Para o club de lectura de Dime algo sucio, de Diego Ameixeiras.
Deixo as ligazóns a este par de test coas retorcidas intencións habituais: que sirvan de entretemento e mais como actividade para a mellora das cualificacións, segundo o establecido na programación de aula. Velaquí quedan.
(Funciona aceptablemente con Explorer.)
Dime algo sucio (de Diego Ameixeiras). Test de lectura-1.
Dime algo sucio (de Diego Ameixeiras). Test de lectura-2.
Amosando publicacións coa etiqueta Diego Ameixeiras b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Diego Ameixeiras b>. Amosar todas as publicacións
16.6.13
24.4.13
Diego Ameixeiras. Cine e novela negra
Hoxe (19-04-2013) visitounos o escritor Diego Ameixeiras. Foi recibido polo director do centro e presentado por un grupo de lectores. Falounos de cine e novela negra.
Comezou cunhas breves notas autobiográficas para explicar como chegou ao oficio de escritor e ao seu traballo actual de guionista de cine e televisión. Salientou na adquisición do oficio o esforzo e a superación, e sinalou a afección polo cine como fonte de recursos técnicos para mellorar a narrativa.
Fixo un percorrido panorámico pola súa novelística. Salientamos a creación do detective Dopico.
Comezou cunhas breves notas autobiográficas para explicar como chegou ao oficio de escritor e ao seu traballo actual de guionista de cine e televisión. Salientou na adquisición do oficio o esforzo e a superación, e sinalou a afección polo cine como fonte de recursos técnicos para mellorar a narrativa.
Fixo un percorrido panorámico pola súa novelística. Salientamos a creación do detective Dopico.
Diego Ameixeiras caracteriza o escritor -ou o guionista- como o encargado de poñer a imaxinación para darlle corpo a aquelas historias que vemos no cine ou na
televisión. Confesou o seu interese polo mundo do crime e a delincuencia como material para contar historias. Recoñece que trata literariamente historias duras, mesmo vidas problemáticas.
A novela negra que gusta de escribir -e en xeral a novela negra dos últimos anos- fala de xentes que non son grandes investigadores nin detectives; fala de xentes con matices, isto é, persoas que son boas e malas á vez.Salientou especialmente o mundo dos sentimentos. O escritor e o cineasta transmiten a idea de que o lector ou o espectador non son persoas illadas no mundo, senón que hai outras xentes que viven sentimentos semellantes. O que fai un escritor é verbalizar eses sentimentos, pórlles palabras. Deste xeito, unha novela ou unha película convértense nun bálsamo para quen as goce.
13.2.13
Dime algo sucio. Léxico-2
Para o grupo de lectura de Dime algo sucio (de Diego Ameixeiras).
O exercicio consiste en atinarlle co significado ás palabras que se sinalan no test.
Pode facerse en liña na ligazón indicada.
O exercicio consiste en atinarlle co significado ás palabras que se sinalan no test.
Pode facerse en liña na ligazón indicada.
13.1.13
Dime algo sucio. Léxico-3
Imaxe blog.xerais.es |
Exercicio de léxico tirado da novela Dime algo sucio.
A partir da definición, descubride a palabra usada na novela.
26.12.12
Dime algo sucio. Test de léxico-1
Despois da lectura de Dime algo sucio, de Diego Ameixeiras, podemos empregar uns minutos en facer este test de léxico.
Atópase en Daypo: Dime algo sucio. Léxico-1 e mais en Educaplay: Dime algo sucio. Léxico-1.
Atópase en Daypo: Dime algo sucio. Léxico-1 e mais en Educaplay: Dime algo sucio. Léxico-1.
23.12.12
Diego Ameixeiras. Dime algo sucio. Cuestionario
Imaxe de Edicións Xerais |
- Comentade os efectos que pode ter sobre o lector o coñecemento de feitos aínda non descubertos pola policía.
- Valorade como lectores o feito de que un crime vaia quedar sen castigo.
- Analizade a estrutura da novela. Establecede a súa relación coas técnicas empregadas no cine.
- Comentade o uso que se fai na novela das redes sociais.
- Hai personaxes con nome e outros sen el. Ata hai algún con nome e apelido. Comentade este aspecto.
- Pode afirmarse que os personaxes da novela están en crise. Analizade as causas, as consecuencias e o método co que se enfrontan a ela.
- Comentade como, a medida que avanza a novela, as historias particulares van tecendo unha trama aos ollos do lector.
- En distinta medida, algúns personaxes amosan sentimentos relixiosos. Explicade os casos. [Véxanse especialmente os capítulos 52, 62, 74, 78 e 85].
- Na novela atopamos dúas voces narradoras (P1 e P3). Analizade o papel de cada unha desas voces.
- Ameixeiras relátanos unha historia movida, mais semella que o tempo estivese detido para o lector. Analizade este aspecto.
- A historia particular de cada personaxe vaise desenvolvendo en orde cronolóxica. Pero hai unha excepción. Identificádea e analizádea.
- Explicade o título da novela.
- Os personaxes móvense por toda a cidade. Aínda así, o lector ten a sensación de que o espazo literario está moi delimitado. Comentade este aspecto.
- Dísenos na novela: “ En contra da nosa vontade inicial, a todos nos convenceron algunha vez de que o destino ao que pretendiamos dirixirnos non era o máis emocionante. Alguén provocou que modificásemos a nosa folla de ruta e acabamos por agradecerllo ata a fin dos nosos días” (p. 189). Á luz da lectura, ¿pode sosterse tal afirmación?
- O consumismo e a tiranía das marcas na novela.
- O tema da vellez na novela. Enfoque e tratamento.
- ¿Preséntasenos na novela unha sociedade gobernada pola amoralidade?
- Comentade a novela como inventario de tipos humanos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)