1.8.17

Rolda pola república das letras-187. Xullo de 2017

Libro dunha rara austeridade, dunha economía de medios sorprendente, un exemplo de lírica despida de ornamentos que sobran ou de banalidades retóricas (X. L. Franco Grande, La Voz de Galicia, 02-07-2017).
El relato está compuesto por un total de 60 historias de marinos mercantes gallegos que durante su vida recopiló el escritor Neira Vilas, mediante las cuales les da voz a un navegante gallego y a sus experiencias durante las largas temporadas que pasa en alta mar (Faro de Vigo, 06-07-2017).
  • Os papeis do vello mariñeiro recogen, según Couto, «a mellor tradición dos contos galego e arxentino». José Luis Reimóndez, presidente de la Fundación Neira Vilas, explicó que los textos se corresponden con «historias que lle contaron a Neira navegantes galegos, que despois el novelou co seu inconfundible estilo» (La Voz de Galicia, 07-07-2017).
  • Publícase Os papeis do vello mariñeiro, obra póstuma de Neira Vilas”, Sermos Galiza, 07-07-2017: “[...] a través de entretidos contos e do personaxe do vello mariñeiro, unha clarificadora visión dun mundo moi descoñecido: o dos mariñeiros que pasan longas tempadas en alta mar percorrendo lugares do máis diverso e coñecendo países, xentes e culturas ben diferentes á propia”.

Manuel Cortés asina a tradución das dúas pezas cumio do esperpento, cuxa publicación cobra o valor engadido de incorporar a obra do autor arousán ao corpus dramático galego, no ano no que a súa produción literaria pasa a ser patrimonio universal (El Correo Gallego, 08-07-2017).
Praza.gal, xunto a outros medios de comunicación galegos, distribúe de xeito gratuíto e en versións en galego RAG e portugués, un cómic de aventuras para a rapazada, O báculo de Daghdha, editado polo Eixo Atlántico de cidades de Galicia e o Norte de Portugal (Praza Pública, 08-07-2017).
«Confío que a medida que pase o tempo, a figura de Agustín Fernández Paz ocupará o espazo que merece na literatura galega de entre séculos, tanto polo seu papel fulcral no desenvolvemento do subxénero infantil e xuvenil como, e sobre todo, pola súa forma de entender a fluidez da escrita narrativa», vaticina o seu editor, Manuel Bragado (Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 10-07-2017).
[...] la adaptación al papel del cuaderno de bitácora de un «senegalego» que hace 14 años se vio obligado a salir de su país. La Asociación Sociopedagóxica Galega ha hecho posible que su historia llegue a las manos de cualquiera. En forma de libro y disponible en la página de la AS-PG, las experiencias de un ejemplo de resiliencia (Patricia Seijas, La Voz de Galicia, 11-07-2017).
[...] Marcelo é un mariñeiro e veciño de Sada, que nace dun xeito que xa presaxia unha vida algo diferente a do resto de veciños (Borja Casal / X. F., La Voz de Galicia, 13-07-2017).
Nel abórdase a represión fascista nas comarcas de Pontevedra, o sur de Lugo, Ferrol, A Coruña, a Mariña, Ordes e Terra de Montes, ademais de temas como os procedementos e actuacións dos represores, as mulleres falanxistas, o papel da Igrexa, os tribunais militares e a represión económica (R. Castro, Sermos Galiza, 14-07-2017).
Marcos S. Calveiro (Vilagarcía, 1968) considera que a súa cidade natal é a protagonista desta novela (R. Castro, Sermos Galiza, 19-07-2017).
[...] la obra de Calveiro ha recibido el respaldo mayoritario, que no unánime, del jurado por la habilidad del escritor en tejer una trama en la que se mezcla la historia y la actualidad (Sol Elvira, El Correo Gallego, 20-07-2017).
Un vello mariñeiro, no solpor da súa vida, sente a necesidade de relatar uns episodios decisivos que viviu na súa mocidade. Unha serie de acontecementos que se remontan aos anos da Guerra Civil e a Segunda Guerra Mundial (La Voz de Galicia, 21-07-2017).
O salón de actos quedouse pequeno para escoitar o recitado de dez poemas da escritora celebrada na voz doutros tantos poetas de distintas xeracións que explicaron o porque das súas escollas e o significado persoal da obra desta autora (Rodri García, La Voz de Galicia, 22-07-2017).
«A morte xa estaba na oralidade galega, tiña moita presenza; hoxe semella un tabú. Os mortos están sempre presentes na filosofía de antes, no medio rural. Hoxe todos temos que ser eternamente xuvenís», corrobora Eiré (Héctor J. Porto, La Voz de Galicia, 23-07-2017).
Este volume reúne por primeira vez a obra Valcárcel que está traducida ao español, catalán, inglés, italiano, alemán, ruso e francés (Rodri García, La Voz de Galicia, 24-07-2017).
Chus Pato (Ourense, 1955) posúe unha voz renovadora e rupturista cun marcado compromiso ético coa condición feminina e co país (Sermos Galiza, 30-07-2017).
Representa una de las voces poéticas más vanguardistas y personales de la literatura contemporánea, según informó en su día la RAG (El Correo Gallego, 30-07-2017).