostilidades entre ambos os dous. Da reunificación da familia e dos plans para o futuro.
13. Da visita de Haythan. Da noticia de que os correlixionarios mataran a Khaled por traizón. Dos novos labores de espionaxe.
14. Do atentado. Do reencontro co coronel Mortimer e das sospeitas.
15. Do encontro cos integristas, da chamada de socorro a Mortimer, da malleira que reciben aqueles a mans dos axentes do coronel.
16. Da visita á súa amiga en Bagdad.
17. Da chamada de Hytham, da cea co coronel e do debate sobre a guerra. Das investigacións e transporte de material de guerra en cadaleitos. Do cesamento nos labores de espionaxe.
18. Da invitación á inauguración dun complexo turístico. Da descuberta da espionaxe e da morte do coronel.
19. Do plan para librarse da persecución dos sicarios do coronel. Da despedida do fillo e da fuga.
20. Do camiño cara ao campamento de instrución. Do desespero.
21. Das fotos e cartas e escritas e recibidas durante os nove meses de campamento. Do seu amigo palestino, a quen saca do analfabetismo.
22. Do agocho compartido co palestino Utba, das relacións sexuais e do inicio da redacción do seu diario. Da visita do Ben Laden. Da misión descoñecida.
23. Da misión abortada e da morte dunha familia en vinganda polo asasinato de Mortimer.
24. Da nova misión suicida: matar a Obama. Da viaxe aos EUA.
25. Do atentado frustrado. Do descubrimento da conxura de Haytham grazas ás pescudas do pai de Amrah e da liberación do preso número 11 de Guantánamo, que non é outro que Khaled.
Finalmente, un epílogo ganduxa as partes soltas da historia e anuncia un novo amencer e relaciona esta historia coa relatada en Irmán do vento.


Sen dúbida, o tema principal é a vivencia amorosa da protagonista. Para a rapaza a libre escolla de parella supón logros que van moito máis alá do sentimental ou sexual. Supón a superación das convencións sociais restritivas para as mulleres, en especial, pero tamén para os economicamente desfavorecidos; supón vencer o sometemento ás xerarquías familiares ou sociais para ser responsable das súas propias decisións e dona do seu propio destino, sen que iso signifique deixar de pertencer a unha familia ou a unha tribo (ou patria).
Canda este tema, o lector aprecia o desenvolvemento doutros coma o dos conflitos bélicos (a acción transcorre durante a ocupación de Iraq polos norteamericanos), a represión, a vinganza, a corrupción dos que aproveitan o río revolto para medrar, a insolidariedade, o abuso de poder, a traizón… Temática que contrasta fortemente co degaro da protagonista por vivir libre e en paz nun mundo gobernado pola xustiza.
O relato preséntasenos en forma de diario. Amrah escribe un caderno coas súas vivencias; mais o caderno vén sendo tamén a conticuación do que deixara escrito Khaled. Ambos os dous cadernos poden lerse como novelas de aventuras, sen esquecerse da importancia que teñen os datos históricos que neles se refiren.


Sitiografía


M. Lourenzo González, Flor de area. Vigo, Xerais, 2013.

14.12.13

Palabras de auga (de Marcos Calveiro). Léxico-2

Palabras de auga. Léxico-2. O exercicio consiste en relacionar a palabra que aparece pola esquerda coa
afín ou as afíns da dereita. Pode darse máis dunha posibilidade. O test dáse rematado nuns tres minutos.

10.12.13

Palabras de auga (de Marcos Calveiro). Cuestionario

Imaxe: Edicións Xerais
Para o club de lectura de Palabras de auga, de Marcos Calveiro.
Velaquí quedan un cuestionario e mais unha breve, pero interesante,  sitiografía.
O cuestionario ten a boa intención de servir de base para coloquio sobre a novela e a cativa intención de que poida ser usado para un hipotético traballo de control.
A sitiografía é útil para un mellor profundamento na educación literaria.

CUESTIONARIO
  1. As palabras teñen un gran valor para a tribo dos Kimba. Comentade este aspecto reparando especialmente nas pp. 10, 11, 50, 134.
  2. Comentade o valor que os nenos dan á verdade e á mentira [p. 35].
  3. Analizade o papel das mulleres do clan.
  4. Jala educa o seu fillo para a supervivencia. ¿Que aspectos caracterizan esa educación?
  5. ¿Para que lles vale ao Kimba a sabedoría das mulleres?
  6. Segundo a novela, pode haber varias formas de perder un fillo. Coméntese cales.
  7. ¿É esperable o final da novela?
  8. Na novela fálase dos nenos soldado. Procurade fontes de información sobre esta lacra social.
  9. Describide o proceso polo que se pasa de neno a adulto no clan dos Kimba. comparádeo co mesmo proceso na nosa sociedade.
    Imaxe: Ramón Trigo
  10. Algúns personaxes da novela recorren ao castigo físico. ¿Por que? ¿Para que?
  11. Analizade a manifestación dos sentimentos entre os personaxes da novela.
  12. Os personaxes da novela falan suahili. ¿Que lingua é esa? ¿Onde se fala? ¿Cantos ususarios ten? ¿En que películas puidestes tela escoitado?
  13. No país imaxinario da novela, ¿como se explotan os recursos naturais?
  14. ¿Cales son as causas da fuxida do clan dos Kimba?


Sitiografía

Marcos Calveiro, Palabras de auga. Vigo, Xerais, 2012. Ilustracións de Ramón Trigo.

3.12.13

Francisco Castro. O segredo de Marco Polo

Imaxe: A canción do náufrago
Francisco Castro lévanos nesta novela á Venecia do século XIII na que vive, se instrúe e padece o protagonista, fillo biolóxico do célebre Marco Polo. Isto último non o saben o lector nin o protagonista ata ben avanzado o relato; para todo o mundo, o protagonista é fillo do Primo Xeneral do Dogo, é dicir, un mozo de boa familia, relacionado coa mellor sociedade daquela potencia militar, económica e cultural que foi a Serenísima República de Venecia. Marco está predestinado por nacemento a seguir un camiño marcado co que non está conforme. A vida militar non lle acae; servir á patria vén ser servir, e mesmo dar a vida, polo capricho e os intereses dos que mandan; os valores da milicia non lle parecen, nin na paz nin na guerra, tan enriquecedores coma os da unha vida viaxeira. En suma, Venecia é demasiado pequena comparada co mundo que Marco devece por percorrer.
A vida amorosa do protagonista tamén se lle converteu nun purgatorio particular. Namorouse dunha sobriña do Dogo, orfa de pais. O amo da república tamén actúa como dono da rapaza e concertará o seu matrimonio con quen mellor lle conveña. Para Marco semella un obxectivo demasiado alto. Pero, malia algunha malleira correctiva que o deixa baldado, Marco dará atopado cos axudantes axeitados para lograr un final da historia tan inesperado como feliz.
A parella protagonista presenta aspectos comúns: a orfandade; a figura da nai suplida por unha abnegada serventa; o pai (ou substituto), máis verdugo ou explotador que protector. A férrea man da figura paterna é a encargada de levar os seus vástagos ao destino que lles deparou a fortuna. Aos fillos só lles corresponde atender á formación adecuada para o seu correcto cumprimento: á rapaza para un casorio conveniente e o mozo para altas glorias militares.
O espírito de rebeldía que presentan os protagonistas non parece abondo para superar esta situación, pero van recibir a axuda dos que actúan como pai e nai na sombra que comparten cos mozos a preferencia polos sentimentos sobre as convencións sociais.

Sitiografía


Francisco Castro, O segredo de Marco Polo. Vigo, Galaxia, 2010.

1.12.13

Redes sociais. Precaucións que cómpre tomar

No blog da Biblioteca das Escolas de Vila Pouca de Aguiar Sul atopamos este simpático vídeo que nos recomenda as precaucións mínimas que cómpre tomar cando andamos zanfoneando polas redes sociais.
O vídeo xa non é novo, pero a xulgar pola casuística que se coñece nos centros docentes non está de máis insistir no sentidiño (mensaxe comercial á parte).
Que non caia en saco roto. 
Abur.