Dámos hoxe cunha nova noticia sobre a esta novela de Xavier Alcalá, derradeira da triloxía Evanxélica memoria. Desta vez (lembrade a anotación de máis abaixo) atopamos datos sobre a xénese da novela, amén doutros datos que axudan á súa comprensión ó situaren os feitos narrados no seu momento histórico.
Insistimos para aqueles que calculan o valor dos libros polo groso do canto que, aínda tratándose dunha novela longa, resulta doada de ler. E mesmo ten moitos momentos divertidos, malia que a etapa histórica narrada resultou para os que a viviron negra de máis. ¿Imaxinades a certo político, aínda en activo, deitado no chan para...? Mellor, descubrídeo vós mesmos.
Un dos aspectos máis salientables da novela é o ser testemuña da represión. Mais tamén o é da miseria moral, da beatería, do complexo de ovellas que asolagou os perdedores da guerra... E, por outra banda, resulta un atinad0 relato das ansias de liberdade, do desarrollismo, das ansias de progreso material e moral da xente do común, do silencioso e lento cambio de mentalidade que foi aniñando no pobo á marxe das consignas dos mandatarios...
En fin, temos para ler unha boa crónica que abrangue a vida política e social dos galegos -e do resto dos españois- dende a segunda metade do século XX.
(Imaxe de http://www.aetg.org/naonda1/050.htm.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario