Amosando publicacións coa etiqueta Ollos de auga b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ollos de auga b>. Amosar todas as publicacións
13.1.09
Ollos de auga. Léxico-3
3.1.09
29.12.08
Ollos de auga. Léxico-1
Quen queira lidar con algunhas das palabras que aparecen nesta novela pode meterlle o dente a este
Aburiño.
Nota sen gastos: o xerador de tests non nos deixa pór o til onde nos pete. E onde non nos peta, tampouco.
Imaxe de Primsworld.
Ollos de auga, de Domingo Villar.
O lector desprázase co inspector pola cidade de Vigo e polos seus arredores; visita locais de ambiente e achégase ó mundo da alta sociedade.
- Para saber máis sobre a novela:
- Na páxina da Editorial Galaxia atópase unha ficha da obra e recolle unha recensión de Uxía Casal. No Boletín de novidades dáse unha pequena achega á obra e ó autor.
- No blog Estudio en escarlata temos visión xeral da novela con recolleita de opinións de lectores.
- O diario gratuíto 20 minutos publica unha entrevista con Domingo Villar na que se fala da novela e, especialmente, do espazo literario. Este aspecto tamén se comenta criticamente en Vigoblog. Máis entrevistas atopámolas en Gansterera, Vieiros, A Nosa Terra, Atlántico diario ,
- Os xornais Galicia Hoxe e ABC recollen a nova da concesión do Premio Frei Martín Sarmiento e doutros galardóns xa recollidos por D. Villar.
- Para unha degustación de Ollos de auga podemos visitar Capítulo 0.
- O blog Liches este? achégase á novela e tamén recolle opinións de lectores.
- O Times publica unha pequena recensión. Da versión inglesa da novela tamén atopamos referencias no Galicia Hoxe e en Lingua de amor .
- Sobre o protagonista e o seu axudante atopamos unha boa descrición nesta páxina que nos leva a Biblioparalaia.
- Unha achega xeral ós detectives do país vémola na Voz de Galicia. O mesmo medio boa un ollo ó humorismo terapéutico. En El País temos un artigo sobre o investigador en "Detectives de papel", artigo de Daniel Salgado.
- Para o coñecemento da novela policial, en xeral, podemos ver Romance policial e "A tipologia do romance policial" (de Clelia Simeão Pires).
Domingo Villar, Ollos de auga, Vigo, Galaxia, 2006. (Quinta edición 2008).
Imaxes: Editorial Galaxia (foto autor) e Williams College Museum ("Morning in a City, 1944, de E. Hopper).
28.12.08
Domingo Villar. Ollos de auga. Cuestionario.
CUESTIONARIO
- ¿Cal é o papel da música na novela? (Cfr. pp. 9, 11, 43, 104, 106, 111, 241.)
- O personaxe Leo Caldas compaxina actividades. ¿Cales son? ¿É o típico neste tipo de personaxe de novela policial?
- O tópico e o orixinal no personaxe do axudante Estévez.
- A novela (policial) e o percorrido turístico.
- Actitudes ante a presenza da morte. (Cfr. especialmente pp. 31-2.)
- Comenta no contexto (p. 35) esta referencia a Albert Camus: "O ser humano nace, morre e non é feliz".
- O carácter dos galegos segundo o axente Estévez.
- As viúvas brancas (p. 96).
- O pai de Leo Caldas reflexiona sobre o vello tópico da vida no campo / cidade. ¿Cales son as súas conclusións? ¿Hai na novela outros personaxes que pensen parecido? (Cfr. pp. 155-162.)
- Comenta as caractrerísticas da novela policial presentes nesta obra. A saber: a) O heroe; b) A intriga principal. ¿Atopas intrigas secundarias?; c) Os cadáveres; d) O asasino; e) As pistas; f) A solución do misterio.
- Seguramente coñeces personaxes de novela policial de sona universal. ¿A quen se che parece Leo Caldas?
- ¿Cualificarías esta novela como literatura de masas?
- Carraxe e vinganza son trazos da literatura policial. ¿Atópanse nesta novela? (Cfr. p. 203; contrástese coa resolución do caso.)
- Comenta a actitude do protagonista co seu traballo.
- Analiza o papel das mulleres en Ollos de auga.
- Comenta o xogo transgresión /respecto das regras que se observa nesta novela. (Podes comparalo con outras obras que coñezas.)
- No cuarto de Reigosa colgaba unha lámina de Edward Hopper (p. 35), pintor americano centrado no tema da soidade. ¿Podes ver este aspecto na novela?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)