8.4.08

O neno do pixama a raias. Datos previos

Para o club de lectores d' O neno do pixama a raias.

Os nosos veciños do IES Alexandre Bóveda xa lle botaron unha ollada a esta lectura. Para unha mellor comprensión da obra colgaron na rede este interesante informe que axuda a entender como se chegou ó nivel de barbarie que Jonh Boyne nos describe na novela.
Tamén deixo ligados este par de vídeos para que vexades sen a peneira da inocencia do protagonista o que pasaba do outro lado do aramado.
O primeiro dos vídeos pide un desexo que hoxe por hoxe parece imposible de lograr: que o animal humano deixe de exterminarse. Do segundo vídeo, xa falaremos outro día, despois de empregardes uns minutiños en asimilar esta información que vos recomendo.
Abur.

Ningún comentario: