31.5.14

Noticias de literatura-149. Maio 2014

narra la historia surgida tras la casualidad que une a sus personajes, Ferdinand y Monique, que con edades contrapuestas desemboca en una relación de dominación y sumisión (Fernando Franjo, El Correo Gallego, 01-05-2014).
a fazaña do cosmonauta activa no protagonista do libro as lembranzas da súa mocidade nos anos sesenta do século pasado. Como xa fixera en Non hai noite tan longa, o escritor retrata a unha xeración (Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 02-05-2014).
El resultado es A flora de Os Eidos. Un percorrido botánico polo Courel da man de Uxío Novoneyra (Ézaro), un volumen con el que a Guitián le gustaría que «un botánico se anime a leer a Novoneyra y que un lector de poesía se acerque más a la botánica» (Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 04-05-2014).
A palabra poética de Helena Villar Janeiro vén de remansar no esteiro dun libro "alegre, vital" que leva por título Remontar o río e no que a poeta cifrou a expresión máis depurada da súa escrita (Fran P. Lorenzo, El Correo Gallego, 09-05-2014).
“A autora crea un espazo lírico cheo de luz e establece numerosos xogos metaliterarios con diferentes escollas plásticas e artísticas. Así mesmo debemos destacar o traballo de tensión-distensión poética e o ritmo”, recolle a acta do xurado que outorgou por unanimidade a XVII edición do Certame de Poesía Concello de Carral á escritora Oriana Méndez coa súa obra O que precede a caída é branco (Sermos Galiza).
[...] es la crónica política de este país del Occidente de Europa, desde los últimos años de la dictadura franquista hasta la quiebra de la unidad del BNG, escrita desde la valiosa óptica de quien fue testigo privilegiado de los acontecimientos (El Correo Gallego, 15-05-2014).
A perspectiva ecolingüística ofrece alternativas para a conservación da diversidade lingüística. Trabállase nesta dirección no campo da biodiversidade. Mais a desaparición de linguas non causa a mesma alarma social que a extinción de especies animais ou vexetais (Montse Dopico, Praza Pública).
el colegio Manuel Peleteiro celebró su gran fiesta de las letras, haciendo entrega de los Premios Literarios Minerva que este año alcanzan su XLII edición gozando de muy buena salud, tal y como demuestran los 182 trabajos presentados al certamen (Ana Iglesias, El Correo Gallego, 21-05-2014).
De Nicolasa, labrega nacida en 1810 , apenas se coñecían dous poemas en galego que fixo públicos o xornalista Lisardo Rodríguez Barreiro nunha reportaxe de 1886. Sen embargo, xa un ano antes, Jacobo Lema Fernández elaborara un manuscrito con poemas de Nicolasa Añón, un texto que o seu propietario Francisco Martelo legou á Asociación Cívico-Cultural Terra de Outes, entidade que agora edita en libro as creacións da poeta en edición doutro veciño de Outes, Ramón Blanco (Sermos Galiza).
Esta novela «empeza cando acaba A illa do tesouro»: cando os personaxes de Stevenson que sobreviven a aquela aventura volven da illa, «hai unha tormenta e aparecen na Costa do Solpor, que é unha invención miña porque daquela non existía a Costa da Morte», explica Lema (La Voz de Galicia, 30-05-2014).

23.5.14

Luis Davila. O bichero. Menudo día!!

Para os lectores de Faro de Vigo e os seguidores do blog de Luis Davila os personaxes do álbum O bichero. Menudo día!! sonlle como da familia ou, polo menos, da parroquia. O lector que percorre as tiras d’O bichero vai enganchando con siña Palmira ou con Merseditas, Encarnasión, Mucha, Sinda, Concha, Marselino, Moncho, Benito, Argimiro ou mesmamente Tucho (q.e.p.d.), e vai sabendo das novas que lle concirnen mellor que lendo un xornal. Porque ás historias d’O bichero pódeselles pór data, nomes e apelidos; son noticias debuxadas e ben explicadas.
Aínda que o mundo urbano non é estraño, nestas tiras cómicas achamos unha representación sui generis da aldea global. Os parroquianos anteditos móvense con absoluta seguridade e confianza polo mundo. Tanta que nin sacan o pano da cabeza nin tiran a gorra. Sexa cal for a novidade ou o trebello tecnolóxico, pasará o conveniente proceso de interpretación, asimilación e modificación ata convertérense en ideas ou obxectos de toda a vida. Velaí están, por exemplo, o robot de limpeza cunha fouce implantada (robot con plug-in) ou a planadora tuneada.
Coma no país, abonda n’O bichero a xente da terceira idade, ou próxima a ela, e escasean os mozos. Pero todos eles amosan unha evidente calma retranqueira e un aguzado instinto de supervivencia, do que tamén participan os animaliños que fornecen a nosa despensa. Estes parecen estar animados do mesmo espírito cós humanos.
As tiras están agrupadas tematicamente e o lector non bota en falta ningunha faceta importante da actualidade. No álbum está o retrato da sociedade e da política (corrupción, recortes en sanidade e educación, paro, preferentes, xustiza…), do mundo do deporte (coas súas virtudes e corruptelas), das relacións humanas (familia e parella, sobre todo), do tempo de lecer (vacacións, viaxes, consumo), das ferramentas tecnolóxicas e o seu uso, da meteoroloxía e os seus efectos… Non falta nin o feísmo.
En fin, O bichero péscanos retallos da vida diaria que coñecemos por propia experiencia. Ofrécenos, en definitiva, un vital menú do día!!

Sitiografía

Luis Davila, O bichero. Menudo día. Pontevedra, 2014. Edición autor.

20.5.14

Penélope (de Díaz Castro, "Nimbos")

Xa sei que levamos feito unhas cantas actividades sobre o poeta homenaxeado no Día das Letras deste ano 2014, por iso unha máis nin se vai notar. Velaquí deixo esta proposta de

ACTIVIDADE
1. Escoitamos esta versión musicada de "Penélope" (Díaz Castro, Nimbos).


Ou, se o preferimos, escoitamos
2. Imos lendo o poema. Collémolo de Xosé María Díaz Castro, Poesía galega completa (Vigo, Galaxia, 2014. Edición de Armando Requeixo).

PENÉLOPE

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol como unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
¡Un paso adiante  outro atrás, Galiza!
 

3. Comentamos, se é preciso con axuda profesoral, a lingua do poema. Reparemos especialmente en expresións como: Galiza, espranza, lonxanos, pro, tí, chuva, traguerán, desmo, outono...
4. ¿Quen vén sendo a Penélope que dá título ao poema? ¿Como xoga o poeta coa identificación Galiza=Penélope?
5. O mito de Penélope dá título ao poema. ¿A quen lle corresponde aquí o papel de Ulises?
6. Comentamos a temática xeral do poema.
7. Sinalamos aqueles versos que apunten á inmobilidade do país.
8.Os versos "Un bruar de navíos moi lonxanos" e "Traguerán os camiños algún día / a xente que levaron" fannos pensar na emigración. ¿Poderían suxerir tamén os barcos e os camiños do exilio? Debatamos este aspecto.
9. Outro tema para o debate: a actualidade do poema á luz da realidade que estamos a vivir.

5.5.14

Raíz da fenda (de Berta Dávila)


Este poema é o pórtico de Raíz da fenda e pon ante os ollos do lector a estrutura da obra. Nas súas cinco tiradas de versos e no seu contido están recollidas as cinco partes estruturais, ou "fendas", do poemario, que se corresponden coas vivencias da morte de seres queridos, do desamor, da enfermidade e da derrota, da procura dun lugar na familia ou da ferida que provoca a propia creación literaria.

Falan do poemario



Berta Dávila, Raíz da fenda. Vigo, Xerais, 2013.