18.12.07

Xavier Alcalá

Hai uns días deixabamos aquí uns "apuntiños" acerca da última novela de Xavier Alcalá. Hoxe só queremos anotar unha noticia que publican Galicia Hoxe e mais El País sobre a cesión de documentos orixinais do autor á RAG.
Unha das obras ás que se refire a noticia é Latitude Austral (1992). Non foi a única que propuxemos como lectura, pero desta gardamos máis grato recordo porque tivemos o luxo de que o autor nos viñese falar dela. Despois seguiu un animado coloquio (e non é frase feita) que case durou tanto coma a conferencia. Disto xa hai uns anos e tería que botar man das notas para refrescar datos máis concretos. Comento isto porque, mellorando o presente, un bota de menos aquelas actividades e aqueles lectores.

Ningún comentario: