3.5.20

Ricardo Carvalho Calero. Algunhas achegas na rede

 Designación homenaxeado Letras Galegas 2020
Imaxe: Cultura galega.org
  1.  "Sete académicos reivindican o impulso orixinal de Carvalho para o Día das Letras", Sermos Galiza, 17-06-2019: https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/academicos-reivindican-impulso-orixinal-carvalho-dia-das-letras/20190617140830080907.html
  2. Héctor J. Porto, "Ricardo Carvalho Calero será o autor homenaxeado no Día das Letras 2020", La Voz de Galicia, 19-06-2019: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2019/06/19/ricardo-carvalho-calero-sera-autor-homenaxeado-dia-das-letras-2020/0003_201906G19P34991.htm
  3. Andrea Presedo, "Carvalho Calero, xa tocaba", La Voz de Galicia, 20-06-2019: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2019/06/20/carvalho-calero-xa-tocaba/0003_201906G20P38991.htm 
  4. M. O., "2020, ano Carvalho Calero", Sermos Galiza, 22-06-2019: https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/2020-ano-carvalho-calero/20190621130328081117.html 
  5. E. Eiroa, "Carvalho Calero terá o Día das Letras [...], La Voz de Galicia, 22-06-2019: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2019/06/22/span-langglcarvalho-calero-tera-dia-das-letras-ampla-maioria-na-ragspan/00031561208508921106605.htm
Sobre o autor
  1. Ricardo Carballo [Carvalho] Calero na páxina da Real Academia Galega: https://academia.gal/letras-actual
  2. Ricardo Carballo Calero. Entrada na Galipedia: https://gl.wikipedia.org/wiki/Ricardo_Carballo_Calero
  3. Letras Galegas 2020, Praza Pública: https://praza.gal/temas/letras-galegas-2020/todo 
  4. Día das Letras Galegas 2020, Sermos Galiza: https://www.sermosgaliza.gal/tags/diadasletrasgalegas2020
  5. Ricardo Carballo Calero, Día das Letras Galegas 2020.Consello da Cultura Galega:http://consellodacultura.gal/diadasletrasgalegas/2020/
  6. Ricardo Carvalho Calero (1910-1990). Biografía, obra e outros documentos no Centro de Documentación da AELG: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/ricardo-carvalho-calero
  7. Centenário Carvalho Calero (1910-1990): https://carvalhocalero2010.net/ 
  8. 2020 - Ricardo Carvalho Calero. O Portal da Lingua Galega, Xunta de Galicia. Biografía, documentación e programa e actividades relacionadas coa homenaxe a Ricardo Carvalho Calero: https://www.lingua.gal/letras-galegas/contido_0058/2020-ricardo-carvalho-calero
  9. Primavera das Letras 2020: Letras para contar un país. Botóns. Portal Galego de Educación: https://botons.eu/2020/03/03/primavera-das-letras-2020-letras-para-contar-un-pais/
  10. X. L. Axeitos, "Silueta de urxencia dun humanista galego", La Voz de Galicia, 20-06-2019 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2019/06/20/span-langglsilueta-urxencia-dun-humanista-galego-span/0003_201906G20P39_COPY991.htm 
  11. B. P., "Carvalho Calero, a 25 anos do seu pasamento", Sermos Galiza, 24-03-2015: https://www.sermosgaliza.gal/articulo/comunidade-sermos/carvalho-calero-25-anos-do-seu-pasamento/20150323230727036043.html
  12. "25 anos despois: as dúas mortes de Carvalho Calero", Sermos Galiza, 26-03-2015: https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/sermos-galiza-publica-aberto-fondo-carvalho-calero/20190624102305081165.html 
  13. "O tesouro bibliográfico de Carvalho Calero atópase no Parlamento", Sermos Galiza, 23-06-2019: https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/biblioteca-carvalho-calero-atopase-parlamento/20190623173925081154.html
  14. Xesús Fraga, "Carvalho Calero, poeta, narrador e un moi influínte ensaísta", La Voz de Galicia, 23-06-2019: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2019/06/23/span-langglpoeta-narrador-moi-influinte-ensaistaspan/0003_201906G23P36994.htm
  15. Ramiro Vidal Alvarinho, "Carvalho Calero como epicentro das nossas contradiçons", Praza, 24-06-2019: https://praza.gal/opinion/carvalho-calero-como-epicentro-das-nossas-contradicons
  16. David Lombao, "Carvalho Calero, "modesto espectador" do Estatuto galego de 1936", Praza, 28-06-2019: https://praza.gal/politica/carvalho-calero-modesto-espectador-do-estatuto-galego-de-1936
  17. Suso de Toro, "Carvalho Calero segue vivo", Sermos Galiza, 30-06-2019:https://www.sermosgaliza.gal/opinion/suso-de-toro/carvalho-calero-segue-vivo/20190628104018081338.html
  18. Ramón Varela Puñal, "Carvalho Calero, adail do reintegracionismo", Sermos Galiza, 03-07-2019: https://www.sermosgaliza.gal/opinion/ramon-varela-punal/carvalho-calero-adail-do-reintegracionismo/20190626110534081233.html
  19. Xosé Lois García, "Ricardo Carvalho Calero e a superación do silencio", Sermos Galiza, 04-07-2019: https://www.sermosgaliza.gal/opinion/xose-lois-garcia/rivardo-carvalho-calero-superacion-do-silencio/20190703113754081488.html
  20. J. Arneiros Torcela, "Carvalho Calero también fue un gran educador", Faro de Vigo, 30-07-2019: https://www.farodevigo.es/opinion/2019/07/30/carvalho-calero-gran-educador/2147583.html
  21. Ricardo Carvalho Calero, construtor do galego, na páxina web de AGAL:  https://carvalho2020.gal/
Sobre a obra literaria
  1. A xente da Barreira. Entrada na Galipedia: https://gl.wikipedia.org/wiki/A_xente_da_Barreira 
  2. Xosé M. Dobarro, "A xente da Barreira, a primeira novela galega da posguerra", La Voz de Galicia, 12-05-2002: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/television/2002/05/12/xente-da-barreira-primeira-novela-galega-da-posguerra/0003_1084417.htm
  3. Scórpio. Entrada na Galipedia: https://gl.wikipedia.org/wiki/Sc%C3%B3rpio
  4. "Unidade didática: Scórpio e Carvalho Calero". Ligazón na páxina de Através Editora: https://www.atraves-editora.com/produto/scorpio/
  5. Henrique Rabuñal, "Carvalho Calero na historia do noso teatro", en adiante.gal: https://adiante.gal/carvalho-calero-na-historia-do-noso-teatro/
  6. Laura Tato Fontaíña, "O teatro de Ricardo Carvalho Calero". Ligazón para acceder a este traballo de investigación no Repositorio da Universidade da Coruña: https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/13127
  7. Óscar Iglesias, "O teatro soñado de Carvalho Calero", El País, 18-3-2011. Recensión do estudo de Manuel Castelao Elucidación da sombra.Análise e interpretación de dúas pezas teatrais de Carvalho Calero (Laiovento): https://elpais.com/diario/2011/03/18/galicia/1300447110_850215.html
  8. Héctor Cajaraville, "O teatro é ideal para que o alumnado coñeza a Carvalho Calero", Faro de Vigo, 10-3-2020: https://www.faroeduca.es/faro-educacion/suplemento-10032020/carvalho-calero.html
  9. Francisco Salinas Portugal, "Carvalho Calero poeta: a palabra no exilio". Ligazón para este estudo na páxina do Repositorio da Universidade da Coruña: https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/13125
Noticias para a homenaxe
  1. Ramón Nicolás, "Nada galego lle foi alleo", La Voz de Galicia, 14-05-2020: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2020/05/14/span-langgl-galego-lle-foi-alleospan/0003_202005G14P42993.htm

28.1.20

Viale Moutinho. "Manhas do gato pardo"

José Viale Moutinho preséntanos nesta obriña a adaptación de media ducia de contos populares rusos:
  1. "Manhas do gato pardo"
  2. "Urso pateta"
  3.  "Raposa rapozeca e cegonha de bico comprido"
  4. "A união faz a força"
  5. "Casa panela de barro"
  6. "Comer, beber, rir e fugir"
1. En  "Manhas do gato pardo" (que dá título a toda a colectánea) temos un gato demasiado lambón ao que a dona bota fóra da casa despois de lle quentar a pelella. Mallado e choroso vai camiñando na procura de novo acubillo. Vano acompañar na viaxe o carneiro e o bode, convencidos polo gato de que poden rematar nun bo asado. Van atopando outros animais polo camiño: uns, amigos, coma o oso; outros, inimigos, coma os lobos. O gato mañoso vainos librando dos perigos que poidan aparecer por eses camiños do mundo.
O relato ten unha estrutura semellante á dos músicos de Bremen, mais nesta vagabundaxe os protagonistas non se propoñen lograr un obxectivo definido, senón que semellan preferir ir tirando sen rumbo e procurar saír sans e salvos dos perigos que se lle presenten. Máis que un equipo solidario semellan un grupo dirixido por un líder astuto --o gato-- que os fai actuar en proveito de todos, aínda que lles custe algún sacrificio.

2. Un oso parvo e un labrador aproveitado de máis son os protagonistas desta breve historia. O labrador vai convencendo o oso de que, no canto de comelo, resultaríalle máis beneficioso colaborar con el. Pero o humanao resulta ser unha grade que leva todos os terróns e o babeco do oso queda sempre a velas vir. Canso dos abusos do labrador, o oso encabúxase e estrágalle os cultivos de xeito que ninguén saca proveito do campo. No remate de contas, labrador e oso non se poden ver.

3. O mesmo resultado, aínda que desenvolvido con métodos máis sutís, é ao que se chega na historia da raposa e a cegoña. A actitude aproveitada da primeira e o pago coa mesma moeda da segunda fan que se perda unha boa amizade. É o que ten querer quedar ben sen facer gasto.

4. O resultado contrario acádase cun cambio de actitude. No relato "A união faz a força" demóstrase que a colaboración honesta entre individuos, aínda que non se leven ben, dá sempre bo resultado sen que ninguén saia prexudicado.
Tamén demostra que sae a conta confiar na sabedoría dos vellos.

5. Na casiña da panela de barro vanse xuntando animaliños diversos que gustan do acubillo e viven felices nel ata que chega un oso paspallán e abusón que lles escacha o refuxio. Tamén neste relato a unión fai a forza e a acumulación de recursos dos amigos serve para lle dar ao oso unha lección inesquecible.

6. En "Comer, beber, rir e fugir" un pobre estorniño vese obrigado a facerlle o traballo suxo a un raposo que o ameazaba con paparlle os fillos. Canso do insaciable extorsionador, acaba por tenderlle unha trampa para que o raposo acabe nas mans dos cazadores.

Velaí, pois, media ducia de historias populares que nos agasallan a vellos e novos con consellos útiles para a vida en calquera lugar e tempo.

_______________________
Viale Moutinho: Manhas do gato pardo. (A ra que ri), Lisboa, Plátano Editora.
Ilustracións: João Luís.