31.12.14

Noticias de literatura-156. Decembro de 2014

A Esmorga trátase dun dos clásicos máis relevantes da nosa literatura, e paréceme que os dous
Imaxe: A Esmorga Filme
produtos saen moi reforzados desta experiencia.
A película, dunha novela que é un clásico, e a novela dunha película que lle vai dar aínda máis proxección (B. P., Sermos Galiza, 02-12-2014).

Agora foi galardoado co primeiro premio do Certame de Poesía Afundación pola súa obra Bazar de Traidores. O poeta fala sobre o seu libro premiado: "O poemario en si está a crear e rompendo conceptos, e a actitude é bastante contundente. Algúns poemas son como unha labazada na cara. Creo que entre páxina e páxina igual pode ser bo tomar unha pausa". A obra é "creacionista" e está inspirada en David Bowie: "Hai un elemento básico que guía o poemario, que é a canción Heathen, e é case o único do libro que ten estrutura lineal" (Octavio Vellón, Praza Pública, 05-12-2914).

Erika e seu irmán Samuel buscan unha maneira de saír do noxo de vida que levan. Un temporal que move uns fardos de cocaína podería mudalo todo. Mais nada é fácil e ela acaba precisando a axuda de Ventura, unha peza máis dunha trama de narcotráfico e branqueo de diñeiro. Volven a marxinalidade, a miseria e a loita pola supervivencia na nova novela de Diego Ameixeiras, Conduce rápido (Montse Dopico, Praza Pública, 05-12-2014).

a imaxe dun protagonista infantil que afronta a existencia dos males da vida adulta sen vitimismo, que medra a pesar da dor que o rodea, e que é capaz, en definitiva, de aprender a vivir cando os maiores esqueceron o verdadeiro sentido da vida ou só poden limitarse a sobrevivir (Berta Dávila, El Correo Gallego, 09-12-2014).

Nacida en 1937 en Río de Janeiro (Brasil) y descendiente de emigrantes gallegos, Piñón ha recibido importantes premios por su obra, como el Juan Rulfo en 1995 y el Príncipe de Asturias de las Letras en 2005 (El Correo Gallego, 10-12-2014).

Carlos Casares. Compromiso con Galicia é un traballo do profesor Denís Vicente Rodríguez e no volume faise un repaso dos aspectos máis salientables da figura do escritor. A infancia entre o Ourense de nacemento e o Xinzo das orixes familiares e os anos iniciáticos, xunto co seu paso polo seminario, abren a publicación. A formación universitaria en Compostela e a influencia de Ramón Piñeiro; a madurez persoal, o compromiso político e o galeguismo cultural; a actividade como narrador, ensaísta e tradutor e o seu papel como orador e articulista centran os capítulos da obra, que incorpora ademais unha cronobiografía e unha bibliografía (Xosé Manoel Rodríguez, La Voz de Galicia, 13-12-2014).

[...] ten como protagonista un neno con febre a quen os antitérmicos que lle subministran os seus pais teñen o efecto secundario de producir uns soños do máis fantasioso (Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 14-12-2014).

Salvador García-Bodaño, vigués de nacemento, criouse e formouse en Compostela. Escritor, poeta, crítico de arte, ensaísta e columnista de prensa sobre temas culturais e de actualidade, é una das figuras máis singulares e innovadoras pertencentes ao nexo da xeración das festas minervais (El Correo Gallego, 17-12-2014).

Son relatos de viaxes con historias que atrapan dende o primeiro intre, historias cheas de humanidade e de humor descubertas e contadas polo autor das series documentais da Televisión de Galicia Terras de Merlín, Terras do Leste e Terras de Acolá (inclúe un código “QR” con acceso directo á series da TVG que orixinaron estas viaxes) (El Correo Gallego, 16-12-2014).

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou onte en Donostia Nimbos/Argi-koroak, a edición bilingüe galego-éuscaro da obra díazcastriana coa que a Xunta de Galicia pecha a ampla programación de actividades e de proxectos postos en marcha co gallo da celebración das Letras Galegas 2014, dedicadas a Xosé María Díaz Castro (El Correo Gallego, 17-12-2014).

Hai máis de 30 anos que Alfonso Pexegueiro comezou ‘Lapsus’, a obra coa que Axóuxere inicia a súa colección de literatura. Nela, o autor de ‘Seraogna’ volve á infancia. Mais para erguer o berro contra maltrato máis intenso de toda a súa poética. E para dicir, unha vez máis, a violencia que alicerza a sociedade. Para demandar a construción dun mundo novo, desde a liberdade e o encontro (Montse Dopico, Praza Pública, 19-12-2014).

Na súa cuarta novela, todas premiadas e publicadas, Ramos recoñece dar un pincho e acadar unha altura literaria que nin el mesmo sospeitaba. Mergullado no mundo teatral inglés, Ramos artella unha obra na que se conta a biografía dun actor a través dunha longa entrevista (Carme Vidal, Sermos Galiza, 20-12-2014).

O “mítico” unicornio de cenorias que cabalgas os sábados de Ronseltz volve ás librarías da man de Edicións Positivas. O único libro do colectivo formado por Xabier Cordal, Manolo Cortés, Serxio Iglesias, Miguel Montes e Xoán Carlos Rodríguez está de novo en circulación vinte anos despois (C. V., Sermos Galiza, 22-12-2014).

O seu labor académico e como profesional do Dereito non lle impediu facer numerosos traballos xornalísticos, de feito foi colaborador durante moitos anos de La Noche, El Correo Gallego e O Correo Galego, e tamén doutros xornais galegos. Tamén foi prolífico na publicación de libros (Galicia Hoxe, 24-12-2014).

O libro Choven palabras no futuro conmemora o 25 aniversario de la Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), que situou a Galicia como un “referente” na literatura infantil e xuvenil na escena internacional (Mario Álvarez, El Correo Gallego, 24-12-2014).

    Desde que comecei a escribir o libro, tiven a sensación de que ía ser unha despedida nun sentido profundo. Non sabería dicir moito máis ca iso, que se trata dunha sorte de despedida, e coido que o proceso de escrita non me axudou a revelar moito máis. Ben pensado, tampouco hai nada do que estrañarse. A poesía é sempre un tatexar, un dicir sabéndose estraño (Noelia Gómez, Praza Pública, 28-12-2014).

As mulleres que transmiten a tradición. O tempo. O canto, o ritmo. A memoria. A cicatriz. A posibilidade do cambio. Abrir os ollos á luz. A imaxe. A emoción. Todo iso, e moito máis, é A distancia do tambor, (Espiral Maior), o poemario co que Eva Veiga gañou o XIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño (Montse Dopico, Praza Pública, 26-12-2014).

El acadio es una lengua semítica extinta, hablada en la antigua Mesopotamia por asirios y babilonios durante el segundo milenio antes de Cristo. Se escribe usando un sistema de signos cuneiformes derivado del sumerio y su nombre procede de la ciudad de Acad. Uno de los pocos expertos que hay en Galicia en este idioma (aunque quizá sea el único) es de Ribeira y se llama Xosé Antón Parada Fernández (Suso Souto, El Correo Gallego, 29-12-2014).

Baixo este epígrafe, Elos de lectura recompila as obras recensionadas ao longo deste 2014 que remata (El Correo Gallego, 29-12-2014).

Miguélez-Carballeira non evita os terreos comprometidos e foxe da fidelidade aos mitos fundacionais para debullar a construción dunha identidade galega que foi presentada en clave feminina para afastala da política e á que, por outra banda, se lle aplicaron os ditados do patriarcado para construír o "relato da diferenza nacional galega" (David Lombao, Praza Pública, 30-12-2014).

23.12.14

Lingua esgallada-52


Lingua esgallada-52. Nesta actividade recóllense algunhas expresións que coxean un pouco. Pídese arranxalas seguindo as recomendacións da lingua estándar. Hai solucións mellores ca as que se propoñen, pero no exercicio 'corrector' seguiuse a expresión orixinal. Para outras solucións, consúltese a un experto.
Bo divertimento.

14.12.14

Fernando Díaz-Castroverde. Microbios e outros paquidermos

Microbios e outros paquidermos é un misterioso título no que leva pensando ben tempo un

Imaxe: Editorial Galaxia
labrego emérito de Cospeito. Non sabemos se deu atopada a explicación. Para os lectores é o título que abre e pecha este conxunto de relatos (120 en total) que o autor denomina “relatos lóstrego”. Nome que achamos acaído para estas prosas brevísimas as máis das veces, que nos resultan como lostregazos dunha realidade vista dende outro ángulo diferente do habitual.
Fálasenos na presentación editorial dunha visión do mundo a través dun “labirinto de espellos”. Nese puzle atopamos de todo canto poida referirse aos humanos e as súas relacións: urbanidade, urbanismo, convivencia, relacións persoais, relacións de clases sociais, de países… Se reparamos na habitación do territorio, atopamos cidades especializadas (habitadas só por xentes de determinada profesión, con espazos prohibidos). Visto dende esta óptica deslocada, o ser humano é un becho máis ao que se lle poden aplicar produtos humanicidas, disecar en vida ou utilizar como boneco nas clases de anatomía.
En xeral, as relacións sociais preséntanse complicadas. Hai seres humanos que teñen como único acto social a despedida de morto. As variacións sobre contos clásicos espellan tamén este aspecto. O home aparece tratado como un ser máis ridículo do esperado. Nin os mitos se salvan: velaí temos a Tarzán coas lianas sabotadas polo mono ao que lle cambiou artisticamente nome e sexo.
O país aparece retratado nos aspectos máis salientables: o seu carácter de apéndice, deslocalizado e coa lingua estragada.
Moitos destes microrrelatos teñen como referencia unha noticia, unha película, un conto, un personaxe literario… Por iso piden a colaboración do lector. Avísanolo o autor na entrevista abaixo citada: é preciso “que o lector acabe de interpretalos”.
Malia o enfoque temático e os trazos de humor negro que o salpresan, o libro non aforra ironía e resulta de lectura moi gorentosa e recomendable.

Dictiografía

6.12.14

Plácido Betanzos, Paravea no inferno

Paravea no inferno é unha radiografía da Galicia costeira dos primeiros anos da República.
Imaxe: Biblioteca Leliadoura
Plácido Betanzos pon ante os ollos do lector a vida e costumes das xentes traballadores do noso litoral. Faino con trazos precisos, con descricións atinadas e sinxelas. A través das vivencias dos personaxes, o lector recibe unha boa lección sobre a sociedade do primeiro terzo do século XX.
O personaxe principal é Santiago o Laberco, patrón dunha “dorna de catorce cuartas”. Un barco navegador herdado de seu pai. A dorna, ademais de ferramenta de traballo e medio de vida, vén sendo un membro máis da familia, e igual de sacrificada. Completan a tripulación o fillo, Antón, e o curmán, Axeitos. Santiago casou con María, que traballa na fábrica de salgadura. Os prezos miserables que o fabricante paga polo peixe e a explotación da muller éncheno de carraxe e acenden en Santiago un feroz sentido da dignidade que espera ver restituída coa chegada do novo réxime.
A sogra exerce de matriarca da familia. O mar levoulle dun só golpe marido e fillo. Muller co poder de ver as ánimas e saber das súas necesidades acepta a vida con resignación, sen asustarse polas cousas do máis alá. É o depósito da sabedoría da tribo, o enlace coa tradición.
A través dos personaxes coñecemos a vida en Lantañón (ou en calquera aldea mariñeira): trafegos, necesidades, festas, nacementos, namoros, velorios…
Por veces, na conciencia social de Santiago brilla o verme da esperanza. Mais polo de agora vive na casa da sogra, pobre e escasa de mobles. As comodidades do fogar son un soño. Abondan, en troques, os traballos escravizantes para todos os membros da familia, as posibilidades de accidentes e naufraxios, a veciñanza da fame.
O contrapunto da historia dánolo don Pascual, empresario e cacique. Vive nun pazo e non fai vida na aldea. Pasa por filántropo e ten xente que o gaba porque lle debe favores.
Así e todo, o cacique ten o vezo da ludopatía (hai quen di que chegou a xogar a muller) e pérdeo todo no casino. A escena final é triste: a ruína do amo supón a chegada doutro novo do que nin se sabe quen é nin como. Santiago o Laberco só espera que non sexa peor.
Aquí remata o relato. Para saber do remate da historia cómpre ir aos manuais, pero para o coñecemento da antropoloxía social do primeiro terzo do século XX, a presente novela resulta un manual estupendo.

Dictiografía

Plácido Betanzos, Paravea no inferno. Edicións Fervenza, 2011.

30.11.14

Noticias de literatura-155. Novembro de 2014

O xurado que fallou este premio pola tradución ao galego de 'Ulises' realizada por Almazán, Alonso Seisdedos, Queipo e Vialle recoñeceu "resolver brillantemente o desafío e complexidade que supón a ampla combinación de rexistros, xogos de palabras ou alteracións presentes no orixinal" (El Correo Gallego, 05-11-2014).

[...] recóllense escritos dos poemarios A Fonte Abagañada (1980), pasando por Pavillón Habitado (1997), Días de Cera (1999), Mar de Lira (2005) ou Miño (2008), ademais de Bater de Sombras (2010) e Suite Dublín (2011) (Galicia Hoxe, 05-11-2014).

[...] trata sobre a toponimia galega, antiga e actual, de orixe celta, establecendo relacións e correspondencias con outros topónimos que tamén existen noutros países europeos onde tamén viviron os celtas (Galicia Hoxe, 06-11-2914),

Unha protagonista feminina, sostén a autora, ofrece máis posibilidades para unha elaboración nova do eu ou para construír relatos emancipatorios desde a reconstrución da súa identidade, asediada polos relatos que tentan encorsetala (Montse Dopico, Praza Pública, 07-11-2014).

Nova en Sermos Galiza, 10-11-2014.

El poemario 'O episodio', escrito por Alberte Momán y Verónica Martínez Delgado, se ha convertido en la ganadora de la novena edición del Certamen de Poesía Erótica Illas Sisargas de Malpica. El jurado [...] la ha definido como "una obra arriesgada" (El Correo Gallego, 09-11-2014).

Fran P. Lorenzo, Premio Blanco Amor por Cabalos e lobos
Fran P. Lorenzo. Foto: Galicia Hoxe
[...] e narra a historia da familia Beckmann engarzada á de Alemania e á de Europa en xeral durante o século XX. 'Cabalos e lobos' arrinca nunha noite de 1960 na que comezan a desvelarse verdades, mentiras e segredos agochados trala realidade (Galicia Hoxe, 11-11-2014).

[...] é a quinta entrega da serie protagonizada polo detective Nirvando Castro, unha saga que, destacou o autor, a diferencia doutras series de novelas policíacas, vai envellecer os seus protagonistas. O detective Castro, ao igual que o seu compañeiro, o xornalista Carlos Conde, teñen nesta novela 30 anos máis que na inicial 'Crime en Compostela', co cambio consecuente no seu xeito de vivir, pensar e analizar os feitos (Galicia Hoxe, 11-11-2014).

O escritor ourensano Miguel Mosquera Paans resultou gañador do premio Novos Talentos de Novela 2014 coa súa obra 'Chihuahua', unha novela a cabalo entre España e México que descobre a miseria e a decadencia asociada ás familias adiñeiradas, a corrupción e a delincuencia (Galicia Hoxe, 12-11-2014).

Cantos de sol a sol segue, "en certo modo" as estructuras e os ritmos da literatura popular "en línea co haiku xaponés", captando a cadencia das estacións e a esencia da natureza. Neira Vilas da vida e protagonismo no poemario ao outono, á choiva, á primavera, ao sol, a vaca marela, ao verano, ao inverno, á chuvia…(Cristina Botrán, El Correo Gallego, 22-11-2014).

A esmorga nos cines
Foto: Praza Pública
"Unha das cousas máis difíciles de lograr foi a atmosfera", sinalou o director de 'A Esmorga', para quen era moi importante que todo o filme transcorrese na atmosfera "fría" que presenta Blanco Amor na novela e que inflúe na propia historia (Galicia Hoxe, 22-11-2014).

O XII Premio de Poesía Afundación recoñeceu a Elías Portela, escritor de Cangas do Morrazo (Pontevedra) afincado en Islandia, polo seu traballo 'Bazar de traidores’ [...] O xurado [...] valorou a innovación das imaxes e da estrutura da obra, a mestura dos rexistros culto e popular e a capacidade da crítica vitalista acompañada dun notable sentido do humor (Galicia Hoxe, 25-11-2014).

Faleceu o cuntiense Olimpio Arca Caldas (1928): mestre, ensaísta e dramaturgo; galardoado como 'Mestre Representativo de Pontevedra' por Familia e Gabinete Anaya (1975), 'Mestre exemplar' polo Museo de Pontevedra (1993) e Cruz Afonso X 'O Sabio' (1977). Foi até este martes presidente da Fundación Terra Termarum-Castrolandín (Cuntis), promotor do Monumento aos Canteiros (Cuntis), recuperador da figura de Waldo Álvarez Insua e de Ramón Verea (galego inventor da calculadora), entre outras figuras, gran activista cultural e dinamizador lingüístico (Galicia Hoxe, 25-11-2014).

Chévere, Premio Nacional de Teatro
Foto: Óscar Corral / El País
El Premio Nacional de Teatro 2014 ha sido otorgado a Chévere “por su coherente trayectoria de creación colectiva basada en la transgresión de géneros y también por su vertiente humorística y participativa, siempre conectada con la realidad social y económica” (Xosé Manuel Pereiro, El País, 26-11-2014).

Parece-me interessante refletir sobre este assunto porque, na verdade, carecemos de estudos rigorosos sobre o consumo literário na Galiza (que autores/as são os mais lidos/as, que géneros têm melhor aceitação, quais são as tiragens médias dos livros) e, portanto, não os podemos contrastar com a perceção de que a poesia é o género que acumula maiores capitais simbólicos (Montse Dopico, Praza Pública, 28-11-2014).