13.4.08

Un neno de pixama a raias

Para o club de lectores d' O neno do pixama a raias.

Déixovos esta ligazón para a revista XLSemanal que publica unha entrevista con Thomas Buergenthal quen, con máis ou menos a idade dos protagonistas da novela que estades a ler, padeceu en propia carne a experiencia do campo de Auschwitz. Tomou a experiencia coma un xogo e logrou saír con vida. Cóntanolo nun libro que acaba de publicar.
Algunhas das respostas que dá na entrevista axúdannos a entender mellor cuestións que na novela só aparecen insinuadas.

(Imaxe de Javier Ocaña en XLSemanal).

Ningún comentario: