30.6.11

Agasallo de Arquivos do trasno

Recibín este agarimoso agasallo do blog amigo Arquivos do trasno. Agradézollo de corazón e colócoo aquí, permítaseme dicilo, con orgullo. Tamén é unha grande satisfacción dar cumprimento ós requisitos esixidos: facer partícipes desta distinción a outros doce blogs, avisalos do agasallo e publicar o seu enderezo. Velaquí van os meus, de entre os moitos que merecen ser agasallados:


21.6.11

Noticias de literatura-106

Manuel Rivas reedita Ela, maldita alma. Entrevista co escritor no Faro de Vigo (08-06-2011).
Natsumi Soseki publicado en galego:
Botchan é un mestre criado en Toquio que vai traballar a un afastado colexio de provincias. Alí converterase en vítima das malvadas falcatruadas dos seus alumnos e das escuras manobras dos seus colegas. A obra de Natsumi Soseki presenta unha galería de personaxes singulares, e mestura o grotesco co sarcástico de xeito único, dando forma a un estilo persoal e sorprendente para o lector occidental (Xornal de Galicia, (11-06-2011).
Xabier Queipo, Héctor Carré e Anxo Fariña, gañadores dos Xerais 2011. Artigo de Camilo Franco en La Voz de Galicia (12-06-2011). Noticia no Galicia Hoxe (12-06-2011): “Unha reflexión sobre o papel esmagador da ideoloxía oficial, a represión das minorías, o poder omnímodo da igrexa, a exploración do mundo e a procura da liberdade. Así presentou Xabier Queipo Extramunde, a novela coa que acaba de gañar o Premio Xerais”. Artigo de Teresa Cuíñas en El País (12-06-2011). Artigo de E. Ocampo no Faro de Vigo. Entrevista de Xabier Queipo con Iago Martínez (Xornal de Galicia, 13-06-2011). Entrevista de Xavier Queipo con Montse Dopico no Galicia Hoxe (15-06-2011). Entrevista con Anxo Fariña, gañador do Merlín (Xornal de Galicia, 16-06-2011).
Miguel Anxo Fernández presenta Lume de cobiza e fala do seu investigador:
En Lume de Cobiza, recoñécese o Soutelo de sempre, con trazos da súa personalidade como a retranca, ou a súa afección polo cinema. Pero os anos van pasando por el. "Hai cuestións, como a súa relación con Pat, que se van ir resolvendo de cara ó quinto libro, no que tamén coñecerá algúns dos seus parentes paternos", sinalou (Galicia Hoxe, 12-06-2011).
María do Carme Kurckenberg publicará dous novos poemarios en Barbantesa:
A editorial Barbantesa publicará este ano dous novos poemarios da escritora María do Carme Kruckenberg (Vigo, 1926). O primeiro deles verá a luz nas próximas semanas e titúlase O enigma do segredo. Esta obra reúne un feixe de cincuenta poemas que estaban no caixón á espera de seren publicados. (...)
Cara ao final de ano, Barbantesa lanzará outro poemario da escritora María do Carme Kruckenberg. Neste caso, o tema central será o jazz, un estilo musical que a autora xa analizara dende un punto de vista poética en 1999 (Xornal de Galicia, 13-06-2011).
Agustín Fernández Paz fala con Montse Dopico sobre a novela Non hai noite tan longa:
A miseria moral dunha sociedade hipócrita, clasista e demasiadas veces sumisa ante o poder, a das últimas décadas do franquismo. Pero tamén os xeitos de resistencia, a loita por preservar a dignidade nun medio hostil, o da ditadura (Galicia Hoxe, 13-05-2011).
Os ideólogos e beneficiarios do sistema afirman que esa rede, coñecida como Globalización, conducirá á riqueza para todos e, ademais, é consecuencia inevitable do progreso técnico.
Fronte a esa filosofía de mercado sen controis érguense numerosos obxectores que lembran que cada ano é maior o foso entre os países ricos e os pobres, referíndose ademais a problemas planetarios que só se resolverán globalizando todo o importante para a existencia humana e non só a rendibilidade económica (Xornal de Galicia, 14-06-2011).
Noticia de O mercado e a globalización no Galicia Hoxe, 14-06-2011).
A Universidade Complutense promove o libro Dúas vidas e un exilio. Ramón de Valenzuela e María Victoria Villaverde:
artellada a partir de oitos traballos nos que se inclúe documentación inédita -na súa maioría procedente do arquivo de María Victoria Villaverde- e fotografías familiares dos dous escritores que lles amosan ao lector os seus tempos do exilio (Galicia Hoxe, 14-06-2011).
A proposta, a medio camiño entre a literatura e a cociña, coordinado pola poeta Yolanda Castaño e a fotógrafa Andrea Costas, demostra que todo pode ser cociñado. Un volume para, da man dalgúns dos nosos máis sobranceiros escritores, aprendermos pratos suxestivos (Galicia Hoxe, 14-06-2011).
Noticia de Cociñando ao pé da letra en La Voz de Galicia (15-06-2011):
Racha coa imaxe tradicional que temos dun escritor, detrás dun atril ou nunha cadeira en actitude distante, para achegalo picando cebola e amasando. A obra nace co espírito de mesturar xéneros e disciplinas, porque a literatura, como a cociña, tamén se fai coas mans e precisa de adobos e tempo para levedar».
Golfiño retorna:
Golfiño volve ás librarías galegas da man de El Patito Editorial co álbum Golfiño e os invasores, un regreso que conforta por igual os novos leitores e aos vellos seareiros deste personaxe, que naceu un día da man do debuxante e deseñador Fausto Isorna (Galicia Hoxe, 16-06-2011).
Manuel Portas, Un dedo manchado de tinta: comentario sobre esta novela no Xornal de Galicia (17-06-2011):
“Un dedo manchado de tinta non é unha novela”, afirma categórico Gonzalo Salgueiro, “ou polo menos non é unha novela ao uso”, aclara el mesmo despois. E vai ser que si, que ten razón. Que isto non é unha novela e que el tampouco é un escritor que responda aos canons establecidos, nin Alberte vai ser un funcionario municipal arquetípico, nin Malulú un vendedor ambulante calquera, nin Carme, nin Cristina, nin Chus serán mulleres con historias do común.
Xavier Rodríguez Barrio gaña o Cidade de Ourense de poesía con Calado testamento:
Como poeta deuse a coñecer no ano 1973 co libro Pranto irmán, ao que seguiron Antífona da redención, que foi galardoado co Premio Galicia en 1977, e Herdo e alucinación en Fisterra, publicado na Editorial Akal de Madrid en 1981 (Xornal de Galicia, 19-06-2011).
Noticia do premio en La Voz de Galicia: “O poeta volve con «Calado testamento» á actualidade editorial despois de case vinte anos”.
Sobre Xavier Rodríguez Barrio e a súa obra publica Vanesa Oliveira o artigo “O testamento calado”, Galicia Hoxe, 21-06-2011.
María Reimóndez fala con Manuel Vidal no Galicia Hoxe (20-06-2011):
Eu teño toda a fe do mundo na inmersión lingüística e no amor polas linguas pero iso só é posible cando comezas pola propia. Querer falar unha lingua de poder é moi diferente a ser políglota e ademais un absurdo só coherente nun mundo dominado por certos idiomas. As linguas só “valen” nos seus contextos e, para falar coa xente que temos preto e que nos importa, a lingua máis importante é o galego.

Imaxes: Rivas (Jorge Leal / Faro de Vigo); Miguel Anxo Fernández (Galicia Hoxe); Xavier Rodríguez Barrio (Eduardo Castro / La Voz de Galicia).

5.6.11

Noticias de literatura-105

Agustín Fernández Paz fala con Teresa Cuíñas da intrahistoria de Non hai noite tan longa:
Non hai noite tan longa é unha novela negra, inzada de referencias literarias, cinematográficas e sociais contemporáneas ás personaxes nun esforzo de verosimilitude contado con axilidade e detalle, as marcas da casa. O propio Fernández Paz liquida tamén unha débeda, que lle ronda desde antes de Corredores de sombra, a novela que se inicia coa descuberta dun esquelete entre as paredes do pazo de Vilarelle: "É abrir unha fosa, un axuste de contas coa miña xeración; non podemos esquecer o que nunca se soubo. Aínda hogano seguimos alucinando cos roubos dos nenos". Explícao Gabriel Lamas: "A verdade doe, pero tamén nos fai máis libres. O delito prescribe, pero a indignidade non" (El País, 27-05-2011).
Tinta de lura ou a poesía en camisola:
Afirman que: "Cremos na cultura galega. Non somos un país. Somos un exército de poetas". Eles sentiron esa complicidade metálica cos escritores galegos e queren sacar a poesía dos altares e levala aos colexios, aos festivais, ás asociacións culturais. Devolverlle á xente o que é da xente (Galicia Hoxe, 28-05-2011).
Salma presenta a novela Despois da medianoite:
Despois da medianoite supón un fito na literatura támil e propuxo un controvertido berro crítico dende o interior da minoría musulmá, un berro nidio e complexo. Cunha prosa de fiar moi fino, atenta ao detalle, aos tirapuxas de quen loita con forzas desiguais contra cumprir as normas e rachar con elas, a voz destemida de Salma axúdanos a penetrar no escuro, lonxe dos estereotipos e máis preto dun entendemento liberador (Xornal de Galicia, 29-05-2011).
Emma Pedreira fala no Galicia Hoxe (30-05-2011) da lingua e da súa escrita:
é unha poeta encadrada na Xeración dos 90. En 1999 obtivo o Premio Faustino Rey Romero e Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, aos que seguiron o Johán Carballeira (2000), o Fermín Bouza Brey (2001), o Modesto R. Figueiredo, o Certame Manuel Murguía de narracións breves (2002), o Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño (2005). En 2010 gañou o IX premio de poesía Novacaixagalicia coa obra Antítese da ruína. Ademais, ten publicado Diario bautismal dunha anarquista morta (1999), Grimorio (2000), Bestiario de silencios (2001), Velenarias (2001), As posturas do día (2001), Os cadernos d’amor e os velenos (2002), As cinzas adentras (2004) e Casa de orfas (2006).
Manuel Vilariño publica Ruínas ao despertar: 
"un libro de amor e de dor" no que o poeta espido que sempre estivo presente en Vilariño emerxe con toda a súa forza para falar sobre a morte e a ausencia (El País, 03-06-2011).
A Italo Svevo podemos lerlle en galego Senectude (Rinoceronte):
De verdadeiro nome Aron Hector Schmitz, Italo Svevo naceu en Trieste en 1861, cando a cidade pertencía ao imperio austrohúngaro. En 1892 publicou a súa primeira novela, titulada Unha vida­. Tras casar cunha curmá súa en 1896, comezou a colaborar en distintos xornais, e publicou por entregas nun deles a súa segunda novela, Senectude (1898) (Xornal de Galicia, 04-06-2011).