(Santiago, Positivas, 2006. Ilustracións de X. Carlos Hidalgo.)
Vinte e cinco poemas de carácter lúdico máis o da contraportada. Son dúas ducias de microhistorias contadas poeticamente. O poema que inicia a conta atrás convídanos a que
Na dedicatoria advirte que “os nomes propios que aparecen neste libro existen na realidade e teñen corpo”. Son oito os poemas encabezados por nome propio, ós que lles podemos sumar –porque non teñen menos realidade nin menos corpo nin menos denominación– os titulados “El” e “Irmás”.
Como contrapeso, atopamos un grupo de poemas nos que falan, soñan, senten os animais:
Contatrás é unha invitación iniciar a viaxe: en tren, en barco, en avión, en nave espacial, en soños... Unha invitación a despegar dos propios prexuízos, a abrir os sentidos para percibir o mundo de xeito diferente ó que o fan os “que quedan cos pés na terra”.
Ademais das referencias enlazadas, resulta interesante consultar estoutros artigos:
Lupe Gómez, “Versos que rin”, Galicia Hoxe, 4-5-2006.
Dorinda Castro Soliño, “Con Contatrás”, Faro de Vigo, 22 de xuño de 2006.
Paula Carballeira: “O teatro é un xogo”, Galicia Hoxe, 19-2-2007.

xoguemos a ser xigantesmais o da contraportada diríxese a esa
así o mundo non será tan grande
Persoa descoñecidaUnha invitación, en suma, a xogar e a soñar, sexamos grandes ou pequenos. Nese marco que fai que se toquen os extremos das idades van estas microhistorias poéticas vividas por humanos, animais, obxectos animados ou fenómenos atmosféricos.
Pídoche un favor
Pensa que es
Pequena
Moi
pequena
Unha nena
Conta
atrás
Despega
Sube
Sube
Sube
Nube
Toca o ceo coa puntiña dos
dedos
E logo lava as mans
Por se acaso
Na dedicatoria advirte que “os nomes propios que aparecen neste libro existen na realidade e teñen corpo”. Son oito os poemas encabezados por nome propio, ós que lles podemos sumar –porque non teñen menos realidade nin menos corpo nin menos denominación– os titulados “El” e “Irmás”.
Como contrapeso, atopamos un grupo de poemas nos que falan, soñan, senten os animais:
(...) animais que deben saber o que soñamos as persoasAínda podemos atopar un terceiro grupo de poemas (“Unha noite”, “El”, “Unha nube gris pasou por África”, “Outra noite”, “Unha historia sinxela”) onde ten especial relevo o drama do terceiro mundo.
Por iso nos miran en
silencio
Durante moito, moito tempo
Non se fían.
Contatrás é unha invitación iniciar a viaxe: en tren, en barco, en avión, en nave espacial, en soños... Unha invitación a despegar dos propios prexuízos, a abrir os sentidos para percibir o mundo de xeito diferente ó que o fan os “que quedan cos pés na terra”.
Ademais das referencias enlazadas, resulta interesante consultar estoutros artigos:
Lupe Gómez, “Versos que rin”, Galicia Hoxe, 4-5-2006.
Dorinda Castro Soliño, “Con Contatrás”, Faro de Vigo, 22 de xuño de 2006.
Paula Carballeira: “O teatro é un xogo”, Galicia Hoxe, 19-2-2007.
Ningún comentario:
Publicar un comentario