Para o club de lectores d' O neno do pixama a raias.
Atopo no suplemento cultural Lecer, de Galicia Hoxe, esta recensión asinada por M. S. que vos deixo ligada. Completa a información que noutros apuntiños desta mesma sección fun deixando tempo atrás.
Na recensión coméntase o fenómeno literario en que se converteu esta novela, faise unha análise xeral e critícase a falta dun enfoque máis adulto. Este aspecto debemos confrontalo coa opinión de Flávio Paranhos, ligado no cuestionario sobre a lectura.
Resalta M. S. como mérito d' O neno o feito de enfocar o holocausto "dende un novo punto de vista para evitar que caia no esquecemento".
Intimamente relacionada co tema tratado n' O neno do pixama... está a reportaxe de Rodrigo Zuleta sobre o aniversario da queima de libros polos nazis. Ideas, obras e autores perigosos aparecen relacionados neste traballo, que tamén fai referencia a outras épocas torradoras. Botádelle unha ollada, non só para entender a obra que estades a ler; tamén ten interese como lectura terapéutica, para tentar de evitar que o menú cultural só nos ofreza uns tristes pratos coma os da foto: libros á brasa e xudiadas ó forno. (Perdoádeme o desabafo.)
Se aínda tedes uns minutiños, podedes escoitar este discurso do Furas:
(As imaxes son as que acompañan o artigo e mais a reportaxe que se citan.)
1 comentario:
Como xa escribín no meu blog, a obra de John Boyne é boísima, pero a tradución galega ten erros tan graves que non podo recomendala como lectura ós alumnos.
Publicar un comentario