Amosando publicacións coa etiqueta Fran Alonso b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fran Alonso b>. Amosar todas as publicacións
7.3.12
Ninguén (de Fran Alonso). Test de lectura
Deixo a ligazón dun test de lectura de Ninguén para divertimento do club de lectura desta novela de Fran Alonso.
18.2.12
Ninguén (de Fran Alonso). Cuestionario
| Imaxe: Xerais. |
- Enumera e comenta as características xerais dos protagonistas dos relatos de Ninguén.
- Describe o tratamento do espazo literario nos relatos desta obra.
- Comenta as principais filias e fobias que padecen os personaxes de Ninguén.
- Describe a “vida rutinaria” á luz da lectura dos relatos.
- O papel da tecnoloxía nesta obra.
- Partindo da lectura da obra, ¿que crítica lle podes facer ás novas tecnoloxías?
- ¿Que podes dicir dos casos de tolemia e tendencia autodestrutiva que atopas nestes relatos?
- Enumera os temas tratados nos hoax e comenta o seu enfoque.
- Dá unha interpretación plausible do estraño relato titulado “Home Vello e Muller Vella”.
- Analiza a estrutura de Ninguén.
- Baseándote nos relatos desta obra, describe as relacións paternofiliais na sociedade moderna.
- Comenta a visión da emigración que se dá na obra.
Foto: Xerais.
- Comenta a linguaxe empregada na obra, especialmente a adecuación ó mundo que se nos describe.
- Cada relato ten os seus personaxes, pero hai algúns que traspasan esa fronteira para estableceren relacións con outros personaxes. Averigua quen son e como é a relación establecida entre eles.
- ¿Poderías dar unha descrición da vida laboral a partir da lectura de Ninguén?
- En Ninguén atopamos personaxes con nome e outros sen el. Analiza este aspecto e comenta se poder ter algunha relación coa temática da obra ou coas características dos propios personaxes.
Etiquetas: Ninguén, Fran_Alonso, Lectura, Cuestionario
25.1.12
Fran Alonso. Ninguén
1. Se comezamos a lectura de Ninguén polo epílogo do autor atopámonos coa intrahistoria da obra e coa intención do escritor nesta nova proposta narrativa: mergullarse “nas entrañas das sociedades urbanas” (p. 198), que presentan como principais trazos distintivos o seren “as únicas posibles no mundo desenvolvido” e estaren formadas por individuos con estilos de vida “planetariamente homologables”.
Ninguén está na liña de Persianas, pedramol e outros nervios, Silencio e Balada solitaria (poesía).
Os relatos de Ninguén son distintos en extensión e factura. Uns nárranse en primeira persoa (“Veciños”, “Ninguén”, “Pola boca morre o peixe”, “Lista de correos”), outros en terceira (“Estilo de vida”, “Comunidade literaria”, “Vacacións”, “O edificio Benestar Social”, “Esperando”); “O misterioso “Home Vello e Muller Vella” estáselle contando a unha segunda persoa.
2. Ademais do epílogo citado, a obra consta de dez relatos entre os que se vai intercalando cadanseu hoax. O derradeiro deles é creado polo narrador de “Lista de correos” e pono en circulación usando un enderezo alternativo. Vén sendo a súa pequena vinganza por téreno eliminado dun foro de debate no que nin el mesmo sabía quen o metera. Este derradeiro hoax reúne todas as características dos correos en cadea, tema no que está interesado o narrador de “Lista de correos”.
3. A comunidade de veciños é o espazo literario no que se desenvolven as historias de Ninguén, porque “unha comunidade de veciños podería ser interpretada como unha boa metáfora da convivencia contemporánea” (p. 197). Nos títulos de varios relatos pode apreciarse xa esta idea.
3.1. En “Veciños” temos un narrador-protagonista que non atura os ruídos da veciñanza; resúltanlle o “sutil bombardeo dunha guerra psicolóxica” (p. 14). Mesmo aprendeu a distinguir de onde procedían e quen os provocaba. E valíanlle para saber das ocupacións dos veciños, para coñecer o seu estado anímico e imaxinar a aparencia física. A fobia ó ruído obrígao a illarse coa axuda de algodóns nos oídos ou auriculares. As chamadas de atención á veciña de arriba que rifa cos fillos acaban por facerlle cambiar de opinión. A historia remata cun final tan romántico coma inesperado. O novo veciño de abaixo ocupa o seu papel.
3.2. O protagonista de “Home Vello e Muller Vella” é o típico habitante dun barrio onde non se oen nenos, no que quedan os que non teñen onde ir. Home Vello é paciente e desmemoriado. Ten sempre prendida a televisión e faise cortes nas mans para saberse vivo. Un día descobre a Muller Vella tecendo no balcón de en fronte. O Home xa non volveu entrar na casa ata que a Vella non desapareceu envolta no pano que tecera. O Home saíu entón da casa para ir á da Vella e ver o que lle pasara. Rachou o envurullo cun coitelo e apareceu unha criatura que vén sendo a quen lle están contando o conto.
3.3. A Sara, protagonista de “Estilo de Vida”, divorciada, bo salario, moléstanlle as reunións da comunidade. Vive nunha permanente fuxida na procura do seu hábitat ideal, comprando e vendendo casa. Cando logra fuxir do ruído, atopa o silencio, que lle produce medo.
3.4. Os tres protagonistas de “Comunidade literaria” presentan diferentes actitudes perante os seus veciños. O escritor acaba de colocar o seu último libro no portal para que o lean e lle fagan comentarios. O crítico séntese decepcionado co escritor e molesto cos reparos que este lle fixera á súa crítica “equilibrada”. En realidade, non lle gusta como persoa. A lectora, porén, séntese feliz por vivir no mesmo edificio con dúas persoas excepcionais coma o escritor e o crítico. Ademais, pásao ben lendo a un e escoitando ó outro.
3.5. O protagonista de “Vacacións”, adicto ós trebellos das novas tecnoloxías, séntese perdido cando lle fallan as conexións co mundo virtual (tarxetas, móbil, radio do coche) e remata por botarse a chorar.
3.6. Ó protagonista de “Ninguén” tamén lle molestan os ruídos. Valora a educación e a cortesía dos veciños. Pero cando precisa falar con algún deles vaise decatando de que o edificio está baleiro. Así e todo, os coches seguen no garaxe. Aquela soidade “sobrepásao”. Recibe un sms: “Ninguén”. Cando non pode abrir a porta do seu propio piso, abandona.
3.7. O escritor que vive en “O edificio Benestar Social“ pensa que tal nome é sarcasticamente paradoxal. No inmoble hai un piso patera, un divorciado de escasos recursos, unha vella arrincada da aldea por non se poder valer soa, unha maltratada que se escondía do ex, un parado en idade crítica, xitanos ruidosos e sen normas de convivencia, unha vella soa, unmatrimonio que se desentende dos fillos... O escritor intenta sobrevivir escibindo sobre temasque nin entende.
3.8. En “Pola boca morre o peixe” fálanos un home sen amigos preocupado pola dietética. Este home “peixívaro” acaba perdidamente obsesionado pola conservación do peixe, que deixa de ser comida para converterse en obxecto decorativo. Cando a científica informadora deixa de lle coller o teléfono, o narrador sómese na desesperación.
3.9. En “Esperando” topamos con Alone (nome de rede social), adicta ó tabaco, café e citas por internet. Leva catro horas esperando, pero el non aparece.
3.10. O escritor de “Lista de correos” investiga sobre os hoax. Tamén escribe por encargo horóscopos para gatos. Acaba demostrando o que sabe dos hoax creando e pondo en circulación un deses correos nun foro de debate non que o incluíran sen el saber.
4. Canda a comunidade de veciños que comparten espazo nun edificio temos as novas comunidades virtuais promovidas polas novas tecnoloxías, sen presenza física de veciños, pero que provocan as mesmas reaccións, actitudes, filias e fobias cás comunidades tradicionais.
Os protagonistas destes relatos procuran vivir en sociedade, pero logo xorde algo que lles provoca alerxia á comunidade e os fai fuxir na procura doutro hábitat. O ruído é unha das principais causas desas fobias (“Veciños”, “Estilo de vida”, “Ninguén”). Noutros casos é a tecnodependencia a que amola a vida (“Vacacións”, “Esperando”). Diríase, en xeral, que os personaxes de Ninguén viven o paradoxo de necesitaren a comunidade aínda que lles resulta as máis das veces insufrible.
5. Na mesma liña do paradoxal está a percepción da soidade. Quizais sexa este un dos trazos característicos da sociedade urbanita: vivir en soidade rodeado de xente. Para este lector, o edificio deshabitado de “Ninguén” ou a rúa deserta de “Home Vello e Muller Vella”, coa muller envolta no casulo que ela mesma tece, representan literariamente o máis radical illamento.
O memo é outra das vivencias comúns destes personaxes. Cadaquén ten os seus medos, que se van concretando en función da súa cultura. Por exemplo, Sara, a protagonista de “Estilo de vida”, traslada ó campo os seus medos de muller urbana (p. 51), pero recoñece que non son os mesmos medos que sentía súa nai, muller enteiramente rural. Ou os do protagonista de “Vacacións”, que remata vencido polo pánico ó fallárenlle as conexións co seu mundo virtual.
A insatisfacción vén sendo outra das doenzas da sociedade moderna. Salvo erro, só damos cun personaxe satisfeito: a lectora de “Comunidade literaria”, que se sente “afortunada” (p. 68). E se cadra, cómpre engadir o narrador de “Veciños” que remata o seu relato cun romántico final.

6. Sitiografía
- Sinopse da obra: elEconomista.es
- Vídeo da presentación de Ninguén en Cabrafanada.
- Xosé M. Eyré, “Vai por ti, ninguén”, Galicia confidencial, 01-11-2011.
- “En literatura no caben certezas”, entrevista Ramón Nicolás/Fran Alonso. Véxase a entrevista tamén na páxina de Edicións Xerais.
- Jaureguizar, “Un zume que non estaba só”.
- Caderno da crítica: Ninguén, de Fran Alonso.
- Teresa Cuíñas entrevista a Fran Alonso: “A invisibilidade é unha estratexia que nos oprime” (El País, 04-11-2011).
- “Tento dar conta do que sucede ao meu redor”, Atlántico 11-10-2011.
- Recensión de Trasfegando ronseis.
- “Non cambia só a tecnoloxía, cambiamos nós con ela”, entrevista en La Voz de Galicia, 01-11-2011.
- Referencia en Fervenzas literarias.
- Encontro dixital en Fervenzas literarias.
- Historias urbanas, recensión de Ninguén en Bouvard e Pécuchet.
- Ninguén, historias de desacougos urbanos, en Novenoites.
- As últimas páxinas de Ninguén, en Falemos de lecturas.
- Recensións e críticas de Ninguén, en Cabrafanada.
Fran Alonso, Ninguén. Vigo, Xerais, 2011.
18.9.08
Cartas de amor. Vigo nunha carta de amor (inesperada)
Déixovos esta miniquest por se volvedes á aula con ansia:
Vigo nunha carta de amor (inesperada)
Os criterios de avaliación figurarán na programación de aula.
Nota: os que estudades arte podiades turrar do resto da xente.
Veña.
Imaxe do cartel da película Casablanca (1942) de Posters Point.
12.8.08
Cartas de amor. O Vigo d' A carta inesperada
Paseo literario seguindo "A carta inesperada" (Fran Alonso, Cartas de amor).
Vigo Nunha Carta De Amor
View SlideShare presentation or Upload your own.
6.8.08
Fran Alonso: Cartas de amor. A carta inesperada
Este relato tróuxome á memoria unha anécdota triste que me contou alguén que batallou na guerra civil no bando en que o obrigaron, que resultou ser o vencedor. O vello combatente era dos poucos que sabían ler, escribir e as catro regras. Cando podía, comunicábase -pouco- coa familia. As máis das cartas escribíaas ó ditado e ían para as casas dos seus compañeiros de trincheira e capote: "Unas letrillas para mi novia, Manué", "Para mi madre, Manué"... O bo do Manuel estaba de "letrillas" ata o macuto. Mais en todos os casos, as "letrillas" tiñan que pasar a censura, que habitualmente corría a cargo do capelán do batallón. E había informacións que non se podían dar: que pasaban fame, por exemplo; ou que a un veciño lle rebentara o peito un casco de metralla. Cumpría dar a información en solfa. Por exemplo, que se comía mellor ca na fonda de Tal (que viña sendo o morto de fame oficial da parroquia) ou que o veciño H vivía mellor ca Fulano (parroquiano que xa estaba dando malvas)."A carta inesperada" ten como pano de fondo a guerra civil. Está datada en maio do 46. En Europa, os fascismos foran vencidos e os xerarcas preparábanse para renderen contas perante os tribunais (Núremberg, por exemplo). En España aínda se vivía na parte dura da posguerra, e os vencedores da contenda comezaban a tirarlle réditos ó triunfo. Os vencidos que quedaron dentro tentan sobrevivir como poden. Ó lector deste relato resúltalle evidente que Begoña está neste bando e que a carta de resposta ó seu antigo noivo está redactada para pasar a censura. Se os couces que lle envía na resposta ó exiliado fosen sentidos, ¿para que molestarse en contestarlle? Detrás desa abxuración do tempo pasado está, en grandes trazos, toda a información que lle pode dar ó seu namorado: segue viva e non foi represaliada; mesmo pode pasar por unha muller feliz. Pero o ton amargo da carta revela a brutalidade dos cambios producidos en pouco tempo.
En dez anos, a protagonista pasou de Begoña a "señora de Núñez". De case adolescente a señora da súa casa, cargada xa con catro fillos "e axiña esperamos ter máis"; de moza que comezaba a participar na vida civil a dama distinguida, de profesión "casada convenientemente": un matrimonio amañado polo pai. Do marido logra unha grande concesión: practicar a vela como divertimento e adornar os xurados nas competicións.
A sociedade tamén pagou o seu tributo: pasou do debate á obediencia. O galeguismo, enterrado: "Lembro (...) a túa amizade co galeguista Manolo Gómez Román, a quen, por certo, non volvín ver". A Begoña, señora de Núñez, reducíuselle o espazo físico da cidade: xa non cita as aforas; a súa vida social limítase a unha zona reducida. Mesmo se está a producir un cambio no aspecto físico da propia cidade: cambios de estilo arquitectónico e no estilo de vida; de cidade bulideira a cidade de silencio e orde, "sen axitación".
Do punto de vista da historia recente, "A carta inesperada" ten un evidente valor didáctico, ademais do literario. Permítenos ver as dúas caras desa moeda que chamamos Vigo unidas polo canto 1936-1939. E tratándose do protagonismo feminino, tamén amosa con claridade o cambio no modelo de muller, mesmo tratándose dunha muller de boa posición social.
12.2.08
Cartas de amor (Fran Alonso). Unha recensión
Nunca é tarde de máis para que lle botedes unha ollada á recensión que publica Ramón Nicolás en "Faro da Cultura", suplemento do Faro de Vigo. Nela atoparedes encarreirada máis dunha resposta ó cuestionario que propuxemos como guía de lectura.
Se tedes dificultades en dar coa recensión, dádeme aviso.
Os que teñades máis présa podedes ler este artigo de Rede lectura. Esta páxina, o mesmo que o blog do autor, Cabrafanada, xa os tiñades enlazados noutro post desta mesma sección.
Abur.
(A imaxe é da páxina chanson-livre.net.)
27.12.07
Cartas de amor, de Fran Alonso. Cuestionario
Para o club de lectores de Cartas de amor.Déixovos neste post un cuestionario que vos pode servir como guía para comentar esta obra, da que xa falamos aquí mesmo.
Botádelle unha ollada as opinións autorizadas dos vosos colegas de Gondomar, que xa tiveron o pracer de lela antes ca nós, o mesmo cós do Álvaro Cunqueiro e mais outros centros. Na mesma liña van as recomendacións de Rede Lectura.
Botádelle, pois unha ollada... como facedes sempre que volo propoño. ¿Pensabades que non me decataba?
O cuestionario, polo de hoxe, queda así:
1. Fai unha breve relación comentada dos temas centrais dos relatos que compoñen Cartas de amor.
2. Analiza brevemente as personaxes protagonistas de Cartas de amor.
3. Comenta as características da época na que se desenvolven os relatos de Cartas de amor.
4. ¿Por que aparece Alda Merini en Cartas de amor? ¿Que sabes dela que nos poida interesar nesta obra?
5. ¿Que recursos atopas para coñecer o tempo en que transcorren estes relatos de Fran Alonso?
6. ¿Cal é a visión que a protagonista de “Ilegal” dá do noso país?
7. Baseándote nas experiencias vividas polas personaxes principais, analiza o sentimento do medo. (Repara especialmente no conto “Desde as tebras”.)
8. En comparanza cos outros relatos, o titulado “Confesión” presenta unhas características que o diferencian. Coméntaas.
9. Comenta brevemente aqueles relatos onde é especialmente significativa a chamada da terra. (Repara en “Sáhara, améndoa amarga”, “Ilegal”, “Zé, volcán de amor” ou “Lonxe”.)
10. Comenta o tratamento que se lle dá ó turismo sexual en Cartas de amor. Fíxate especialmente en “O que nunca me preguntaches”.
11. Comenta os sentimentos encontrados que manifesta Begoña, “señora de Núñez”.
12. Segundo a narradora do conto “A guerra”, ¿que é o peor, que fai máis dano, nos conflitos bélicos?
13. A visión de Europa nos relatos de Cartas de amor. Reparade especialmente en relatos como “A guerra” ou “O que nunca me preguntaches”.
14. Relaciona os contos con protagonistas adolescentes e comenta como enfocan a vida.
15. A visión da emigración nesta obra.

Aviso que, se cadra, este cuestionario sofre algunha variación.
Máis adiante propoñerei un traballo voluntario: Vigo nunha carta de amor, e basearase no relato "A carta inesperada". Máis detalles dentro duns días.
IMAXE: Cartel elaborado no IES de Teis contra os malos tratos (2007).
24.9.07
Fran Alonso. Cartas de amor
O título é algo enganoso, mais o autor avisa: “non penses que son cartas de amor convencionais”. E aclara que “o amor e o desamor poden ser o motivo que leva as mulleres protagonistas destas historias a redactar as cartas. Pero nada máis”.
O lector vaise atopar con nove relatos en forma de carta (en papel ou para cibercorreo) encabezados por un título que apunta o tema central de cada un deles: “Ilegal”, “Desde as tebras”, “Confesión”, “Sáhara, améndoa amarga”, “Zé, volcán de amor”, “O que nunca me preguntaches”, “A carta inesperada”, “A guerra”, “Lonxe”.
En conxunto, forman un mosaico do convulso mundo actual e, asemade, botan unha ollada ás vidas tronzadas das protagonistas; vidas que foron levadas pola enxurrada dos acontecementos e que non se puideron vivir seguindo as escollas persoais:
1. A senegalesa Ndeye, que vai parir un fillo español, cóntalle á súa cuñada as peripecias da viaxe e a morte do marido (“Ilegal”).
2. Sabela Piñeiro, cooperante en moitos infernos deste mundo e agora abafada no pozo negro da guerra de Iraq, esconxura os seus fantasmas na carta que lle envía a un amigo (“Desde as tebras”).
3. Mónica confésalle a súa homosexualidade á mellor amiga a través dun correo electrónico, porque non quere soportar unha situación que parece obrigala a vivir unha dobre vida (“Confesión”).
4. Besmeh Haumdi, estudante retornada ós campamentos de refuxiados do Sáhara, escríbelle ó seu namorado. A carta é un lamento: sente o deserto coma un cárcere e lamenta non poderen vivir nesa patria soñada pero descoñecida, porque está ocupada por outros.
5. Belinha vai emigrar para os Estados Unidos. Levará con ela os seus fillos. Cabo Verde só é miseria para ela. Mais antes escribirá ó marido, meterá a carta nunha botella e deitaraa no mar. O marido tamén emigrara, a Lisboa, pero non a quixera levar canda el e foi deixando de escribirlle e de mandarlle diñeiro. Belinha tivo que deixar de ver o seu marido como “Zé, volcán de amor”.
6. Dyana, rapaza filipina de 17 anos, vive da prostitución. Namorada dun vigués (cliente europeo), mándalle nunha carta a cara triste da súa vida. Aspecto este polo que o vigués nunca se interesou (“O que nunca me preguntaches”).
7. Begoña, señora de Núñez, pídelle a un antigo mozo, fuxido republicano, que non lle volva escribir. “Nada quero saber de ti”. “A carta inesperada” retrotraeuna “a un pasado doloroso e moi equivocado”. A señora de Núñez ten a súa vida edificada sobre a solidez dunha familia. Así e todo...
8. Maida leva unha vida bailando de conflito en conflito. Xa non soporta “unha ollada máis doutra vítima das guerras”. A carta que envía a Saraievo para Dzevad, “a quen tanto amei”, é a carta dunha suicida (“A guerra”).
9. Bárbara pon fin ó seu amor adolescente. No correo electrónico que envía a Luís Alberto disuádeo da aventura na que este pretende embarcarse e exponlle con claridade e madurez as razóns polas que o seu amor non ten futuro estando tan “Lonxe”. Cómprelles renunciar ó pasado. “Un océano de auga gorda interponse entre nós”.
Temos nestes relatos unhas vidas tronzadas, desviadas da vontade das protagonistas e gobernadas por acontecementos que non poden controlar. Son retallos de vidas de sobreviventes. As protagonistas sofren de saudade, viven con ansia de regreso ó seu país ou á súa vida perdida, agachan a realidade ás familias... Viven no temor dun futuro incerto e a desesperanza é un sentimento común. Guerras, inmigración, exilio e homofobia son as pragas que asolagan o mundo descrito nas cartas.
Os acontecementos concretos referidos nos relatos son todos moi recentes. Quitada “A carta inesperada” (1946), o resto das cartas móvense nun abano temporal entre 2000-6. As dúas cartas sen datar tampouco precisan dun esforzo especial para situalas: calquera guerra posterior á de Bosnia (“A guerra”); tocante ó sexo mercenario asociado ó turismo ou ós negocios que latexa en “O que nunca me preguntaches” tampouco hai que ir ós manuais de historia para datalo.
A temática do libro tráenos á memoria O brillo dos elefantes, polo que ten de identificación e compromiso cos desfavorecidos do mundo. Obviamente, no resto dos aspectos non son obras comparables, aínda que ambas as obras enfocan a historia dende a perspectiva de quen a padece. Tamén ambas resultan de incuestionable interese se se pensa na educación en valores. Pero aquí só falamos de lectura, non vaia ser que se pense que estamos a defender a inmigración, a guerra, a homosexualidade ou a prostitución. Estas situacións aínda hoxe non son de libre elección. Tampouco as elixiron os personaxes desta obra. Pero intentan vivir con dignidade e soñan cun mundo unha migalliña mellor do que lle tocou en (mala) sorte.
(Imaxes de http://images.google.es/imgres?imgurl=http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/50/Map_of_Bosnia_and_Hercegovina_showing_Srebrenica.png/250px-Map_of_Bosnia_and_Hercegovina_showing_Srebrenica.png&imgrefurl=http://es.wikipedia.org/wiki/Masacre_de_Srebrenica&h=269&w=250&sz=103&hl=es&start=17&um=1&tbnid=D67xwjWix-0PIM:&tbnh=113&tbnw=105&prev=/images%3Fq%3DGuerra%2Bde%2BBosnia%26svnum%3D10%26um%3D1%26hl%3Des%26newwindow%3D1%26rls%3DGGLJ,GGLJ:2004-01,GGLJ:es%26sa%3DN e http://www.elperiodico.com/default.asp?idpublicacio_PK=46&idioma=CAS&idnoticia_PK=434808&idseccio_PK=1021&h=).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)