Volvendo ó rego da linguopreguiza:
a) Con ou sen PISA, o galego amolece.
b) Os políticos teñen tanta gana de normalizar o idioma como de arrincaren unha moa sa. Os únicos que o poñen en dúbida son os propios políticos, pero eles non o saben.
c) ¿Houbo realmente algún proceso de revalorización da lingua?
d) Cómpre que a lingua ande mal, mais que non morra. Deste xeito sempre terán unha arma arreboladiza barata e sensible.
Tamén hai voces que din que xa abonda de pesimismo, que estamos nunha boa posición para poñer a lingua a flote...
O tempo dirá.
Pero entrementres, ós que estamos cheos de pesimismo permítasenos lembrar que tamén se volvían optimistas os que estaban a morrer de tuberculose. E permítasenos tamén que, non hai tanto tempo, certas solucións "óptimas" encheron as costas de chapapote.
Pesimismo á parte, os políticos -sobre todo os que ostentan o poder- deberían deixar de lavar a lingua coma Pilatos.
Dentro dus días botarémoslle unha ollada a A impostura e a desorientación na normalización lingüística. E non vai ser por meternos un xute de pesimismo. ¡Quen nos dera!
Ningún comentario:
Publicar un comentario