27.12.18

Isabel Blanco: "María Vinyals. Un talento rebelde"

Imaxe: Belagua
Esta biografía novelada de María Vinyals que nos presenta Isabel Blanco é un logrado "axuste de contas coa historia" (p. 120). O libro, pensado para xente nova especialmente, ten dous propósitos: divulgar e concienciar; ambos os dous logrados con creces.
A autora recorre a un vello fantasma que tece un relato de amor platónico coa protagonista e enraíza coa longa historia do castelo, isto é, con outra caste de ocupantes e outros usos dese espazo. A pantasma narradora transmite unha forte carga sentimental.
A obra esperta no lector maduro a necesidade de achegarse con máis profundidade á figura da biografada. A traxectoria vital de María Vinyals súmase á de tantos outros fillos do país que non mereceron a mala sorte que sufriron, que foron esmagados po circunstancias históricas que botaron a perder o seu talento e o seu esforzo.
Recuperar a memoria de figuras como María Vinyals e honralas fará delas fermento de ilusión e esperanza e animará a seguir o seu exemplo a cantas xeracións veñan detrás. Recuperar a memoria é recuperar o sentido da vida.

Dictiografía
_________________
Isabel Blanco, María  Vinyals. Un talento rebelde. Deputación de Pontevedra / Belagua, 2018. Ilustracións de Luz Beloso.

29.10.18

Sandra Cisneros: "A casa de Mango Street"

Imaxe: Sushi Books
     "En inglés o meu nome sería Hope. En español ten demasiadas letras. Significa tristura, significa espera".

Unha narradora noviña e sensible, que leva o simbólico nome de Esperanza, vai contando retallos da súa  vida, da familia, amigos e veciños. Tampouco escapan ao seu ollar inquisitivo o espazo e os obxectos que conforman o mundo no que vive. Un mundo ao que se sente allea e que lle resulta hostil. Nin sequera a casa de Mango Street lle parece un fogar, malia que para o pai resulte un paso adiante na loita por lograr unha vida digna. Son poucos os trazos que describen a casa, pero abonda co adverbio da pregunta que ponen boca dunha profesora --Vives ?-- para que o lector imaxine como son as condicións de vida dos inmigrantes hispanos nese arrabalde de Chicago.

Á parte da casa, que dá título a obra, cobran especial relevancia os zapatos. O calzado pode arruinarlle o día a narradora ou darlle un plus de seguridade. Non son os zapatos de Cinsenta, pero Esperanza considera que cando chegue a encher os zapatos da nai terá logrado a madurez necesaria e a capacidade para enfrontarse ao mundo.

Levar é unha vida digna é o pensamento que guía todos os esforzos da rapaciña narradora. E para logralo sabe que ten que escapar das gadoupas dese submundo no que vive e non retornar a el ata que estea en condicións de rescatar a outros. Porque Esperanza pensa en volver "polos que non poden saír".

Mentres tal non ocorre vainos pondo ante os ollos, en pequenos relatos, as condicións do seu mundo marxinal. Cada relato ten o seu tema central e o seu protagonista; poderían considerarse como pezas autónomas no conxunto da obra, pero non por iso deixan de dar unha visión global do mundo que nos describen. O lector non sente que se rompa o fío do relato que desenvolve a narradora.

A súa voz doce e sensible non agocha a dureza da vida que levan as xentes do arrabalde: baleiro social dos anglófonos, que van cambiando de barrio a medida que se achegan os hispanos; escaseza de medios económicos; infravivendas; maltrato, especialmente sufrido polas mulleres; rapazas que maduran antes de tempo e que soñan cun marido que as saque da pobreza, pero que lles matará os soños e converterá a vida nun inferno; mulleres e fillos abandonados; illamento provocado polo descoñecemento do idioma; escaseza de posibilidades de promoción social... En fin, todas as condicións posibles que xeran na narradora o devezo de resistir e pelexar por unha vida digna, vivida nunha casa de seu que non será a de Mango Street.

Dictiografía
 _________________
Sandra  Cisneros, A casa de Mango Street. Cangas do Morrazo, Sushi Books, 2014. Tradución de Alicia Meléndez Sousa.

10.9.18

"Unha verdade amarga" (de Celia Díaz Núñez). Cuestionario

Imaxe: Unha verdade amarga/Galaxia
Solto este cuestionario sobre Unha verdade amarga, de Celia Díaz Núñez, coa intención de que sirva para o faladoiro do club de lectura da novela.

CUESTIONARIO
  1. No título da novela figura Unha verdade amarga, pero ao longo da lectura podemos detallar algunhas máis que foron marcando a vida dos personaxes. Ponde algúns exemplos.
  2. Daniel di: “Todo home ten dereito a saber quen é. E para iso un ten que coñecer quen foron seus pais” (p. 16). ¿Que outros dereitos pode ter unha persoa segundo a lectura da novela?
  3. Botar man do esquecemento ou do silencio é un recurso utilizado polas familias da novela cando están ante un asunto espiñento. ¿Que opinión vos merece tal recurso? ¿É realmente útil? ¿Resolve ou neutraliza os conflitos? ¿Serve para vivir en paz?
  4. Na novela hai dous matrimonios (Venancio-Pilar; Daniel-Silvia) que herdan a historia conflitiva que se desenvolve no relato. ¿Que semellanzas e que diferenzas hai entre estes dous matrimonios? ¿Que papel desempeña cada un dos membros desas parellas?
  5. Entre Aurelio e Alberte (avó e neto) establécese unha relación moi especial. ¿Que é o característico desa relación?
  6. O álbum de fotos, a caixiña de costura e a cama de ferro convértense na novela nun interesante recurso literario. ¿Que partido lle saca a autora a tal recurso?
  7. Dende un punto de vista social, Aurelio e Alberte presentan un onte e un hoxe. Establecede unha posible cronoloxía e comentade as condicións de vida de cada etapa.
  8. Fagamos un exercicio de lectura ficción: na novela (p. ex. cap. 4) hai historias que puideron ser e non foron. Xoguemos a facer propostas que cambien o fío argumental do relato. ¿Poden considerase estas historias que non foron como outras verdades amargas?
  9. Ademais do tango “Naranjo en flor” hai outras composicións citadas na novela “‘A canzone ‘e Napule”, “Volver”). ¿Que función desempeñan as cancións no relato?
  10. Ademais das datas citadas expresamente (1943, 1963), ¿que feitos ou obxectos nos axudan a situarnos no tempo?
  11. O tema da morte ten unhas poucas variantes nesta novela. comentade o efecto que causa nas familias. Reparade especialmente no tempo previo á fin do ser querido.
  12. Os personaxes móvense da aldea para a cidade. ¿Que supuxo ese cambio nas súas vidas? ¿Trátase só dun desprazamento persoal ou pode aplicarse a todo o país? No último caso, ¿que consecuencias sociais tivo tal cambio?
  13. “Mais ao cabo, os vellos segredos de familia sempre acaban por aflorar porque nin o amor nin o rancor poden agocharse eternamente” (p. 66). Debatede sobre a importancia da memoria e da desmemoria na vida das persoas, das familias e da sociedade.
  14. A idea de xustiza segundo os personaxes da novela.
  15. ¿Podería facerse unha imaxe da evolución da sociedade seguindo os modelos de coche de que se fala na novela? ¿E da crise económica? [Pódese empezar o coloquio polo capítulo 15].
  16. ¿Que idea do feminismo nos dá Carlos, o irmán de Pilar? [Cap. 15]
  17. Na novela cóntansenos pequenas historias de parellas. ¿Que as mantén unidas ou que as fai separar?
  18. Comentade a situación en que quedaban as viúvas da xeración de Lola Pereira. [p. 114]
  19. ¿Que opinión vos merece o control parental sobre os amores adolescentes? ¿Que caso ou casos se dan na novela?
  20. ¿Está xustificado o odio que sente Silvia contra os Salgado? [Cap. 21]
  21. ¿Viviu realmente enganado Aurelio Salgado sobre a realidade do seu suposto fillo bastardo?

3.9.18

Rolda pola república das letras-200. Agosto de 2018

Xavier Alcalá, The making of
[...] conta a historia dun escritor que, grazas a un xornalista galego coñecido como Cholo, indaga na vida de Alfredo Mosquera, o Coghomelo, un emigrante galego chegado a Arxentina nos anos 30 que colaborou cos nazis durante a Segunda Guerra Mundial (Borja Casal/X.F., La Voz de Galicia, 01-08-2018).
Emma Pedreira, Antídoto
-Cada vez que damos un paso adiante estamos deixando cousas atrás. O libro completo fala diso, de como avanzamos tendo que pechar portas. De como, para saír de certos espazos, hai que romper eses espazos. Estamos rompendo cousas a través das rupturas sentimentais e emocionais. Sempre imos cara a un futuro que nunca vén (entrevista de Borja Casal / X. F., La Voz de Galicia,03-08-2018).
Xosé Constenla, O colapso territorial en Galiza 
O colapso territorial constitúe o resultado da influencia que exerce a lóxica do capitalismo en combinación cunha serie de factores de tipo político e cultural. Nesta situación, emerxen dous procesos que tenden a reducir de xeito dramático a complexidade do territorio: por un lado, a diminución da humanización do espazo; isto dos usos sociais sobre o espazo (non só en termos demográficos); por outro, a perda da biodiversidade e o establecemento dunha paisaxe que resulta unha plasmación de determinados intereses empresariais (entrevista de Montse Dopico, Praza Pública). 
Alberto Ramos, A simetría das bestas
A obra trata, segundo indica Ramos, «da integración, do trauma e sobre todo de Caridad Verdet, a protagonista, que é a maior das bestas, non por fealdade, senón pola necesidade de adaptarse a un medio hostil para sobrevivir» (B. Casal / B. P., La Voz de Galicia, 06-08-2018). 
Xabier Quiroga, O cabo do mundo; Manuel Gago, O exército de fume 
O escritor Xabier Quiroga [...] debuxa en O cabo do mundo [...] un protagonista que, indica, «está no límite da vida» por mor dunha enfermidade, e que aínda así decide buscar no pasado familiar para saber quen era e que fixo seu pai: un home ao que acusan de asasino.
Manuel Gago [...] constrúe unha novela coa idea de chegar a un público amplo, pero sen renunciar, afirma, «a facerse preguntas incómodas sobre nós mesmos». O exército de fume (Xerais) sitúase a principios de 1942 nunha Galicia que vive entre dúas guerras ocultas: a dos nazis contra os Aliados e a da resistencia guerrilleira contra o franquismo (Borja Casal / X. F., La Voz de Galicia, 06-08-2018).
Oliver Añón, Canción para afundir flores no mar
Añón, ilustrador e animador, construíu “unha trama principal na que se entrelazan pequena historias con personaxes particulares que deixan ver un relato con presenza autobiográfica” (Sermos Galiza, 08-08-2018).
Max jacob, Filibuth ou o reloxo de ouro
“Tece unha historia da sociedade francesa mediante o retrato de gran cantidade de figuras de extracción social dispar”, explica a editorial na contracapa (Sermos Galiza, 12-08-2018).
Antía Yáñez, Senlleiras
A obra traza un relato de mulleres oprimidas pero que pelexan contra a opresión [...] En Senlleiras quería explicar, e tamén a min mesma, por que unha muller maltratada segue co maltratador e non é capaz de rachar con ese círculo vicioso (entrevista de Daniel Salgado, Sermos Galiza, 19-08-2018).

2.8.18

Rolda pola república das letras-199. Xullo de 2018

Manuel Gago, O exército de fume
[...] un exercicio de literatura popular baseada na identidade do país. “Defendo a literatura popular para entender cousas sobre nós mesmos” (entrevista de Daniel Salgado, Sermos Galiza, 01-07-2018).
Ramón Nicolás, Lapis na noite
[...] obra de ficción [...] na que se mesturan o exilio e as vítimas de dúas ditaduras, a franquista e a arxentina da década dos setenta (entrevista de Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 02-07-2018).
Galaxia: colección Daguerrotipos
Realizado en colaboración con Phottic, unha plataforma en liña cun amplo repositorio e arquivo histórico de fotografía galega, este primeiro volume céntrase na vila de Carballo e na súa historia entre 1900 e 1980, un amplo período de tempo onde, quen se achegue ao libro, poderá comprobar como os fotógrafos, profesionais e afeccionados, recolleron a transformación do lugar: urbanística, paisaxística, demográfica... Ao tempo que axudaron a preservar a memoria dos seus habitantes e o espírito dos lugares (Galicia Confidencial, 04-07-2018).
Alberto Ramos, A simetría das bestas
Un libro sobre a recomposición da identidade, o trauma, os coidados ou o “amor incondicional” da familia. Que rompe tabús (entrevista de Montse Dopico, Praza Pública, 07-07-2018).
Montse Pena Presas, Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia 
É análise literaria con tres obxectivos confesos: “Estabelecer un corpus teórico que poña de manifesto a vinculación entre o feminismo e os estudos LIX; visibilizar o papel que os grupos feministas e de mestras tiveron na procura dunha educación igualitaria a través dos manuais e dos contos; analizar os textos literarios e ver en que medida estes se viron influenciados polo movemento feminista” (Sermos Galiza, 11-07-2018).
Pilar Pallarés, Tempo fósil
Unha persoa ou outros seres non morren se os gardamos na memoria, se están presentes na nosa vida, ou non morren se están soterrados e lles nace nova vida. Non é unha visión negativa da morte, para min é parte dun ciclo. En Tempo Fósil é unha casa, a aniquilación dun lugar…(entrevista de Laura R. Cuba, Sermos Galiza, 14-07-2018).
Gonzalo Hermo, A vida salvaxe
El poeta de Taragoña (Rianxo) Gonzalo Hermo gana la XVI edición del Premio de Poesía Afundación, que la entidad convoca junto al Centro PEN de Galicia con el patrocinio de la Xunta de Galicia (El Correo Gallego, 17-07-2018).
  • "Gonzalo Hermo (Taragoña, Rianxo, 1987) acadou abondoso recoñecemento cos seus poemarios Crac (2011) e Celebración (2014). Co terceiro, A vida salvaxe, obtivo o premio Afundación" (Héctor J. Porto, La Voz de Galicia, 18-07-2018).
  • "Gonzalo Hermo, premiado por Afundación" (Galicia Confidencial, 19-07-2018).
Ana Cabaleiro, As Ramonas
As Ramonas é o título provisional dunha obra que presenta a historia dunha fotógrafa experimental que se atopa nunha encrucillada vital e profesional que lle fai cuestionarse todo (La Voz de Galicia, 19-07-2018).
Documentos de Luísa Villalta para o Centro Ramón Piñeiro
Entre os máis de 1500 documentos que compoñen o legado -cuxa entrega se oficializou a pasada sexta feira na sede da institución, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística- constan “media ducia de poemarios manuscritos inéditos”. A súa revisión e exhumación, que realizarán as investigadoras do Piñeiro -que dirixe o crítico literario Armando Requeixo-, suporán unha reavaliación da poesía de Villalta (Sermos Galiza, 21-07-2018).

Stefan Zweig, Novela de xadrez  e Momentos estelares da humanidade
Extremadamente popular en vida -nacera en Viena en 1881 e morreu en Brasil en 1942-, a súa obra atravesou despois certa etapa de ostracismo. Volveu emerxer a finais do pasado século. Na actualidade fai parte indiscutíbel do canon da literatura europea (Sermos Galiza,  22-07-2018).
Déixanos Víctor Campio Pereira González
Nado en 1928 en Maside, Víctor Campío Pereira estudara no seminario de Ourense. Na facultade de Maxisterio da mesma cidade entrou en contacto con autores como Antón Tovar ou Pura Vázquez, que sobrevivían con discreción na escuridade franquista. Alí coñeceu unha figura decisiva para a conformación da súa escrita: o sacerdote antifranquista e poeta Faustino Rey Romero (Sermos Galiza, 24-07-2018).
E tamén nos deixa Lois Antón 
A produción escrita deste autor popular encétase con A máis fermosa roseira, á que seguen Aos bos e xenerososVellos e novos cantares e unha edición da súa obra dramática (Xoán Carlos Domínguez Alberte, Sermos Galiza, 28-07-2018).
Luisa Castro, Baleas  e baleas
[...] ese é o mundo da miña infancia, o universo dun mariñeiro e dunha muller que traballaba na fábrica de conservas, visto pola súa filla: o que eramos eu e mais miña irmá con meus pais e mais coa miña sobriña, que acababa de nacer. Aquela era a miña mitoloxía (entrevista de Miguel Sande, La Voz de Galicia, 25-07-2018).
Manuel Lourenzo, Xograr de Ouro 
“Por toda unha vida dedicada ao teatro e por ser unha figura fundamental na historia do teatro galego”, sinalou a organización do certame [Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo] nas súas redes sociais (Sermos Galiza, 26-07-2018).
Antía Yáñez, Senlleiras 
[...]  as vidas de distintas mulleres constrúen unha novela que se inicia coa morte dunha influencer (entrevista de Borja Casal / X.F., La Voz de Galicia, 30-07-2018).
Anna R. Figueirido, Os bicos feridos 
Unha moza que emigra a Londres sostén unha trama en que “se van debullando temas de fondo calado como a importancia das redes sociais na vida moderna, a complexidade das relacións familiares, a maternidade ou o medo á morte” (Sermos Galiza, 30-07-2018). 

2.7.18

Rolda pola república das letras-198. Xuño de 2018

Roberto Vidal Bolaño, 40 anos de Laudamuco, señor de ningures
O 16 de maio de 1978 o teatro galego entrou nunha dimensión descoñecida. Ese día, a función de Laudamuco, señor de ningures en La Salle (Santiago de Compostela) supuxo o inicio do camiño profesional da escena despois do franquismo (Daniel Salgado, Sermos Galiza, 01-06-2018).
Nacho Carretero, Farinha
Farinha, o polémico livro que trata a história do narcotráfico galego, pode-se já comprar na sua edição portuguesa recentemente apresentada pola Desassossego (Sermos Galiza, 01-06-2018)
  • "O livro que foi proibido em Espanha": "Con esta lenda complétase en Portugal a portada de Farinha, a obra do xornalista galego Nacho Carretero secuestrada xudicialmente no Estado e que desde este venres pode ser adquirido na outra beira do Miño" (Praza Pública, 01-06-2018). 
Manuel Rivas, Contra todo isto. Un manifesto rebelde
O libro arrinca cunha palabra que actúa como unha especie de dínamo que mobiliza o resto das palabras. A Vergoña. A palabra Vergoña (entrevista de X. M., Sermos Galiza, 03-06-2018).
Antón Blanco Casás, Tres estudos para un poema da cidade
En Tres estudos asistimos á delimitación da cidade, desde a súa orixe até que se devora a si mesma, desfigurada nos seus propios conflitos (entrevista de Montse Dopico, Praza Pública, 03-06-2018).
Marga Tojo, Cara de velocidade
Cara de velocidade es el resultado de acudir a la literatura como bálsamo, refugio y bitácora de la superación de "H", a superheroína con superpoderes que protagoniza estos versos urbanos [...] (El Correo Gallego, 06-06-2018).
  • "Cara de velocidade gañou o X Premio de poesía para nenas e nenos Ciudad de Orihuela e foi publicado pola editorial Kalandraka o pasado mes de marzo. Unha obra escrita inicialmente en lingua galega e posteriormente traducida ao castelán para participar neste certame que loa a figura de Miguel Hernández" (Raquel Senra, El Correo Gallego, 24-06-2018).
Neira Vilas, De Gres a Cádiz
As case un cento de estampas do libro, cun pé nas Cousas de Castelao e outro no “memorialismo fragmentario do seu admirado Eduardo Galeano” detéñense en Cádiz, cando Neira Vilas acaba de facer 20 anos e embárcase en dirección a América (Daniel Salgado, Sermos Galiza, 10-06-2018).
Jules Verne, 20.000 leguas baixo dos mares
As aventuras subacuáticas do Capitán Nemo abrirán a primeira colección en galego de lectura fácil. Adaptado pola Asociación Xoán XXIII de Pontevedra, as 20.000 leguas baixo dos mares, o clásico de Jules Verne publicado orixinalmente entre 1869 e 1870, abrirá unha serie de seis títulos que, da man da Editorial Galaxia, achegarán os libros a persoas con dificultades lectoras [...] (Daniel Salgado, Sermos Galiza, 12-06-2018).
Pedro Feijoo, Sen piedade
[...] A idea era facer unha road movie para rapaces, pero tan pronto como entrei na historia deime conta que o que estaba narrando non era para eles; o único que tiña de xuvenil era que os protagonistas eran rapaces. Pero o formato capitular quedou. Na historia empezou a aparecer outro discurso que, en realidade, son eu axustando cuestións pendentes comigo mesmo (entrevista de Jorge Lamas, La Voz de Galicia, 17-06-2018).
Pilar Pallarés,  Tempo fósil
“A liña xeral é a destrución dun lugar, dun tempo, dos soños dunha vida mellor”, explica Pallarés na nota remitida pola editorial Chan da Pólvora, encargada da publicación, “xa privadamente, o libro supón a crónica da aniquilación dunha familia de catro” (Sermos Galiza, 20-06-2018).
  • "Pilar Pallarés falou en Chan da Pólvora do seu Tempo fósil":  "A liña xeral do libro é, segundo subliñou a autora, "a destrución dun lugar" e, xa desde un ámbito privado,"a crónica da aniquilación dunha familia e a inconsistencia, a imposibilidade de deixar pegada". O punto de partida foi a destrución da casa familiar" (Mario Álvarez, El Correo Gallego, 22-06-2018).
Héctor Cajaraville, Kusuma 
[...]  unha fábula ecoloxista protagonizada por unha faisán que ten que deixar a súa terra ante a destrución causada polos humanos (entrevista de Montse Dopico, Praza Pública, 20-06-2018).
Patricia Mallo, Os fantom
[Premio de literatura infantil Carlos Mosteiro]
O xurado, formado por Fina Casalderrey, Blanca Ana Roig Rechou e Francisco Castro, destacou o sentido do humor da narración de Mallo, así como o seu «ritmo áxil que se ce reforzado polas situacións divertidas que van xurdindo nunha trama onde nada é o que parece ser» (X. F., La Voz de Galicia, 21-06-2018).
Deixounos Xabier P. Docampo 
O escritor Xabier P. Docampo, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e un dos grandes renovadores da literatura destinada a estas idades, faleceu esta madrugada aos 72 anos de idade (El Correo Gallego, 26-06-2018).
Ánxela Gracián, As historias da ogra Pinta
[...] o xurado explicou que se trata "de pequenas historias de aventuras nas que se desenvolven as vidas de rapaces dunha pequena aldea galega, cun entorno natural fermoso e cheo de feitizos" (El Correo Gallego, 28-06-2018).
Lupe Gómez, Camuflaxe 
Camuflaxe, explica a súa autora, é un libro "máis duro, máis amargo, e tamén máis sereno, máis decantado, pois percorre toda unha vida" (entrevista de Montse Dopico, Praza Pública, 29-06-2018).

25.6.18

Unha verdade amarga. Test de lectura

Unha verdade amarga. Test de lectura
Actividade para club de lectura da novela Unha verdade amarga, de Celia Díaz Núñez. 
Recoméndase levala a cabo coa lectura aínda fresca. Pode realizarse por puro divertimento persoal, para competición en grupo, para subir nota... ou deixar pasar a proposta sen pena ningunha.

31.5.18

Rolda pola república das letras-197. Maio de 2018

Daniel Asorey, Transmatria
Daniel Asorey é o gañador da XXI edición do premio Johán Carballeira de poesía, galardón que recibe pola súa obra ‘Transmatria’ (Sermos Galiza, 01-05-2018).
Emilio Xosé Ínsua / Xurxo Martínez González, Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte
Figuras imprecindíbeis para comprender o galeguismo anterior á Guerra Civil, os labores de Antón e Ramón Vilar Ponte abranxen todos os campos. Da política institucional -Antón foi deputado dúas veces nas Cortes da República, a primeira pola ORGA en 1931 e a segunda, na Fronte Popular e adscrito ao Partido Galeguista, xa no 36- ao teatro, do xornalismo de combate e ilustración ao ensaísmo político (Daniel Salgado, Sermos Galiza, 02-05-2018).
Félix Caballero, Xaquín Marín. Arte e compromiso no humor gráfico galego
Félix Caballero alude no título do libro ao humor comprometido de Marín na defensa das causas xustas. É un acerto, porque nunca fixo outra cousa a través de protagonistas que falan ou de humor sen palabras (Siro, La Voz de Galicia, 05-05-2018).
Arantza Portabales, Deixe a súa mensaxe despois do sinal 
Un monllo de voces en primeira persoa que se intercalan para irnos esfiañando, cada unha, a súa propia historia, nunha estrutura próxima aos microrrelatos autónomos (Montse Dopico, Praza Pública, 05-05-2018).
Marcos Calveiro, O xardineiro dos ingleses
[...] gústame moito ler sobre historia, así que moito do que hai no Xardineiro xa o sabía, e logo foi un proceso natural de moitas lecturas ao longo dos anos... (entrevista do Montse Dopico, Praza Pública, 11-05-2018).
Xosé Duncan, As lembranzas perdidas no lago Antelväri
A sinxeleza formal e estilística permítenlle a Duncan ofrecer, en cada capítulo, unha reflexión de carácter universal sobre os diferentes condicionantes da existencia humana nos que basea a acción. Deste xeito, temas coma o paso do tempo, a soidade, a morte ou a sede de poder dan lugar a unha trama chea de incógnitas que se van ir resolvendo ata o final da obra, cando se destapa o maquiavélico funcionamento e destino dos sistemas de opresión social, poñendo de manifestó a importancia das lembranzas como principio constitutivo da humanidade (Alba Rozas, El Correo Gallego, 13-05-2018). 
Luisa Genoveva Carnés Caballero, Rosalía de Castro. Raíz apasionada de Galicia
En 1945, catorce años antes de esa entrevista, publicaba la escritora y periodista madrileña, ya en el exilio mexicano, Rosalía de Castro. Raíz apasionada de Galicia, su biografía sobre la autora de Follas novas (Héctor J. Porto, La Voz de Galicia, 14-05-2018).
Fran Alonso, Street Poems
[...] un libro no que os versos non só se inspiran nas pezas retratadas ao longo do tempo, senón que se establece un diálogo do que agroma o poema.
Isto dáse, en parte, pola ligazón que une a poesía co graffiti a través do rap, e que Alonso estende tamén «á actitude de moitos grafiteiros e artistas plásticos e da propia iconografía da arte urbana» (Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 19-05-2018).
Emma Pedreira, Bibliópatas e Fobólogos
[...] "un xogo de egos e de proxeccións falsas que non chega a ningunha parte e que non se corresponde coa realidade". Así podería definirse Bibliópatas e Fobólogos, (Galaxia), o libro co que Emma Pedreira vén de gañar o Premio de la Crítica Española na modalidade de narrativa en galego (entrevista de Montse Dopico, Praza Pública, 24-05-2018).
María Victoria Moreno, Nosoutras
En Nosoutras, María Victoria Moreno fai protagonistas ás mulleres. Fala de mulleres que aturan, de mulleres que calan e doutras que se rebelan. Fala de mulleres que sufrían antes e que sofren agora porque, desafortunadamente, as historias que conta seguen vixentes (María Hermida, La Voz de Galicia, 26-05-2018).


28.5.18

Unha verdade amarga. Léxico-3

https://www.daypo.com/unha-verdade-amarga-lexico-3.html
Na actividade Unha verdade amarga. Léxico-3 proponse adiviñar a palabra que figuraba no oco sinalado con [...]. As frases están todas tiradas desta novela  de Celia Díaz Núñez. O exercicio rouba pouco tempo e aínda require menos esforzo.

14.5.18

Unha palabra, dúas pesetas


"Nos meus tempos de Seminario non só non había profesor de galego, senón que tamén alí, coma en tódolos centros de ensino, o galego estaba penalizado con dúas pesetas ou máis por palabra e, se estaba penalizado, tamén estaba perseguido e, se estaba perseguido, culpado e, se culpado, condenado e, se condenado, en espera de execución definitiva. Todo en nome dun certo patriotismo artellado sobre eixes seudoteolóxicos. Daquela dicíasenos que tiñamos que avergoñarnos de que se nos notase o acento e o alento galego ó falar castelán. Por iso, debiamos abri-los «os», cerra-los «as», redondea-los «es», despachar con soltura os «us» e remarcar na pronunciación o puntiño dos «is»" (Xosé M. Carballo Ferreiro, Amencer nº 100, Mondoñedo, 25-11-1992. Citado en ÍNSUA LÓPEZ, Emilio Xosé (2017): Díaz Castro: poeta en formación (1914-1936). Compostela, Laiovento, p. 38.

Os que fomos nenos da chamada "xeración hostiable" gozamos desas penalizacións e desas "cordiais" advertencias metodolóxicas de "bilingüismo harmónico". A maior abondamento tamén podía caer algún reforzo físico en forma de lapote ou similar para que quedasen ben metidiños na chencha tan sabios consellos.
Imaxe: todocolección
Se traducimos esas dúas pesetiñas a euros de hoxe, podemos escachar coa risa. Quen che nos dera que as multas de tráfico fosen así de duras! Pero os que aínda lembramos dispor dunha presadiña de caramelos por un pataco (10 céntimos de peseta) non podemos deixar de sentilo como un castigo excesivamente cruel para os nosos petos de cativos. Se alguén o dubida, non ten máis que comparar as "multas" lingüísticas con esta táboa de prezos  dos anos sesenta do século XX. De cantas lambetadas non podiamos dispor con dúas pesetas! E máxime se temos en conta que son prezos separatistas de cidade tradicionalmente cara.
Pode parecer unha broma, pero só é unha mostra de odio contra despistados falantes de galego. Hoxe, a situación --coma o raposo-- mudou de pelo, pero non de condicións. Velaí está o éxito da política lingüística para confirmalo coa perda sistemática de galegofalantes, por non mentar o arruallo co que se negan a atendernos como usuarios nalgúns despachos.

4.5.18

Unha verdade amarga. Léxico-2

https://www.daypo.com/unha-verdade-amarga-lexico-2.html#informacion
Exercicio de sinónimos baseado na novela Unha verdade amarga, de Celia Díaz Núñez.
A actividade consiste en sinalar a expresión sinónima ou afín da que se marca con maiúsculas.
Rouba moi pouco tempo.

30.4.18

Rolda pola república das letras-196. Abril de 2018

Xosé Ricardo Losada, Vida e misterio dun poeta galego
[...] trazar un perfil psicolóxico do escritor, foi o obxectivo de Losada, quen tiña claro que «quería facer unha biografía de lector, non de especialista». «Quería ler a súa vida e a súa obra, máis que estudala, intentando centrarme naquilo -De catro a catro, fundamentalmente- polo que merece ser recordado (Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 01-04-2018).
X. L. Méndez Ferrín, Arraiano entre arraianos
Este libro, además, conecta con una " antropología viva", es lo que denomino "lo encontrado puro" -un carro de bueyes conservado, un muro intacto- y que le viene al autor de su interés por la Galicia rural desde siempre. Este libro conecta además con una tradición antigua que viene de la revista Nós y del Seminario de Estudos Galegos en lo referente al contacto con Portugal (Ángel Núñez Sobrino, El Correo Gallego, 01-04-2018).
Kalandraka cumpre 20 anos
E faino -despois de exceder felizmente o ámbito da literatura infantil e xuvenil pola que é internacionalmente recoñecida- cunha aposta firme pola dramaturxia: aproveitando a celebración do Día Mundial do Teatro, o pasado martes 27 de marzo, a editora sacou á luz a obra Eroski Paraíso, primeira das producións de Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro (Gracia Novás, La Voz de Galicia, 02-04-2018).
I Encontro de Banda Deseñada Histórica
[...] unha iniciativa pioneira sobre este xénero do cómic, organizada polo Concello [de Lugo], o portal www.historiadegalicia.gal e Demo Editorial e coordinado por Manel Cráneo, responsable deste último selo (Marcos Pérez Pena, Praza Pública, 07-04-2018).
Xohana Torres, Teixido. San Andrés de Lonxe. Mitos e ritos 
[...] un repaso polas tradicións e o contexto deste lugar, nunca chegara a ver a luz como publicación (Montse García, La Voz de Galicia, 13-04-2018).
Franco Grande, Vieiro choído (edición facsímile)
Este título inaugurou en 1957 a colección Illa Nova da Editorial Galaxia. Aquela colección naceu para darlle espazo aos novos escritores galegos e co obxectivo de enlazar a aqueles novos coa anterior xeración de galeguistas que viviu os momentos anteriores á guerra (La Voz de Galicia, 13-04-2018).
Xosé Cida Cabido, Tres pintores 
[...] obra que lle valeu o galardón convocado polo Concello de Lugo (Sermos Galiza, 14-04-2018).
Antía Yáñez, Senlleiras 
Premio Illa Nova de Narrativa 2018, que convoca a editorial Galaxia e que suma dúas edicións, coa obra Senlleiras, unha novela que aborda a violencia machista (Sermos Galiza,15-04-2018).
Manuel Lourenzo González,  Ceiba de Luz 
Os vellos misterios e as lendas máis antigas sempre souberon cativar aos homes polas máis distintas razóns: avaricia, desexo de riqueza ou éxito, afán de coñecemento, necesidade de saber que hai algo máis grande e poderoso que o ser humano ou simple curiosidade (Giulia Vezzaro, El Correo Gallego, 15-04-2018).
Astrid Lindgren, Pippi Mediaslongas
Unha historia que rompe con todos os estereotipos e abre o debate sobre o carácter adoutrinante da Literatura Infantil e Xuvenil (Raquel Senra, El Correo Gallego, 15-04-2018).
Helena Villar, Xesús Rábade, María do Cebreiro 
[...]  Poesía mínima (Alvarellos), de Helena Villar Janeiro; a Soños. Arquivos. Cartas (Xerais), de María do Cebreiro; e a Memoria do corpo (Galaxia), de Xesús Rábade. Nai, filla e pai, respectivamente, que por esta orde chegaron ás librerías no prazo dun mes (Montse García, La Voz de Galicia, 18-04-2018).
Abril Oteriano 
[...] a Fundación Otero Pedrayo, preocupada pola memoria de Don Ramón, quere vir desde Trasalba e Ourense á amada Compostela para renderlle esta homenaxe, aos sesenta anos daquela xubilación (El Correo Gallego, 18-04-2018). 
Emma Pedreira e Lupe Gómez, Premios da Crítica 
As escritoras Lupe Gómez, coa obra de poesía 'Camuflaxe', e Emma Pedreira, por 'Bibliópatas e fobólogos', foron recoñecidas cos Premios da Crítica Española 2017 en lingua galega que se deron a coñecer este sábado en Murcia (Galicia Confidencial, 21-04-2018).
Afonso Eiré, Memorias dunha vaca marela
A través da súa vida e dos seus ollares, o autor, que xa lle dera vida a protagonista no lembrado libro Eu tamén fun coas vacas, radiografíanos os cambios que se deron non só nas explotacións agrícolas e gandeiras, pasando da corte debaixo da casa aos máis modernos estábulos, senón na sociedade rural galega. Os cambios para as vacas pero tamén para os paisanos (Rosa Cano, El Correo Gallego, 21-04-2018).
Neira Vilas, De Gres a Cádiz 
[...] Neira Vilas recoñeceu que neste libro aborda "unha parte" da súa vida, con "nostalxia" e coa idea de "revelar a Galicia aldeá de varias décadas atrás". Por iso, como é característico en toda a súa produción literaria ou memorialística, o director de Galaxia explicou que a narración está "en primeira persona" para "dar conta do mundo que viu desde os seus atentos ollos" (E. P. Galicia Confidencial, 26-04-2018).


25.4.18

Noutrora non había imposición ("del gallego")

Imaxe Centro Virtual Cervantes
"En ese año [1570], en efecto, son aplastados los moriscos granadinos, que se habían levantado en las Alpujarras contra las medidas dictadas por Felipe II a instancias del Concilio de Granada, prohibiéndoles el uso de sus vestidos, las bodas y las zambras, exigiendo que sus casas permanecieran abiertas por las noches y concediéndoles, en fin, un plazo de tres años para que aprendiesen el castellano". (Véxase en José María Ridao, Contra la historia, Barcelona, Galaxia Gutenberg/Círculo de Lectores, 2009, p. 125).
E non foron estas as únicas medidas amables da acción de goberno. Pola época lévase e Inquisición ás Américas e o duque de Alba andaba a poñer orde nos Países Baixos.
No que portén á lingua, houbo un rei (emérito) que soltou nun discurso que nestas variadas terras das Españas todo o mundo abrazou amorosamente o castelán. Se cadra, estaría a pensar neses amores que matan. En tempos máis achegados a nós temos escoitado aínda afirmacións máis amorosamente radicais sobre a unificación lingüística, a normalización, a "inmersión"...
Tornando á medida felipista, cómpre recoñecer que debeu de ser moi eficaz. Hoxe en día, con tres anos de escola de idiomas non se daría chegado ao B1. Claro que os afectados pola medida tampouco precisaban do certificado para acceder a un posto de funcionario. O que non me atrevo a preguntar é o que lles pasaría aos que non desen chegado nese tempo a un nivel aceptable de castelán, pero tampouco paga a pena preocuparse a destempo: iso ocorreu hai séculos, cando en España non se puña o sol.
Hoxe disque non hai conflitos lingüísticos nas Españas (salvo os que crean os tolos soberanistas) e, se os houber, aplicaríaselle o lerio do bilingüismo harmónico ou cordial e asunto arranxado. Este método éralle absolutamente descoñecido a Felipe II e iso obrigou a mouriscos e outras razas peregrinas a pórse ao día en castelán en menos tempo có que leva facer un máster. Cada época ten o seu aquel, ¿que lle imos facer?


6.4.18

Unha verdade amarga. Léxico-1

https://www.daypo.com/unha-verdade-amarga-lexico-1.html
Propoño este breve enredo de vocabulario (realízase en menos de catro minutos) para quen teña lido a novela Unha verdade amarga, de Celia Díaz Núñez. Tamén para quen lle pete entreterse.
O test de léxico sobre Unha verdade amarga consiste en sinalar o significado axeitado da palabra que se sinala.

31.3.18

Rolda pola república das letras-195. Marzo de 2018

Banquete de Conxo
[...] 162 aniversario do Banquete de Conxo. Daquela un grupo de estudantes en que figuraban nomes como o de Eduardo Pondal, Manuel Murguía ou Aurelio Aguirre, convidaron a unha comida popular a artesáns e obreiros de Compostela. O banquete é lembrado coa frase "Que non naceu para escravo o home", dito por Aurelio Aguirre nun do tres brindes pronunciados. Este acto polo seu carácter "interclasista" e progresista foi considerado "subversivo" polas autoridades da época (E. P., Galicia Confidencial, 02-03-2018).
Suso de Toro, Fóra de si
«Non tiña pensado volver a editar máis cousas, pero, a partir dun momento determinado, logo dunha pausa duns anos, a cabeza non para, e volvín de novo. Algunhas das ideas que ía depositando empezaron a xermolar dentro e empecei a escribir algunha cousa, e cando tiven tempo púxenme cunha obra dunha certa envergadura», explica o autor (Montse García, La Voz de Galicia, 03-03-2018).
Día Mundial da Poesía para Xohana Torres
A escritora e académica de número, falecida o pasado mes de setembro, será recordada o vindeiro 21 de marzo nun acto literario e musical [...] recitarán e comentarán anacos de obras Xohana Torres, desde versos de Do sulco -o seu primeiro poemario, publicado en 1957- e un fragmento da obra teatral Da outra banda do Iberr (gañadora do Premio Castelao en 1966) ata poemas de Estacións ao mar (Premio da crítica española en 1981) e Tempo de ría (1992) (El Correo Gallego, 03-03-2018). 
Uxío Novoneyra, nova edición d' Os Eidos
Este segundo volumen editado en la colección Biblioteca de Mesopotamia de Chan da Pólvora Editora es la edición más completa publicada hasta el momento sobre este título fundamental de la poesía gallega del siglo XX, al incluir, entre otros, Os Eidos/1, Os Eidos/2 y Caligramas, además de un diccionario novoneyriano, titulado 'As cores do ucedo', realizado por Emilio Araúxo (El Correo Gallego, 03-03-2018).
Manuel Darriba, Elefante
[...] o novo libro de Manuel Darriba, Elefante (Xerais). Unha nova mostra do seu personalísimo estilo. Único, quizais, na literatura galega (Montse Dopico, Praza Pública, 05-03-2018).
César Sierra, A leituga 
O texto A Leituga, como di o director, Víctor Duplá, afonda nos temas da dignidade humana, o dereito á vida e o dereito á morte, ao tempo que se fura nas relacións familiares, nos vínculos e as lealdades dentro das familias. A obra transita deste modo entre a comedia e o drama, polo que público observará entre o riso e a reflexión as repercusións dos coidados nas relacións entre pais e fillos, parellas e irmáns e de que xeito poden chegar as saltar as fráxiles costuras dos afectos familiares nunha  situación de reparto dos coidados (Moncho Mariño, Galicia Confidencial, 06-03-2018).
Euloxio Rodríguez Ruibal, Formigas, risas, flores e dinosauros
Ruibal [...] logrou nesta pequena obra composta por catro breves contos que, a través da imaxinación máis natural, tanto adultos coma nenos compartan visións da vida que non se poderían aceptar e comprender no mundo real, sempre acompañados pola garimosa e implicada man do autor (Giulia Verzzaro, El Correo Galllego, 11-03-2018).
Maurice  Sendak, O un era Xoán. Un libro para contar
Xógase coa gradación crecente e decrecente, coa secuenciación numérica que coincide cos momentos actanciais e coa introdución dos personaxes. Salienta a fixeza do escenario, un plano fixo frontal no que se representa sempre a Xoán ao que se van sumando detalles visuais, estratexia próxima ao rexistro cinematográfico (Sara Reis, El Correo Gallego, 11-03-2018).
Sonja Danowski, O gatiño nocturno
O protagonista consegue que o lector reflexione sobre a solidariedade e o altruísmo como principios básicos para a creación dun mundo mellor (Verónica Pousada, El Correo Gallego, 11-03-2018).
María Canosa, A cazadora de estrelas
A amazona e a súa besta destacan polo bo facer na caza de estrelas, permitida unicamente ás mulleres de cabelo louro, requisito indispensable para a realización dese oficio mais que, a diferenza dos homes, as imposibilita para ocupar postos directivos ou de representación na comunidade na que viven (Marta Neira, El Correo Gallego, 11-03-2018).
Ana Romaní, académica da RAG
[...] a institución académica destaca a Romaní como "unha voz de referencia do xornalismo cultural" polo seu traballo diario dende 1990 no Diario Cultural da Radio Galega, así como o seu papel no impulso da poesía galega contemporánea (Praza Pública, 18-03-2018).
Alberto Canal, O trapecista da malla de rombos 
O propósito do libro, «facer xustiza coa que foi a segunda Escola de Circo do mundo, despois da rusa e cun proxecto pedagóxico arredor das artes circenses de alcance universal». O resultado, un libro que debe lerse como «unha fábula sobre a ilusión e os soños» (Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 19-03-2018).
Homenaxe a Ricardo Carvalho Calero 
Un recital a cargo das poetas Loreto de Castro e Lam Couce, a intervención dunha persoa en representación de Artábria e mais unha ofrenda floral será o primeiro estadio da xornada en lembranza do poeta, novelista, ensaísta e pai teórico do reintegracionismo (Sermos Galiza, 22-03-2018). 
  • Daniel Salgado, "A memoria de Scórpio trinta anos despois", Sermos Galiza, 19-03-2018: "
    Carvalho Calero publicou dúas novelas. A primeira, A xente da Barreira (1951), devolveu o galego á narrativa de longo alento despois da Guerra Civil. A segunda realizou un notábel esforzo para reconstruír a memoria da República e da resistencia antifascista a través de elaboradas técnicas literarias".
Manuel Anxo Rei Chao, Na sospeitosa luz da política 
[...]  analiza las actuaciones, estrategias y decisiones de las diferentes organizaciones políticas y de sus líderes así como de las instituciones de gobierno y de los cargos públicos, abordando además cuestiones relativas a la corrupción, la intolerancia, la violencia de género, asuntos internacionales y el denominado procés catalán y la crisis política que generó (Faro de Vigo, 22-03-2018).
Lionel Rexes, A raíña das velutinas 
[...] unha novela que reflexiona sobre a actitude maioritaria da sociedade galega cara á memoria da guerrilla e sobre as situacións que obrigan a certas persoas, en distintos tempos históricos, a “botarse ao monte” (Montse Dopico, Praza Pública, 23-03-2018). 
Lito Vila, Campus morte
A trama está centrada en Iago Miranda, profesor compostelán en Alemaña igual que o propio autor, Lito Vila. Iago Miranda recibe unha inquedante mensaxe dun amigo da infancia que indaga a morte dunha estudante Erasmus acontecida quince anos atrás. O protagonista volve a Santiago procurando resolver un misterio que o levará de volta á Compostela de finais dos noventa e principios do milenio, ao tempo das esmorgas no Campus, aos amores da mocidade mal solucionados e a mortes que semellan non ter relación entre si (El Correo Gallego, 25-03-2018).
Carlos Quiroga, As raízes de Pessoa na Galiza
[...] aclara los principales vínculos familiares y literarios con Galicia del canonizado escritor portugués. Incluye los de Alberto Caeiro y Álvaro de Campos, dos de sus más conocidos y celebrados heterónimos: autores de ficción a quienes dota de biografía y otros elementos característicos, además de obra propia, y que son uno de los principales motivos de su actual reconocimiento internacional (Joel Gómez, La Voz de Galicia, 25-03-2018).

28.2.18

Rolda pola república das letras-194. Febreiro de 2018



Deixounos Isidro Novo
O escritor Isidro Novo (Lugo, 1951) faleceu este xoves aos 66 anos de idade. Destacado novelista e poeta, empezou a súa carreira literaria en galego con Teaza de brétema, publicado na colección O Barco de Vapor no 1994. Seguiríalle o wéstern Por unha presa de machacantes, os oito relatos de Carne de can, e o libro de poemas Dende unha nada núa, segundo indica a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (Jaureguizar, El Progreso, 01-02-2018.

Emilio Xosé Ínsua, Díaz Castro: poeta en formación (1914-1939)
[...] relata no seu libro a época e as influencias que conformaron a poesía de Díaz Castro, e revela o seu forte conservadurismo católico. O poeta de Penélope, emblemática composición de posguerra, morreu en Lugo en 1990 (Sermos Galiza, 01-02-2018).

Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González, Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte
Este traballo únese, así, a outros semellantes realizados recentemente -como a biografía sobre Castelao elaborada por Miguel Anxo Seixas ou a de Rosalía feita por María Xesús Lama- para avanzar nun xénero, o biográfico, "aínda moi deficitario", segundo os dous autores, na nosa cultura (entrevista de Montse Dopico, Praza Pública, 09-02-2018).

Miguel Anxo Seixas, Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao. Biografía dun construtor da nación
Podemos dedicarlle medallas, unha rúa, o que queiramos pero, como dicía Walter Benjamin, temos que escoitar a voz dos vencidos. E eu tento seguir ese mandado de Benjamin. Tamén o dicía o propio Castelao nun dos seus debuxos: “Galegos, cumpride a manda dos vosos mortos”. E foi o que el fixo: seguiu loitando e resistindo no exilio. Agora, o fascismo segue a triunfar en moitos sitios. Segue a haber rúas que levan o nome de fascistas e asasinos. É como se os derrotados fosen derrotados de novo. É parte do botín de guerra dos vencedores. E é a nosa obriga loitar contra inxustizas coma estas. Ou polo menos tentalo (entrevista de Montse Dopico, Praza Pública, 02-02-2018).

María Solar, Os nenos da varíola
Boa parte dos vinte e sete capítulos desta novela xira ao redor dos preparativos afrontados pola Real Expedición Filantrópica da Vacina, que alteran por completo os hábitos do hospicio coruñés dirixido por Isabel Zendal. Sobresae a sedutora capacidade da escritora compostelá para construír, a través dunha coidada selección léxica e un fluído transcorrer discursivo, o sórdido universo que acollía os nenos e nenas considerados a inmundicia da sociedade (Eulalia Agrelo, El Correo Gallego, 04-02-2018).

Olalla González / Marc Taeger, Un máis
A narrativa artéllase de forma repetitiva, a partir dunha estratexia compositiva que favorece a memorización e envolve o lector, estimulando a súa curiosidade. Noutras palabras, o relato asenta na reiteración e no paralelismo, manifestos nos sucesivos diálogos do pequeno coello con súa nai, nos encontros cos distintos animais e, inclusive, nas propias brincadeiras ou xogos que vai imaxinando (Sara Reis, El Correo Gallego, 04-02-2018).

Arnold Lobel, Saltón no camiño
Lobel amosa unha gran capacidade para converter o cotiá en extraordinario. Texto e imaxe responden á mesma estratexia formal, sen ostentacións, en busca dunha estética moderada e próxima coa que favorecer a capacidade evocadora do conxunto. A linguaxe sinxela e accesible apóiase nun deseño coidado de ringleiras separadas e tipografías básicas que favorecen a lectura do lectorado novel (Olalla Cortizas, El Correo Gallego, 05-02-2018).

Manuel María, Os soños na gaiola
O autor, como cativo criado na Terra Chá, escribe para os pequenos lectores, sobre elementos que poden atopar ao seu redor, ría, inaugurou a poesía en galego para a xente nova, “algo que falta na nosa literatura”, dixo o autor arredor de outubro de 1967 (María Almodóvar, El Correo Gallego, 05-02-2018).

Maside. A presenza do ausente.
[...] reúne 190 retratos realizados sobre papel, a lapis ou a pluma, polo pintor pontevedrés, que queda á súa vez retratado nestes debuxos, bosquexos, siluetas, apuntamentos e caricaturas de personaxes que lle son contemporáneos. Todos -salvo o de Rosalía- foron feitos de forma presencial, como recorda a crítica de arte Mercedes Rozas, que achega a este libro un texto introdutorio (Héctor J. Porto, La Voz de Galicia, 08-02-2018).

Talía Teatro, trinta anos
[...] Para iso, trasladaron un dos textos referenciais da Commedia Dell’Arte italiana á actualidade. Os contratos matrimoniais da obra orixinal son substituídos por licitacións empresariais, nesta peza, para a construción dun hospital; e os nobres e mandatarios serán neste espectáculo empresarios e políticos (Montse García, La Voz de Galicia, 13-02-2018).

Xavier Queipo, Home invisíbel
Quince textos, en que a experimentación formal viaxa do poema prosa aos xogos case caligráficos, conforman Home invisíbel. “Ten unha compoñente de lírica amorosa que vai alén da propia elección formal e da reflexión sobre o desexo, o amor potencial se así se quere”, afirma (Daniel Salgado, Sermos Galiza, 14-02-2018).

RAG, En tempos das Irmandades:fala, escrita e prelos
El volumen distribuye los textos en ocho capítulos. Los cuatro primeros se centran en distintos géneros literarios, mientras que el quinto analiza la modernización de la lengua y el sexto aborda 'La conquista del público'. Cierran el libro los capítulos dedicados a 'Intelectuales, periodistas, escritores' e 'Imagen e identidad' (El Correo Gallego, 15-02-2018).

CCG, Dicionario enciclopédico de termos escénicos
[...] unha proposta investigadora e normalizadora referida ao teatro pero tamén ás outras artes escénicas (El Correo Gallego, 15-02-2018).

João Manuel Ribeiro, O Señor Péssimo é o Máximo
A familia do señor Pésimo, composta pola súa muller e dous fillos, está disfrutando duns días de vacacións na preciosa costa galega. O afundimento do buque Prestige desencadea un profundo cambio interior no pai que se envorcará por completo no labor de intentar cambiar e salvar o mundo, conseguindo arrastrar a toda a familia na súa renovada sensibilidade e entrega, chegando a ser recoñecido por O Máximo (Giulia Vezzaro, El Correo Gallego, 18-02-2018).

João Manuel Ribeiro, A Casa Grande
É un álbum metafórico onde se pode aprender a ser un maiúsculo cidadán que soña sen medo de envellecere vive con intensidade. As ilustracións de Ricardo Rodrigues recrean os momentos clave do texto, así como contemplan aspectos que o compoñente verbal non inclúe, enriquecéndoo (G. S. M., El Correo Gallego, 27-02-2018).

Tomi Ungerer, Caracol, onde estás?
[...] a interrogación invocativa que constitúe o título representa o punto de partida ou o reto que se lanza ao lector: percorrer as páxinas do volume ou a secuencia de ilustracións, sen palabras, en que se basea, e chegar ao seu final cunha resposta, no presente e na primeira persoa, declarada polo propio protagonista, xa introducido desde o título (Sara Reis da Silva, El Correo Gallego, 18-02-2018).

Xavier Estévez, Avións de papel
Os personaxes aos que dá vida están moi ben definidos e o autor póñenos na súa pel para que sintamos os seus medos e inseguridades, as súas ledicias e degoxos. Ademais, é unha historia con dous narradores, que se identifican polo emprego dunha tipografía en redonda e cursiva, facendo o percorrido polas palabras moi ameno. Con eles viviremos os misterios e as inxustizas que acontecen nunha vila costeira (Raquel Senra Fernández, El Correo Gallego, 18-02-2018).

1.2.18

Rolda pola república das letras-193. Xaneiro de 2018

Grupo Dramaturxa de escritura teatral
El Centro Dramático Galego (CDG) ha abierto el proceso de selección de los diez autores que formarán parte del primer 'Grupo Dramaturxa' de escritura teatral, bajo la coordinación del escritor y director escénico Manuel Lourenzo (El Correo Gallego, 03-01-2018).

Libros para agasallar
Un libro nas idades axeitadas (ou nas que non o son) é un agasallo de longa distancia, unha especie de bomba de reloxaría con potencialidades ocultas (Mario Regueira, Sermos Galiza, 03-01-2018).

Álvaro Cunqueiro, Obradoiro do falador
"Obradoiro do falador" es el título de la obra publicada por Galaxia de los filólogos vigueses Iago Castro y Xosé Henrique Costas en la que recopilan toda la producción periodística en gallego del escritor publicada en el diario decano de la prensa nacional (Andrea Mariño, Faro de Vigo, 10-01-2018).

Luís Valle, Para que eu beba
É unha obra escrita en mónadas, en versos cortados, que temática e estilisticamente continúa un liña de escritura que inaugurei hai nove ou dez anos cun poemario que se chamaba Fedor. Esta é a terceira parte dunha obra maior que se titulará Os froitos negros e que incluirá Fedor, As cicatrices do Sol e este Para que eu beba (entrevista de Elisa Álvarez, La Voz de Galicia, 10-01-2018).

Manuel María, Os soños na gaiola
Algúns dos poemas máis célebres da literatura galega atópanse nun libro humilde, cuxa primeira edición facturou un fabricante de cartóns para confitarías. Os soños na gaiola, de Manuel María, non só achegou a lingua a centos de cativas e cativos. Tamén inventou un xénero para o galego: a poesía infantil (Daniel Salgado, Sermos Galiza, 14-01-2018).

Encrucillada celebra 40 anos
Encrucillada naceu en 1977, no barrio de Canido de Ferrol, procurando o diálogo entre a fe e a cultura, desde unha ollada galega e en galego, porque o seu compromiso coa lingua era e é, salienta Andrés Torres Queiruga, "incondicional" (El Correo Gallego, 20-01-2018).
  • As letras galegas na encrucillada”: [...] Encrucillada non naceu por casualidade, «senón de estrita necesidade: a dun corpo social longamente amordazado, falado-falseado nun idioma alleo, emigrado de si mesmo, roto na súa intimidade, esgazada a súa trama social polo imposto -e ás veces interiorizado- turrar de tantas cordas de fantoche, que desde fóra decidían os camiños da política e do diñeiro, os da fala e os da escola, os da cultura e ata os do Evanxeo» (R. G., La Voz de Galicia, 20-01-2018).
María do Carme Kruckenberg, O morto asasinado
Entre 1998 e 2012 publicou periodicamente, en edicións non venais, un monllo de relatos que servían de agasallo para as súas amizades máis íntimas. Estes textos recóllense agora no volume O morto asasinado (Galaxia), nunha edición ao coidado de Mercedes Queixas (Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 23-01-2018).

Antón Lopo, Corpo
[...] O xurado valorou o libro gañador, Corpo como un excelente poemario, que se compón de diversas suites que se completan ou se enfrontan ou se escisionan (El Correo Gallego, 25-01-2018).
Lucía Novas, Cervatos
[...] a autora leva á poesía a técnica do collage e a estética do videoclip. En imaxes que se suceden veloces, efémeras (Montse Dopico, Praza Pública, 27-01-2018).

Miguel Anxo Seixas, Castelao. Biografía un construtor da nación
O propósito de Seixas era pescudar nun Castelao de «raíces, árbore e froitos», no que o home, a árbore, «unha figura exemplar», tamén contribuíse ao entendemento da «obra excepcional» (Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 29-01-2018).

Fernando Pérez-Barreiro Nolla, Poemas do carricanto
Ese poeta secreto revélase no libro Poemas do carricanto (Espiral Maior), que recolle a súa poesía galega, toda inédita, cun minucioso estudo biográfico e literario a cargo de Armando Requeixo e un epílogo de Xosé Luís Méndez Ferrín (Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 31-01-2018).

Marilar Aleixandre, Mudanzas e outros velenos
Atravesados por unha forte conciencia feminista e de pescuda nas zonas negadas da historia, os seus poemas rescriben mitos e narracións, entenden o mundo como tecido por relatos e nel interveñen destemidos (Sermos Galiza, 31-01-2018).