31.5.17

Rolda pola república das letras-185. Maio de 2017

En este libro, Eiré ofrece a los lectores retazos de su historia personal que se convierten en lecciones de vida para convertir esta novela íntima en un libro universal (El Correo Gallego, 02-05.
[...] Deshabitar unha casa e Nomes de fume, os dous libros cos que a poeta Miriam Ferradáns vén de gañar, respectivamente, os premios Francisco Añón e Pérez Parallé. Un detrás doutro, pouco antes de levar tamén o Leiras Pulpeiro por Do tacto (entrevista de Montse Dopico, Praza Pública).
O xurado destacou que a obra gañadora é un poemario “de grande orixinalidade que domina a tradición, mesmo a non convencional, e que recorre a unha linguaxe depurada para, a través dela, facer unha viaxe xeográfica e tamén emocional onde teñan cabida outras linguas e presenzas culturais de gran calado” (A. V., Sermos Galiza, 06-05-2017).
[...] é unha “reinterpretación das novelas de viaxes” cunha “comunión moi marcada co universo do mar e das lendas” (Sermos Galiza, 06-05-2017).
[...] Destaca que ‘Galicia en Bus’ “recrea asuntos como a memoria e a identidade a través da perspectiva de xénero, articulando un percorrido territorial que se estende desde o íntimo ata o cartográfico" (Sermos Galiza, 07-05-2017).
E, como en todos os grandes cancioneiros amorosos, atopamos aquí a mestura de paixón e dor, inseparables, ou estrañados cando faltan: o cravo de ouro, de ferro ou de amor de Rosalía, a aguda espiña dourada de Antonio Machado: «Pero esquecer non podo nin quixera / Tanta paixón coa miña dor revolta / Só podería xuntas esquecer (Marina Mayoral, La Voz de Galicia, 08-05-2017).
Francisco Cortegoso (Pontevedra, 1985 -2016) é autor de ‘Memorial e danza’ (Espiral Maior, 2014), co que gañou o Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé, e ‘Suicidas’ (Chan da Pólvora, 2016) (Sermos Galiza, 12-05-2017).
No 2017, Chévere cumple 30 anos e vaino celebrar ofrecendo ao público a posibilidade de volver asistir a tres espectáculos míticos do repertorio antigo da compañía, que se poderán ver xuntos exclusivamente en Santiago durante o mes de xullo (Sermos Galiza, 19-05-2017).
[...] organizada pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia. As distincións, sen dotación económica, recoñecen “a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial” ao longo do ano 2016 en Galicia (Praza Pública, 21-05-2017).
Os Premios da Crítica Galicia naceron en 1978 en Vigo nunha cea do Círculo Ourensán Vigués na que a elite cultural, que pagara 800 pesetas polo prato, deu coa dura realidade nos fociños: a gala foi parada polos obreiros de Ascón, amolados e en loita pola reconversión naval, para pedir solidariedade (E. V. Pita, La Voz de Galicia, 21-05-2017).
O relato infantil O enigma de Mona Lisa (Galaxia, 2016) viu a luz en galego, antes de editarse en Uruguai, verquido por Iolanda Veloso Ríos. A odontóloga, ilustradora, escritora, artista plástica e escenógrafa María Noel Toledo é a “ilustrautora”, como lle gusta denominarse, desta historia coral, baseada na vida cotiá, pero chea de referentes culturais que Mariel, a nena narradora protagonista e, ás veces, omnisciente, vai aprendendo no evoluír da trama (M. Fernández Vázquez, El Correo Gallego, 21-05-2017).
[...] a autora achéganos unha novela que reconstrúe, con ambición e minuciosidade, a sociedade castrexa. A través dunha arquitectura coral, composta por unha pluralidade de voces, a narrativa mostra a organización social, política, militar e familiar dos poboados castrexos, dos norteáns (Belén Bouzas, El Correo Gallego, 21-05-2017).
Canta connosco! recolle as letras das doce cancións que compoñen o traballo, un CD coa música, un DVD con vídeos para favorecer a práctica e aprendizaxe das cancións, que tamén se poden seguir polo karaoke. O libro conta coas suxestivas ilustracións de Óscar Villán, que lle achegan frescura e humorismo ao conxunto, así como unha presentación de Manuela Rodríguez, quen rememora a relevancia de Migallas no panorama galego e lles agradece as súas contribucións á música infantil, salientando a combinación de ritmos tradicionais e actuais e as potencialidades destes recursos para traballar de xeito lúdico e interdisciplinar aspectos como a expresión dramática [...] (Isabel Mociño, El Correo Gallego, 22-05-2017).
[...] en 'A semántica oculta de Mrs. Hockett' establécese unha comunicación entre distintas disciplinas: a literatura, a lingüística e as matemáticas, nun fluído xogo —narrado impecablemente, con ritmo e certa ironía— entre narrativa e poesía, entre códigos numéricos e emocións humanas" (Sermos Galiza, 23-05-2017).
[...] unha viaxe divertida, disparatada, incrible e na que aos seus protagonistas lles pode ocorrer calquera cousa (La Voz de Galicia, 24-05-2017).
Os tres de nunca (Xerais), a nova novela do escritor Nacho Taibo. Nela, coma en Os dous de sempre de Castelao, vanse entrelazando as historias dos personaxes principais. Esta fórmula xa fora utilizada polo autor en Homes de ningures, a obra coa que gañara o Premio da Crítica Española (entrevista de Montse Dopico, Praza Pública, 28-05-2017).
Eu concibino como un deambular, un saír da casa sen saber moi ben a onde vamos nin que sucederá. O que nos pase nese paseo xa é cousa do que deixemos entrar ou non (entrevista de Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 31-05-2017).
A profesora ferrolá Maite Ximénez presentará mañá en Compostela os libros Cantar de Valtario e Cantar de Ruodliev na súa traducción aó galego. Trátase da primeira vez que se verten a nosa lingua estes dous poemas épicos escritos en latín medieval (Karmele Vázquez, El Correo Gallego, 31-05-2017).

26.5.17

Carlos Vila Sexto. O enigma de Caronte

Imaxe: O enigma de Caronte. Galaxia
Un grupo de amigos adolescentes prepárase para gozar do seu derradeiro verán xuntos. Na vila non hai instituto e a etapa do bacharelato suporá a diáspora da panda. Pero a morte dun dos rapaces, da que logo terán sospeitas de que fora un asasinato, ofrécelles a posibilidade de viviren unha emocionante aventura que porá en perigo as súas vidas e tamén lles demostrará o valor da amizade e do traballo en equipo.
O rapaz asasinárano porque soubera da existencia dun tesouro agochado. Seguindo as pistas que deixara, os seus amigos tratan de dar con el e, sobre todo, co asasino. Con intelixencia, esforzo, algo de axuda e unha migalla de sorte desfaranse dos inimigos, darán co tesouro e empregarano para axudar os amigos necesitados.
O tesouro do que se fala non ten gran valor material. Trátase da medalla de Caronte, unha medalla de dobre cara que ten o inmenso valor de devolver os mortos ao mundo dos vivos.
No complexo mundo que o lector atopa n’O enigma de Caronte todo pode ser o que non parece. Así, temos na vila un personaxe estraño que realmente non o é; un presunto asasino que resulta ser un verdadeiro amigo; un benfeitor do pobo que agocha un lobo sen escrúpulos comesto pola cobiza; uns matóns que, á fin de contas, resultan uns coitados; un desleigado ante os ollos da xente, pero que lle gardou ausencia toda a vida á muller da que se namorara cando mozo…
Tamén o espazo físico presenta esa dobre face que desafía os protagonistas e sorprende o lector. Baixo as casas, bosques e rúas da vila existe un labirinto de covas escavadas no terreo calcario por ríos subterráneos que desembocan no mar.
A historia que se nos conta é unha historia dobremente vivida. Os primeiros protagonistas eran novos en 1965; a xeración dos netos pechará o círculo medio século máis tarde. A estrutura externa da novela dá axeitado soporte ao seu desenvolvemento: o prólogo que describe unha escena de 1965 e o epílogo que fecha a historia en 2015 enmarcan oito capítulos, subdivididos en varias partes que relatan situacións máis ou menos simultáneas dos distintos grupos de personaxes.
O grupo dos rapaces superará o dos vellos facendo prevalecer o valor da amizade sobre a rivalidade e a cobiza. Demóstranlles que se pode vivir sen necesidade de enganar nin especular para amasar fortunas que os convertan en triunfadores ante a sociedade. Á parte do misterio que tentan investigar os protagonistas, a novela está incardinada na crúa realidade. Os personaxes agochan segredos, viven amores, sofren desamores e deslealdades, encabúxanse e reconcílianse, sacódeos a crise económica, preocúpalles o futuro dos fillos e, especialmente estes, reciben unha completa lección do que se adoita chamar educación para a vida.

Dictiografía

Carlos Vila Sexto, O enigma de Caronte. Vigo, Galaxia, 2016.