Morte no Nilo. Exercicio de comprensión lectora.
A actividade, baseada nesta novela gráfica, consiste en recolocar os diálogos nos globos correspondentes seguindo as escenas.
Sobre a obra:
Amosando publicacións coa etiqueta Morte no Nilo b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Morte no Nilo b>. Amosar todas as publicacións
23.3.15
1.2.12
Morte no Nilo (de François Rivière / Solidor). Actividades (1)
Imaxe: Morte no Nilo. El Patito Editorial, pp. 26-7. |
ACTIVIDADES
- Formamos grupos de catro membros, tantos como personaxes ós que lles furamos os globos.Cada equipo reparte os papeis para representar a Poirot (globos 1, 2, 4, 6, 8, 11, 13, 15, 16, 19, 21, 22, 24, 26), o médico (globos 2, 7, 9), o coronel inglés (globos 5, 10, 12) e a señorita Jacqueline (globos 14, 17, 18, 20, 23, 25, 27).[Tempo dedicado: 15 minutos.]
- Cada actor debe pórlle voz ó seu personaxe. Pero antes, todo o grupo debe pórse de acordo na historia xeral, baseándose na expresión dos personaxes e no que suxiran as escenas debuxadas. Obviamente, non sairá a historia orixinal, pero o resultado ten que ser verosímil. [Tempo: 3-4 minutos.]
- Gravaranse os diálogos para audición e comentarios posteriores na aula.
- Os grupos que fagan de oíntes redactarán o argumento tirado dos diálogos dos compañeiros. [Tempo . 5 minutos.]
19.1.12
François Rivière / Solidor. Morte no Nilo
Imaxe: El Patito Editorial |
O detective Hércules Poirot investiga o asasinato de Linnet Ridgeway, moza fermosa e rica, que aparece morta no seu camarote cando estaba de lúa de mel nun cruceiro polo río Nilo. A Poirot chóvenlle os sospeitosos, comezando por Jacqueline de Bellefort, que seguía os pasos da parella porque a súa antiga amiga Linnet lle roubara o noivo cando estaba a piques de casar. Como resulta habitual nas novelas da “raíña do crime”, a situación complícase a medida que avanzan as pescudas, a investigación torna sempre ó punto de partida e os datos cos que se contan non sinalan a ningún culpable concreto. Como nos sinala Naomi no blog A Casa Torta
“Jacqueline de Bellefort não se conforma por perder Simon Doyle para Linnet e passa a seguir o casal pelo mundo, mas não é a única a bordo do vapor S. S. Karnak com motivos para matá-la. A Poirot e Race [coronel británico que colabora con Poirot nesta ocasión] cabe descobrir quem são, quais os motivos e as oportunidades dos demais passageiros: um arqueólogo italiano; uma dama arruinada e o filho dândi; uma aristocrata esnobe, sua enfermeira e uma prima empobrecida, um psiquiatra austríaco; o curador norte-americano da falecida; um jovem advogado inglês; a criada francesa da vítima; um jovem comunista que desdenha a burguesia ociosa a viajar num cruzeiro pelo Nilo no mesmo navio que ele”.
Pero as pequenas células grises de Poirot -que nunca están de vacacións- acaban por atopar o fío que desenlea a meada. O desenlace, aínda máis tráxico do esperable, sorprende a todos menos ó detective, que ten a virtude de se atopar sempre no lugar e momento axeitados: “Humm... Paréceme que lin o seu destino a primeira vez que a vin naquel restaurante do West End” (p. 50). Refírese a Jacqueline quen, malia a súa perda progresiva da estabilidade emocional, remata por se converter en administradora de xustiza e derradeira vítima desta historia.Viñeta: Morte no Nilo. |
É de interese a recensión crítica de M. Galea (ubcfumetti.com). Coméntase nela a adaptación italiana da novela de Agatha Christie, e nunha exposición moi razoada expóñense as dificultades que a novelista inglesa presenta para este tipo de cometido, chegando á conclusión de que a banda deseñada non é un medio axeitado para o desenvolvemento das novelas desta autora. Fundaméntase esta afirmación nas seguintes características:
- Agatha Christie faille “trampa” ó lector, ó non gozar este do mesmo nivel de información cós personaxes das súas historias;
- as novelas desta autora son moi prolixas e estáticas; os personaxes falan sempre, con uns e con outros;
- e no remate do balume de informacións, o detective ordena o caos e atopa o culpable.
Viñeta: Morte no Nilo. |
Por estas razóns, a M. Galea parécelle un desafío case que imposible levar a novela á banda deseñada; polo excesivo peso da palabra na obra de A. Christie.
Sitiografía
- Presentación editorial de Morte no Nilo.
- Trafegando ronseis: Agatha Christie en galego.
- A raíña do crime en bd (Galicia Hoxe, 05-02-2011).
- A Casa Torta: Agatha Christie en quadrinhos.
- A Casa Torta: Agatha Christie, 120 anos.
- Lembranza especial de Agatha Christie pola editora brasileira.
- Tajmahalcomics: recensión á edición en castelán.
- Agatha Christie na banda deseñada.
- Argumento da novela de Agatha Christie.
- M. Galea, recensión sobre a obra de Agatha Christie en ubcfumetti.com.
François Rivière / Solidor, Morte no Nilo. Santiago de Compostela, El Patito Editorial, 2011.
ACTIVIDADES
1. Globos furados.
Etiquetas: banda_deseñada, Agatha_Christie, Morte_no_Nilo, Rivière, Solidor
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)