Amosando publicacións coa etiqueta Webquest / miniquest. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Webquest / miniquest. Amosar todas as publicacións

12.12.16

Coma unha áncora (de Iria Collazo). Miniquest

https://sites.google.com/site/comaunhaancora/home
Proposta para o club de lectura da novela Coma unha áncora, de Iria Collazo.
Trátase dun pequeno traballo de procura de información sobre o naufraxio que serve como xermolo da novela citada.
Velaquí a ligazón a Coma unha áncora.

Outras actividades propostas:
  1. Coma unha áncora. Test de léxico-1
  2. Coma unha áncora. Test de léxico-2.

3.4.16

Sonetos á Casa de Hortas (de Manuel María). Miniquest

http://stellae.usc.es/phpwebquest/miniquest/soporte_tablon_m.php?id_actividad=808&id_pagina=1
Propomos esta actividade -Sonetos á Casa de Hortas (de Manuel María). Miniquest- como exercicio para achegármonos á Galicia de cultura rural e, en concreto, á casa chairega. En realidade son dúas propostas as que estamos a facer. Por un lado, a lectura dun poemario. Por outra, usar esa lectura para botar unha ollada a outras cuestións de carácter etnolóxico.
No “Aviso cecais innecesario ou cecais non” que abre Sonetos á Casa de Hortas, Manuel María dános as claves principais da intrahistoria deste poemario. A maior parte dos sonetos (40) son de 1991 e a primeira edición da obra, que conta con 50, data de 1997. Tamén nos conta as circunstancias persoais que provocaron a enxurrada poética, así como a consciencia de estar facendo a memoria literaria dun “xeito de vida que desapareceu -e con ela toda unha cultura ancestral- xa antes de morrer o século XX e de estrear novo milenio”.
Este poemario inscríbese no grupo de obras de Manuel María que seguen unha liña paisaxista (como Terra Chá, por exemplo). Isto non significa ausencia de compromiso coa xente ou coa terra. Tamén neste caso, “o poeta expresa o seu canto a unhas terras e a unhas xentes que pesan moito na súa vida e no seu corazón” [López Foxo, 2010: 18]. A diferenza con outras obras é o motivo que fai abrollar a expresión poética, moi persoal nestes sonetos. Pero iso non lle impide manifestar o mesmo sentimento de enraizamento na terra sempre presente na obra de Manuel María.
A lectura dos sonetos vainos ofrecendo unha lección de etnografía sobre a importancia da casa no rural galego: situación, construción, estética, distribución, terreos lindantes e construcións auxiliares, recursos económicos, habitantes… En síntese, unha descrición dese mundo completo e complexo que representa a casa na cultura rural.
Etnólogos e antropólogos deixaron escrito que a casa é máis importante que a familia que a habita, e o desexo dos que se van indo é que medre e perdure. Manuel María deixouno escrito en verso.

Sobre a obra
Bibliografía
  • López Foxo, M. (2010): Sobre a poesía última de Manuel María (1976-1995). A Coruña, Laiovento.
Dictiografía

Manuel María, Sonetos á Casa de Hortas. A Coruña, Espiral Maior, 1997. Hai edición recente (2014) feita pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos.

4.5.15

X. M. Álvarez Blázquez. Exposición do centenario

Centenario Álvarez Blázquez. Miniquest


Para o alumnado de FP básica e PCPI.
Miniquest sobre a figura de Álvarez Blázquez.
Visitamos a exposición "Centenario de Xosé María Álvarez Blázquez. Construtor dunha cidade de libros. Tui, 1915-Vigo, 1985" (na Fundación Penzol) e respondemos da actividade con esta pequena miniquest.

16.10.10

O grupo Brais Pinto na literatura galega. Miniquest

Déixovos esta segunda miniquest sobre o grupo Brais Pinto. Na primeira propúñavos unha visita ó Verbum e facíavos referencia ás propostas didácticas desta entidade. Nesta segunda miniquest, insisto na visita e prégovos que reparedes especialmente nos aspectos literarios que afectan ó grupo que se estuda.
As miniquest que se enlazan aquí son tarefas de carácter voluntario. As condicións de execución, data de entrega e valoración xa as comentamos e son as que figuran na programación de aula.
Para acceder á miniquest, premede no título do post.

6.10.10

Brais Pinto e o seu mundo. Miniquest


Imos dar  unha volta polo VERBUM para botar unha ollada á exposición

Brais Pinto, o afiador revolucionario

No museo atoparemos un folleto que recolle amplamente a exposición. Tamén nos facilitarán unha unidade didáctica con propostas de actividades. Pola nosa parte, propomos esta sinxela miniquest para facer, individualmente ou por grupos, durante e despois da visita á  exposición.
Para acceder á miniquest, premede no título do post ou na ligazón.

29.12.09

Ramón Cabanillas. A roseira dos recordos

De interese especial para os bachareis


Na Casa Galega da Cultura atoparase a exposición 
RAMÓN CABANILLAS. A ROSEIRA DOS RECORDOS
Rematará a exposición o 31 de xaneiro de 2010. Está comisariada por Luís Rei, autor da biografía máis recente e ampla sobre a figura do poeta de Fefiñáns. Compóñena dez paneis e un audiovisual duns 16 minutos de duración. 
Sobre a exposición propoñemos esta miniquest.
Non vos animo especialmente a acometer o traballo (coñezo a raza), pero convídovos encarecidamente a visitar a exposición. Non vos ocupará máis dunha hora e resultaravos de proveito.
Aburiño.

27.12.08

A censura e o libro galego


Para estudantes de 3º de ESO en diante propomos esta actividade voluntaria. Para máis detalles, premede na imaxe ou nesta ligazón.
Aburiño e boas festas.

26.9.08

Os outros (M. A. Murado: O soño da febre)

Para o club de lectores de O soño da febre (Miguel Anxo Murado) deixo esta proposta de traballo, de carácter voluntario, que pode considerarse unha ampliación do cuestionario colgado hai uns días.
A proposta é unha miniquest baseada no conto titulado

"Os outros".

Das condicións do traballo, da súa valoración e da data de entrega xa falamos na clase e foron recollidas na programación de aula.
Para outras consultas, falades co profesor (se o vedes).
Ánimo e avante.

18.9.08

Cartas de amor. Vigo nunha carta de amor (inesperada)

Para o club de lectores de Cartas de amor (de Fran Alonso).
Déixovos esta miniquest por se volvedes á aula con ansia:

Vigo nunha carta de amor (inesperada)

Os criterios de avaliación figurarán na programación de aula.
Nota: os que estudades arte podiades turrar do resto da xente.
Veña.

Imaxe do cartel da película Casablanca (1942) de Posters Point.