Amosando publicacións coa etiqueta Conta o teu canto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Conta o teu canto. Amosar todas as publicacións

20.5.14

Penélope (de Díaz Castro, "Nimbos")

Xa sei que levamos feito unhas cantas actividades sobre o poeta homenaxeado no Día das Letras deste ano 2014, por iso unha máis nin se vai notar. Velaquí deixo esta proposta de

ACTIVIDADE
1. Escoitamos esta versión musicada de "Penélope" (Díaz Castro, Nimbos).


Ou, se o preferimos, escoitamos
2. Imos lendo o poema. Collémolo de Xosé María Díaz Castro, Poesía galega completa (Vigo, Galaxia, 2014. Edición de Armando Requeixo).

PENÉLOPE

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol como unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
¡Un paso adiante  outro atrás, Galiza!
 

3. Comentamos, se é preciso con axuda profesoral, a lingua do poema. Reparemos especialmente en expresións como: Galiza, espranza, lonxanos, pro, tí, chuva, traguerán, desmo, outono...
4. ¿Quen vén sendo a Penélope que dá título ao poema? ¿Como xoga o poeta coa identificación Galiza=Penélope?
5. O mito de Penélope dá título ao poema. ¿A quen lle corresponde aquí o papel de Ulises?
6. Comentamos a temática xeral do poema.
7. Sinalamos aqueles versos que apunten á inmobilidade do país.
8.Os versos "Un bruar de navíos moi lonxanos" e "Traguerán os camiños algún día / a xente que levaron" fannos pensar na emigración. ¿Poderían suxerir tamén os barcos e os camiños do exilio? Debatamos este aspecto.
9. Outro tema para o debate: a actualidade do poema á luz da realidade que estamos a vivir.

27.11.13

Ai non (de Aíd)



ACTIVIDADES

1. Escoitamos aquí a canción Ai non (de Aíd)  ou directamente en Youtube.
2. Mentres escoitamos a canción, completamos a letra de Ai non (de Aíd) en Educaplay.
3. Cando teñamos rematada a actividade anterior, buscamos a letrada canción Ai non (de Aíd) na páxina musica.com e comentamos as grallas e os desvíos da lingua normativa que vexamos.
4. Coloquio: imos procurar o sentido da canción; recomendamos comezar polo retrouso.

5. Xogamos co léxico:

12.11.13

O cantar da emigración (Rosalía Castro)


V
Iste vaise i aquel vaise
(Rosalía Castro)
ACTIVIDADES
  1. Escoitamos a versión musicada.
  2. Lemos a versión orixinal do poema.
  3. Situamos o poema na obra (Follas novas), con axuda se for precisa.
  4. Comentamos os aspectos lingüísticos que discrepan do estándar actual.
  5. Comentamos os aspectos que difiren en ambas as dúas versións e analizamos que gaña ou perde o poema cos cambios.
  6. Debate: emigración/mobilidade exterior*.
  7. Imitamos o poema e escribímolo dende a óptica dos nosos tempos.
Iste vaise i aquel vaise
e todos, todos se van;
Galicia sin homes quedas
que te poidan traballar.
Tés, en cambio, orfos e orfas,
tés campos de soledad,
e nais que non teñen fillos,
e fillos que non tén pais.
E tés corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
viúdas de vivos e mortos
que ninguén consolará.

Ligazóns:

Este parte, aquele parte
e todos, todos se vão
Galiza ficas sem homens
que possam cortar teu pão
Tens em troca
órfãos e órfãs
tens campos de solidão
tens mães que não têm filhos
filhos que não têm pai
Coração
que tens e sofre
longas ausências mortais
viúvas de vivos mortos
que ninguém consolará
(Versión: Antigos Orfeonistas da Universidade de Coímbra/Orquestra Clássica.)
Ligazóns:
Interpretación de Isabel Silvestre: http://www.youtube.com/watch?v=hcr3XhXdXfA
__________________
* Por se alguén non lembra o de "movilidad exterior" ou aínda é moi novo para que lle soe:





30.11.12

Gal-Ego (de P. Coke)

Escoitade este canción e botádelle unha ollada ás actividades propostas máis abaixo.



Tarefas
1. Mentres escoitades a canción, completade os furos que se fixeron no texto. Podedes facelo nesta ligazón.

2. Organizádevos en pequenos grupos e falade sobre a canción. Reparade, especialmente, nos aspectos temáticos, no título e no "complexo". Nomeade un voceiro por grupo e realizade unha posta en común.
3. Volvede á distribución por grupos e respondede, seguindo a melodía da orixinal,  con outra canción de produción propia ao chamamento de P. Coke.