Os bachareis e mais os que estivestes de rolda pola fraga de Esmelle deberiades botar unha ollada a esta noticia. Darío Xohán Cabana debrúzase sobre esta peza teatral de don Álvaro Cunqueiro e recolle o ambientiño cultural de mediados dos anos cincuenta e permite facérmonos unha idea do complicadas que podían ser as cousas máis sinxelas cando se supuña que podían estar guiadas polo pensamento.
Sobre o mesmo autor atopamos nestes días outras noticias. Informan dunha exposición e mais dun libro de longa xestación.
(A imaxe atópase na Wikipedia, baixo a entrada Hamlet.)
E para aproveitar a viaxe, estaría moi ben botarlle 0utra ollada ó artigo de Paula López Ortas. Está na páxina do Centro Virtual Cervantes, o mesmo que o enlace á entrevista que lle fixeron ó noso autor en TV2 hai uns anos. Non deixedes de ler tampouco o artigo de Álvaro Guevara, que analiza a obra dende a perspectiva do director teatral.
E aínda para unha visión rápida do autor -a máis rápida é a do libro de texto- atoparedes este traballo en "El rincón del vago".
Ningún comentario:
Publicar un comentario