25.12.10

Noticias de literatura-91

Manuel María: A Fundación Manuel María de Estudos Galegos publica o ensaio Galiza.
Este é o segundo volume inédito que sae á luz do autor chairego, falecido hai seis anos, despois da edición do poemario Cecais hai unha luz (1979). Galiza, escrito ao redor dos anos 1986 e 1987, é, en palabras de Freixeiro Mato, "unha interpretación persoal da xeografía e historia" do país. Dirixido ao público xuvenil, está concibido a modo de diálogo entre rapaces, fillos de emigrantes galegos, que trazan unha imaxe "entre real e bucólica" dun país soñado (Galicia Hoxe, 2-12-2010).
Mariano Casas autoedita A historia xamais contada xamais contada:
“un escritor recibe a encarga de contar unha historia pero decátase de que non pode facelo” (Galicia Hoxe, 4-12-2010).
Neira Vilas prepárase para a celebración do cincuentenario de Memorias dun neno labrego:
Eu só tiña a necesidade de contar como era a vida dun rapaz galego dos anos corenta, como un recordo persoal. Xa levaba dez anos emigrado daquela (Xornal de Galicia, 5-12-2010).
Ditea, medio século sobre o escenario:
O primeiro que fixeron os seus integran­tes foi comprar unhas cadeiras e levalas ó bar Sobrino. Agustín Magán, Jesús Rebored, José María Paz Sueiro, Alvariño Segade, José Domí­guez e o sobrevivente Luis Rodríguez Míguez asinaron a acta fundacional dunha compañía teatral que, a par­tir de entón, poría un importantísimo granito de area á vida cultural de Santiago e animaría a outros moitos afeccionados a entrar na familia ditense (Galicia Hoxe, 9-12-2010).
Manuel Rivas traducido ó chinés.
"Rivas ofrécenos unha interpretación lírica, dura e delicada á vez, dun país habitado polo tempo e por xentes que reclaman o seu dereito a ter unha historia que contar. Un libro de extrema sensibilidade, que contén os contos que foron levados ao cine no filme A lingua das bolboretas" (Galicia Hoxe, 10-12-2010),
Antón Lopo recolle o premio García Barros gañado coa novela Obediencia:
"un xogo de fábulas" que traslada o lector á Galicia do século XXII, unha república arrasada polas catástrofes naturais, e que fala da perda de identidade (Galicia Hoxe, 11-12-2010).
Noticias do evento en Galicia Hoxe (10-12-2010), Galicia Hoxe (16-7-2010) e A Nosa Terra (15-7-2010).
Noticia da presentación de Obediencia no Xornal de Galicia (23-12-2010):
Antón Lopo (Monforte, 1961), responsábel da sección Maré e o suplemento Revistas das Letras en Galicia Hoxe, deuse a coñecer na poesía con Sucios e desexados (1988), e dende entón ten unha prolífica carreira literaria. Como novelista publicou As reliquias (1991) e Ganga (2001), e no teatro mereceu o Premio Álvaro Cunqueiro con Os homes só contan até tres. Como biógrafo ocupouse de Fermín Bouza Brey, Lorenzo Varela e Uxío Novoneyra. Agora ultima un libro sobre Lois Pereiro.
Acto da presentación de Obediencia recollido por Galicia Hoxe (23-12-2010).
Teófilo Comunicación presenta o libro Peixeiras de Vileixoán, as mulleres de ferro:
A obra ofrece un percorrido polo que foi e é a vida destas mulleres de ferro, representadas naquelas que desenvolven a súa actividade no porto pesqueiro de Vilaxoán, ou como elas dicían "Vileixoán". Mulleres que asumiron traballos reservados só aos máis fortes e que aínda así nunca descoidaron as tarefas dos seus fogares. Pero Peixeiras de Vileixoán, as mulleres de ferro non só permite achegarse a un xeito de facer, senón tamén de sentir e de vivir (Galicia Hoxe, 12-12-2010).
Emma Pedreira fala en La Voz de Galicia (18-12-2010) de Antítese da ruína, poemario que trata:
Do camiño autodestrutivo e do estado ruinoso das persoas e as familias, da ruína como estado físico, pero tamén como un desmoronamento interior e emocional, da perda de calidade de vida e das gañas de vivir. É unha reflexión sobre a morte e a perda de alicerces que estiven elaborando nos últimos anos.
Noticia da concesión do Premio Caixanovagalicia a Emma Pedreira no Galicia Hoxe (18-12-2010):
O tema, o da morte e a desaparición, xa aparecía en poemarios seus anteriores, pero enfocados, engade, "reflectido a través de cuestións sociais, como as guerras ou os conflitos lingüísticos e xénero. Agora o tema vólvese máis íntimo e máis familiar. Máis autobiográfico. Antítese da ruína é probablemente o meu poemario máis íntimo".
Carlos Labraña faise co Estornela de teatro infantil cun conxunto de tres pezas: Á procura das andavías xigantes, Os xoguetes esquecidos e Voa, voa Papaventos (Galicia Hoxe, 20-12-2010).
Elena Poniatowska en galego:
A Editorial Trifolium, dentro da súa colección Litterae, acaba de poñer nas librerías Benquerido Diego, abrázate Quiela, da escritora mexicana Elena Poniatowska (Galicia Hoxe, 20-12-2010).
Estevo Creus reedita O libro dos cans:
"La pretensión", continúa, "era dibujar ideas y conceptos, que su interés fuese más conceptual que poético". La broma poética está en el retrato sobre el avance y la quietud "en lugares reducidos a puntos de tránsito", donde todo es improductivo porque da igual adelantarse, correr o estar quieto. Algo necesario, dice, "para poner en valor el absurdo como fuente de conocimiento" (El País, 23-12-2010).

15.12.10

Aprender palabras novas

"Para aprender palabras novas chega con repetilas 160 veces. Chega con 14 minutos de esforzo para que o noso cerebro xa nos distinga os vocábulos novos dos vellos.
O dito repetita iuvant vale tamén cando se aprende unha lingua nova: para deprender unha palabra descoñecida abonda con repetila 160 veces. Descubrírono os investigadores da universidade de Cambridge, segundo os cales son suficientes 14 minutos de esforzo para que o cerebro xa non dea distinguido os vocábulos novos dos antigos".
A noticia atopámola no xornal Corriere della sera (15-12-2010). Como método de enriquecemento de léxico semella abondo aburrido, pero aí  deixo a ligazón do artigo coa descrición do experimento. Por probar...

12.12.10

Xaquín Marín. O lecer de Isolino

Xaquín Marín preséntanos n’ O lecer de Isolino unha escolma de viñetas do popular vello que vemos (e que nos ve) a cotío en La Voz de Galicia. Comeza cun prólogo dialogado de Antón Cortizas polo que o lector se decata que Xaquín Marín e Isolino non son a mesma persoa, por máis que sexan interdependentes. Segue unha carta de presentación filosófica: “Penso, logo existo”, di o señor Isolino, mentres o debuxante se autorretrata coa mente en negro. Detrás desta presentación veñen un par de centos de viñetas agrupadas tematicamente: Vida, paixón e morte; No medio ambiente que nos queda; A voltas coa lingua e outras peculiaridades; A estas alturas, sexo; Vellos problemas, problemas vellos; Festas de gardar (na memoria); Xente, xentiña, xentalla e ata bichos; Reflexións; Política versus traballo; E os que quedan.

Isolino é un ser pensante, e cando non pensa anda a procura de algo en que pensar. Así llo 
espeta á súa pacienzuda muller cando lle pregunta se o ve ensimesmado. Non hai tema humano nin divino que escape á reflexión sintetizadora de Isolino: a súa propia razón de ser insuperablemente hamletiana, a saúde, a morte, a conservación da natureza, o tempo, a contaminación, as enerxías alternativas, a economía, o cambio climático, o consumismo, a globalización, o conflito lingüístico, a pensión, a política e os políticos, a comida, o racismo, a educación e a sabedoría, as desigualdades sociais, a liberdade de expresión... Todo un elenco temático que se ve perfectamente exposto no taboleiro do Bartolo. E todo isto elaborado con dúas ferramentas básicas: o bastón e un banco.

En definitiva, o señor Isolino decátase, coma todo ser humano, de que ten máis pasado ca futuro, dúas boas razóns para agarrarse ó presente.


Sitiografía

Xaquín Marín, O lecer de Isolino, A Coruña, Embora, 2008.

1.12.10

Noticias de literatura-90

Iolanda Zúñiga (Vidas post-it,  Amor Amén, Periferia) fala da vida e da literatura con Montse Dopico (Galicia Hoxe, 11-11-2010).
Dicionario de recursos humanos, editado pola Fundación Galicia Empresa e o Centro Ramón Piñeiro.
Ramón Caride Ogando fala con Manuel Vidal Villaverde da lingua e da súa obra (Galicia Hoxe, 15-11-2010):
A súa narrativa, recoñecida pola crítica e os lectores, conta con novelas tan destacadas como a triloxía De sombras e de lume, integrada por Soños eléctricos (Premio Blanco Amor, 1992), Sarou (Premio Café Dublín, 1997) e O Sangue dos camiños (Premio Risco de Literatura Fantástica, 2003); ou a histórica O frío azul (Premio Lueiro Rei, 2007). Como autor de relatos publicou, entre outros, os volumes: Dedre (2004), Boca da noite (2004), Escáner (2002), A incerteza dos paraísos (2000) ou Lumefrío (1994) .
Albino Mallo publica en Galaxia a historia do Café Derby, lugar onde paraba a elite iintelectual do país.
Xurxo Sierra, premio Repsol de Narrativa:
As historias cruzadas están contadas por Xurxo Sierra Veloso (Caracas, 1969) en Os fíos (La Voz de Galicia, 23-11-2010).
Freixanes presenta Cabalo de ouros:
“pretendo dar un salto cara a adiante e empatar con novos lectores, que é a aspiración lexítima de todo escritor con cada novo libro" (Galicia Hoxe, 23-11-2010).
Eva Moreda, entrevista en A Nosa Terra por mor da inminente saída de Organoloxía (Positivas).
Fernando Méndez gaña o Vicente Risco de narrativa con Deus xogando aos dados:
Un sacerdote gallego desaparecido hace 20 años, altas jerarquías eclesiásticas implicadas en el tráfico de oro nazi, mafiosos y oportunistas que buscan dar el golpe de su vida y cuatro escritores de fama internacional. Así se construye la primera novela del escritor y periodista Fernando Méndez, con la que ha ganado el Premio Vicente Risco de Creación Literaria 2010 (Faro de Vigo, 28-11-2010).
Dores Tembrás fala de lingua e da súa poesía para Galicia Hoxe (29-11-2010):
En 2009 publicou o seu primeiro poemario O pouso do fume, que quedou de finalista xunto con Deter o día cunha flor, de Luz Pozo Garza na categoría de mellor libro de poesía nos premios da AELG 2010. Participou co micropoemario Esquiagrafías na Revista das Letras. Tamén na antoloxía elas, e noutros volumes colectivos e revistas. En diálogo coa obra do pintor Manuel Suárez escribiu un micropoemario, aínda inédito, sobre os 15 cadros abstractos que compoñen De la serie de María, cristalizados nun libro de artista que viu a luz recementemente, con motivo da súa exposición na galería Moret Art. Mantén dende hai algún tempo a web:http://www.dorestembras.com e o blog Sucos: http://dorestembras.wordpress.com