| Imaxe: Diálogos de Otoño |
Amosando publicacións coa etiqueta Taboleiro de anuncios b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Taboleiro de anuncios b>. Amosar todas as publicacións
23.6.14
Diálogos de Otoño 2014
29.9.13
Diálogos de Otoño
| Imaxe de Diálogos de Lectura |
2.3.12
4.8.11
Outro que se nos vai.
Despídese o Xornal de Galicia na edición en papel. Salvo no título, case non parecía un diario galego. E non o parecía porque non se atopaba nel nin o espírito de ovella nin a actitude de can (do can que deostaba Castelao), que son como dous trazos da idiosincrasia do galeguiño. Agradezo deste Xornal de Galicia o non ter dado vivas ao amo.
30.6.11
Agasallo de Arquivos do trasno
Recibín este agarimoso agasallo do blog amigo Arquivos do trasno. Agradézollo de corazón e colócoo aquí, permítaseme dicilo, con orgullo. Tamén é unha grande satisfacción dar cumprimento ós requisitos esixidos: facer partícipes desta distinción a outros doce blogs, avisalos do agasallo e publicar o seu enderezo. Velaquí van os meus, de entre os moitos que merecen ser agasallados:
17.1.11
Presentación de "Cabalos do demo e outros invertebrados", de Isidro Novo
Deixo aquí pegado o correo que amablemente envía a Editorial Trifolium dándonos noticia da presentación de Cabalos do demo e outros invertebrados, de Isidro Novo. Neste mesmo documento dánsenos breves datos biobibliográficos de interese.
Velaí quedan.
Editorial TRIFOLIUM
Rúa do Hórreo, 2
15171 Iñás-Oleiros (A Coruña)
Tel. +34 660 530 525
editorialtrifolium@gmail.com
www.editorialtrifolium.com
editorialtrifolium.blogspot.com
En Iñás-Oleiros (A Coruña), xaneiro de 2011
Presentación en Lugo do libro
CABALOS DO DEMO E OUTROS INVERTEBRADOS
de ISIDRO NOVO
O vindeiro xoves día 20 do mes que andamos, ás 20,00 horas, vai ser presentado na Libraría Sargadelos de Lugo (Praza de Sto. Domingo, 4) o libro Cabalos do demo e outros invertebrados, do que é autor Isidro Novo, publicado pola Editorial Trifolium na súa colección Litterae.
No acto de presentación o autor estará acompañado polo escritor Antonio Reigosa e polo editor do libro, Xan Arias
“Como cando tes fillos espallados por diferentes localidades e un día queres reunilos”, foi a idea que levou a Isidro Novo a reunir nun volume os cinco relatos, de temática diversa, que compoñen este libro. No primeiro deles, Cabalos do demo, subxace a lembranza real das estadías infantís e adolescentes do autor na bisbarra viveirense á que pertence a súa familia. O relato foi ganador do IV Certame Manuel Murguía de Narracións Breves alá polo ano 1995. Os outro catro relatos compoñentes do libro foron escritos para diferentes conmemoracións, sendo o derradeiro publicado no seu día nun xornal galego.
O libro está ilustrado na cuberta pola pintora galega Ánxela Pérez Meilán.
O Autor
De ascendencia mariñá, Isidro Novo é un lugués que agás pequenos parénteses sempre residiu na súa cidade de nacemento.
O seu balbucir na escrita é no idioma castelán, pero cando toma conciencia da propia identidade, o galego convérsese na súa única lingua voluntaria. Teaza de brétema, publicado en 1994, sería o seu primeiro título individual. Seguiríalle o western Por unha presa de machacantes e a continuación Carne de can, un feixe de oito relatos, e o libro de poemas Dende unha nada núa.
No 99 sae a rúa Antollos de Eimarmena, de narrativa curta, e logo de catro anos sen publicar, aparecerán, consecutivamente, as novelas: Súa de si, Rosa lenta e Un escuro rumor tralo silencio. No ano 2007 ve a luz un libro de poemas da súa autoría titulado Esteiro de noites falecidas e en 2009 sairía publicada a súa tradución ao galego da novela de Benito Vicetto Los Hidalgos de Monforte.
En tempos fixo radio (“Gomorritas e novas criaturas”) na pirata Radio Clavi, ademais de publicar dúas guías orientativas para libar viño artesanal na súa cidade (“Guía do bebercio lugués” 92 e 95).
Últimamente e co apoio da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) impulsou a sección de recuperación do idioma “Palabras con memoria”, visible na web da devandita asociación.
___________________
Intervención de Antonio Reigosa na presentación de "Cabalos do demo e outros invertebrados"
Galería de fotos
Etiquetas: Isidro_Novo, narrativa, Cabalos_do_demo
6.11.10
Teafecciona 2010
VI Mostra de Teatro Afeccionado organizada polo Concello de Redondela.
Novembro 2010.
Sábado 13: Non hai ladrón que por ben non veña (grupo de teatro Fonte da Tella, de Soutomaior).
Sábado 20: A voda (Atrezzo Teatro, de Vigo).
Sábado 27: O meu home tolea (Ad libitum, de Ferrol).
Funcións ás 20:00 no multiusos da Xunqueira.
Novembro 2010.
Sábado 13: Non hai ladrón que por ben non veña (grupo de teatro Fonte da Tella, de Soutomaior).
Sábado 20: A voda (Atrezzo Teatro, de Vigo).
Sábado 27: O meu home tolea (Ad libitum, de Ferrol).
Funcións ás 20:00 no multiusos da Xunqueira.
5.11.10
Cinema ás 7
Na páxina do SNL Concello de Redondela atopamos o cartaz coa programación de cine para os domingos deste mes de novembro.
Carteleira, argumentos, horarios e outros datos de interese, na páxina citada.
Carteleira, argumentos, horarios e outros datos de interese, na páxina citada.
8.5.10
Agasallo de Arquivos do trasno, blog amigo
Hai unhas semaniñas recibimos este precioso agasallo de Arquivos do trasno. Estámoslle moi agradecidos. Non podemos negar que nos fixo moita ilusión.
Pedimos desculpas pola tardanza en facer os deberes blogueiros e imos pórnos ó día nos requisitos que implica o agasallo:
1. Os blogs elixidos teñen que incrustar a imaxe do selo e un enlace ó blog que outorgou o premio.
2. Seleccionar e enlazar dez blogs máis que segundo o voso criterio valen a pena.
Sentindo moito que non poidan ser todos, velaquí van dez dos nosos favoritos:
Pedriñas
Ferradura en tránsito
Eira de Balixe
As gabarras
Medrar en galego
Caderno de lingua
Remexer na lingua
O noso trasno recomenda
Irmandade secreta dos devoradores de libros
Chousa da Alcandra
Pedimos desculpas pola tardanza en facer os deberes blogueiros e imos pórnos ó día nos requisitos que implica o agasallo:
1. Os blogs elixidos teñen que incrustar a imaxe do selo e un enlace ó blog que outorgou o premio.
2. Seleccionar e enlazar dez blogs máis que segundo o voso criterio valen a pena.
Sentindo moito que non poidan ser todos, velaquí van dez dos nosos favoritos:
Pedriñas
Ferradura en tránsito
Eira de Balixe
As gabarras
Medrar en galego
Caderno de lingua
Remexer na lingua
O noso trasno recomenda
Irmandade secreta dos devoradores de libros
Chousa da Alcandra
3.9.09
Gripe A: prevención, humor e cordialidade
No mesmo xornal tamén publican este informe.
Os mesmos protagonistas ofrecen estoutra versión máis profesional:
7.6.09
Bolboreta curda
Velaí queda a ligazón. Paga a pena vela.
De paso, aproveitamos a ocasión para facerlles unha prudente advertencia. Tede coidadiño, que se está achegando o San Xoán e se cadra non teñen leña que botar á cacharela.
Aburiño.
Imaxe de Bolboreta curda.
2.6.09
Certame "A fraga de Esmelle". Gañadores
Eis os gañadores da convocatoria do certame de animación á lectura "A fraga de Esmelle".
Despois da camiñada polas corredoiras desta nosa Fraga de Esmelle, procedemos á proclamación dos que deron chegado á meta.
Son:
Despois da camiñada polas corredoiras desta nosa Fraga de Esmelle, procedemos á proclamación dos que deron chegado á meta.
Son:
| Pérez Torrón, Gabriel | 1º BC/BT | A 57 |
| Rivas López, Víctor | 1º BC / BT | A 56 |
| Sangabriel Domínguez, José Luis | 2º BH | A 51 |
| López Vázquez, Olalla | 2º BC / BT | A 32 |
| Lago Justo, Luis | 2º BC / BT | A 23 |
| García González, Jorge | 2º eso | B 09 |
31.5.09
Agradecidos polo agasallo maneiro
blog do ENDL do IES Pontepedriña. A verdade é que nos fai moita ilusión. Grazas de novo. E coa mesma, pasamos a cumprir cos requisitos para ser maneiros:
- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
- Exhibir o nome do blog que concedeu o premio.
- Indicar outros 10 blogs propostos para seren maneiros.
- Comunicar o premio aos blogs seleccionados.
- Publicar as regras.
- Comprobar que os blogs premiados seguen as normas.
Velaquí as nosas dez propostas (procuramos non repetir agasallados).
27.12.08
A censura e o libro galego
Para estudantes de 3º de ESO en diante propomos esta actividade voluntaria. Para máis detalles, premede na imaxe ou nesta ligazón.
Aburiño e boas festas.
24.12.08
Bo Nadal
(Foto de Galería Fondebre.)
18.11.08
Pataca'n'roll
Os vacalouras... Notarios...Estes nomes rockeiros levan unha carga fonosimbólica que é como para botarse a tremer. Pero non hai caso. Forman parte da esencia da profesión. Porque estes músicos de raza e corazón son xente de fiar; desa xente que se tropezas con ela ás tantas da noite aínda che bota unha man para cruzar o paso de peóns.
A música que practican chámanlle pataca'n'roll. Explícana como punk rock con gaitas. Para os que o único que entendemos de música é se nos gusta ou non, pouco nos importa o nome que lle poñan. O certo é que nos teñen amenizado máis dunha festa, e isto sempre se agradece.
Sorte, rapaces. Boa velada.
22.5.08
Ven pacá que cho pinto. Jacqueline Casal / Marta F. Prelch
Véndoas a brincar, custa crer que case que non dispoñen de tempo libre; pois o pouco que lles deixa a inesgotable xornada de estudantes emprégano noutras actividades igual de esixentes en dedicación e entrega..jpg)
.jpg)
Son alumnas do IES de Teis -como o serán algún día os seus fillos e os seu netos-, e os que as coñecemos no instituto sabemos que nunca amosaron nin mala cara nin medo ante ningún desafío académico. Ata o día de hoxe -desexamos que non cambien- sempre se gobernaron por unha actitude que reconcilia a calquera docente coa súa profesión.
O motivo polo que falamos de Jacqueline Casal Barros e de Marta Fernández Prelch é a
exposición de pintura que van realizar na Casa da Xuventude (Vigo) dos días 9 ó 20 de xuño. Non é a primeira exposición que realizan, mais esta destaca por dous aspectos: imaxinación e estilo alternativo. No programa de man explícano en poucas palabras: "A temática é variada e abarca dende a inventiva fantástica ata o campo realista". Recoñecendo a dificultade para describir este evento, resúmeno nas cinco palabras que roubamos para pórlle título a este post: "Ven pacá que cho pinto".
As nosas artistas considéranos traballos de aprendizaxe, pero ata un profano en arte é quen de ver unha madurez pouco usual en xente da súa idade.
Na revista Perfil 9 sairá un artigo con máis datos técnico cós que agora podemos dar. O que queremos facer nesta páxina é darlles os parabéns e manifestarlles que para nós é unha honra telas de alumnas.
Saúde e sorte.
(Imaxes facilitadas por Jacqueline Casal e Marta Fdez. Prelch.)
30.8.07
10.8.07
Misións Pedagóxicas
En Vigo, na Casa das Artes e ata o 16 de setembro podemos ver a exposición sobre as Misións Pedagóxicas (1931-1936).A información que facilita a exposición é inmensa, e a época na que se produciron os feitos historiados digna de manter viva na memoria. Quizais nunca se teña traballado con tanta ilusión no mundo do ensino. Quizais tampouco nunca os ensinantes fosen tan correspondidos en motivación e ansia de aprender.
Se alguén quere saber do pago que recibiron os misioneiros comprometidos nesta arela... que visite a exposición; aquí non o imos contar para non estragar o final da película.
Os estudantes de ESO e bacharelato atoparedes a algún vello coñecido. Resulta interesante velo dende outra óptica que non sexa a do programa escolar.
A exposición conta con visitas guiadas ás 12 e ás 19 horas. O malo do calendario é que non imos ter opción a organizar unha visita en grupo. Deben ser cousas desta cidade, na que nin sequera os mestres van de vacacións.
Se algún de vós se decide a visitar a exposición que vaia co propósito de facer un esforzo de imaxinación adicional, porque hai épocas históricas que, ó seren tan abafadas, non se entenden ben se non se viviron. Velaí tedes un exemplo que de seguro vos estrañará:
"Dabamos as charlas bastante tarde, xa de noite, cando os mineiros saían dos seus negros corredores. Viñan ao Museo moi arranxados e limpos, cos seus traxes ou blusas azuis de domingo. E isto só xa era conmovedor e, ao comprendermos nós a homenaxe, obrigabámonos para divertilos no posible, ben con música antes de comenzar ou dándolles ás explicacións un ton risoño de anécdota amable".
Atoparedes este anaco de informe de 1934 nun dos paneis da exposición. E para pórlle o ramo ó exercicio, contrastádeo co ambiente dalgunha conferencia á que teñades asistido.
Contemplade tamén a foto que tiramos do catálogo da exposición e subimos a esta páxina. Afortunadamente, non hai nais tan novas -salvo excepcións que mellor nin comentamos-, nin vestidas con farrapos remendados, nin coas bocas fanadas pola necesidade... Pero se cadra tampouco con tanto interese.
Saudiña, regaládevos e que vos preste a exposición.
9.10.06
Benvidos
Benvidos a este punto de encontro da aula de lingua. Teño a esperanza de que nos valla de sala na que nos poidamos atopar, saudar, consultar dúbidas, facer propostas, deixar recados... En fin, o que vén sendo un local de encontro para os que compartimos tarefas comúns.
Saudiña.
Saudiña.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



