30.9.11

Noticias de literatura-111. Setembro 2011

Imaxe: Insula europea.
Narrativa galega nunha web italiana:
A través da web www.insulaeuropea.eu/ un grupo de estudosos de diversas literaturas europeas coordinado polo profesor de Filoloxía Románica da Universidade de Perugia Carlo Pulsoni propoñen diferentes títulos coa finalidade de que as editoriais italianas se animen a traducilos (Xornal.com, 3-09-2011).
Yolanda Castaño: artigo de Paco Lodeiro sobre a poeta:
Su fijación por acercar la poesía a la gente y de llevarla a nuevos ámbitos la ha empujado a cantar sus poemas, realizar videocreaciones, dirigir la revista Valdeleite, editar la obra reunida de Farruco Sesto, llevar propuestas a las instituciones para montar ciclos de recitales poéticos como Poetas di(n)versos... (El País, 04-09-2011).
Agustín Fernández Paz, Premio Iberoamericano SM:
O autor, que escribe en galego e é premio nacional de literatura infantil e xuvenil de España (2008), foi galardoado "pola súa extensa obra narrativa, que aborda unha gran diversidade de xéneros e temas", dixo Verónica Abud, presidenta do xurado e representante da Organización de Nacións Unidas para a Educación e a Ciencia (Unesco) (Xornal.com, 12-09-2011).
Noticia en La Voz de Galicia (12-09-2011): “O escritor galego Agustín Fernández Paz gañou o VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil”.
Entrevista con Agustín Fernández Paz no mesmo xornal (14-09-2011):
Cando un escritor traballa ou centro do mundo está non seu cuarto, calquera que sexa a lingua que empregue. Despois están as cuestións sociolóxicas. Se aquí lemos novela islandesa, un país cos habitantes de Vigo, ou a Murakami, que escribe en xaponés, tamén a nós pódennos ler fóra. É precisa unha política de fomento dá cultura propia non exterior e vos escritores galegos estamos desasistidos.
Literatura locutada:
leer a través de los oídos ha llevado a Rinoceronte Editora a publicar los primeros audiolibros disponibles en el mercado gallego (El País, 14-09-2011).
Afortunadamente non son os primeiros audiolibros, e oxalá se sigan incorporando máis a este ronsel.
Fernando Díaz-Castroverde gaña o Premio Repsol de Narrativa Breve con Microbios e outros paquidermos:
A voceira do Xurado deu as grazas á Fundación Repsol por convocar estes premios “que tratan de axudar a nosa lingua galega”. Ademais destacou a dificultade da elección debido á gran calidade das obras presentadas e mostrou o seu gran respecto a calquera dos autores, polo que significa presentarse a un premio. Definiu a obra gañadora como “un libro harmonioso, relacionado cos aforismos”, destacando “o uso da a contundencia do breve, utilizando a retranca, ou absurdo, a transgresión e a crítica mordaz”. Son microrelatos intelixentes que levan á reflexión, conseguindo un ritmo áxil que convida a facer paradas para o lector. “É un libro para pensar”, concluíu (Xornal.com, 15-09-2011).
A AELG anima a promoción de revistas literarias en formato tradicional e dixital:
El presidente de la entidad, Cesáreo Sánchez, ha remarcado en declaraciones a Efe la importancia histórica de estas revistas creadas "por los propios escritores" como medio para "emitir pensamiento". Por ello, ha subrayado la necesidad de que surjan nuevas revistas que "aglutinen" el material existente, en su mayoría a través de blogs y publicaciones personales en internet (Galiciae.com, 15-09-2011).
Teatro Ensalle contra do “ERE de la cultura”:
cada uno desde sus inquietudes y experiencias, espectadores habituales, profesionales vinculados al ámbito escénico y los miembros de la compañía tomen la palabra para invitar a los espectadores a que manifiesten la suya, es decir, a que opinen acerca de la existencia de un foco cultural como es Ensalle con proyección dentro y fuera de Galicia (El País, 17-09-2011).
Miguel Anxo Fernán Vello, en versión bilingüe:
O poemario de Miguel Anxo Fernán Vello titulado 'Territorio de la desaparición' veu a luz en edición bilingüe da man da editorial Huerga y Fierro, que o puxo a disposicón dos lectores incluído na prestixiosa Colección Signos (Galicia Hoxe, 21-09-2011).
Xan Arias-Andreu Rodríguez, Viaxeiros por Galicia:
Camiñantes, viaxeiros, heteroxénea masa de comerciantes, xograres, poetas, peregrinos e escultores, aristócratas ou plebeos, guerreiros, malandríns e eclesiásticos que, guiados por razóns diversas e dende os máis remotos lugares da terra, seguiron nos séculos posteriores elixindo Galicia como destino  (Trifolium).
Foto: Xoán Carlos Gil / La Voz de Galicia.
Mona Imai, tradutora de Murakami, entrevistada en La Voz de Galicia (24-09-2011):
Asegura Imai que galegos e xaponeses teñen moito en común: «Contestan a unha pregunta con outra, non se definen e son desconfiados, aínda que cando os coñeces a amizade é para sempre». Claro que, despois de 17 anos, hai cousas que aínda lle custan, como pillar a retranca, o que supón, di, que o tradutor ten que dar moito de si e coñecer o carácter duns e outros para poder entender o verdadeiro significado das palabras nun contexto determinado.
Xelís de Toro presenta O libro das pontes invisibles:
O galego e inglés volven convivir agora na nova achega literaria deste embaixador das letras galegas no Reino Unido. Trátase do volume O libro das pontes invisibles/The book of invisible bridges, que publicará en 2012 a editoral británica Pighog Press (El Correo Gallego, 24-09-2011).
Álvaro Cunqueiro revisado:
Foto: El País.
  • Villares sinalou na súa intervención que os obxectivos deste simposio son "revisar o legado de Cunqueiro, facer un balance dos seus estudos e arroxar novidades nas investigacións ao redor da súa figura". Ao tempo, subliñou a colaboración entre as tres universidades galegas, "que consideraron que esta sería o xeito máis útil de lograr sinerxías académicas, á vez que fomentar o interese público" (Xornal.com, 28-09-2011).
  • Con motivo del centenario del nacimiento del escritor y periodista Álvaro Cunqueiro, el Centro Ramón Piñeiro presentó ayer la edición facsimilar de la obra "Soma de craridades", creación del autor midoniense que durante años quedó relegada al olvido (Faro de Vigo, 28-09-2011).
  • Trinta e catro anos despois, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, vén de publicar unha edición facsimilar de Soma de craridades, por Álvaro Cunqueiro, e Unha carta a Luís Seoane, por Santiago Montero Díaz (La Voz de Galicia, 28-09-2011).
  • Álvaro Cunqueiro (1911-1981) esquematizaba unha poética minúscula: "Aquí van algús, en versión ben provisional; son poesía de ocasión, pero toda poesía é de ocasión" (El País, 23-09-2011).
  • Catro días, tres sedes, dezaseis actividades, máis de trinta comunicacións e a intención de explicar vos mil e un Álvaro Cunqueiros que conviven baixo a luz dá súa obra (La Voz de Galicia, 22-09-2011).
  • A conferencia académica inaugural de 'Mil e un Cunqueiros' estivo a cargo do escritor e ex ministro de Cultura César Antonio   Molina, baixo o título 'As miñas lecturas de Cunqueiro' ('As miñas   lecturas de Cunqueiro'), na que afirmaba que o mindoniense é,   desde o seu punto de vista, "o escritor galego máis importante do   século XX" (Galicia Hoxe, 28-09-2011).
  • O ex ministro cualificou ao autor mindoniense como un home "escéptico" e agregou que Cunqueiro "comprendeu que as posibilidades de sobrevivir culturalmente era a través da imaxinación" (Galiciae,28-09-2011).
  • Miranda rexeita o realismo máxico de Cunqueiro (La Voz de Galicia, 30-09-2011).


Antón Reixa presenta Lección de cousas:
“Son un poeta que ilustra as súas poesías con imaxes”. Con estas palabras definiuse a si mesmo o artista Antón Reixa o día que o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) i­nauguraba a súa exposición Leccións de cousas (Xornal.com, 28-09-2011).
Carlos Callón presenta Como defenderes os teus dereitos lingüísticos:
En Como defenderes os teus dereitos lingüísticos Carlos Callón proponnos que protagonicemos no día a día a revitalización do noso idioma a través de pequenas accións, concretas e realizábeis. Porque, tal e como el di, «os pequenos xestos poden orixinar grandes transformacións» (Galicia Hoxe, 28-09-2011).
Plácido Castro lembrado no Día da Tradución:
Castro tamén teorizou. A súa visión: que a tradución poría o galego en igualdade co resto de linguas e potenciaría a primeira opción da disxuntiva que marcou as súas dúas vidas: "Cosmopolitas ou casteláns de imitación" (El País, 30-09-2011. Artigo de David Reinero).

17.9.11

Irmán do vento (de Manuel Lourenzo González). Cuestionario

CUESTIONARIO para o club de lectura de Irmán do vento:
  1. Cando o doutor Meira o coñece, o protagonista ten catro anos, pero presenta unhas características especiais. ¿Cales?
  2. ¿Que opinión ten da guerra o arqueólogo? ¿A que guerra ou guerras se refire?
  3. ¿Cal é o propósito da novela, segundo o arqueólogo?
  4. Segundo a novela, ¿que trazos caracterizan a cultura árabe? 
  5. Explica o marco temporal da novela.
  6. Conta algúns detalles que amosen a organización xerárquica da familia.
  7. ¿Que virtude social é a que máis se valora? ¿Por que?
  8. Comenta estas palabras do doutor Meira: “Viaxamos moito, pero non imos a ningures” (p. 55).
  9. A igualdade home-muller na novela.
  10. Describe o papel das mulleres na tribo dos koblai. ¿Hai algún personaxe que mantén unha actitude contraria á descrita?
  11. ¿A quen beneficia a guerra?
  12. Na aldea tamén hai personaxes aproveitados. ¿Quen son? ¿Como actúan?
  13. O sentimento do medo. Tratamento que se lle dá na novela. (Véxanse pp. 66, 78-79; 85, 87.)
  14. Os soños e as ilusións do protagonista.
  15. O neno pregunta: “¿Debemos sentirnos orgullosos dos nosos devanceiros?” (p. 84). ¿Por que fai esa pregunta? ¿Que resposta lle deron? ¿Cal lle darías ti?
  16. O ensino na tribo dos koblai.
  17. Segundo o protagonista narrador, ¿cal é o libro de relatos máis lido en Occidente? ¿Que significa tal libro?
  18. Comenta estoutra afirmación do narrador: “O diñeiro non é útil cando do que se trata é do amor e da vida” (p. 189).
  19. Compara a maioría de idade entre os koblai e os occidentais. Xustifica a túa opinión.
  20. Analiza o valor do “conto” dentro do relato “obxectivo”.
  21. Establece a comparanza entre o relato principal e o conto inventado por Khaled.
  22. Al-Galego cóntalle ao protagonista unha mentira. ¿Cal é? ¿Para que lle serve? ¿Por que a mantén?
  23. Describe brevemente a estrutura desta novela.
  24. Segundo Khaled, ¿ten algunha función o mundo da imaxinación?; ¿serve para algo?




M. Lourenzo González, Irmán do vento. Vigo, Xerais, 2003 (7ª edición 2008).

Etiquetas: , , , ,

14.9.11

Mariano Casas. Mensaxes

Imaxe: elestudiodemariano.
Un debuxante, refuxiado coa súa parella no búnker dunha imprenta, cóntanos en viñetas que semellan sms os derradeiros momentos da humanidade e das súas vidas. 
Non se sabe con certeza por que está subindo a temperatura un grao ó día. (¿Estase achegando o sol á terra?) A calor infernal vai queimando e convertendo en borralla xentes, barcos, edificios... Os protagonistas da historia non saben o que está a pasar fóra do búnker. Xa non lles queda comida nin auga. Acaban por beber a tinta que usan para debuxar e son conscientes de que están vivos por pouco tempo. Aínda así, o debuxante remata por contar o final da historia, escrita con sangue, por se dá chegado ás mans de alguén, algún día, en algures para “que quede algo de nós nun lugar e nun tempo nos que xa non estaremos”.
Falan de Mariano Casas e da súa obra:
Imaxe: elestudiodemariano.



Mariano Casas, Mensaxes. Compostela, El Patito Editorial, 2009. Premio Castelao de Banda Deseñada 2008.
Etiquetas: , ,

5.9.11

Kafka e a boneca viaxeira (de Jordi Sierra). Cuestionario

Boceto de Minia Regos
Cuestionario para o club de lectura de Kafka e a boneca viaxeira (Jordi Sierra).

  1. O Franz Kafka da novela non ten nenos, porque...
  2. ¿Por que crea Franz Kafka o enigma da boneca viaxeira?
  3. ¿Que criterios emprega Kafka para redactar as cartas da boneca?
  4. Kafka sabe que o lerio das cartas vai carrexarlle dificultades. Aínda así, ¿que motivos o animan a seguir?
  5. ¿Por que a veciña ve a Kafka como “un tipo raro”?
  6. ¿Como se pode interpretar o feito de que á boneca lle quede o mundo pequeno?
  7. Segundo a boneca, ¿que importancia teñen os soños?
  8. Caracteriza, segundo a novela, o mundo dos nenos.
  9. ¿Que valor ten a boneca Bríxida para a nena Elsi?
  10. ¿Que información se nos dá na novela sobre a enfermidade de Kafka?
  11. ¿Que dirías da relación entre Dora e Franz? [Quen sinta curiosidade pode botarlle unha ollada ao artigo de José Andrés Rojo, "El amor insondable de Kafka y Felice", El País, 27-11-2013).
  12. ¿Como se estrutura a novela? ¿Terá algún tipo de relación esta estrutura coa temática que trata?
  13. Comenta brevemente os temas principais tratados na novela. ¿Cales son? ¿Como se enfocan?
  14. Na novela vemos dous mundos: o dos adultos e o dos nenos. Confróntaos e a relaciónaos.
  15. ¿Que teme Kafka das preguntas de Elsi?
  16. Entre os personaxes do relato aparecen varias nenas e varias nais. ¿U-los pais?
  17. En realidade, Kafka pensa que o que está a facer coa historia da boneca é unha tolemia. ¿Por que pensa así? ¿Que pensa Dora ó respecto?
  18. Segundo a lectura da novela, ¿cal é a actitude de Kafka respecto da súa obra literaria?
  19. ¿Cando e por que deixa Elsi de lamentar a perda da súa boneca?
  20. Das cartas da boneca, ¿que leccións útiles se poden tirar para a vida?



Jordi Sierra i Fabra, Kafka e a boneca viaxeira. Vigo, Galaxia, 2009. Tadución de Carmen Torres París. Ilustracións de Minia Regos.

3.9.11

Jordi Sierra i Fabra. Kafka e a boneca viaxeira

1. O pranto dramático dunha nena interrompe o balsámico paseo de Franz Kafka polo parque Steglitz de Berlín. Detívose diante dela para saber o que lle pasaba.
Perdéraselle a boneca. Para consolala e que deixase de chorar, Kafka atopa unha solución literariamente sinxela: a boneca non se perdera, marchara de viaxe. Mais esta pequena loia acabou con Kafka convertido en carteiro de bonecas e a redacción das hipotéticas cartas da boneca nunha actividade esixente e comprometida para o escritor, que non quere defraudar a inmensa confianza que a cativa depositara nel.
As tres semanas de correspondencia da boneca viaxeira resúltanlle a Franz Kafka unha actividade esgotadora. Non lle faltará a axuda de Dora e da nai da rapaciña.Traza un plan para poñer fin ó que considera case que unha tolemia: casa a boneca Bríxida, que será moi feliz co seu namorado, redacta a carta de despedida e entrégalla canda un último regalo: unha nova boneca que se chama Dora, coma a noiva do carteiro.
Ilustración: Minia Regos
2. A obra presenta unha estrutura moi literaria, como para responder ó obxectivo demostrable da utilidade (inmediata, neste caso) da literatura para a vida. Kafka, protagonista do relato, vai escribindo as cartas da boneca viaxeira para consolar á rapaciña que a perdera e, de paso, vaille deprendendo o valor da obediencia, da liberdade, da amizade, da comprensión... As catro partes de que se compón a novela correspóndense coas catro fases deste proceso educativo:
  1. Soño: a boneca perdida”. A mentira piadosa do escritor serve nun primeiro momento para calmar o pranto da rapaciña, pero mete o escritor no compromiso de seguir coa ficción para manter a súa historia dun xeito verosímil. A nena resulta preguntona de máis.
  2. Fantasía: as cartas de Bríxida”. O escritor vese na obriga de ir redactando cartas ó longo de tres semanas. Toma este labor moito máis en serio que a súa propia obra, porque non quere defraudar a confianza da nena. Tamén lle serve para profundar no rico mundo infantil.
  3. Ilusión: o longo traxecto da boneca”. O mundo quédalle pequeno á boneca viaxeira. Pérdese nesta parte a lóxica dos adultos para explicar o mundo e os procesos, pero pouco importa: temos a ilusión, que é unha excelente ferramenta para enfrontarse a calquera problema e solucionalo.
  4. Sorriso: o regalo”. Pecha o proceso e fornece a novela dun final feliz. Tamén serve para liberar o escritor da lea na que se metera. Desenvolve o plan para que a nena Elsi aceptase a emancipación da boneca.

No “Corolario” e nos “Agradecementos” o autor cóntanos a intrahistoria do relato: o artigo “A boneca viaxeira” de César Aira (El País, 8-5-2004) supuxo a idea primixenia desta obra.

3. Sitiografía



Jordi Sierra i Fabra, Kafka e a boneca viaxeira. Vigo, Galaxia, 2009. Tadución de Carmen Torres París. Ilustracións de Minia Regos.