Amosando publicacións coa etiqueta Valentín Paz Andrade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Valentín Paz Andrade. Amosar todas as publicacións

1.5.12

Valentín Paz Andrade. Achegas na rede (2)

1. Biografía de Valentín Paz Andrade
Foto: Editorial Galaxia/El País.
2. Achegas á figura e á obra

3. Contexto histórico-social
4. Efemérides
5. Propostas didácticas
Imaxe: educaBarrié.

7.4.12

Valentín Paz-Andrade. Galiza lavra a sua imagen

Imaxe: web dedicada a Valentín Paz-Andrade.
Galiza lavra a sua imagen é un libro epigonal. Non se trata dun testamento intelectual, pero debe considerarse un perpiaño máis na construción do edificio do país. Dátao na súa casa de Samil en 1984 e ve a luz o ano seguinte. Quéixase Valentín Paz-Andrade ó editor da tardanza da publicación (“ O livro Galiza lavra sua imagem estase facendo vello antes de saír do prelo”; Paz-Andrade, Epistolario. Carta a Isaac Díaz Pardo, 6-5-1985), mais non é un libro que se arruíne co paso do tempo, porque o que nel se trata está nos alicerces do país. Neste sentido podemos dicir, usando unha palabra do propio autor, que é unha obra “endorresistente”.
No limiar distingue o autor entre dous conceptos: personalidade e imaxe. Ambos os dous insertos no mesmo corpo e conformados pola “mesma relación consciente e responsábel dos cidadáns coa súa terra” (p. 8). Recoñece no limiar que se trata dun libro misceláneo, de variada temática unida por unha “coordenada subxacente” (p. 12), isto é, o fío da vida do país, que se vai tecendo coas vidas e obras das súas xentes, contempladas no seu conxunto. Nesta obra, Valentín Paz-Andrade convida a rematar a sementeira e a aprender a aproveitar as colleitas (p. 13).
Este conxunto de ensaios trae á memoria do lector aqueloutro libro fundacional do rexurdimento literario. A Galicia cómprelle un cambio de imaxe. Ás xentes de cada momento só teñen que seguir o exemplo e a actitude doutros coterráneos que co seu saber e o seu facer foron marcando o camiño e creando tradición.
Sostén Paz-Andrade que a un país non o conforman só as súas xentes. Recolle unha cita de Ganivet que reza: “Lo más permanente de un país es el espírito del territorio” (p. 17). Defende esta tese na parte titulada “Semiótica da paisagen”. Cada terra ten o seu símbolo, a súa árobore, a súa flor, o seu paxaro produtor da melodía do país (p. 24). Mais non é soamente a semántica da paisaxe a que conforma a personalidade do país. Tamén está o xenio das súas xentes e da elite creadora. A lingua é a máis grande obra colectiva e a máis identitaria: o carné e biografía de Galicia; pobre na casa e rica na expansión, pero xa fóra do control dos creadores orixinais.
Canda a lingua, pon Paz-Andrade a obra de pintores, arquitectos, científicos, literatos, publicistas... como esteos da personalidade do país e configuradores dunha imaxe coa que presentarse dignamente ante o mundo. Mais non se pense que Galiza lavra a sua imagen sexa un libro propagandístico e autocompracente. A diagnose que fai do país e dos seus traumas parécenos atinada e crúa (p. 118). Define a Galicia como un pobo á defensiva (p. 49), como país apouvigado por pauliña de vello (pp. 177-8). Mesmo aqueles que “tentaron coa materia de Galiza, case sempre deron na ferradura. No cravo ben poucas” [veces] (p. 123). Nin sequera as institucións estiveron á altura dos tempos; unha ollada histórica fáinolas ver “de recú” (p. 178), incapaces de abordar as reformas necesarias (p. 180).
Malia debuxar un país sen liberdade de opción nin potencia decisoria (p. 131), Valentín Paz-Andrade nunca abandona a esperanza e anima a pórse á tarefa de gañar imaxe e pelexar contra a rutina.


Valentín Paz-Andrade, Galiza lavra a sua imagen. Edicións do Castro, Sada, 1985.

22.2.12

Tucho Calvo. O legado xornalístico de Valentín Paz-Andrade

Imaxe: O legado xornalístico...
Publicouse este libro en 1997, ós dez anos do pasamento de Valentín Paz Andrade. Recolle nove artigos publicados en La Voz de Galicia entre 1960 e 1982. Con este xornal  xa cobaborara Paz Andrade antes da guerra civil.
O libro estrúturase nas seguintes partes:

a) Unha biografía xornalística, de Tucho Calvo, enfocada dende o punto de vista do home comprometido co país que foi Valentín Paz Andrade. Saliéntase a temperá vocación publicista do noso autor e a súa continuidade ó longo de toda a vida, mesmo nos anos negros das ditaduras. Publicar na prensa significaba crear conciencia, facer país. E non o arredaron deste camiño nin as multas nin o cárcere nin outras penitencias sufridas por tal motivo.

b) Unha escolma de artigos, que resultan aínda hoxe dunha sorprendente actualidade. Tanta que, á luz dos acontecementos destes últimos anos, fan pensar ó lector que xa estabamos avisados.
Imaxe: O legado xornalístico...

  1. “Cara e cruz da autonomía”, 31-12-1997. O persoeiro viviu moi de cerca ambos os dous procesos de autogoberno, e nos artigos escolmados enfoca o tema tanto coa ollada no futuro coma na sabedoría da experiencia. Neste artigo non esquece o aviso de alerta (“que non desfagan a fe do pobo cunha nova frustración”) nin unha recomendación que non se debería esquecer (“que poña en auxe as estruturas produtivas até agora esvaciadas ou entumidas”).
  2. “Dous decenios de estancamento na economía galega. O índice da renda per cápita”, ?-12-1978. Comenta o índice de renda per cápita e escribe, en 1978, que nos últimos decenios a Galicia “pasoulle o sol pola porta” (p.45) e lembra a tendencia secular que “estrangula” o “destino histórico e a recuperación socieconómica dun pobo” (p. 47).
  3. “La hora crítica del sector pesquero”, 30-11-1978.
  4. “La proyección espacial y etnológica de la lengua galaico-lusitana”, 07-02-1960.
  5. “Cabanillas e Curros”, 16-05-1976.
    Imaxe: O legado xornalístico...
  6. “San Iago, A Coruña e Lugo na historia do proceso autonómico”, 25-07-1982. A ollada á historia do proceso autonómico supuxo unha frustración para o pobo polos escasos froitos da longa loita polo autogoberno. Pobo oprimido que se ve envolto “na corrente circular entre a pobreza, a marxinación superimposta e o éxodo aventureiro” (p. 73). Remata o artigo coa “leición recollida”: “O mal da insolidade interna do país, aínda diante dos trances nos que se xoga o seu destino político e socioeconómico vén de vello. É un andacio que se propaga no tempo, que se fai reciclante. Presente no noso tempo e presente no pasado” (p. 75).
  7. “A centenaria aventura da Galicia Diplomática”, 02-09-1982. “Decatarse de que ningunha pluma o lembrara, nin co gallo de se cumprir agora o centenario, é un feito ben desconcertante. Polo que de negativo ten, e pola infravaloración que supón dunha páxina esgrevia do pasado das letras galegas” (p. 77).
  8. “El ahorro de Galicia y la financiación industrial”, 01-01-1964.
  9. “Galicia problema humano. La tasa del incremento demográfico”, 06-04-1960. Hoxe é un problema que salta á vista, pero no ano 60 Paz Andrade xa se decatara de que Galicia medraba por debaixo da media estatal e a provincia de Lugo xa estaba a perder poboación. Daquela aínda non era un andazo.

Malia escolmárense só nove artigos para cubrir dúas longas décadas de actividade, son abondo para darnos unha idea cabal da figura de Valentín Paz Andrade, das súas inquedanzas e das súas liñas mestras de actuación: política, economía, sociedade e etnoloxía, lingua e literatura.

c) Canda a biografía xornalística e a escolma van “Catro apuntes sobre a figura de Valentín Paz-Andrade” redactados por personalidades que o trataron de cerca: Francisco Fernández del Riego, Isaac Díaz Pardo, Jordi Pujol e Alfonso Paz-Andrade.

d) Remata o libro cunha “Cronoloxía biográfico-xornalística” e cun útil índice onomástico.


Tucho Calvo (ed), O legado xornalístico de Valentín Paz-Andrade, A Coruña, La Voz de Galicia, 1997. Limiar de Santiago Rey Fernández-Latorre.

12.12.11

Valentín Paz Andrade. Achegas na rede (1)

Foto: Galicia Hoxe.
Valentín Paz Andrade homenaxeado no Día das Letras de 2012
1. Noticias da homenaxe
  • RAG (04-06-2011): “O Plenario da Real Academia Galega, reunido en sesión ordinaria hoxe día 4 de xuño de 2011, acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2012 a Valentín Paz Andrade (Lérez, Pontevedra, 1898 - Vigo, 1987)”.
  • Galicia Hoxe (04-06-2011): “O poeta, ensaísta e empresario Valentín Paz Andrade (Pontevedra 1898- Vigo 1987) será o homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2012, tal e como acordou este sábado o plenario da Real Academia Galega (RAG) por maioría”.
  • Galiciaé (04-06-2011): “No inicio da súa traxectoria profesional, foi director do xornal galeguista Galicia entre 1922 e 1926, ano en que foi pechado pola dictadura do xeneral Primo de Rivera. Trala caída do réxime, presidiu o Grupo Autonomista Galego (1930) e, xunto con Castelao e Ramón Cabanillas, foi candidato ás Cortes Constituintes no 1931 e membro activo do Partido Galeguista, do que foi nomeado secretario xeral tres anos despois”.
  • Laopinioncoruna.es (04-06-2011): “La polifacética vida de Paz Andrade, por su importancia en el mundo del periodismo, la literatura y ensayo, y su "capacidad empresarial", pesó en la valoración de los académicos para homenajear el próximo año a esta figura, de la que la RAG destaca "su compromiso con el país".
  • La Voz de Galicia (05-06-2011): “A polifacética traxectoria de Paz Andrade acadou finalmente o consenso da Academia, que valorou a súa traxectoria «como creador, periodista e empresario, e, fundamentalmente, como home comprometido co país e coa lingua»”.
  • Xornal de Galicia (05-06-2011): “Personaxe fundamental para entender o século XX en Galicia, Paz Andrade foi membro do Partido Galeguista e optou dúas veces, sen resultar elixido, a un escano no Parlamento español. En 1936, antes de ser represaliado polas autoridades herdeiras do golpe de estado e padecer o desterro en varias localidades –nunha delas coñecería a súa muller–, participou na redacción do Estatuto de Autonomía de Galicia. Ao longo da súa vida sería vítima de varios atentados, todos afortunadamente frustrados”.
  • Faro de Vigo (05-06-2011): “Dentro de su producción poética destacan "Llanto materno" (1955), "Sementera del viento" (1968) y "Cien lleves de sombra" (1979). También escribió ensayos literarios, históricos y económicos, en los que reflejó su preocupación por el progreso de Galicia. Como político, presidió el Grupo Autonomista Gallego (1930) y fue secretario del Partido Galeguista (1934). En 1977 fue elegido senador por Pontevedra por la Candidatura Democrática Gallega”. [Sic.]
  • El País (05-06-2011): “Jurista, político galleguista, empresario y también ensayista y poeta. La polifacética trayectoria de Valentín Paz Andrade (Pontevedra, 1898-Vigo, 1987) le valió ayer ser elegido por la Real Academia Galega como la figura a la que se le dedicará el Día das Letras Galegas de 2012”.
  • Diárioliberdade: “Letras Galegas para um reintegracionista” (15-06-2011).


Imaxe: industrias pesqueras.com
2. Achegas á figura e á obra


3. Obras dixitalizadas

3.12.11

Valentín Paz Andrade, A galecidade na obra de Guimarães Rosa.

Imaxe: Rede de Bibliotecas de Galicia
Valentín Paz Andrade amosa neste libro a admiración que sentía polo escritor brasileiro João Guimarães Rosa e demostra o profundo coñecemento que tiña da súa obra. Como nos di Paulo Ronai na introdución, para o estudo da obra rosiana Paz Andrade
“soube encontrar um novo ángulo de abordagem, o da galeguidade de Rosa, que ninguem podia enfrentar melhor do que ele. Na leitura de Grande Sertäo: Veredas e dos outros livros rosianos depararam-selhe inumeros elementos que evocaram irresistivelmente a Galicia: suas vozes, seus modos de falar e de sentir, seus costumes, seus ritos e crenças, seus viventes objetos. Encontros täo freqüentes e insistentes que o levaram a empreender uma ampla investigaçäo, näo já de influências, mas de identidades” (p. 9).
Pretende Valentín Paz Andrade sacar á luz a Galicia espallada polo mundo, pero que non consta como tal. No caso de Guimarães Rosa, a materia de Galicia aparece subsumida na súa obra:
“Foi dabondo a teimosía rosiana de recorrencia ás fontes, para aquel resultado sincrético poder coallar como nun prodixio. Elementos galegos que perderan vixencia no portugués, mormente no literario, ou que dentro da mesma área da comunidade lingüística viñeran a menos, se non ficaban esmorecidos, recobran a súa plenitude ou a súa pristinidade na obra rosiana. Reagroman nos tecidos do idioma con insospeitados valores expresivos, con beleza reconquerida” (p. 84).
E para demostralo, Paz Andrade comeza por mergullarse na historia para lembrarnos como aquel anaco do sur de Galicia tomou as rendas do seu destino para converterse nun estado e botarse depois ó mar na conquista do mundo. E alí onde volveu botar raíces abrollan nomes, palabras e costumes que repiten os tomados na fonte orixinaria.
Imaxe: A galecidade de Guimaraes Rosa.
Mitos e refráns recollidos na obra de Guimarães Rosa seguen vivos en Galicia. O autor brasileiro chega mesmo a recrealos e darlles un valor novo (“Melhor un passaro voando do que dous na mao”, por exemplo). Tampouco non falta a saudade na obra rosiana, e algúns dos seus personaxes redescóbrena e defínena comezando polo que non é: “Festa é o contrario de saudade”. Seguindo os personaxes rosianos, Valentín Paz Andrade describe a saudade de varias formas; entre elas “vellez da alma denantes que do corpo” (p. 193) ou recorrendo a unha forma aforismática dun personaxe rosiano: “saudade é ser despois de ter”.
Botando man da historia, da lingua, da traxectoria do novelista, da etnografía, dos mitos, dos aforismos... Valentín Paz Andrade amosa a “galecidade” do escritor mineiro e basea  a súa tese non só no estudo dos elementos antes relacionados, senón tamén nunha carta do escritor ao seu tío Vicente Guimarães, na que se refire á “fala e escrita dos nossos avós portugueses, na época dos grandes descobrimentos e das viagens marítimas”.  Sostén Paz Andrade que “está a dicir de cando, entre portugués e galego, ningún distanciamento formal tiña coallado. Non foron outros os seus principios estéticos, E, polo feito de os acoller tiña a forza de fuxir das empalladas idiomáticas. De as facer na súa lingua poética, folgadamente desenvolvida e xa ateigada de recursos lexicaes enxebres. Na lingua que fora, é verdade, superimposta, mais por unha civilización xa desenvolta e madurecida. Que fora tamén secular e plurinacionalmente consagrada (...) Outra cousa semellaría caír no recuamente a un nivel de cultura tribal” (p. 190).
Imaxe: A galecidade de Guimaraes Rosa

Sitiografía
  • Portal Cronópios: Antonio Maura fai unha longa referencia a esta obra de Paz Andrade no artigo “Recepción en España de Grande Sertão: veredas”. Deixamos pegada aquí a cita  porque, á parte do interese da referencia concreta á obra do autor galego, sinala unha liña de traballo que Valentín Paz Andrade percorreu para ofrecernos resultados aprezables:
“Casi una década más tarde, en 1978, se publicaba un libro titulado A galecidade na obra de Guimarães Rosa, de Valentín Paz-Andrade. Su autor, un conocido político galleguista, era en la época senador electo por Pontevedra, y escribió también tres poemarios y algunos ensayos como, entre otros, los titulados La anunciación de Valle Inclán (1967) o Transferencias etnológicas de Galicia en el Brasil ulterior (1976).
Confiesa Paz-Andrade haber conocido la obra del escritor mineiro en París y que más tarde prosiguió su apasionada lectura en Brasil. En su libro sobre la galleguidad en la obra de Guimarães Rosa, además de una breve biografía del escritor mineiro, Paz-Andrade ofrece también una sinopsis de la historia de Galicia desde sus orígenes hasta la llegada de Cabral a Brasil y elabora una lista de denominaciones de linajes gallegos que fueron transferidos a las tierras americanas. Concretamente, reconoce en el mismo nombre de Riobaldo, protagonista y narrador de Grande sertão: veredas, un origen gallego:
“Riobaldo! De ónde este nome provém? Pudera adimirse como unha nova forma de Rui do Valle ou Rui do Val? De estas duas sabemos que mantiñan vixencia nas terras do Douro e o Minho, alá poi-o século XVI. Veñen impostas a un crego de misa e ola no Nobiliario do Conde de Barcelos.”
Pero no sólo en los nombres encuentra el ensayista restos de galleguidad, sino también en determinados dichos, cantos, danzas y costumbres de origen popular que tanto abundan en el libro rosiano. Como ejemplo podemos recoger la procedencia que halla de la misma cita del libro “o diabo na rua, no meio do redemoinho”, que, como Paz-Andrade sugiere, sería también de origen gallego:
“Na segunda portada do libro, risca un lema: «o diabo na rúa no medio do redemuinho»… Dito éste que ben recoler pudera unha lenda da vila de Pontevedra, onde San Bartoloméu se festexa o 24 de agosto. Ao fio de medio-día das vispras, según tradición local, até que a festa remata, «anda o demo solto pol-as ruas». E a xente, entramentras, non deixa de ter o abellón tras da orella.”
Para Paz-Andrade el iberismo tan presente en la obra de Guimarães Rosa es galleguismo y, más parece, que en lugar de buscar explicaciones o raíces a la obra del mineiro, quiere legitimar la propia lengua gallega en la obra del quizás más grande creador del idioma brasileño. Lo mismo intentará demostrar en otro importante autor de habla castellana, Valle Inclán, en el libro que le dedica, donde buscará los galleguismos con los que el autor de las sonatas nutrió a la lengua española. En todo caso, aparte de las certezas o inexactitudes de este ensayo, sí es importante destacar el interés que despertaba un autor que, en ese momento, estaba siendo traducido al castellano”.


Valentín Paz Andrade, A galecidade na obra de Guimarães Rosa. Ediciós do Castro, 1978.