![]() |
Imaxe: Coma unha áncora. Editorial Galaxia |
A historia de amor de Manuel e María sobrevive á morte del nun naufraxio. O mesmo que o amor de siña Amalia polo seu Minio. O relato non nos conta só o naufraxio do barco. A parroquia enteira vive asolagada nun naufraxio social:
“Moitos non volveron, coma os nosos, María. Polo menos aos nosos levóunolos o mar. Aos outros levounos a mesquindade que levamos todos dentro” (p. 105).
Iria Collazo descríbenos unha parroquia traballadora, pacífica e pacificada, pero que non pode vivir en paz. Hai unha débeda que saldar coa xente das covas: “O que non foi lenda foi a desgraza dos que tiveron que agocharse nas furnas, nas covas e nos montes, fuxindo dos que xa sabemos” (p. 105). Esa débeda sáldase simbolicamente na novela co cruzamento de favores entre siña Amalia e María: a cega e a moza buscan obsesivamente os corpos dos seus maridos empurradas non só por un profundo sentimento amoroso, senón tamén por unha estraña forza telúrica.
A fame é un padecemento común ao que os personaxes xa case nin lle prestan atención, pero a voz narradora lémbralla ao lector de forma directa ou mesturada coa mención de feitos cotiáns: “Ás veces mareábase e anubrábaselle a vista. A perda do meniño, a tristura, a falta de alimento pasábanlle factura” (p. 121); “Non me dera conta ata ese momento do escuálidos que estaban [os fillos de Minio e Amalia] (p. 121). O mesmo recurso estilístico emprégao a autora para amosarnos a pobreza endémica cando deixa caer algún detalle sobre o estado da vivenda, o frío que malamente se combate con roupa ou o estado desa mesma roupa. E sobre a miseria material campa a miseria moral que apodrece toda a sociedade da época do naufraxio que se relata na novela.
Falan da obra
- Coma unha áncora. Presentación da obra e ficha da autora na páxina da Editorial Galaxia.
- “Nova lectura: Coma unha áncora, de Iria Collazo”, en Nébeda. Clube de lectura e encontros literarios, 21-09-2015.
ACTIVIDADES PROPOSTAS
Coma unha áncora, de Iria Collazo. Cuestionario
Coma unha áncora (de Iria Collazo). Miniquest
Coma unha áncora (de Iria Collazo). Test de léxico-2
Coma unha áncora (de Iria Collazo). Test de léxico-1
Iria Collazo López, Coma unha áncora. Vigo, Galaxia, 2015.